28 de set. de 2016

Curso Formación Correos Vocación por el Cliente

Curso dirixido a todo o persoal de Correos, que manteñan unha relación laboral, ou de servizo, activa, coa empresa desempeñando a súa actividade ao inicio e durante a súa impartición.

Prazo de inscrición do 28 de Setembro ao 4 de Outubro ambos incluídos

20.000 prazas e, unha vez cubertas estas, non é posible inscribirse de aí que che recomendamos que se estás interesado que o fagas coa maior celeridade posible.

Inscrición: dende conecta ou internet

Como inscribirte dende internet: unha vez que entras en formación de Correos, debes de ir á parte inferior dereita debaixo de onde pon usuario e contrasinal. alí xa te indica "fai clic aquí para solicitar curso".

O curso terá unha duración de 10 días, realizarase  on-line  dende un ordenador alleo a Correos e fóra da xornada laboral. O curso desenvolveranse durante os meses de outubro e nobembro os alumnos poderán elixir, as datas que máis lles conveñan de entre as dispoñibles.

Tras o proceso de inscrición, comunicarase por  e-mail  e SMS  o comezo da formación. Recoméndase revisar a dirección de correo persoal do apartado "a miña páxina" e aceptar a modalidade de citación por  SMS.

Expediente Formativo

O curso incluirase no expediente formativo de todos aqueles que completen a acción formativa e ademais recibirán unha compensación polo custo da conexión a internet.


No caso de que xurda algunha incidencia técnica durante a inscrición e/ou durante a realización do curso, os alumnos deberán dirixirse ao centro de atención ao estudante centro.atencionestudiante@telefonica.es


Nova sobre a Contratación para a entrega das Notificacións

Como denunciabamos en comunicados anteriores a improvisación é a nai de case todas as solucións nesta casa por non dicir todas, despois dun ano rascando a barriga a Empresa visto que o Goberno rexeitaba a moratoria solicitada, decidiu a présa e correndo realizar contratacións a tempo parcial de 4 horas para prestar o servizo da entrega das notificacións pola tarde. Segundo nos informan as contratacións faranse da seguinte forma:

As contratacións na quenda de tarde para o reparto das notificacións faranse con  persoal das Bolsas, con o seguinte orde nos chamamentos:

1.      Persoal de Bolsa a tempo parcial.
2.      Persoal de Bolsa a tempo completo.
3.      Persoal de bolsas lindeiras.
4.      Persoas idóneas tal e como se establece no Convenio.
5.      Onde non chegasen as contratacións ofertaranse horas extraordinarias ao persoal fixo.
6.      Xefes de Equipo ou de Unidade voluntarios,abono dunha produtividade trimestral de 624,96€ o 718,68€ segundo o caso.

Características destes novos contratos:

·        As contratacións serán como máximo ate o 31 de decembro deste ano.
·        Se realizarán “por circunstancias da produción”
·        Ao ser unha nova causa, aínda que o persoal eventual tivese os seis meses completos (os famosos 180 días) completos por contratos de produción, poderán acceder a estes contratos sen que isto varíe o seu computo de tempos traballados. (Nós dende a CIG entendemos que este tipo de contratos serian ilegais e pasaremos a consultalo coa asesoría xurídica)
·        Non aceptar este tipo de contratos por parte do persoal da Bolsa a tempo completo non será motivo decaemento da Bolsa. (polo que entendemos que o persoal que esta inscrito a tempo parcial esta obrigado a aceptalo sempre e cando sexa o chamamento para as Bolsas onde esta inscrito).

Para a realizacións destas contratacións vanse distinguir determinados tipos de Unidades segundo o número de notificacións recibidas nas mesmas:

a)      Segundo o volume de notificacións e dependendo das Unidades onde haxan en quenda de tarde 7 o mais traballadores, haberán dous tipos de contratos uns de luns a venres e outros de martes e xoves de 16:30 a 20:30 horas.
b)      No resto das Unidades adaptarán un horario adecuado para o  repartidor.

Se queres máis información ponte en contacto coa xente da CIG


26 de set. de 2016

Consolidación de Emprego Constitución do Organo de Selección

Hoxe, 26 de setembro tivo lugar a xuntanza sobre o proceso de Consolidación de Emprego, na mesma procedeuse á constitución do Órgano de Selección para o actual proceso de consolidación de emprego de 2016.

Este órgano será o encargado de:

Ø  A publicación do Listado Provisional e o definitivo dos candidatos admitidos e excluídos. Posiblemente segundo informaron na xuntanza este listado publicarase  a primeiros do mes de outubro.

Ø  A apertura do prazo de 7 días naturais para presentar as reclamacións sobre os listados provisionais.

Ø  A  Loxística xeral para a realización do exame.

Ø  A Publicación dos candidatos aprobados.

Materias fóra de exame: A actualización de contidos que se incluirán   no exame terán como data tope o 30 de setembro de 2016, de tal xeito que calquera novidade que se produza en data posterior non entrará no exame.

Sobre a data de exame din que probablemente sexa no mes de novembro coa finalidade de evitar o mes de decembro como data de exame.

Convocatorias Provinciais: Intentarán que o exame sexa no mesmo día e a mesma hora en todo o territorio español.

O Tipo de exame será tipo test e constará de 100 preguntas e serán dos cuestionarios A e B.

Como vedes seguen ser datas concretas sobre o exame!!!


23 de set. de 2016

CIGcorreos: Quen padece, quen se beneficia e quen paga realmente polos abusos da lei?

Quenes son realmente os culpables de lexislar contra dereito??

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea ven de corrixir algúns dos atropelos provocados pola normativa do Estado Español en relación cos contratos dos eventuais-interinos:

  • O abuso do seu uso para motivos distintos os legalmente estipulados para este tipo de contratos.
  • A discriminación destes contrataos á hora das indemnizacións por remate do contrato con relación ao persoal fixo que se atopa nesa mesma situación.




Dende a CIG vemos con impotencia como todos e todas os responsables de que se aprobaran no seu día estas normas, que agora son consideradas contrarias a dereito, se quedan de "rositas" sen asumir ningún tipo de responsabilidade, nin sufrir consecuncia algunha polos danos ocasionados ós afectados.


Se non teñen caracter retroactivo, como se vai resarcir a todo este colectivo que veu padecendo a impunidade duns contratos amparados por estas normas?
E aqueles que teñan dereito a reclamar, contra quen teñen que facelo, contra quen lles fixo un contrato amparado pola lei ou contra os que redactaron e aprobaron esa norma?






Consolidación de Emprego


CONVOCADO O ÓRGANO DE SELECCIÓN DESTA CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO PARA ESTE VINDEIRO LUNS DÍA 26 DE SETEMBRO ÁS 12:00 HORAS.


Ø  Acordarán por fin a publicación dos listados de admitidos e excluídos, ou haberá que seguir agardando?

Ø  Coñeceremos a data de exame, ou seguiremos estudando sen data límite?

Dende CIG agardamos que se publiquen os listados de xeito inmediato e que se dea un tempo suficiente para poder reclamar no caso que se detecten irregularidades ou erros.

Tamén é de recibo que se estableza a data de exame para que todo aspirante poida planificar os seus estudos en busca do maior rendemento de cara á súa preparación.

21 de set. de 2016

Informe Anual Integrado 2015 Grupo Correos


Tardaron en publicalo e agora entendemos o porque. O informe consta de 247 páxinas e  pódelo ollar na páxina de Correos – información corporativa – Informe Anual Integrado 2015.

A Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A. rexistrou unha das maiores perdas dende a súa constitución como Sociedade Estatal en 2001 o resultado despois de impostos do exercicio 2015 foron unhas perdas consolidadas de 33,7 millóns de euros. As perdas totais despois de impostos do exercicio 2015 do  Grupo Correos que a integran: a Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A., Correos express, Correos Nexea e Correos Telecom foron unhas perdas consolidadas de 34,098 millóns de euros. Estas perdas débense fundamentalmente  á redución nas cantidades que achega o Estado polo Servizo Público Universal, que pasaron de 518,1 millóns do 2014 aos 180 millóns do 2015.

Pero os cartos non é o único que se reduce en Correos, tamén o fai o  número de empregados segundo o informe no 2014 eramos 51.275 empregados e no  2015 pasamos a ser 50.153 e dicir 1.152 traballadores menos. Con respecto ao persoal funcionario ao 31 de decembro do 2014 eran 17.743 e a 31 de decembro de 2015 quedaban 15.097 – 2.646 funcionarios menos.

Dos 50.153 traballadores en 2015, 42.128 pertencían ao grupo de Operativos (carteiros, axudantes, axentes clasificación, atención ao cliente, administrativos etc.) e os 8.025 traballadores restantes a os grupos de Mandos Intermedios, Xefes de Sector, Directivos etc. O único colectivo que aumenta nesta empresa . Noutras palabras tócanos máis ou menos un xefe por cada 5 traballadores.

Outros datos de interese do informe:

2014
2015

Nº vehículos
13.529
13.394
- 135
Nº Serv. Rurais
6.670
6.563
- 107
Nº efectivos medios
52.514
50.153
- 2.361
Nº Oficinas
2.384
2.383
- 1

E a todo isto seguimos sen Convenio,  sen data de exame da Consolidación de emprego etc .. e os sindicatos asinantes (CCOO, CSIF, UGT e S.L.)  calan a boquiña e miran para outro lado ..unha vez pasadas as eleccións sindicais esquecéronse das reivindicacións e da marea postal


Dende a CIG seguiremos facendo o noso traballo que non é outro que defender tódolos postos de traballo e loitar polos dereitos laborais dos traballadores diante a Inspección de Traballos e dos tribunais de xustiza e outros que sigan de comparsa da empresa e vendendo fume e enganando ao persoal.


15 de set. de 2016

Novo Sistema de Entrega das Notificacións que entrarán en Vigor o 1 de Outubro


A CIG xa amosou a súa preocupación coa suficiente antelación a Correos pola modificación da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común que entrará en vigor a partires do 1 de outubro deste ano, sen embargo a Dirección de Correos continua sen unha solución para o cambio legal na entrega das notificacións, a pesares que Correos tivo un ano para planificar este servizo o certo é que a 15 días da entrada en vigor da Lei aínda están como o primeiro día e dicir sen saber que facer, ben dito é que a improvisación en Correos é a nai de tódalas solucións.

Segundo a modificación “as entregas das notificacións faranse en dous intentos o primeiro antes das 15 horas e o segundo intento será despois das 15 horas deixando unha marxe de diferenza de 3 horas entre ambos intentos de entrega.”

O que para algúns políticos artífices desta Lei, esta era a solución para unha mellor recadación para a facenda pública, para Correos pode significar a ruína económica pois non se pararon a pensar no gasto e nin tan sequera se pararon a preguntar se Correos tiña a capacidade organizativa e os medios necesarios para cumprir  con este cometido.

Así as cousas, dende Correos apuntan varias posibilidades:

Ø  Solicitar unha moratoria da entrada en vigor da Lei, que non deixaría de ser un “parche” ata atopar unha solución definitiva ao problema.

Pero de non darse esta solución, barallan outras alternativas:
Ø  Acudir ás bolsas de contratación para facer contratos a tempo parcial de tarde.
Ø  Crear novos postos a tempo parcial de tarde.
Ø  Establecer xornadas partidas, que precisarían dun cambio da normativa actual.
Ø  Optar por persoal fixo voluntario, retribuído de acordo coa legalidade.

*       Dende a CIG criticamos e denunciamos a falta de capacidade de Correos para buscar unha solución a este problema coñecido dende fai un ano.
*       De non reverter a Lei aos termos da actual entendemos que a solución pasa por xerar emprego fixo mediante contratos a tempo completo de tarde.

*       Estaremos atentos á solución que lle dá Correos a este problema e esperemos que esta non sexa unha chapuza que vulnere os dereitos dos traballadores con inventos coma das xornadas partidas.

6 de set. de 2016

CIGcorreos: Pechada a oficina auxiliar de Sta. Cruz en Oleiros na Coruña

Correos pecha dende o día 1 ata o día 9 de setembro
a oficina de Sta. Cruz por motivos "OPERATIVOS"


Correos transforma a falta de previsión e a ineptitude dos seus xestores en "motivos OPERATIVOS" para xustificar diante dos veciños o peche desta oficina auxiliar do concello de Oleiros.

O peche desta oficina cun horario de atención ó público de 8:45 a 10:45 obriga os usuarios da mesma a ir recoller as entregas que lles pasaron a lista á oficina de Perillo situada a varios quilómetros de distancia, ademais de ter que desprazarse ata dita oficina para facer uso de calquera dos servizos prestados por Correos. Non esquezamos que estamos en plena campaña electoral e a solicitude do voto por correo é un dos servizos mais demandados pola veciñanza, que tamén terán que ir solicitar dende Perillo.

Dende a CIG Correos xa denunciamos repetidas veces a falta de previsión de Correos así como a falta de persoal suficiente nas bolsas de substitución coa formación necesaria para desempeñar as funcións dos postos que dependen desas bolsas. Dende a empresa fixeron oídos xordos ás nosas demandas e as consecuencias son que nos atopamos con oficinas pechadas porque non encontraron persoal cualificado para substituir á traballadora durante o seu periodo vacacional.

A CIG Correos demanda unha rápida actuación para solucionar este problema que pasa por contratar de maneira urxente o persoal necesario e coa formación precisa para facer esa substitución e cubrir así as necesidades dos usuarios da oficina de Sta. Cruz, en Oleiros, na Coruña; para deixar de penalizar tanto a estes usuarios como a todos os compañeiros que se ven recargados para levar o reparto desa zona.

Olla na prensa:  Opinion A Coruña


5 de set. de 2016

Remate dos prazos para as Axudas de Acción Social 2016

A CIG Correos lémbrache que o prazo para solicitar as axudas para tratamentos de saúde, fillos con discapacidade, educación infantil e anticipos e préstamos sen interese, remata o vindeiro 16 de setembro.

AXUDAS
REMATE PRAZO INSTANCIAS
PREVISIÓN DO PAGO
Tratamento da Saúde
16 de setembro
Nómina
novembro / decembro
Fillos con Discapacidade
16 de setembro
Nómina Novembro
Educación Infantil
16 de setembro
Nómina novembro
Anticipos sen Xuro
16 de setembro
Segundo Dispoñibilidade
Estudo para fillos (libros e material escolar)
10 de outubro
Nómina decembro
Estudos Universitarios (Persoal Laboral)
10 de outubro
Nómina decembro
Falecemento
(Perosoal Laboral)
Dende o 5 de maio ata ó 31 de decembro
Cando se produza o feito




















Se queredes consultar calquera dúbida sobre as convocatorias ou presentar a solicitude e non a atopades na intranet, poñédevos en contacto coa xente da CIG Correos. 


Eleccións Galegas e Vascas