28 de xul. de 2017

Axudas Muface para estudos universitarios de mutualistas (Persoal Funcionario)

Con data 27 de xullo de 2017, publicouse no Boletín Oficial do Estado, Resolución do 14 de xullo de 2017, da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado, pola que se convocan becas de estudo para mutualistas, para o curso 2017/2018.

Nesta convocatoria a finalidade destas axudas consiste en posibilitar a promoción social e cultural dos mutualistas, mediante achegas económicas con cargo aos créditos orzamentarios de MUFACE, en forma de becas de estudo para mutualistas, destinadas a cubrir en parte o custo da matrícula de estudos universitarios.

As becas de estudo serán incompatibles, no tramo que resulte coincidente, con calquera outra axuda concedida, con igual finalidade, mesmo suxeito e feito causante, por organismos públicos ou privados.

24 de xul. de 2017

A CIG chama a clase traballadora a participar nos actos do Día da Patria


Con motivo da celebración o vindeiro 25 de xullo do Día da Patria Galega, a CIG chama a clase traballadora a participar nos actos que o nacionalismo galego celebre en Galiza e, nomeadamente, en Santiago de Compostela. Unha data de celebración, mais tamén de reivindicación do dereito que temos as galegas/os a decidir por nós mesmas/os o noso futuro como nación, a autogobernarnos e a poder vivir e traballar na nosa terra nunhas condicións dignas.

20 de xul. de 2017

Xuntanza Mesa Sectorial (Persoal funcionario)

INFORMAO pasado 19 de xullo tivo lugar a Xuntanza da Mesa Sectorial, órgano onde se tratan as condicións laborais e retributivas do Persoal Funcionario de Correos.

Como orde do día e único tema a tratar: Incremento Retributivo do 1% prevista na Lei de Orzamentos Xerais do Estado 2017 para o persoal funcionario e flocos 2016 (retribución variable).

Na Mesa Sectorial  informáronnos sobre o calendario e a forma de aplicación desta suba que queda da seguinte maneira:

FUNCIONARIOS
Concepto
Aplicación
Data de Pagamento
1% Retribucións Fixas 2017
Soldo base,Trienios,P.Extra,C.Destino,
C.Especifico,C. Homologación, C.Residencia
Nómina mes de Xullo
Atrasos dende 01/01/2017
1%
Retribucións Variables 2016 e 2017
C. de produtividade (C.P.A), Tramos, Produtividade ao rendemento, Horas extras, Produtividade / Pluses
Nómina trala autorización.
Atrasos dende 01/01/2016

Na Mesa Sectorial a CIG Fixo as seguintes Reivindicacións:

*                 Solicitamos a convocatoria da Mesa Sectorial para tratar a suba das retribucións variables e así compensar a perda de poder adquisitivo do persoal funcionario, unha perda continuada no tempo que a ciframos aproximadamente entorno a un 40% dende o ano 1981.
*                 Que, se devolva ao persoal funcionario o 5% do soldo que foi recortado no ano 2010 coa finalidade de evitar o agravio comparativo respecto do persoal laboral.
*                 Que, se convoque a Mesa Sectorial para tratar as condicións laborais do persoal funcionario coa finalidade que se adecúen ao establecido no EBEP e así ter os mesmos dereitos co resto de funcionarios da Administración Xeral do Estado, porque os funcionarios de Correos queremos deixar de ser funcionarios de segunda.

Queremos denunciar que os Sindicatos asinantes do Convenio e Acordo Xeral (CCOO, CSIF, UGT e S.L.) non están pola labor da negociación na Mesa Sectorial, Órgano onde a CIG ten representación, porque somos un sindicato incomodo por ser reivindicativo e loitador polos dereitos dos traballadores, eles prefiren negociar a solas con Correos para así amañar e mercadear cos nosos dereitos a cambio de horas de liberación e cartos para formación.


En canto a suba do 1% para o persoal laboral nas retribucións fixas e variables queda pendente da autorización da SEPI .


7 de xul. de 2017

A imaxe de Correos trasmítena as suas traballadoras e traballadores NON un logo.


A falta de persoal en Correos en Ferrol deixa 3.000 envíos diarios sen repartir, según a CIG-Correos



Os empregados do servizo de Correos de Ferrol veñen denunciando nos últimos meses unhas insostenibles deficiencias no cadro de persoal que impiden realizar os repartos diarios de forma efectiva.

Os empregados do servizo de Correos de Ferrol veñen denunciando nos últimos meses unhas insostenibles deficiencias no cadro de persoal que impiden realizar os repartos diarios de forma efectiva.