27 de feb. de 2017

Cursos Formación INAP 2017 (Só persoal funcionario)


·        Os cursos soamente poden participar persoal funcionario.
·        Publicado no B.O.E. Nº 42 de  data 18/02/2017

O INAP, tendo en conta as necesidades formativas como ferramenta indispensable dos  empregados públicos para o exercicio das súas funcións, convoca dentro do plan xeral os seguintes cursos en materias de Idiomas, TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicacións) e Formación de Carácter Xeral)  na modalidade on-line e presencial:

*                Idiomas: Inglés, Francés, Alemán e Portugués.

*         Tecnoloxías da Información e Comunicacións

Destinatarios: Grupos A1, A2,C1 e C2.

*         Formación de Carácter Xeral

Destinatarios: Tódolos Grupos e escalas

Solicitudes.- Os que desexen participar nalgún destes cursos deberán facelo a través da páxina web do instituto nacional de administración pública:

http://buscadorcursos.inap.es/formación-general 

Prazo de presentación de solicitudes telemáticas será ate o día 5 de marzo inclusive.


Estes cursos son valorados para a mobilidade interministerial.


23 de feb. de 2017

A folga da UR3 de A Coruña queda posposta.

Os traballadores da UR3 de A Coruña despois de meditar a proposta da xefatura, decidiron en asemblea acceder a pospoñer un mes a folga prevista para esta semana á espera de recabar datos do volumen e tipo de obxectos que reciben e o tempo preciso para o seu correcto reparto.

Mais información.


17 de feb. de 2017

Mobilizacións UR-3

Remata unha semana de mobilizacións na UR-3 de A Coruña, os veciños apoian. Este serán reunión do comité de folga ca empresa, si non ceden.....




Calendario Laboral 2017



Con mes e medio de atraso Correos remite por fin o Calendario Laboral 2017, sen cambios significativos desoíndo as propostas presentadas pola CIG.

Así queda establecido o calendario laboral para 2017:

XORNADA ORDINARIA: Será de 37,5 horas de media semanal, en cómputo trisemanal. Para o persoal en réxime de especial dedicación será de 40 horas semanais. Cando se superen as 5 horas de xornada diaria continuada, poderase gozar dunha pausa de vinte minutos, como traballo efectivo.

SÁBADOS: Con carácter xeral, o persoal traballará un sábado de cada tres. Traballará os sábados o persoal das Unidades de Servizos Especiais (USES), e o que preste servizos en centros ou oficinas con atención ao público, sendo esa actividade relevante.

INICIO XORNADA: Adaptarase en cada centro ás necesidades operativas e de chegada das rutas. No ámbito de distribución, con carácter xeral, non comezará antes das 7,30 horas da mañá de luns a venres ata completar a xornada semanal de 37,5 horas.

SEMANA SANTA: Durante os días festivos e o sábado santo prestará servizo o persoal mínimo imprescindible que garanta o desenvolvemento da actividade da empresa.

VACACIÓNS: Os funcionarios terán dereito a gozar dun mes natural ou de 22 días hábiles anuais. Non serán días hábiles estes sábados. Para o persoal laboral serán dun mes natural. Con carácter xeral, será entre os días 1 de xullo e 30 de setembro. Poderanse gozar as vacacións noutras datas. A distribución de vacacións deberá ser coñecida como máximo a día 30 de abril.

DÍAS ADICIONAIS DE VACACIÓNS: Uniranse ás vacacións. Se se gozan en dous períodos, a cada un deles engadiranse os días hábiles correspondentes, procurando que a distribución sexa equilibrada. Excepcionalmente, sempre que as necesidades do servizo permítano, os días adicionais poderanse gozar sen unir ás vacacións e en período distinto ao vacacional.

DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES: Serán 6 días de cada ano natural, os cales poderán gozarse ata o 31 de decembro de 2017. Se por necesidades do servizo non fose posible gozar os días durante este ano poderase prorrogar o seu goce ata o 31 de xaneiro de 2018.Sempre que organizativamente sexa compatible coas necesidades do servizo e cos recursos humanos dispoñibles, poderanse acumular os días por asuntos particulares ás vacacións anuais.

DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES POR ANTIGÜEDAD (CANOSOS): Os días de 2017 poderanse gozar polo persoal funcionario ata o 31 de decembro de 2017. Os días de 2016 poderanse gozar ata o 31 de marzo de 2017.

DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES POR CAER EN DOMINGO O 24 E 31 DE DECEMBRO: Recoñécense dous días adicionais de descanso ao persoal funcionario e laboral (suxeito a Convenio). Estes dous días adicionais de descanso gozaranse durante 2017 e ata o 31 de xaneiro de 2018.

CAMPAÑA DE NADAL: Desde o 1 ao 31 de decembro. O persoal operativo poderá gozar de ata dous días de permiso sen penalización, tras garantir unha adecuada cobertura no servizo.


Para calquera dúbida ponte en contacto coa xente da CIG


16 de feb. de 2017

4ª xornada de mobilizacións na UR-3 de A Coruña

Seguimos apoiando as concentracións dos compañeiros de A Coruña  ca nosa presencia diaria , o noso mellor ánimo e forza .

15 de feb. de 2017

Mobilizacións na UR-3 de A Coruña

Por terceiro día consecutivo, os empregados de Correos da unidade de reparto nº 3 de A Coruña, concéntranse diante do seu centro de traballo co fin de rebertir as reducións no persoal que ten que servir ós barrios desta populosa zona de A Coruña.

 

14 de feb. de 2017

CIGcorreos: Implantación reforma UR3 Coruña

Dos 27 postos de traballo de reparto fixeron desaparecer 6


Hoxe dia 14 empezaron a traballar as 21 seccións de reparto segundo a reforma imposta por Correos na UR3 da  Coruña. (Coma sempre o correo desapareceo)
O persoal segue coas manifestacións diarias desta semana cargando pilas para facer fronte á convocatoria de folga parcial de 3 horas prevista para empezar o vindeiro luns día 20 con caracter indefinido sempre e cando Correos non mova ficha e lle de solución ó problema plantexado atendendo as reivindicacións.

Novas da prensa: Finanzas  -   La Opinion





13 de feb. de 2017

MOBILIZACIÓNS UR-3 A CORUÑA


Comenzaron as mobilizacións dos traballadores da Unidade de Reparto nº3 en contra das cargas de traballo desproporcionadas e en apoio ós compañeiros desplazados.


2 de feb. de 2017

Consolidación de Emprego Publicados Méritos Provisionais 2016

INFORMAData de Publicación: Día 2 de Febreiro de 2017
Prazo para presentar reclamacións: Ate o 9 de febreiro inclusive.
Os méritos só poderanse consultar a través da web de Correos: www.correos.es/informacion corporativa/ recursos humanos/ empleo/ consolidación de empleo 2015/ consulta meritos/  logo terás que introducir o DNI, data de nacemento e código de seguridade.

Como presentar a reclamación:
-      Online: a través da web de Correos  www.correos.es/informacion corporativa/ recursos humanos/ empleo/ consolidación de empleo 2015 nesta pantalla pulsa o botón “presentar alegacións” selecciona os motivos e garda os cambios.

Só no caso de non poder facer a túa reclamación online, poderás facelo a través de:

-                  Correo electrónico: Remitir a reclamación a seguinte dirección provision.rrhh@correos.com
-     Por escrito: Remitir a reclamación motivada por correo certificado á seguinte enderezo: Área de Ordenación y Planificación de RRHH, Subdirección de Gestión de Personal, Organización y Desarrollo de Personas, Dirección de Recursos Humanos, Vía Dublín nº 7, 5ª planta 28070 Madrid, poñendo como referencia “Convocatoria para la consolidación de empleo, valoración de méritos”  

Méritos.- Segundo as bases da convocatoria de 30-12-2015 son estes:
1.      Pola suma da antigüidade total en Correos, en calquera posto de traballo durante os últimos 7 anos. Por cada mes completo de prestación con contratos a tempo completo e a súa equivalencia por acumulación de contratos a tempo parcial: 0,04 puntos, cun máximo de 2,88 puntos.
2.      Por ter desempeñado cada un dos postos de traballo pertencentes á bolsa de emprego da provincia solicitada, durante os últimos 7 anos. Por cada mes completo de prestación con contratos a tempo completo e a súa equivalencia por acumulación de contratos a tempo parcial: 0,095 puntos, cun máximo de 7,12 puntos.
3.      Para os postos de traballo que o requiran nos termos expresados nestas bases: Pola posesión do permiso de conducir A.A.1 (moto), 2 puntos. Pola posesión do permiso B (coche), 1 punto. Os puntos por estes dous permisos non son acumulables, de maneira que o máximo por este concepto será de 2 puntos.
4.      Pola posesión del Título de Formación Profesional Grao Medio comprendido nas familias profesionais de “Administración e xestión”, “Comercial e Marketing” e “Informática e comunicacións”,  1 punto.
5.      Os cursos de formación relacionados valoraranse conforme á seguinte puntuación individual:
- Curso de Produtos: 1 punto
- Curso de Atención cliente reparto: 0,25 puntos
- Curso de Atención cliente oficinas: 0,25 puntos
- Curso de Acollida e Procesos de traballo: 6,5 puntos
A puntuación máxima a obter pola valoración total de méritos non poderá exceder de 19 puntos, salvo no posto de reparto 1, que será como máximo de 21 puntos.

Para consultar os méritos prema no seguinte enlace:  Consulta Méritos

Aínda que teñades ben os méritos provisionais non deixedes de ollar os méritos definitivos

Se tes algunha dúbida ponte en contacto coa xente da CIG Correos