23 de mar. de 2017

Curso "Transformando con Innovación"

Curso dirixido a todo o persoal de Correos, que manteñan unha relación laboral, ou de servizo, activa, coa empresa desempeñando a súa actividade ao inicio e durante a súa impartición.

Prazo de inscrición do 23 de marzo ao 29 de marzo ambos incluídos

20.000 prazas e, unha vez cubertas estas, non é posible inscribirse de aí que che recomendamos que se estás interesado que o fagas coa maior celeridade posible.

Inscrición: dende conecta ou internet

Como inscribirte dende internet: unha vez que entras en formación de Correos, debes de ir á parte inferior dereita debaixo de onde pon usuario e contrasinal. alí xa te indica "fai clic aquí para solicitar curso".

E por primeira vez a formación poderá realizarse dende a app Correosplay, que estará proximamente dispoñible para descargala dende appleStore (para dispositivos Apple) e PlayStore (para dispositivos Android) 

O curso terá unha duración de 10 días, realizarase  on-line  dende un ordenador, smartphone ou tablet alleo a Correos e fóra da xornada laboral. O curso desenvolveranse durante os meses de abril e maio os alumnos poderán elixir, as datas que máis lles conveñan de entre as dispoñibles.

Tras o proceso de inscrición, comunicarase por  e-mail  e SMS  o comezo da formación. Recoméndase revisar a dirección de correo persoal do apartado "a miña páxina" e aceptar a modalidade de citación por  SMS.

Expediente Formativo: O curso incluirase no expediente formativo de todos aqueles que completen a acción formativa e ademais recibirán unha compensación polo custo da conexión a internet.

No caso de que xurda algunha incidencia técnica durante a inscrición e/ou durante a realización do curso, os alumnos deberán dirixirse ao centro de atención ao estudante centro.atencionestudiante@telefonica.es


21 de mar. de 2017

4ª Resolución do Concurso de Traslados

4ª  RESOLUCIÓN  DO  CONCURSO PERMANENTE   (MARZO– 2017)


51  PRAZAS ADXUDICADAS EN GALIZA:  A CORUÑA  23,   LUGO 5,  PONTEVEDRA 14 e OURENSE 9.

OS LISTADOS COMPLETOS DA  4ª  ADXUDICACIÓN DISPOÑIBLES NAS SECCIÓN SINDICAIS DA CIG.

PRAZOS DE CESE 


Para todos os postos o cese será o día 31 DE MARZO 2017. 

PRAZOS DE INCORPORACIÓN


 A incorporación será a partir do día 01 DE ABRIL DE 2017.

v O día seguinte se o traslado é na mesma localidade.
v 2 Días na mesma provincia ou illa ( Si se adianta ó día seguinte 60 €)
v 6 Días entre localidades da península que non pertenzan a mesma provincia (si se adianta ó segundo día 180 €)
v 10 Días entre illas Ceuta e Melilla e península (Se a toma e ó terceiro día 300 €)

­ Se optas pola compensación económica debes entregar o Anexo 3 en Recursos Humanos, antes do 28 DE MARZO DE 2017.

­ Os prazos posesorios empezarán ó rematar os permisos, licencias,... Se tes licencia por enfermidade ou  baixa dilixéncianche o cese e toma de posesión de oficio.
­ O prazo posesorio será como de servicio activo salvo para excedentes voluntarios ou para o coidado de fillos.
­ Se comporta reingreso ó servicio activo o prazo de posesión será de un mes (Dende o día 01/04/2017)




3 de mar. de 2017

Xuntanza Comisión de Emprego Central





Miúda capacidade negociadora dos sindicatos asinantes do Convenio e Acordo Xeral, como se nota que o único que lles importa é o seu negocio de academias. Dos temas importantes que incumbe a todo o colectivo de traballadores nin piden solucións nin responsabilidades a Correos. Máis que unha negociación empresa-sindicatos, parece unha reunión entre socios que o único que miran é como sacarlle máis rendemento aos traballadores a cambio de migallas.



Concurso de Traslados:



Correos e os seus socios informan que a mediados do mes de marzo haberá unha adxudicación do Concurso con data de toma de posesión o 1 de abril, iso se Correos nin os seus socio explican porque tiveron o Concurso secuestrado dende o mes de outubro. Tampouco aseguran que se adxudiquen tódalas vacantes e dicir Correos sacará a que lles da a gana.



Notificacións:



Todo segue igual, aínda non atopan unha solución a pesares do tempo transcorrido. Para o mes de abril ofertarán contratos ao persoal da bolsa que non teña esgotados os períodos de contratación, a continuación ao persoal de bolsas lindeiras, logo as persoas que se presentaron ao último exame de ingreso. A non aceptación destes contratos non supoñerá decaemento da bolsa. A este respecto temos que denunciar a opacidade que fai Correos cos chamamentos deste persoal. A data de hoxe hai un total escurantismo sobre os criterios que segue a empresa para seleccionar os traballadores que non figuran nas bolsas de emprego.



Consolidación de emprego 2015:



Publicarán os listados definitivos de méritos a finais do mes de marzo, a primeiros de abril e pretenden que o persoal que supere o proceso se incorpore no mes de maio.



Consolidación de emprego 2016-2017



De momento a realidade é que non hai nada de nada, o único que están a facer os sindicatos asinantes sobre este tema é vender fume para encher as clases e aumentar o seu negocio.



Quedaron sen tratar temas coma da apertura das Bolsas de contratación, Promoción interna do persoal funcionario, negociación do  IV Convenio e  Acordo Xeral



Cando vaian aos centros non te cales e esíxelles explicacións a estes sindicatos de fácil firma que non se reprimen á hora de mercadear os nosos dereitos coa empresa.





2 de mar. de 2017

A CIG chama a participar na manifestación nacional convocada polo feminismo galego o domingo 5 de marzo

A CIG fai un chamamento a participar na manifestación nacional convocada pola CIG ante a conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora, que sairá do estadio de San Lázaro ás 10:45 horas,concentrándonos ás 11:00 horas o día 8 de marzo, diante da Secretaría xeral de Igualdade, en Compostela


1 de mar. de 2017

Apertura listas de emprego da Xunta de Galicia

A Xunta abre o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal

Permanecerá aberto desde ata o próximo 15 de xullo. Estas listas son utilizadas pola Xunta para cubrir vacantes, facer substitucións e reforzar os servizos públicos

Mais información en  Galiciaé