24 de nov. de 2016

CIGcorreos: Estes de Unipost queren culpar a Correos de todos os seos males.

Vótanlle a culpa a Correos do impago das súas nóminas


Xa conseguiron "chupar" unha axuda da Generalitat para pagar atrasos e agora tratan de romper o convenio e deixar de pagar as nóminas aproveitando a man aberta que lle deixou a Reforma Laboral ós empresarios.

Parece ser que Correos deixou de darlle trato de cliente preferente para a entrega de toda aquela correspondencia para os destinos ós que non chega Unipost, coa conseguinte desaparición de descontos especiais e máis da facilidade do retraso dos pagos a tres meses porque Unipost non pagaba.

Xa se sabe como funciona a Comision Nacional dos Mercados e da Competencia, onde Unipost denunciou de novo a Correos, así que debemos estar preparados para calquera resolución.


Para ollar esta noticia preme aquí: ECONOMIA DIGITAL




CIGcorreos: Exame de Ingreso (ULTIMA HORA)


QUE HAI POUCAS PRAZAS ? 

¡¡ TI NON PRECISAS MÁIS QUE UNHA!!

MOITO ÁNIMO E MOITA SORTE 



LEMBRA:

  • Tes que estar ás 9:00 horas na facultade que che corresponda, pois será cando se abran as aulas e comenzarán os chamamentos.
  • Antes de saír da casa non esquenzas:
    • Saír coa antelación suficiente para ir mais tranquilo e evitar posibles imprevistos.
    • Documento acreditativo: DNI, Pasaporte, Carnet Conducir
    • Un bolígrafo azul ou negro (Sede previsores e levade algún de reposto)
    • É aconsellable levar impresa a asignación de onde tes que facer o exame (facultade e aula), podes consultala na px. web de Correos: preme AQUÍ
  • Os listados cos opositores que se corresponden deben estar á entrada das facultades e máis de cada aula.
  • O exame comenzará ás 10:00 horas
    • Ten atento/a ás instruccións que vos leerán.
    • Tes que agardar a que che manden abrir o exame e máis empezar.
    • Non poderás abandonar a aula ata que pasen 45 minutos dende o comenzo nin despois que queden menos de 10 minutos para rematar.
  • Se non te atopas nos listados ou tes calquera problema a pesar de ter todos os papeis, solicita facer o exame na aula de incidencias.
  • No caso que non poidas acudir o exame, ponte en contacto connosco o luns a primeira hora porque hai 24 horas para achegar escrito dirixido ó Órgano de Seleción coa Xustificación da non asistencia e solicitando facer unha nova proba. Terán que comunicarche a resolución.


18 de nov. de 2016

CIGcorreos: Deroches por un lado e recortes polo outro.

Correos tira os cartos en patrocinios e contratos de publicidade faltos da transparencia debida 



Correos renova por outro ano mais o seu patrocinio da selección española de balonmano. Os datos económicos non trascenden nin se fan públicos e descoñecemos a cantidade de diñeiro tirada por Correos .

Ademáis desta nova, a prensa faise eco estes días do toque de atención do Tribunal de Contas a Correos, entre outras Empresas Públicas, pola falta de transparencia na adxudicación de contratos de publicidade e polas irregularidades nos procesos de contratación dos mesmos.

Olla nos medios estas noticias:
EL DIARIO - INTERECONOMIA - 
PALCO 23 - MUNDO DEPORTIVO - MARCA


Na outra cara da moeda: Correos continúa cos recortes e concentracións de servicios para reducir custos.

Neste caso tocoulle a Baixa Limia, onde Correos pretende concentrar en Bande a todos os carteiros da zona, reducindo postos e horarios de atención ou facendo desaparecer as oficinas de Lobios, Muíños ou Entrino, coa oposición non so dos traballadores e traballadoras afectados, senón dos cidadáns e corporacións destes concellos.

Olla nos medios esta noticia:
LA VOZ DE GALICIA - FARO DE VIGO - LA REGIÓN

Outras novas: 

Correos deixa sen servicio o concello de Aranjuez pola falta de pago, debe máis de 80.000 €.

Cantos Concellos e Administracións en xeral son morosos con Correos e non pasa nada? Vai sendo hora de tomar medidas.

Olla na prensa:
LA VANGUARDIA



15 de nov. de 2016

CIGcorreos: Os carteiros de Ourense mobilízanse en contra dos traslados forzosos.

 FIXADO O CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS


Remataron con grande éxito, pola participación masiva dos traballadores e traballadoras, as dúas primeiras xornadas de concentracións.



Onte día 14 deron comezo as mobilizacións contra os traslados forzosos do persoal da Unidade de Reparto 1 de Correos diante da oficina da que forman parte, no barrio da Ponte de Ourense, que continuaron na xornada deste martes día 15. 

As protestas continuarán baixo esta fórmula, desprazándose á oficina principal da entidade en Progreso 53 para este mércores día 16, volvendo para a UR1 os vindeiros 17 e 18 de novembro, de 9 a 9:30h da mañá.

Non se descartan mobilizacións doutro tipo se dende a dirección de Correos non se toman medidas urxentes que suspendan defintivamente estes traslados inxusficados.




Dende a CIGcorreos o noso apoio incondicional para con todos os traballadores e traballadoras afectados pola reducción de postos e polos traslados forzosos da UR1 de Ourense. 


Para máis información na prensa preme aqui: 
CIGAVANTAR
FARO DE VIGO (Ollo, puxeron mal as datas)






Publicación Definitiva dos Admitidos e Excluídos, Asignación de Aulas, Lugar, Hora e Chamamentos

Hoxe día 14 de novembro, publicáronse as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as no proceso de Consolidación de Emprego e de  Acceso á Asignación das Aulas, Lugar e Hora dos chamamentos  na páxina Web de Correos www.correos.es - Información Corporativa / Recursos Humanos / Emprego / Consolidación de Emprego / Pantalla de Consulta de Admitidos/Excluídos / Pantalla de Accede á Asignación de Aula onde se introduce o N.I.F. (8 díxitos completar con 0 diante + letra) data de nacemento e un código alfanumérico que aparece en pantalla.

A información publicada contén datos persoais dos candidatos/as, provincia e posto ou postos de traballo solicitados e o seu estado dentro do proceso de selección (admitido ou excluído con motivo de exclusión), así como lugar de exame (universidade, facultade e aula).

O inicio da proba será o domingo 27 de novembro, ás 10:00 horas (9:00 nas illas Canarias), sendo o chamamento dos candidatos unha hora antes.

Os candidatos/as deberán ir provistos  de bolígrafo azul ou negro e DNI que acredite a súa identidade.

A proba consistirá de 100 preguntas tipo test acerca dos temas do programa, das que 10 serán psicotécnicas.

O tempo de realización do exame será de 90 minutos.

As persoas con grao de discapacidade que o indicaron, así como aquelas que teñan algún tipo de dificultade para realizar a proba en condicións normais, poderán indicar o grao de minusvalía ou dificultade que presentan para solicitar as posibles adaptacións de tempo e medios que poidan necesitar. Dispoñerán de prazo ata o 18 de novembro a través do correo electrónico provision.rrhh@correos.com

Lembrámosche que o criterio para a designación da localidade de exame a cada candidato foi a localidade de residencia que indicaches na túa solicitude.

- Se es da Coruña, Lugo, Ourense: Examínasche en: SANTIAGO DE COMPOSTELA
-   Se es de Pontevedra: examínasche en: PONTEVEDRA

Enlace Consulta ADMITIDOS/EXCLUÍDOS

Enlace Consulta ASIGNACIÓN DE AULA


Se queres máis información ponte en contacto coa xente da CIG.


CIGcorreos: Mobilizacións o 17 de novembro "ante a ameaza constante ás nosas pensións"

O colectivo de Xubiladas/os e Pensionistas da CIG convoca concentracións nas sete cidades







Para máis información e para ollar os lugares e horas das concentracións PREME AQUÍ




14 de nov. de 2016

CIGcorreos: Indignación en Correos de Ourense por traslados forzosos e recortes

Denuncian os inconvenientes da reubicación obrigatoria do distrito 4 e dos enlaces rurais da UR2, que levan acompañadas a amortización de dous postos de traballo.

Despois da decisión deste traslado inxustificable e decidido de xeito unilateral e poñendo en práctica a política de feitos consumados por Correos, sen ter en conta o persoal afectado nin escoitar alegacións nin propostas dos sindicatos, non desvotamos ningún tipo de medida diante desta decisión que non mellora nin as sobrecargas de traballo, nin as distancias por recorrido, incrementando o recargo de traballo, as acumulacións e incluso a fricción entre os propios compañeiros.

Esta medida ven ademáis acompañada da amortización de dous postos de traballo, 1 no distrito 1 e outro no distrito 4 desta cidade, continuando coa política de redución de plantilla que leva imprantando a empresa nos ultimos anos buscando reducir os custos e mellorar resultados económicos sen ter en conta o servicio público que se presta e a merma de calidade que supón de cara ós usuarios destes servicios prestados por Correos.

Dende a CIG rexeitamos por completo esta medida e trataremos con todos os medios que temos ao noso alcance que non se poña en practica, loitando ata onde podamos co respaldo do persoal afectado.(Xa para este luns esta previstas concentracións e recollida de sinaturas de todo o persoal contrarias a esta decisión)

Para máis información PREME AQUÍ



7 de nov. de 2016

CIGcorreos: Privatizacion, Acumulacions, Zonas sen Reparto e Falta de Persoal. Solucións para cando?

FOLGA DOS CARTEIROS EN ITALIA

 (SEGUE A PRIVATIZACIÓN NA "POSTE ITALIANE" )


Coa venda que pretende o goberno italiano do 30% das accións que lle quedan ó estado nesta empresa, a "Poste" pasará de ter a totalidade do capital púlblico no ano 2015 a quedar privatizada no 100% despois dunha primeira venta do 34,5% no pasado ano e coa desaparición do capital público do seu accionariado, cando se leve a cabo a operación xa aprobada polo goberno, tratando de buscar diñeiro fácil para rebaixar o deficit público, sen ter e conta para nada a estabilidade dos mais de 20.000 empregados nin o carácter social da entidade.

Todas as forzas e o noso apoio ós compañéiros italianos en folga, que loitan na defensa dun servicio público, que os gobernos tratan de privatizar a toda costa baixo as presións dos grupos de poder e sen mais xustificación que a redución dun deficit público do que non somos causantes.

Xa vimos recortar as barbas de veciños como Reino Unido e Portugal, agora vai Italia polo mesmo camiño... debemos poñer a remollo as nosas? Temos que estar preparados para frenalos.

Olla na prensa: Pincha AQUI


ACUMULACIÓNS E ZONAS SEN REPARTO
(O PAN DE CADA DÍA POLA FALTA DE PERSOAL)

Se ollamos a prensa a diario, aparece día sí, día tamén, algunha ou varias noticias que fan referencia as acumulacións e atrasos de correspondencia que hai en algúns puntos concretos ou incluso zonas que levan tempo sen reparto.


A semana pasada tocoulle figurar a Melilla, agora é Granada e tamén unha zona da montaña oriental Leonesa (Val de Valdeburón) que leva varios días sen correo. Todos sabemos que postos a nomear poderiamos encher todo un periodico de "esquelas" con casos similares.


Non podemos deixar que a costume de ollar estas denuncias e noticias nos faga caer no inmobilismo e no conformismo, temos que loitar entre todos para que se cubran todos os postos de traballo a diario coa contratación necesaria e para que as plantillas teñan o suficiente persoal para levar a cabo as funcións dos nosos postos de traballo atendendo este servicio público coa calidade que se merecen os cidadans e respectando os nosos dereitos como traballadores e traballadoras.


Olla na prensa, pincha aquí: Valdeburón, Granada