29 de dec. de 2016

Consolidación de Emprego 2017


Hoxe, 29 de decembro Correos fixo o ANUNCIO da Convocatoria de Exame de Consolidación de Emprego para o vindeiro ano 2017.

Número Prazas Convocadas:

Ø          2.345 prazas para postos de operativos (axente clasificación, reparto moto e pé) cun porcentaxe para a cota de discapacitados, que nunca poderán superar as 100 prazas.

Ø          Entre 85 e 105 prazas para postos de singular complexidade técnica ou especialización nos Grupos II e III.

As Convocatorias de exame de ingreso serán provincias e o sistema de ingreso será por Concurso-Oposición (como as deste ano) e xa advirten que na oferta haberán postos a tempo parcial.

Queda pendente: A publicación das Bases xerais na que consten os requisitos esixidos, sistema de selección (fases, probas e valoración) probas, composición do Órgano de Selección, recoñecementos médicos.

Unha vez publicadas as Bases xerais se procedería ás Convocatorias provinciais co números de prazas ofertadas por provincia, características e modalidades de contratos, prazos e forma de presentar as solicitudes.

A présa e segredo desta convocatoria por parte de Correos e dos seus colegas (CCOO, UGT, S.L. e CSIF),  fainos crer que a maioría da prazas convocadas serán a tempo parcial.

Correos publicará toda a información na súa web: www.correos.es




Contratación Eventual por Módulos





28 de dec. de 2016

CIGcorreos: A partir de 2017 ¡ Catro bloques de contratos de eventualidade ¡

Con esta medida pretenden que os contratados e contratadas non se vexan obrigados a non poder ser chamados para contratos de eventualidade por ter contratos deste tipo por mais de 6 meses nos últimos 12 meses.


 


Nos dende a CIG o que nos preguntamos é por que non se tomou antes esta medida, porque se non hai agora ningún impedimento legal para levala á practica tampouco o habería en todo este ano que estamos a rematar no que moitos dos contratados e contratadas se viron nas  súas casas mentres se chamaba a persoas alleas a Correos e de fora das bolsas. QUE NOS VEÑEN A VENDER AHORA??

A partir de 2017, na vez de estar como ata agora todos os contratos de eventualidade incluídos no mesmo bloque, agás os de notificacións de tarde, sumando para os 6 meses, pois vamos a atoparnos con catro bloques diferenciados por motivos do contrato, podendo desta maneira acumular os 6 meses por cada un destes grupos, polo que vai a ser moi dificil que non se este en disposición de ser chamado para algún dos grupos ou bloques.

Estes son os bloques diferenciados de contratos de eventualidade por motivo da contratación:

  1. Por vacacións e ou Asuntos Particulares
  2. Por Licencias e Permisos
  3. Por Vacantes, Acumulacións, Reestruccturación Servicios, Compoñentes Absentismo...
  4. Por Entrega das Notificacións na quenda de tarde.
Non esquenzades que ademáis destes contratos sempre estades en condicións de ser chamados para os contratos de interinidade (Baixas, Permisos Sindicais, Suspensións, Nomeamentos e Comisions de Servicio...)

Se tedes algunha dúbida o respecto poñédevos en contacto coa CIGcorreos para ser informados.



Concentración Delegados CIG Correos diante da Dirección da Zona 1ª

Hoxe os Delegados do Sindicato CIG aproveitamos esta "festividade" dos Santos Inocentes para protestar dianta da Dirección da Zona 1ª de Correos polas políticas que se están a seguir có persoal que ocupa postos base dentro da empresa (carteir@s, axente clasificación e atención ao cliente).

E, fundamentalmente protestamos pola sanción inxusta imposta á compañeira da oficina de Boiro por devlover unha notificación da Axencia Tributaria por dirección incorrecta.

Lembrámosvos que esta compañeira leva por este motivo máis de dous meses suspendida de emprego e soldo. 

COA CIG NA RÚA A LOITA CONTINÚA


21 de dec. de 2016

Acción Social 2016

Coa vindeira nómina do mes de decembro de 2016 ingresarán a contía correspondente ás seguintes axudas de Acción Social:

·       TRATAMENTOS DA SAÚDE:

Abonaranse todas aquelas solicitudes que se axustaban ás bases da convocatoria

Atendéronse 5.815 de ate 200 €, en función do gasto acreditado,  por un importe total de 611.513 €
           
·       AXUDAS AO ESTUDO PARA FILLOS (libros e material escolar):

4.081 Axudas, de 100 € cada unha, por un importe total de 408.100 €
             
                 
·       AXUDAS PARA ESTUDOS UNIVERSITARIOS DE EMPREGADOS:

96 axudas de ata 200 € en función do gasto acreditado, que suman un importe total de 13.968 €

PARA MÁIS INFORMACIÓN POÑÉDEVOS EN CONTACTO COA C.I.G

A CIG Correos deséxalles a todos e todas unhas boas festas e un mellor 2017.


Aproveitamos estas datas para desexarlles a todos/as afiliados e simpatizantes un  Bo Nadal, a pesares da mala situación laboral  que afecta a centos de empregados galegos de Correos.
Dende a CIG Correos agardamos que o vindeiro ano os traballadores e traballadoras de Correos poidamos afrontar esta complicada situación de crise con unidade, determinación e bos resultados.
A CIG Correos seguirá adiante para denunciar o que outros calan ou ocultan por diversos intereses, seguirá defendendo todos os postos de traballo e loitando por mellorar os dereitos e condicións laborais. 
O noso é unha loita sen ataduras ás cadeas da empresa, por elo resulta un traballo sacrificado de moito esforzo, pero que asumimos de bo grado porque contamos co apoio, co respaldo e coa axuda de todos vos.
Nós brindaremos cun chupiño de licor café á vosa saúde, porque estades sempre aí e porque sabedes que podedes contar coa CIGcorreos.

Unha aperta e Felices Festas.