29/11/2017

Correos remite a Campaña de Nadal 2017 sen negociar


Produtividade e remuneración para a campaña de Nadal 2017

Percibirase unha gratificación de 95,08 € polo conxunto da campaña de Nadal.

Os requisitos para poder cobrar esta gratificación son:

*   Permanecer vinculado e en activo en correos de forma ininterrompida dende o 1 ao 31 de decembro.
*    Ser persoal funcionario, laboral fixo (incluídos fixos descontinuos e fixos a tempo parcial) e persoal eventual.
*   Excluíndose os contratos por circunstancias da produción realizados para atender a propia campaña e as contratacións especificas para entrega de notificacións en quenda de tarde.
*   Traballar nunha das seguintes áreas: repartición ordinaria, repartición urxente, clasificación de cartería, apartados, ruteros, persoal operativo dos centros e unidades de tratamento (admisión masiva, clasificación automática, manual, produtos rexistrados e carga e descarga), sala de aparatos, rurais A, condutores interzonais e intercentros, cambio de Madrid e Barcelona, persoal operativo das oficinas postais os xefes das unidades afectadas. Os rurais B e empregados/ás con xornadas a tempo parcial en proporción á súa xornada.

Penalizacións:

Por inasistencia descontarase da gratificación, o primeiro día 12,02 €, o segundo e o terceiro 18,03 €. con máis de tres días pérdese o dereito á percepción económica.

Exceptúanse da penalización:

*   Os accidentes de traballo en novembro ou decembro, nacemento, acollemento e adopción dun fillo, violencia de xénero, falecemento ou enfermidade grave dun familiar ata segundo grao.
*   Dous días de permiso de asuntos particulares, A.P. por antigüidade ou días adicionais ás vacacións sempre que as necesidades do servizo o permitan a partires do día 11 de decembro.

Medidas organizativas:

*   Poderanse organizar e efectuar reparticións puntuais.
*   En admisión masiva, carga e descarga, salas de dirección e centros de tratamento poderase autorizar a realización de horas adicionais.

Días 24 e 31: módulo de 79,48 € por traballador/día. deberán prestar servizo:

O persoal mínimo imprescindible tanto en admisión e oficinas coma en tratamento e distribución.
Só abrirán as oficinas de centros comerciais, axustando o horario de atención ao público ao propio do Centro Comercial.

Días 25 de decembro e 1 de xaneiro:
Non traballará ninguén. o persoal dos centros de tratamento, que por quenda, traballe a noite do 25 ao 26 de decembro e do 1 ao 2 de xaneiro percibirá as horas adicionais de festivo.

Pagamento da campaña: correos comprométense a axilizar os trámites para que o seu pagamento se faga efectivo a finais de xaneiro


27/11/2017

Pago de Axudas de Acción Social 2017




Coa vindeira nómina do mes de novembro de 2017 ingresarán a contía correspondente ás seguintes axudas de Acción Social

·       ANTICIPOS E PRESTAMOS SEN XURO

Atendéronse 1.266 solicitudes por un importe total de 4.943.500 €

·       AXUDAS PARA FILLOS CON DISCAPACIDADE

617 axudas de entre 300 e 500 euros, en función do grao de discapacidade, por importe global de 225.700 €

·     AXUDAS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

732 axudas de ate 250 euros, en función do gasto acreditado. O Importe total ascende a 165.050 €.

Segundo maniféstanos Correos, atendéronse TODAS as solicitudes recibidas que cumprían os requisitos esixidos nas convocatorias


Para máis información poñédevos en contacto coa CIG.