29 de dec. de 2017

Persoal Eventual (Con contrato en vigor durante os días 24 e 31 de decembro de 2017).


Segundo o establecido no artigo 58 q) do III Convenio Colectivo da S.E. Correos e Telégrafos S. A.: “Cando os días 24 e 31 de decembro coincidan con sábados ou festivos, a empresa recoñecerá dous días adicionais de descanso”.

Se tes ou tiveches contrato en vigor durante os días 24 e 31 de decembro (durante os dous días ou durante un de eles),

DENDE O SINDICATO CIG RECOMENDÁMOSCHE que pidas, o antes posible e por escrito ó teu xefe inmediato (ficando con copia), os días de APs que che correspondan (un ou dous).

-Se vas seguir contratado/a durante o próximo mes de xaneiro, pídeos para antes do día 31 de ese mesmo mes.

-Se non vas seguir contratado/a durante o mes de xaneiro, pídeos durante o primeiro contrato que teñas no próximo ano, facendo alusión a que os pides con cargo ós días 24 e 31 de decembro de 2017, período durante o que estiveches traballando, pero durante o cal non os puideches gozar.

Nota: O impreso de solicitude tédelo colgado en:
Conecta.correos.es/Información permisos e licenzas/Vacacións/Asuntos Propios Nadal/Laborais ( Nel anotade as observacións que consideredes pertinentes.



CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO 2017 (Acumúlanse as Convocatorias)


O pasado día 28 de decembro celebrouse a Xuntanza da Comisión de Emprego Central na que Correos comunicou un novo proceso de Consolidación de emprego temporal en fixo correspondente ao exercicio orzamentario 2017.

Nesta Convocatoria se recoñece que Correos non ten beneficios: Esta nova Convocatoria de Consolidación de emprego do 2017 (lembremos que a do 2016 esta aínda sen resolver) será cunha taxa de reposición dun 75% como máximo, porque a Lei dos orzamentos xerais do Estado do 2017 establecen ese porcentaxe para as Sociedades Mercantís públicas que non teñen beneficios en dous dos últimos tres anos. 

Os aspectos máis relevantes das bases son os seguintes: - Número de postos a cubrir: 1.959 Vacantes

-      1.869 postos no grupo profesional IV, Persoal Operativo.
A este número de prazas restaráselles a reserva obrigada para a cota de discapacitados, porcentaxe que se determinará na comisión de emprego.
-      90 prazas destinadas para postos de singular complexidade técnica ou especialización nos Grupos II e III
 - A petición dos postos de traballo e a oferta realizaranse a nivel provincial, en base ás necesidades de emprego que teña Correos. En próximas fases, determinaranse os requisitos dos participantes, o sistema de selección, a distribución provincial da oferta de postos de traballo e as súas características, así como os prazos e forma de presentación de solicitudes previstas no proceso. As bases xerais para a presente convocatoria publícanse en: - Conecta, a través do canle Persoas/ apartado Convocatorias - Na web de Correos (www.correos.com).

Esta convocatoria parécenos unha broma dos santos inocentes xa non só polo día da Xuntanza (28 de decembro), se non porque se van acumulando convocatorias e por parte dos sindicatos asinantes non se esixen que se cumpran. Lembremos que hai unha Convocatoria pendente de resolver de 2.345 prazas do ano 2016. No lugar de convocatorias parécennos brindis ao sol.  

A quen convén esta acumulación de Convocatorias???

Esta claro que aos sindicatos Asinantes do Convenio e Acordo Xeral (CCOO, UGT, CSif e S.L.)  fan negocio enchendo as academias e vendendo  temarios.

A CIG esixe que se rematen cos seguinte procesos:

-      7ª Resolución do Concurso de Traslados (aínda faltarían outras dúas)
-      Que se convoquen as prazas da Consolidación de emprego 2016
Desprovisionalización das prazas de Directores de Oficina e Xefes de Distribución

22 de dec. de 2017

A CIG insta a Correos a que cumpra co establecido no Acordo Xeral e actualice o prezo do carburante.


Os sindicatos asinantes do III Convenio e Acordo Xeral (CCOO, CSI-F, UGT e SL),  incumpren sistematicamente o pactado coa empresa, mantendo a boca pechada sobre este problema sen esixirlle a Correos que se sente a negociar conforme ao establecido no Acordo xeral que di textualmente:

“Coa finalidade de mellorar as condicións de traballo e de desenvolvemento profesional deste colectivo, as partes asinantes comprométense a analizar, dentro dos tres meses seguintes á entrada en vigor do III Convenio Colectivo e do presente Acordo, o custo que a evolución dos prezos do carburante tivo sobre o suplido percibido por este concepto e o sistema de determinación de cálculo e cobramento deste.

Segundo o Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, o prezo do carburante en Galiza e o mais caro de toda a península, dende xaneiro deste ano o prezo do carburante se incrementou en Galiza nun 1,7%, seis veces máis que no resto de España, onde a suba foi do 0,28%.

CCOO, UGT, CSIF e S.L. deixan claro que do persoal rural só lles interesa os seus votos pero non os seus dereitos. O persoal rural esta perdendo cartos grazas á empresa coa complicidade destes sindicatos

A CIG Solicita con respecto ao persoal rural:

-A suba inmediata do prezo do combustible coa actualización dos prezos, que dende o ano 2011 non se revisan.

-Que, Correos realice as xestións necesarias coa finalidade que os 4 céntimos  de diferenza entre o que paga Correos 0.2302 céntimos por indemnización por aportación de vehículo quilometro día e os 0,19 céntimos establecidos na administración non tributen na declaración da renda.

-Que, o que se cobra por indemnización por aportación de vehículo non se teña en conta para a concesión das Axudas de Acción Social, do contrario este colectivo sempre estará condenado a estar sen elas.


Correos de Camiño de Incumprir un Ano máis coa Publicación do Calendario Laboral



A CIG Reclama ao Director Territorial a publicación do Calendario Laboral do ano 2018 e así dar cumprimento ao establecido tanto no Acordo Xeral como no III Convenio Colectivo.



Resposta de Correos sobre a compra de Unipost


Días atrás apareceron na prensa informacións da suposta compra de UNIPOST S.A. por parte de Correos.

            Ante este noticia faltoulles tempo aos sindicatos do coro para apostar a favor desta "magnifica" compra, de seguro que pretendían sacar tallada desta operación; porque doutro xeito non se podería entender a súa postura.

            Parece evidente que mercar unha empresa en quebra, cunha grande débeda de case 50 millóns de €, 4.200 traballadores entre directos e indirectos con nóminas pendentes de cobro, sen carga de traballo e practicamente desaparecida sería un negocio ruinoso, salvo que concorran escuros intereses.

            Por iso a postura da CIG sempre foi contraria a esta compra, coidamos que Correos ten a suficiente estrutura  e profesionais sen que necesite facerse cargo dunha empresa deste tipo, pero ademais a compra suporía por en perigo a futura consolidación de emprego; porque absorberíase o cadro de persoal de UNIPOST actualmente cifrado nuns 4.200 traballadores, así que botade contas!!!!. Pero o que é aínda sería mais grave, é que se poría en perigo a propia viabilidade de Correos, xa que por riba da difícil situación actual teríase que facer cargo do montante da compra así como asumir a débeda desta empresa.

Ante esta situación CIG-Correos dirixiuse por escrito ao Presidente de Correos demandando unha aclaración sobre esta suposta compra.
Recibindo contestación datada a 14 de decembro de 2017 no que se nos di: 

"...é o noso interese desmentir calquera tipo de rumor que poida existir acerca da compra de UNIPOST S.A....".


Esperemos que non nos estean enganando, porque o peor non sería enganar a este Sindicato senón os efectos negativos para tódolos traballadores e traballadoras de Correos, polo que estaremos vixiantes e vos teremos informados sobre todo o  que vaia acontecendo sobre este tema.


14 de dec. de 2017

Convocado Concurso de Méritos para Xefes de Equipo

Hoxe día 14 de decembro, celebrouse reunión da Comisión de Emprego Central , para tratar a desprovisionalización de Xefaturas de Equipo de Distribución, Loxística e Oficinas.

Na devandita reunión, fíxose entrega dun documento definitivo de convocatoria para desprovisionalizar os postos de Xefe de Equipo de Distribución, Oficinas e Centros de Tratamento.

Poderán participar neste concurso de méritos os/ as funcionarios/ as pertencentes aos subgrupos de titulación C1, C2 e E (Agrupacións Profesionais) e os laborais fixos clasificados nos grupos profesionais III e IV (Persoal de Xefaturas Intermedias e Operativos) excepto os suspendidos en firme ou suspendidos de emprego e soldo salvo que finalizase o seu períodos de suspensión.

Os/as candidatos/as poderán participar nesta convocatoria exclusivamente a través da Intranet e a Web de Correos,  www.correos.es

O período de inscrición irá desde o 14 de decembro ata o 22, ambos inclusive e poderán solicitar ata 10 postos ofertados na mesma provincia.

Os requisitos e méritos serán os referidos ata o 31 de decembro, excepto os relativos aos cursos de formación, cuxa data de valoración será ata o 15 de febreiro de 2018.

O procedemento de selección constará de dúas fases:

PROMOCIÓN HORIZONTAL: Nesta fase asignaranse os postos ao persoal cuxo posto definitivo sexa de Xefatura de Equipo nos ámbitos funcionais ofertados. Este persoal ha de desempeñar un posto de traballo definitivo de Xefatura de Equipo en Oficinas, Distribución e Loxística e só poderán solicitar postos do seu ámbito. Estes aspirantes estarán exentos de participar na proba de valoración de coñecementos e competencias prevista na convocatoria.


PROMOCIÓN VERTICAL: Poderán participar aqueles/as empregados/as non afectados pola Promoción Horizontal. A este persoal asignaránselle os postos non cubertos na Promoción Horizontal.

 CURSOS DE FORMACIÓN VALORABLES PARA AMBAS PROMOCIÓNS

ÁMBITO
FORMACIÓN VALORABLE
OFICINAS
IRIS V6I Administrador/Xestión
Excel Básico Xefe Equipo
DISTRIBUCIÓN
SGIE Distribución Administrador
Excel Básico Xefe Equipo
LOXÍSTICA
SGIE Distribución Administrador
Excel Básico Xefe Equipo


Pago das Axudas de Acción Social 2017

Coa vindeira nómina do mes de decembro de 2017 ingresarán a contía correspondente ás seguintes axudas de Acción Social.

·       AXUDAS PARA O TRATAMENTO DA SAÚDE

Atendéronse 5.830 solicitudes de ate 200€, en función do gasto acreditado, por un importe total de 614.220€

·       AXUDAS AO ESTUDO PARA FILLOS (Libros e material escolar)

5.074 axudas de 70€ cada unha, por un importe total de 355.180 €

·     AXUDAS PARA ESTUDOS UNIVERSITARIOS DE EMPREGADOS

102 axudas de ate 200 euros, en función do gasto acreditado. O Importe total ascende a 13.825 €.

Segundo maniféstanos Correos, atendéronse TODAS as solicitudes recibidas que cumprían os requisitos esixidos nas convocatorias


Para máis información poñédevos en contacto coa CIG.

5 de dec. de 2017

CCOO e UGT queren poñer en Perigo os Postos de Traballo e a viabilidade de Correos esixindo a compra de UNIPOST


Estes dous sindicatos inician estes días unha recollida de firmas para esixir ao Ministro Montoro e a Correos que se compre UNIPOST. Que Correos asuma as débedas desta empresa que ten con Facenda, a Seguridade Social e que ademais se faga cargo do persoal de INIPOST uns 2.200 traballadores directos de Unipost máis outros 2.000 das franquicias, un total de 4.200 que entrarían pola porta de atrás, sen exame e sen estar en bolsas, miúda estafa para tódolos compañeiros que están nas academias.

Estes sindicatos lonxe de esixir que esa Macroinversión vaia a Correos, antepoñen os seus intereses sindicais poñendo en grave perigo a viabilidade de Correos.

Os traballadores de Correos antes de asinar a petición destes sindicatos deberían preguntarse:

Por que estes sindicatos non apostan polo futuro de Correos??

Por que estes sindicatos non iniciaron unha recollida de firmas cando se eliminaron nestes últimos 10 anos 15 mil postos de traballo en Correos?

Por que pretenden deixarnos sen traballo en Correos baleirando de contido as carterias, entregando a Unipost o correo. É que non temos xa un claro exemplo con Correos Express que esta deixando sen contido de traballo as USES??

Xa que son firmantes do Convenio e Acordo Xeral por que non se preocupan con ese afán de terminar cos recargos??

Por que non fan cumprir o Convenio e esixen a Correos a suba do prezo do combustible para o persoal rural que esta conxelado o prezo que se paga dende o ano 2011?? 

Por que  CCOO e UGT poñen en risco a viabilidade de Correos e os postos de traballo actuais e a futura consolidación de emprego???



29 de nov. de 2017

Correos remite a Campaña de Nadal 2017 sen negociar


Produtividade e remuneración para a campaña de Nadal 2017

Percibirase unha gratificación de 95,08 € polo conxunto da campaña de Nadal.

Os requisitos para poder cobrar esta gratificación son:

*   Permanecer vinculado e en activo en correos de forma ininterrompida dende o 1 ao 31 de decembro.
*    Ser persoal funcionario, laboral fixo (incluídos fixos descontinuos e fixos a tempo parcial) e persoal eventual.
*   Excluíndose os contratos por circunstancias da produción realizados para atender a propia campaña e as contratacións especificas para entrega de notificacións en quenda de tarde.
*   Traballar nunha das seguintes áreas: repartición ordinaria, repartición urxente, clasificación de cartería, apartados, ruteros, persoal operativo dos centros e unidades de tratamento (admisión masiva, clasificación automática, manual, produtos rexistrados e carga e descarga), sala de aparatos, rurais A, condutores interzonais e intercentros, cambio de Madrid e Barcelona, persoal operativo das oficinas postais os xefes das unidades afectadas. Os rurais B e empregados/ás con xornadas a tempo parcial en proporción á súa xornada.

Penalizacións:

Por inasistencia descontarase da gratificación, o primeiro día 12,02 €, o segundo e o terceiro 18,03 €. con máis de tres días pérdese o dereito á percepción económica.

Exceptúanse da penalización:

*   Os accidentes de traballo en novembro ou decembro, nacemento, acollemento e adopción dun fillo, violencia de xénero, falecemento ou enfermidade grave dun familiar ata segundo grao.
*   Dous días de permiso de asuntos particulares, A.P. por antigüidade ou días adicionais ás vacacións sempre que as necesidades do servizo o permitan a partires do día 11 de decembro.

Medidas organizativas:

*   Poderanse organizar e efectuar reparticións puntuais.
*   En admisión masiva, carga e descarga, salas de dirección e centros de tratamento poderase autorizar a realización de horas adicionais.

Días 24 e 31: módulo de 79,48 € por traballador/día. deberán prestar servizo:

O persoal mínimo imprescindible tanto en admisión e oficinas coma en tratamento e distribución.
Só abrirán as oficinas de centros comerciais, axustando o horario de atención ao público ao propio do Centro Comercial.

Días 25 de decembro e 1 de xaneiro:
Non traballará ninguén. o persoal dos centros de tratamento, que por quenda, traballe a noite do 25 ao 26 de decembro e do 1 ao 2 de xaneiro percibirá as horas adicionais de festivo.

Pagamento da campaña: correos comprométense a axilizar os trámites para que o seu pagamento se faga efectivo a finais de xaneiro


27 de nov. de 2017

Pago de Axudas de Acción Social 2017




Coa vindeira nómina do mes de novembro de 2017 ingresarán a contía correspondente ás seguintes axudas de Acción Social

·       ANTICIPOS E PRESTAMOS SEN XURO

Atendéronse 1.266 solicitudes por un importe total de 4.943.500 €

·       AXUDAS PARA FILLOS CON DISCAPACIDADE

617 axudas de entre 300 e 500 euros, en función do grao de discapacidade, por importe global de 225.700 €

·     AXUDAS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

732 axudas de ate 250 euros, en función do gasto acreditado. O Importe total ascende a 165.050 €.

Segundo maniféstanos Correos, atendéronse TODAS as solicitudes recibidas que cumprían os requisitos esixidos nas convocatorias


Para máis información poñédevos en contacto coa CIG.


25 de out. de 2017

Apertura bolsas de emprego Correos


Aberto o prazo de inscrición nas bolsa de emprego en Correos

SOLICITUDES:
Unicamente on-line na páxina web de Correos AQUI ou na intranet de Correos

PRAZO DE INSCRICIÓN:
Do 24 de outubro ó 3 de novembro do 2017.

ENLACES:
Prema nos enlaces para ver as Bases e tódala información publicada por Correos (de obrigada lectura)


23 de out. de 2017

Bases definitivas Bolsas de Emprego Correos


Hoxe 23 de outubro se publicaron as Bases das Bolsas de Emprego definitivas e mañá martes día 24 de outubro ábrese o prazo de inscrición nas bolsas.

SOLICITUDES: Unicamente on-line na páxina web de Correos 
                                            Ou na intranet de Correos.
                                    
PRAZO DE INSCRICIÓN:
Do 24 de outubro ó 3 de novembro do 2017.


19 de out. de 2017

6ª Xuntanza da Comisión d emprego (Apertura das Bolsas de Emprego)


O 19 de outubro tivo lugar a 6ª Xuntanza da Comisión de Emprego Estatal para tratar as Bases para a apertura das Bolsas de emprego e os sindicatos asinantes do Convenio e Acordo Xeral (CCOO, UGT, CSIF e S.L.) practicamente dan por pechada a negociación, claudicando así ante as esixencias de Correos..

Correos emprazou a estes sindicatos para o vindeiro luns 23 outubro, indicando que esa reunión será a ultima e o mesmo luns unha vez rematada a xuntanza, Correos realizará a publicación das Bases das Bolsas de Emprego definitivas e o martes día 24 de outubro abrirá o prazo de inscrición nas bolsas.

Estas son as  últimas novidades presentadas por Correos:


10 de out. de 2017

6ª Resolución Concurso de Traslados

6ª  RESOLUCIÓN  DO  CONCURSO PERMANENTE   (OUTUBRO– 2017)

28  PRAZAS ADXUDICADAS EN GALIZA:  A CORUÑA  11,   LUGO 7,  PONTEVEDRA 6 e OURENSE 4. OS LISTADOS COMPLETOS DA  6ª  ADXUDICACIÓN DISPOÑIBLES NAS SECCIÓN SINDICAIS DA CIG.

 PRAZOS DE CESE

 Para todos os postos o cese será o día 31 DE OUTUBRO 2017.

 PRAZOS DE INCORPORACIÓN 

A incorporación será a partir do día 01 DE NOVEMBRO DE 2017.


Substitucións de Xefes



Inscrición ata o día 18 de Outubro
A través da web Corporativo

Se eres Funcionario ou Laboral Fixo e pertences ó Grupo IV de Operativos  (Reparto, Atención Cliente, Axente Clasificación) e queres facer substitucións de xefes de oficina ou de xefes de distribución, está aberto o prazo de inscrición ata o día 18 de outubro.
Pódeste inscribir a través de:

conecta.correos.es/Persoas/Desenrolo Profesional/ Acceso a eTalent.

Nota: É preciso que esteas ou te deas primeiro de alta na plataforma eTalent, para poder inscribirte.

En caso de erro podes retirar a túa solicitude e solicitar de novo.

Unha vez inscrito tes que asegurarte de recibir un E-MAIL de confirmación.


6 de out. de 2017

Curso Formación On-line Correos "Gestión Segura de la Información"

Curso dirixido a todo o persoal de Correos, que manteñan unha relación laboral, ou de servizo, activa, coa empresa desempeñando a súa actividade ao inicio e durante a súa impartición.

Prazo de inscrición do 05 de Outubro ao 11 de Outubro ambos incluídos

20.000 prazas e, unha vez cubertas estas, non é posible inscribirse de aí que che recomendamos que se estás interesado que o fagas coa maior celeridade posible.

Inscrición: dende conecta ou internet

4 de out. de 2017

Novas en Correos



NA PRÓXIMA NÓMINA DO MES DE OUTUBRO
CORREOS ABOARÁ Ó PERSOAL:

-    FUNCIONARIO:

O 1% das retribucións variables. Con efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2016, Correos pagará o 1% do CPA (complemento de produtividade e asistencia), dos tramos (complemento específico II), das horas extra, das produtividades ó rendemento, das produtividades/pluses, ...

Nota: Os atrasos correspondentes ó 1% das retribucións fixas xa foron aboadas os funcionarios na nómina do pasado mes de xullo.

-    LABORAIS:

O 1% das retribucións variables. Con efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2016, Correos pagará o 1% do CPA (complemento de produtividade e asistencia), dos tramos (complemento específico II), das horas extra, das produtividades ó rendemento, das produtividades/pluses,...

O 1% das retribucións fixas. Con efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2017, Correos pagará o 1% do soldo, trienios, pagas extra, complemento de posto tipo e complemento de ocupación e pluses de residencia.
 
                    DESPROVISIONALIZACIÓN DOS POSTOS DE MANDOS INTERMEDIOS

Cuns aniñossss de retraso, hoxe día 3 de outubro, Correos convocou á Comisión de Emprego para negocia-las Bases dunha futura Convocatoria de Postos de Mandos Intermedios (Distribución, Rede de Oficinas e Loxística).

Dende CIG esiximos unha CARREIRA PROFESIONAL, tanto para laborais coma para funcionarios, mediante CONCURSO-OPOSICIÓN, sen nada de entrevistas, nin nada de...


NA CIG REXEITÁMOS OS POSTOS A DEDO!!!!




28 de set. de 2017

TOMA CASTAÑA!! Correos ofrece en Lugo un servizo de transporte de castañas


As oficinas de Correos de Chantada, Ou Saviñao, Quiroga e Becerreá ofrecerán durante este outono un servizo especial para o transporte de castañas. Estes despachos foron seleccionados polo seu ubicación en zonas de abundante produción deste froito.

Esta iniciativa pretende facilitar os envíos entre os productores locais e os seus compradores, para favorecer o desenvolvemento desta actividade estacional que dinamiza a economía do interior lucense durante o outono.