26 de xul. de 2016

ABERTO O PRAZO DE INSCIPCIÓN CONSOLIDACION EMPREGO 2016


Hoxe, día 19 de xullo ábrese o prazo para inscribirse no proceso de consolidación de emprego en Correos. O prazo comprende ate o dia 30 de xullo.

A inscrición só se poderá efectuar de forma telemática, na web de Correos, no seguinte enderezo: www.correos.es --- Información Corporativa > Recursos Humanos > Empleo > Consolidación de Empleo ou senón premando AQUI (rematou o plazo)  Ademais nesta paxina atoparedes toda a información ao respecto.

Neste mesmo período debera procederse tamén o abono das taxas de exame (10€). Este tramite poderase facer a través da propia web ou directamente nas oficinas de Correos debendo aportar NIF/NIE

Correos publicara unha lista de admitidos e excluídos , dando un prazo de sete días naturais para corrección de erros ou omisións. É moi importante comprobar, non so que non figuras nas listas de excluídos, senón tamén que figuras na de admitidos.

As vacantes ofertadas na Galiza son as seguintes:

A CORUÑA: 57 prazas

LUGO: 4 prazas

OURENSE: 4 prazas

PONTEVEDRA: 29 prazas

Para máis información póñedevos en contacto coas delegadas ou delegados da CIG-Correos da vosa provincia.


21 de xul. de 2016

Chamamento da CIG ante a celebración do Día da Patria Galega 2016


A CIG chama ás traballadoras e aos traballadores galegos a participar nos actos que o nacionalismo galego celebre en Santiago de Compostela, e por Galiza adiante, o dia 25 de xullo, para conmemorar o Día da Patria Galega.
A celebración do Día da Patria Galega supón para a clase traballadora galega unha data de reivindicación, conxuntamente co resto das clases populares galegas, do dereito que temos os galegos e galegas a decidir por nós mesmos o noso futuro como nación, a autogobernarnos e a poder vivir e traballar na nosa terra nunhas condicións dignas.


18 de xul. de 2016

Convocatoria Consolidación de emprego 2016

Dende maña día 19 de xullo aberto o prazo de inscrición para o proceso de consolidación de emprego, mañá día 19 de xullo aínda se concretaran as provincias, o número de prazas que se convocan en cada unha delas e a data de remate de presentación de solicitudes, probablemente fin de mes. Todo o tramite será online e poderase realizar o pago da taxa online ou nas oficinas de Correos. Só poderás optar ao/os posto/s nunha ÚNICA provincia.

Toda a información estará na web de correos. Os participantes han de seguir a seguinte ruta: Información Corporativa > Recursos Humanos > Emprego > Consolidación de Emprego. Aí, atoparás o seguinte marcador “Accede á información sobre o proceso” Picando sobre el despregarase:

-Bases do Proceso de Consolidación de Emprego en PDF
-Bases das Convocatorias Provinciais.
-Oferta postos de traballo.
-Preguntas frecuentes.
-Información Xeral sobre o Proceso.
-Accede ao formulario de Solicitude da Consolidación no que debes encher os teus datos persoais, solicitude e méritos.
Podes pagar online na mesma páxina ou nas Oficinas de Correos levando o teu NIF/NIE, sempre con posterioridade a encher a solicitude.

Debes ter en conta que o trámite:
-Só se pode facer de forma online a través da web de Correos.
-Terás que encher o formulario e abonar as taxas no prazo establecido.
-Correos recomenda facer a inscrición desde computadores de sobremesa e portátiles, NUNCA desde móbiles nin tablets, e co navegador de internet actualizado nas últimas versións dispoñibles.

Aínda non hai data de exame. O órgano de selección determinará o calendario de actuacións do proceso e, en especial, a data e/ou lugares en que se realice a proba de superación prevista na convocatoria.


8 de xul. de 2016

CIGcorreos: Desfeita nos contratos de veran

Bolsas sen candidatos e chamamentos "a dedo" revelan os problemas que xa anunciaramos dende a CIG logo da insuficiente regulación e falta de criterios na normativa de contratación establecida por Correos co visto e prace de CCOO, UGT, CSIF e S Libre asinantes do Convenio Colectivo.