25 de xan. de 2017

Curso On-line "La Diversificación en Correos"

Curso dirixido a todo o persoal de Correos, que manteñan unha relación laboral, ou de servizo, activa, coa empresa desempeñando a súa actividade ao inicio e durante a súa impartición.

Prazo de inscrición do 25 de xaneiro ao 31 de Xaneiro ambos incluídos

20.000 prazas e, unha vez cubertas estas, non é posible inscribirse de aí que che recomendamos que se estás interesado que o fagas coa maior celeridade posible.

Inscrición: dende conecta ou internet

Como inscribirte dende internet: unha vez que entras en formación de Correos, debes de ir á parte inferior dereita debaixo de onde pon usuario e contrasinal. alí xa te indica "fai clic aquí para solicitar curso".

O curso terá unha duración dunha semana, realizarase  on-line  dende un ordenador alleo a Correos e fóra da xornada laboral. O curso desenvolveranse durante os meses de febreiro e marzo os alumnos poderán elixir, as datas que máis lles conveñan de entre as dispoñibles.

Tras o proceso de inscrición, comunicarase por  e-mail  e SMS  o comezo da formación. Recoméndase revisar a dirección de correo persoal do apartado "a miña páxina" e aceptar a modalidade de citación por  SMS.

Expediente Formativo

O curso incluirase no expediente formativo de todos aqueles que completen a acción formativa e ademais recibirán unha compensación polo custo da conexión a internet.

No caso de que xurda algunha incidencia técnica durante a inscrición e/ou durante a realización do curso, os alumnos deberán dirixirse ao centro de atención ao estudante centro.atencionestudiante@telefonica.es




23 de xan. de 2017

A CIG gaña sentenza de Reclamación de Cantidades "Correos ten que aboar os 114,90€ ao persoal de reparto de ordinaria polo reparto do voto por correo"

O Xulgado nº 3 de Lugo ven de condenar a Correos declarando o dereito dos traballadores  de reparto ordinario que fixeron a reclamación coa CIG a cobrar a gratificación de 114,90€ para cada un deles máis os xuros do 10% polo reparto do voto por correo nas pasadas eleccións ao parlamento europeo do 25 de maio de 2014.

A denuncia foi presentada pola Asesoría Xurídica da CIG de Lugo,  logo da negativa da empresa ao abono das gratificacións nas Eleccións europeas do 25 de maio de 2014 por incremento da produtividade aos traballadores de reparto de ordinaria da U.R. de Lugo que realizaron tarefas encomendadas á repartición urxente do voto por correo.
Correos opúxose  á demanda alegando que as instrucións eran de aplicación a outro tipo de persoal (persoal de reparto urxente) e que na circular  de Correos de eleccións ao parlamento europeo de 2014 consta o dereito á percepción da gratificación por 114,90 euros, a condición de que a distribución da correspondencia electoral supoñan un incremento superior ao 15% da carga de traballo da unidade.

A CIG defendeu e así o entendeu tamén a Xustiza, de que estes compañeiros realizan funcións de repartición ordinaria, non sendo as súas funcións habituais as de repartición urxente e que, durante o período electoral, ás súas funcións habituais na repartición ordinaria, súmanse as derivadas do relativo á tramitación do voto por correo, o que leva a considerar que necesariamente para levar a cabo dita tarefa han de incrementar a súa produtividade habitual.

A sentencia SEN RECURSO gañada pola CIG di:
“ Que acolle a demanda formulada pola CIG contra Correos de tal xeito que a Sociedad Estatal Correos y Telégrafos deberá aboar a cantidade de 114,90 euros a cada un dos traballadores, máis os xuros do 10 por cento ”
A CIG unha vez mais demostra que é o único sindicato que denuncia os atropelos da empresa aos dereitos dos traballadores.
Afíliate a CIG  e defende os teus dereitos


12 de xan. de 2017

Consolidación de Emprego Méritos (Última Hora)



Por problemas informáticos queda posposta a exposición de méritos ata dentro de 10 a 15 días, establecéndose un novo prazo de reclamacións para resolver incidencias.  

10 de xan. de 2017

Consolidación de Emprego (Xuntanza do Órgano de Selección)

O Órgano de Selección reúnese mañá mércores 11 de xaneiro ás 12 horas, cun único punto da orde do día:

- "Publicación dos méritos provisionais" dos candidatos/as que participaron na proba selectiva do proceso de consolidación e establecemento dun prazo de reclamación aos mesmos.

Estes son os seguintes procesos que quedan pendentes ata a toma de posesión:

- Publicación dos méritos de todas as persoas que realizaron a proba selectiva -incluídos os do exame extraordinario-.
- Apertura dun prazo de reclamación para que os candidatos/as poidan solicitar a corrección dos erros que poidan detectar.
- Publicación dos méritos definitivos.
- Corrección de exames.
- Establecemento da nota de corte.
- Publicación da listaxe dos compañeiros/as que superaron o proceso selectivo.
- Toma de posesión.