28 de out. de 2016

CIGcorreos: 3ª Resolución do Concurso de Traslados


3ª  RESOLUCIÓN  DO  CONCURSO PERMANENTE   (OUTUBRO– 2016)

18  PRAZAS ADXUDICADAS EN GALIZA:  A CORUÑA  13,   LUGO 0, PONTEVEDRA 4 e OURENSE 1.
TOTAL PRAZAS ADXUDICADAS NO CONCURSO 278 PRAZAS :  30 REPARTO A PÉ,  159 REPARTO MOTO, 58 ATENCIÓN AO CLIENTE e 31  AXENTE CLASIFICACIÓN.


OS LISTADOS COMPLETOS DA  3ª  ADXUDICACIÓN ESTÁN DISPOÑIBLES NAS SECCIÓNS SINDICAIS DA CIG CORREOS


 PRAZOS DE CESE

 Para todos os postos o cese será o día 30 DE NOVEMBRO 2016.

 PRAZOS DE INCORPORACIÓN

 A incorporación será a partir do día 1 DE DECEMBRO DE 2016.

v O día seguinte se o traslado é na mesma localidade.
v 2 Días na mesma provincia ou illa ( Si se adianta ó día seguinte 60 €)
v 6 Días entre localidades da península que non pertenzan a mesma provincia (si se adianta ó segundo día 180 €)
v 10 Días entre illas Ceuta e Melilla e península (Se a toma e ó terceiro día 300 €)

­ Se optas pola compensación económica debes entregar o Anexo 3 en Recursos Humanos, antes do 18 DE  NOVEMBRO DE 2016.
­ Os prazos posesorios empezarán ó rematar os permisos, licencias,... Se tes licencia por enfermidade ou  baixa dilixéncianche o cese e toma de posesión de oficio.
­ O prazo posesorio será como de servicio activo salvo para excedentes voluntarios ou para o coidado de fillos.
­ Se comporta reingreso ó servicio activo o prazo de posesión será de un mes (Dende o día 01/12/2016)





27 de out. de 2016

CIGcorreos: Caza de bruxas en Correos

CORREOS ANTICÍPASE AO "SAMAÍN" PRACTICANDO A CAZA DE BRUXAS CUNHA CARTEIRA DE BOIRO


Defensa institucional e presunción de inocencia... segundo para quen. 

Cando un dos xefes ou xefeciños de Correos comete algunha irregularidade, con independencia do calado que teña, os seus superiores, altos cargos e non tan altos,  desvívense por defendelo, vástalles para elo facer uso do argumento fácil: "es de los nuestros..."

Pola contra cando inxustificadamente é acusado dun erro un traballador base, son moi dados a tomar medidas precipitadas sen escoitar alegacións nin agardar polos procedementos legalmente establecidos, asi xa de primeira man a razón é para o usuario de Correos, dando por feito que o traballador/a cometeu unha irregularidade: "el usuario siempre tiene razón"

Sanción provisional de emprego e soldo

Neste caso que nos ocupa, a traballadora foi sancionada provisionalmente sen emprego e soldo, facendo uso Correos da facultade que ten para casos de extrema gravidade. Se por gravidade entenden un erro (que non compartimos para nada) na devolución dunhas cartas, quixeramos saber que valoración se lle deu no seu día a outros casos nos que desapareceu diñeiro, correspondencia ou se traficou con substancias prohibidas sen que se puxera en marcha un mecanismo sancionador tan estricto e precipitado.

Certificacións de dubidosa veracidade

O concello de Boiro, limítase a certificar que a Cooperativa denunciante ten o seu domicilio fiscal nunha determinada dirección. (Como se non se puidera poñer o domicilio fiscal, sen comprobar que este se axusta á dirección real onde se atopa)
Nos demandaremos do Concello que certifique cal é a dirección postal onde se atopa o edificio da Cooperativa co seu numero de policía, co seu rueiro, no caso de habelo, co seu barrio ou núcleo de poboación e coa súa parroquia, que xunto co código postal e o concello son os datos necesarios para poder efectuar o reparto con garantías de entrega na zona rural.

Pola súa banda, Correos apurouse a asumir a culpabilidade afirmando que a dirección dos envíos que se devolveran era correcta e que polo tanto foran mal devoltos. 
Non entendemos tal premura, e mais cando a traballadora fixo as devolucións seguindo as instrucións recibidas e o procedemento establecido pola normativa, que é recordado con frecuencia por todas as xefaturas de reparto dicíndolles ós carteiros que devolvan toda correspondencia que teña mal a dirección ou a que veña con señas insuficientes.

Caza de bruxas

Logo da mala praxe por parte dun repartidor, que destaparon os medios de comunicación na zona de Fene recentemente, e agora o feito desta denuncia da Cooperativa que tomou as cabeceiras dos diarios sobre todo da comarca do Barbanza, pensamos que Correos quixo poñerlle freo a esta "mala prensa" e non se lle ocorríu mellor remedio que asumir culpas e "cebarse" coa traballadora para calmar os ánimos, anunciando a bombo e platiño a súa suspensión de emprego e soldo. 
Unha auténtica "caza de bruxas" para encetar o "samain" de Correos, sen pensar na repercusión que este feito ten para a traballadora, para seu crédito e imaxe, xa non so a nivel profesional senón privado e persoal polo trato de culpable que se lle esta dando nos medios, que fan que os veciños e usuarios do servicio que atende cheguen a conclusións erradas sobre a súa profesionalidade e todo acaba trascendendo porque ó fin os carteiros/as somos moi coñecidos, e sobre todo nos pobos e nas zonas rurais.

Dende a CIGcorreos esiximos que a empresa (Correos) recitifique, que retome a cordura e que acometa este tipo de situacións coa máxima prudencia, agardando a posicionarse ao momento no que se resolvan os procesos e non precipitarse tomando decisión que son inxustas e que carrexan danos irreparables para os que as sofren.




20 de out. de 2016

A CIG Lugo Gaña Sentenza de Reclamación de Dereitos "Correos non Pode Descontar Días de Vacacións aos Traballadores que Desfrutaron dunha Licenza sen soldo

O Xulgado nº 3 de Lugo ven de condenar a Correos declarando o dereito do traballador a desfrutar de dous días de asuntos propios que lles foron descontados pola empresa.

A denuncia foi presentada pola Asesoría Xurídica da CIG de Lugo,  logo que Correos quixera impoñer os seus criterios con respecto ao desconto de días de vacacións ou asuntos propios cando un traballador desfruta dunha licenza sen soldo. Correos alegaba que as Licenzas sen soldo non son servizos efectivos e que neste caso  o traballador estivera de 22 días de licenza sen soldo e polo tanto era correcto o desconto proporcional dos días de vacacións, (neste caso o desconto era de 2 días), pero como o traballador xa desfrutara das vacacións, fóronlle  descontados dos días de asuntos propios; mentres que dende a CIG defendiamos que o desfrute dunha Licenza sen soldo son servizos efectivos prestados ao igual que o é un permiso por matrimonio por poñer un exemplo, ademais neste mesmo senso alegabamos que si a empresa quería impoñer este criterio debería facelo constar no Convenio, cousa que non figura no que esta en vigor.
A sentencia SEN RECURSO gañada pola CIG di:
“ Que as vacacións nunca poderán ser inferiores a 30 días naturais tal e como o expresa o art. 38 do E.T.  Que aínda que o art. 56 do III Convenio Colectivo de Correos fai referencia a un calculo proporcional segundo os servizos efectivos, é obvio que este precepto só pode ser interpretado no senso de que tal alusión se fai en relación aos traballadores/as cunha relación coa empresa inferior a un ano”
Así mesmo a sentenza di “o traballador non ten obriga de desfrutar dos permisos previstos no artigo 58 do Convenio Colectivo, senón que se trata dun dereito do traballador que debe exercitar ante a empresa.”
A CIG unha vez mais demostra que é o único sindicato  que denuncia os atropelos da empresa aos dereitos dos traballadores.
Afíliate a CIG  e defende os teus dereitos

7 de out. de 2016

Publicados as Listaxes de Admitidos e Excluídos Proceso de Consolidación de Emprego

Non se vai a publicar a listaxe de admitidos en papel, polo elevado número de candidatos e pola protección de datos que marca a lei.

Accédese á páxina web de Correos  a través do menú - Información Corporativa - Recursos Humanos - Emprego - Consolidación de Emprego - Consulta de Admitido Excluidos e chegamos á pantalla de consulta, onde se introduce o N.I.F., data de nacemento  e un código alfanumérico que aparece en pantalla.

Prema no enlace para acceder:


Na consulta visualízase:

· Datos persoais: nome e apelidos e DNI.

· Datos da solicitude: provincia elixida e postos elixidos:

Reparto 1: reparto moto, e servizos rurais motorizados.

Reparto 2: reparto a pé, servizos rurais non motorizados e axente clasificación

· Estado: admitido ou excluído co motivo da exclusión.

Hai preto de 124.000 candidatos. As reclamacións son 7 días naturais, ata o día 14 de outubro incluído.

As reclamacións, remitiranse por correo electrónico a:

provision.rrhh@correos.com, coa motivación necesaria e  achegando documentalmente o que proceda. 

6 de out. de 2016

Qué pasa cos 2 días de AP polo 24 e 31 de Decembro

CORREOS:
Asinou o Dereito en Papel Mollado??

Non pode ser, que un dereito recoñecido polas normas (Convenio*, Acordo* e Calendario Laboral*),
que agora pretendan concedelo cando e como queiran

Os xefes das unidades non os conceden porque non poden gravalos e os seus superiores dinlles que non se poden gozar ata o vindeiro ano porque non se sabe se van estar en activo neses días. (Se fixeran o mesmo coas vacacións ou cos días de APs teriamos que agardar a ter o ano vencido para poder disfrutalas, que disparate!!)

Dende a CIGcorreos non sabemos de onde ven a orde, pero si temos claro que é ilegal e así llo fixemos saber o mesmo Presidente de Correos, solicitándolle por escrito que autorice o disfrute deses dous días durante este ano se así o demandan os interesados/as.

A nosa recomendación pasa por solicitar eses días por escrito, facendo constar que son os días recoñecidos por cadrar en sábado o 24 e 31 de decembro. No caso que a resposta sexa negativa, teñen a obriga de motivala e a partir de aí ábrese a posibilidade de acudir ós xulgados para reclamar un dereito que nos están conculcando.

*As normas que amparan este dereito:

Convenio Colectivo (Para persoal Laboral) e Acordo Xeral (Persoal Funcionario):
Artigo 58. Permisos Retribuídos – Q) Os días 24 e 31 de decembro:
“…Cando os días 24 e 31 de decembro coincidan con sábados ou festivos, a empresa (Sociedade Estatal) recoñecerá dous días adicionais de descanso”
Calendario Laboral 2016 (Para persoal Laboral e Funcionario):
Asuntos Particulares Navidad (24 e 31 decembro / sábado)
“De acordo co disposto no Anexo IV Tempo de Traballo do Acordo Xeral de 5 de abril de 2011 e no art. 58 do III Convenio Colectivo, pola coincidencia no ano 2016 dos días 24 e 31 de decembro con sábado, recoñécense dous días adicionais de descanso ó persoal funcionario e laboral (suxeito a convenio) activo en ditos días.
Estes dous días adicionais de descanso difrutaranse hasta o 31 de marzo de 2017.

Un dereito, non pode “retorcelo” a empresa segundo os seus intereses

Non te axeonlles e loita polo teu, tes o noso apoio