Páxinas

20 de maio de 2021

A CIG gaña unha demanda en Ourense e forza un acordo en sede xudicial en Lugo

 

A CIG GAÑA DEMANDA CONTRA CORREOS E A MUTUA A SENTENZA OBRIGA A RECOÑECER COMO ACCIDENTE LABORAL UNHA BAIXA POR ENFERMIDADE COMÚN EN OURENSE

O Xulgado do Social nº 2 de Ourense ven de condenar á  MUTUA LA FRATERNIDA-MUPRESPA, o INSS, TGSS, SERGAS e á “SOCIEDAD ESTATAL DE CORREOS Y TELEGRAFOS S.A.” declarando que a Incapacidade Temporal (baixa común) iniciada pola traballadora deriva da continxencia de ACCIDENTE LABORAL e en consecuencia condena aos demandados a recoñecelo como tal con todas as súas consecuencias.

A denuncia foi presentada pola Asesoría Xurídica da CIG de Ourense,  logo da negativa de recoñecer como accidente laboral a lesión que sufriu a compañeira durante o reparto e dicir dentro da xornada laboral.

A CIG defendeu e así o entendeu tamén a Xustiza, que a lesión sufrida pola traballadora, afiliada a CIG, foi un accidente laboral pois a mesma se produciu dentro da xornada laboral e que non era unha baixa común como pretendía o INSS e a Mutua. Agora terán que abonar todas as cantidades deixadas de percibir pola compañeira.

A CIG FORZA UN ACORDO EN SEDE XUDICIAL ENTRE UNHA TRABALLADORA E CORREOS PORQUE A SALTARON NOS CHAMAMENTOS DE CONTRATACIÓN NA PROVINCIA DE LUGO.

Ante a demanda presentada polos servizos xurídicos da CIG no xulgado nº 3 de Lugo contra a Sociedad Estatal Correos e Telegráfos S.A. polo salto dunha compañeira nas bolsas de contratación, Correos acepta a demanda presentada e chega un acordo coa traballadora antes de entrar a xuízo. Correos abonará o integro da cantidade solicitada pola asesoría xurídica da CIG.

A CIG unha vez mais demostra que é o único sindicato que denuncia os atropelos da empresa aos dereitos dos traballadores/as.