Outra das mocións presentadas onte foi presentado por FEC BNG e PSOE en apoio do Consello e do goberno rexional de Correos e Telégrafos Persoal de S.A O portavoz dixo bordo, Carlos del Río, explicou o pano de fondo que levou a solicitar tal petición afirmando que o cargo de Ferrol houbo unha "cola" en 2014 que causou "ou aumento determinada carga Traballo ou empeoramento das Laborais Termos e na uña gran descenso servizo non Calidad "adxunto a este" déficit histórico "do modelo.Del Rio tamén engadiu como un feito que a oficina de Ferrol entrou no primeiro trimestre de 2017 unha media de 19,098 elementos comúns "dous Limes 4.262 pendentes metade foron lanzados".Por todo isto, pediron onte que "ningunha da das Seccions correos Ferrol quedar sen como Baixas propagación e cubra cos mercados de commodities eventual persoal DAS; a dar-se de medios suficientes para cumprir entrega servizo ou dignidade; Template dá orixe a atender axeitadamente anos Servizos Ferrol e Narón; e que é dirixa ou Concello, Xeito institucional, Correos lembrándolle deber o seu tratar en todos os ámbitos como todos os días Cidade da Laborais semana como ditou unha lei ".A moción foi aprobada por mor do apoio de todos os grupos, excepto o PP, que se abstiveron.
30/06/2017
Aprobada moción presentada polo Comité Empresa Correos A Coruña no pleno de Ferrol
O BNG denuncia o desmantelamento do servizo de Correos no rural de Ourense
A parlamentaria do BNG, Noa Presas pediu hoxe no
Parlamento galego demandar do goberno central recuperar os empregos perdidos
dende o ano 2010 e incrementar persoal do servizo de correos a través de
procesos “transparentes e xustos”.
No
transcurso da pregunta parlamentaria, a nacionalista denunciou “o agravio
e discriminación” do rural ourensá fronte ao resto dos territorios galego e
estatal. Neste sentido, lembrou que entre os anos 1996 e 2006 perdéronse o “33%
dos carteiros e carteiras rurais” no rural da provincia de Ourense e contrapuxo
esta cifra ao recorte producido no ano 2016 un “30% que deixa a provincia
ourensá só con 153 enlaces rurais”.
A
deputada afirmou que o Presidente da Xunta con experiencia recoñecida na
Dirección de correos, en lugar de favorecer a Ourense promove unha política de
desmantelamento de servizos utilizando esta provincia “como coelliño de
Indias”.
Para
a deputada, o desmantelamento do servizo público de correos está a provocar que
os cidadáns deban asumir gastos e desprazamentos que constitúen “unha
desigualdade” e reprocha que a Xunta “non reaccione” a esta realidade, polo que
reiterou a súa reclamación de incrementar o servizo público de correos
no rural.
Pola súa parte, a portavoz
popular de Relacións institucionais, Blanca García respondeu á nacionalista que
o incremento de persoal do servizo postal non é competencia da Xunta de Galiza
ao que Presas replicou, “ todos os galegos e galegas pagamos impostos e temos
dereito a que o Estado e o Partido popular cumpran as condicións recollidas
pola lei 24/1998”.
Fonte: www.bng.gal
21/06/2017
Asendia: Outro Competidor para correos
A Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) volve á carga contra Correos.
A Sala de Supervisión Regulatoria da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia ditou un acordo polo que confirma a legalidade da actividade postal turística de Asendia recoñecendo o dereito de Asendia ou de calquera outra empresa a "emitir e comercializar medios de franqueo" e que a "normativa non prevé limitacións en relación coa forma de comercialización de medios de franqueo por parte de operadores privados", como consecuencia da existencia dun mercado completamente liberalizado desde o 2011.
Asendia ten prevista unha expansión do servizo en Catalunya para consolidar a rede de Xirona e apertura de servizo en Barcelona e Tarragona. En Xirona, dispón actualmente dunha cincuentena de clientes (cámpings, cadeas hostaleiras, asociacións).
Para ver a nova prema Aquí
A CIG denuncia a discriminación da lingua galega na nova sede electrónica de MUFACE
O castelán aparece como única opción desprezando ás persoas usuarias de Galiza.
Na última reunión do Consello Xeral de MUFACE, a CIG presentou unha queixa formal pola discriminación que supón para o galego que a nova sede electrónica da entidade só estea en castelán. O sindicato rexistrou un escrito no que solicitou que, sen dilación, se ditaran as oportunas instrucións para que as persoas usuarias da sede electrónica non só podan optar pola versión en galego das informacións que conteña a nova web senón que, ao tempo, poda descargar ou cumprimentar en liña os impresos en galego dos distintos servizos que se ofrecen.
A CIG lembra que MUFACE é a entidade que xestiona, entre outras, as prestacións sanitarias de todo o persoal encadrado no Réxime Especial do Funcionariado Civil do Estado, e no cal está incluído todo o profesorado galego coa excepción do persoal interino e outros vinculados ao réxime xeral. Igualmente está tamén incluído persoal de Correos, da Administración Central en Galiza e da propia Administración Autonómica. Estamos falando, por tanto, da negación dun dereito elemental para miles de persoas en Galiza, que se fai extensíbel tamén a outras linguas como o éuscaro ou o catalán nos seus respectivos países.
En resposta á demanda da CIG, o Director Xeral de MUFACE asegurou que a versión “noutras linguas diferentes do castelán” se habilitaría en breve e que sería mediante unha tradución automática dos contidos orixinalmente redactados en castelán sen revisión posterior, como xa está actualmente a web xeral da mutualidade.
19/06/2017
CIG-Correos de Compostela denuncia a decisión do Concello de privatizar o Servizo de Notificacións
CIG-Correos compareceu este xoves no pleno do Concello de Santiago para denunciar a privatización do servizo municipal de entrega de notificacións e a retirada ao operador público Correos das Noficacións de sancións de tráfico dentro da cidade, outorgándollas a unha empresa privada de Valencia e inscrita no rexistro mercantil de Bizkaia
Para a CIG-Correos esta
decisión adoptada a proposta do concelleiro delegado de Medio Ambiente Xan
Duro, só tivo en conta “cuestións economicistas”. Considera que o goberno
municipal de Santiago non tivo en conta porén, os custos sociais derivados
desta decisión: “nin o que implica apostar por empresas privadas fronte
empresas públicas; nin as precarias condicións laborais ás que someten estas
empresas aos seus traballadores e traballadoras, que son as que lles permiten
abaratar os custos”.
Precariedade laboral
16/06/2017
Axudas Acción Social 2017
Hoxe 16 de xuño, publícanse a Convocatoria das
Axudas de Acción Social de Correos para o ano 2017. Das propostas expostas pola
CIG recolléronse, entre outras, as seguintes melloras:
INCLÚESE como beneficiario ao persoal eventual con
dous anos de antigüidade no últimos seis anos, en todas as axudas.
ELÉVANSE a 25.000 os ingresos máximos dos posibles
peticionarios de préstamos sen interese.
INCLÚENSE os orfos dos empregados falecidos en
activo como beneficiarios das axudas para tratamentos da saúde.
INCLÚESE o cónxuxe nas modalidades de axudas para
tratamentos da saúde.
ELIMÍNASE o gasto mínimo realizado para poder
solicitar as axudas.
AXUDAS
|
PRAZO
INSTANCIAS
|
PREVISIÓN
DO PAGO
|
Estudo para fillos (libros e material escolar)
|
Dende o 16 de xuño ata ó 10 de outubro
|
Nómina decembro
|
Estudos Universitarios (Persoal Laboral)
|
Dende o 16 de xuño ata ó 10 de outubro
|
Nómina decembro
|
Tratamento da Saúde
|
Dende o 16 de xuño ata ó 18 de setembro
|
Nómina
novembro / decembro
|
Fillos con Discapacidade
|
Dende o 16 de xuño ata ó 18 de setembro
|
Nómina Novembro
|
Educación Infantil
|
Dende o 16 de xuño ata ó 18 de setembro
|
Nómina novembro
|
Anticipos sen Xuro
|
Dende o 16 de xuño ata ó 18 de setembro
|
Segundo Dispoñibilidade
|
Falecemento
(Perosoal Laboral)
|
Dende o 16 de xuño ata ó 31 de decembro
|
Cando se produza o feito
|
Se queredes consultar calquera dúbida sobre as convocatorias ou presentar a solicitude e non a atopades na intranet, poñédevos en contacto coa xente da CIG Correos.
Prema Aquí para acceder ás convocatorias. Conecta Correos
Prema Aquí para acceder ás convocatorias. Conecta Correos
15/06/2017
5ª Resolución Concurso de Traslados
5ª RESOLUCIÓN DO
CONCURSO PERMANENTE (XUÑO– 2017)
22 PRAZAS ADXUDICADAS EN GALIZA: A CORUÑA
7, LUGO 6, PONTEVEDRA 4 e OURENSE 5.
OS LISTADOS COMPLETOS DA 5ª ADXUDICACIÓN
DISPOÑIBLES NAS SECCIÓN SINDICAIS DA CIG.
PRAZOS DE CESE
Para todos os postos o cese será o día 30 DE XUÑO
2017.
PRAZOS
DE INCORPORACIÓN
A incorporación será a partir do día 01 DE XULLO
DE 2017.
v O día seguinte
se o traslado é na mesma localidade.
v 2 Días na mesma
provincia ou illa ( Si se adianta ó día seguinte 60 €)
v 6 Días entre
localidades da península que non pertenzan a mesma provincia (si se adianta ó
segundo día 180 €)
v 10 Días entre
illas Ceuta e Melilla e península (Se a toma e ó terceiro día 300 €)
Se optas pola
compensación económica debes entregar o Anexo 3 en Recursos Humanos, antes do
28 DE XUÑO DE 2017.
Os prazos
posesorios empezarán ó rematar os permisos, licencias,... Se tes licencia por
enfermidade ou baixa dilixéncianche o
cese e toma de posesión de oficio.
O prazo
posesorio será como de servicio activo salvo para excedentes voluntarios ou
para o coidado de fillos.
Se comporta
reingreso ó servicio activo o prazo de posesión será de un mes (Dende o día
01/07/2017)
13/06/2017
Xuntanza para 5ª Adxudicación do Concurso de Traslados
Informámosvos que o vindeiro xoves día 15 de xuño ás 10:30 horas, haberá reunión para unha nova adxudicación do Concurso de Traslados.
09/06/2017
Comite e Xunta de Persoal Correos A Coruña: Denuncia da situación do persoal eventual de Corre...
En liña ca nosa campaña pola mellora dos dereitos do persoal temporal, nós estivemos alí, coma sempre, denunciando inxustizas e apoiando ó colectivo de eventuais.
Despois dos plenos do comité de empresa e Xunta de persoal de A Coruña, os membros asistentes concentráronse no Cantón grande da capital provincial escenificando unha gran cola de espera para acceder a empregos temporais en Correos, así como os defectos que na actualidade sofren o persoal contratado ou que pretende acceder ás Bolsas de Contratación (a saber: enchufes, denominación de persoal idóneo, e en xeral falta de contratación e transparencia no proceso de selección).
Comite e Xunta de Persoal Correos A Coruña: Denuncia da situación do persoal eventual de Corre...:
Despois dos plenos do comité de empresa e Xunta de persoal de A Coruña, os membros asistentes concentráronse no Cantón grande da capital provincial escenificando unha gran cola de espera para acceder a empregos temporais en Correos, así como os defectos que na actualidade sofren o persoal contratado ou que pretende acceder ás Bolsas de Contratación (a saber: enchufes, denominación de persoal idóneo, e en xeral falta de contratación e transparencia no proceso de selección).
Comite e Xunta de Persoal Correos A Coruña: Denuncia da situación do persoal eventual de Corre...:
06/06/2017
"El Desván" novo servizo que ofrecerá Correos aos seus Clientes
Correos puxo en
marcha un novo servizo, denominado «El Desvan», polo que se ofrece como
«trasteiro» para os seus clientes, que poden contratar o depósito e custodia
dos seus bens en caixas nos almacéns de Correos.
O servizo pódese
contratar só a través da páxina web da Correos, que ofrece o traslado das caixas, tanto
baleiras como cheas, a través da súa filial de paquetería.
A custodia das
caixas coas pertenzas dos clientes realízase nos almacéns propios de Correos
que segundo aseguran cumpren con todos
os requisitos de seguridade e coa dotación e os recursos necesarios.
Correos enmarca
estes novo servizos no marco da diversificación do negocio que aborda desde hai
anos para amortecer a caída do tradicional negocio de envíos postais. Ademais,
o novo servizo contribuirá a fomentar o negocio de paquetería.
Para ver a nova Prema: ABC Noticicias Cuatro Invertia.com Telecinco
Para ver a nova Prema: ABC Noticicias Cuatro Invertia.com Telecinco
05/06/2017
200 novas motocicletas eléctricas para Correos
Correos incorporou 200 novas motocicletas eléctricas á súa flota de
vehículos de repartición, que foron proporcionadas pola firma Silence e que
supuxeron un investimento de 778.000 euros.
Correos suma un total de 546 vehículos eléctricos entre motos, coches e
bicicletas, o que supón o 4,20 % da flota total de 13.000 vehículos de
repartición con que conta a compañía. O ano pasado incorporou 100 motos
eléctricas.
Desta flota, unhas 9.000 unidades son motocicletas, das que, á súa vez,
tras este investimento, unhas 400 son de tracción eléctrica.
As 200 motos eléctricas son da marca Silence da empresa española Scutum,
participada por Repsol e CaixaBank.
As motocicletas contan con 100 quilómetros de
autonomía (70 reais) e capacidade para circular a unha velocidade de ata 100
quilómetros por hora.
Así mesmo, dispoñen de iluminación de LED e poden cargar
175 quilos. Cárganse en seis horas.
Correos estima que estas motos permitiranlles aforrar 500 euros por cada
1.000 quilómetros en comparación coas motocicletas convencionais de combustión
que teñen en flota.
A pesar de que as motos eléctricas non chegan ao 4,2% do total da flota, a
intención de Correos é continuar apostando por estes vehículos máis sustentables.
Este é o segundo pedido que Correos fai a Scutum a quen comprou 100 motos
eléctricas en 2016.
As 200 novas motos eléctricas repartiranse en unidades de distribución de
Correos por diferentes puntos do territorio español:
25 en Madrid, 25 en Barcelona, 15 en Valencia, 15 en Málaga, 8 en Zaragoza,
15 en Sevilla, 8 en Vizcaya, 12 en Baleares, 6 en Tarragona, 13 na Coruña, 6 en
Pontevedra, 6 en León, 6 en Valladolid, 20 en Alicante, 6 en Cádiz, 6 en San
Sebastián, 6 en Cantabria e 2 na localidade de Valverde de Hierro (Tenerife). A
entrega finalizará a finais de xuño.
03/06/2017
CIG advirte que os recortes orzamentarios aceleran ao desmantelamento de Correos en Galiza
O recorte aprobado nos Orzamentos Xerais do Estado de 60,5 millóns de euros á Sociedade Estatal Correos e Telégrafos afondara na precariedade laboral e no desmantelamento do Servizo Postal Universal, afectando na Galiza de forma máis negativa que no resto do Estado, tanto pola súa especial configuración xeográfica como pola idade e dispersión da súa poboación. Esta é a valoración que a CIG fai da tesoirada que nas contas xerais se dá a este servizo público. O sindicato lembra que a ausencia de contratación e a amortización de prazas ten consecuencia non só na perda de empregos mais tamén no empeoramento do servizo, nomeadamente no rural
“Nos últimos oito anos as políticas de recortes en Correos significaron uns 20.000 postos de traballo menos, 1.000 puntos menos de atención en pequenos núcleos de poboación -o que afecta máis directamente a Galiza por ter no seu territorio un 50% destes núcleos de poboación- 1113 carteiros rurais menos en todo o Estado e un longo etcétera de recortes”.
Fonte: Sermos Galiza
02/06/2017
Alegacións CIG á Proposta das Axudas de Acción Social 2017
Dende este
sindicato entendemos que a empresa lonxe de reducir as Axudas de Acción Social
como é a súa intención visto este borrador, o que debe facer é incrementalas
para así compensar a perda de poder adquisitivo dos seus traballadores/as.
Estas son
algunhas das alegacións presentadas pola
CIG ao Borrador:
- Que se aumentes tódalas cantidades en conceptos de axudas de acción social
- Que se inclúan os eventuais como posibles beneficiarios das axudas.
- No caso que definitivamente se establezan límites de ingresos como requisito para poder optar ás axudas, que non se entendan a estes efectos como ingresos os percibidos por achega de vehículo ou local nin tampouco outros ingresos correspondentes a calquera atraso ou paga de anos anteriores.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)