28 de set. de 2017

TOMA CASTAÑA!! Correos ofrece en Lugo un servizo de transporte de castañas


As oficinas de Correos de Chantada, Ou Saviñao, Quiroga e Becerreá ofrecerán durante este outono un servizo especial para o transporte de castañas. Estes despachos foron seleccionados polo seu ubicación en zonas de abundante produción deste froito.

Esta iniciativa pretende facilitar os envíos entre os productores locais e os seus compradores, para favorecer o desenvolvemento desta actividade estacional que dinamiza a economía do interior lucense durante o outono.

22 de set. de 2017

Chamamentos para o Reparto de notificacións en quenda de tarde (contratos por obra dende o 1 de outubro 2017 ate o 31 de outubro de 2018

         


Relacións Laborais de Zona 1 comunícanos que está previsto que se realicen na provincia de A Coruña 107 contratos a xornada parcial (4 horas) para o reparto de notificacións administrativas en quenda de tarde. Dos cales 57 contratos serán para prestar servizos de luns a venres e 50 para prestar servizos os martes e xoves.
       A modalidade contractual que van a utilizar é a de contrato de obra, e a duración destes contratos irá dende o 1 de outubro de 2017 ata o 31 de outubro de 2018.
       O sistema de chamamento que establecen é o seguinte:
-         Preferentemente ós integrantes das Bolsas de Emprego que solicitaron xornada a tempo parcial.
-         Despois ó resto dos integrantes das Bolsas de Emprego.
-         Por último ás persoas que se presentaron á última Consolidación de Emprego.

       No comunicado que nos mandan infórmannos que, a parte do reparto de notificacións administrativas, e de forma excepcional, Correos poderá asignar outros produtos cuxo reparto non sexa asumible polo cadro de persoal fixo da empresa. Dende o sindicato C.I.G. trataremos de verificar se dentro do marco legal deste contrato de obra, concertado para a entrega de notificacións, ten cabida que a empresa mande repartir, aínda que sexa de xeito excepcional, outro tipo de produtos.

¡¡OLLO!!

Segungo o artigo 15.5 do Estatudo dos Traballadores "os traballadores que nun período de trinta meses estivesen contratados durante un prazo superior a vinte e catro meses, con ou sen solución de continuidade, para o mesmo ou diferente posto de traballo coa mesma empresa ou grupo de empresas, mediante dúas ou máis contratos temporais, sexa directamente ou a través da súa posta a disposición por empresas de traballo temporal, coas mesmas ou diferentes modalidades contractuais de duración determinada, adquirirán a condición de traballadores fixos." 

Polo artigo anteriormente citado do E.T. Correos non está renovando a moitos compañeiros que estaban facendo os contratos de notificacións, pois segundo a Lei pasarían a ser fixos da empresa.  

A CIG non asinará acordos que non garantan a recuperación de dereitos laborais do persoal público A Mesa de Negociación das Administracións Públicas foi adiada até a próxima semana



A Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, convocada este xoves para aprobar as cuestións relativas a condicións laborais e salariais dos empregados/as públicos/as -para a súa inclusión nos Orzamentos Xerais do Estado de 2018-, quedou adiada para a semana que vén malia o Goberno do PP ter avanzados acordos con CCOO, UGT e CSIF á marxe do organismo. Dende a CIG xa adiantaron que non asinarán ningunha proposta que non contemple a recuperación dos dereitos que lle foron arrebatados ao funcionariado dende 2010.
Na Mesa, as organizacións sindicais recibiron como xustificación deste atraso que cunha semana máis se pode seguir mellorando o acordo. Ademais entregouse un novo documento e convidouse aos sindicatos con representación na mesma a estudalo e presentar propostas.
Con todo, a Área Pública da CIG xa manifestou a súa decisión de non apoiar ningún acordo que non contemple a derrogación dos Decretos-Lei impostos ao persoal das Administracións públicas desde o ano 2010, entre outros: RD-Lei 8/2010, polo que se adoptan medidas extraordinarias para a redución do déficit público; RD-Lei 20/2011, de medidas urxentes en materia orzamentaria e tributaria para a corrección do déficit público; e RD-Lei 20/2012, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade.
Isto xunto con todos aqueles impostos polo Goberno español relativos a reformas laborais, reforma da negociación colectiva, modificacións das pensións e demais recortes das condicións laborais e salariais que afectan ao conxunto da clase traballadora.
A Área Pública da CIG exixe tamén a restitución de todos os dereitos laborais e salariais (horarios, pagas extras, salarios, 100% do salario en situación de IT, fondo social, etc) que lle foron arrebatados ao persoal empregado público desde o ano 2010.

15 de set. de 2017

Segunda Xuntanza da Comisión de emprego estatal (Bolsas de emprego)



Correos segue R que R co rexuvenecemento das bolsas de contratación.




Alegacións presentadas pola CIG ao Borrador da Convocatoria para a Constitución das bolsas de emprego

A cig nas súas alegacións defende que todo o persoal que esta actualmente nas bolsa de emprego se integre directamente ás novas bolsas pois xa ten máis que demostrado que ten as aptitudes físicas, médicas e de coñecementos para desempeñas os seus postos de traballo.

Alegacións presentadas pola CIG:




14 de set. de 2017

Texto das Bases da Convocatoria para as Bolsas de emprego elaboradas por CIG e presentadas en Madrid



Mentres os sindicatos asinantes de Convenio fan o paripe de negociar  a CIG non só presentou as alegacións ao Borrador da Convocatoria para a Constitución das Bolsa de emprego, senon que tamen fixemos entrega dun texto alternativo das bases de constitución das Bolsas de emprego.




8 de set. de 2017

Xuntanza da Comisión de Emprego Estatal - 1º Borrador de Correos para as bolsas de Contratación


O 8 de setembro tivo lugar a Xuntanza da Comisión de Emprego Estatal para tratar as Bases para a apertura das Bolsas de emprego. Nesta reunión Correos presentou un Borrador de Bases de Convocatoria inaceptable para a CIG:

Proposta de Correos no borrador entregado ás OOSS:

·        Efectuar recoñecemento médico a todos/as os aspirantes a integrar as Bolsas.
·        Establecer probas físicas obrigatorias a todos/as os candidatos que pretendan acceder as bolsas de  Reparto e Axente Clasificación.
·        Correos pretende rexuvenecer o persoal das Bolsas, especialmente nos postos de Reparto de paquetaría  e Atención ao Cliente, para o que propón que a antigüidade traballada puntúe menos.
·        Probas de coñecemento de Inglés para os postos de Atención ao Cliente e Reparto (segundo zona xeográfica). Así como probas especificas de aptitude para o posto de Atención ao Cliente.
·         Valoración dos méritos: Que a antigüidade sexa a menos valorada de tódolos méritos.
·        Será valorado o haberse presentado ao exame de Consolidación de emprego, a valoración realizarase en función do número de preguntas acertadas.
·        Que as Xornadas se adapten ás necesidades de negocio que requiren os Clientes.

Valoración CIG:

Como primeira valoración podemos dicir que este Borrador presentado por Correos demostra  un profundo desprezo ao persoal que na actualidade esta nas Bolsas, que en definitiva son os que están sacando o traballo adiante.

A CIG presentará nos próximos días as alegacións pertinentes a este Borrador que pretende eliminar a máis da metade do persoal que esta nas Bolsas actualmente.   

Como punto final Correos informou na Mesa que a partir do 1 de outubro os contratos de NOTIFICACIÓNS  terán unha duración dun ano.

COA CIG NA RÚA A LOITA CONTINUA


5 de set. de 2017

Comisión de Emprego

O vindeiro 8 de setembro ás 11:00 Xuntanza da Comisión de Emprego para tratar a apertura das Bolsas de Emprego Temporal.


4 de set. de 2017

Remate dos Prazos das Axudas de Acción Social 2017

A CIG Correos lémbrache que o prazo para solicitar as axudas para tratamentos de saúde, fillos con discapacidade, educación infantil e anticipos e préstamos sen xuro, remata o vindeiro 18 de setembro.

AXUDAS
REMATE PRAZO INSTANCIAS
PREVISIÓN DO PAGO
Tratamento da Saúde
18 de setembro
Nómina
novembro / decembro
Fillos con Discapacidade
18 de setembro
Nómina Novembro
Educación Infantil
18 de setembro
Nómina novembro
Anticipos sen Xuro
18 de setembro
Segundo Dispoñibilidade
Estudo para fillos (libros e material escolar)
10 de outubro
Nómina decembro
Estudos Universitarios (Persoal Laboral)
10 de outubro
Nómina decembro
Falecemento
(Perosoal Laboral)
Dende o 16 de xuño ata ó 31 de decembro
Cando se produza o feito




















Se queredes consultar calquera dúbida sobre as convocatorias ou presentar a solicitude
e non a atopades na intranet, poñédevos en contacto coa xente da CIG Correos.