25 de maio de 2017

FORMACIÓN - PLAN 2017/2018 CURSOS PUNTUABLES PARA CORREOS

Damos por PECHADA A PREINSCRIPCIÓN para os cursos puntuables no PLAN DE FORMACIÓN DE CORREOS 2017/2018 a impartir por a CIG Correos.
Estamos á espera dos cursos con contidos renovados, para escomenzar a impartilos. 
Agradecemos o interés demostrado e esperamos poder satisfacer a amplia demanda recibida.

INFORMAREMOS POR ESTE MEDIO E PERSONALMENTE DAS NOVAS XENERADAS NESTE TEMA

23 de maio de 2017

Curso on-line "Correos, Tecnología y Servicios Móviles)

Curso dirixido a todo o persoal de Correos, que manteñan unha relación laboral, ou de servizo, activa, coa empresa desempeñando a súa actividade ao inicio e durante a súa impartición.

Prazo de inscrición do 23 de Maio ao 30 de Maio ambos incluídos

Inscrición: dende conecta ou internet

Como inscribirte dende internet: unha vez que entras en formación de Correos, debes de ir á parte inferior dereita debaixo de onde pon usuario e contrasinal. alí xa te indica "fai clic aquí para solicitar curso".

O curso terá unha duración dunha semana, realizarase  on-line  dende un ordenador alleo a Correos e fóra da xornada laboral. O curso desenvolveranse durante os meses de xuño e xullo os alumnos poderán elixir, as datas que máis lles conveñan de entre as dispoñibles.

Tras o proceso de inscrición, comunicarase por  e-mail  e SMS  o comezo da formación. Recoméndase revisar a dirección de correo persoal do apartado "Mi perfil" e aceptar a modalidade de citación por  SMS.

Expediente Formativo

O curso incluirase no expediente formativo de todos aqueles que completen a acción formativa e ademais recibirán unha compensación polo custo da conexión a internet.

No caso de que xurda algunha incidencia técnica durante a inscrición e/ou durante a realización do curso, os alumnos deberán dirixirse ao centro de atención ao estudante centro.atencionestudiante@telefonica.es




Axudas económicas para os traballadores e familias monoparentais

Publicadas as bases das axudas para os traballadores que se acollan á redución de xornada para o coidado de fillos/as

 
As persoas solicitantes deberán terse acollido á redución entre o 1 de maio de 2016 e o 31 de maio de 2017
 
A Secretaría das Mulleres da CIG informa que no DOG deste venres, 19 de maio, sae publicada a convocatoria das axudas económicas para os traballadores e familias monoparentais que, entre o 1 de maio de 2016 e o 31 de maio de 2017, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas. Estas axudas teñen como obxecto a conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade.

19 de maio de 2017

10 de maio de 2017

FORMACIÓN - PLAN 2017/2018 CURSOS PUNTUABLES PARA CORREOS



         Xa podes preinscribirte nos cursos do plan de formación 2017/18, puntuables no futuro proceso de consolidación de emprego. Consideramos que a realización destes cursos e moi importante xa que pode ser a diferenza entre aprobar ou non.

Os cursos previsto impartir serán:
 Acollida e Procesos de traballo.
 Produtos. 
 Atención o cliente en oficinas. 
 Atención o cliente en reparto. 

Así mesmo cabe a posibilidade de impartir calquera outro curso que poidera ser puntuable Todos estes cursos serán impartidos telemáticamente, a través dunha plataforma on-line, como xa fixemos na anterior convocatoria.

Preinscríbete a través do seguinte formulario dixital xf, e marca aqueles cursos nos que estés interesado. (É preciso ter aberto ó perfil de Google)