27 de xuño de 2016

2ª Resolución do Concurso Permanente (Xuño– 2016)

25  PRAZAS ADXUDICADAS EN GALIZA:  A CORUÑA  14,   LUGO 3, PONTEVEDRA 4 e OURENSE 4.

TOTAL PRAZAS ADXUDICADAS NO CONCURSO 368 PRAZAS :   37 REPARTO A PÉ,  174 REPARTO MOTO, 133 ATENCIÓN AO CLIENTE e 27  AXENTE CLASIFICACIÓN.

OS LISTADOS COMPLETOS DA  2ª  ADXUDICACIÓN DISPOÑIBLES NAS SECCIÓN SINDICAIS DA CIG.

 PRAZOS DE CESE


Para todos os postos o cese será o día 30 DE XUÑO 2016.


PRAZOS DE INCORPORACIÓN 

A incorporación será a partir do día 1 DE XULLO DE 2016.

v O día seguinte se o traslado é na mesma localidade.
v 2 Días na mesma provincia ou illa ( Si se adianta ó día seguinte 60 €)
v 6 Días entre localidades da península que non pertenzan a mesma provincia (si se adianta ó segundo día 180 €)
v 10 Días entre illas Ceuta e Melilla e península (Se a toma e ó terceiro día 300 €)

­ Se optas pola compensación económica debes entregar o Anexo 3 en Recursos Humanos, antes do 28 DE XUÑO DE 2016.
­ Os prazos posesorios empezarán ó rematar os permisos, licencias,... Se tes licencia por enfermidade ou  baixa dilixéncianche o cese e toma de posesión de oficio.
­ O prazo posesorio será como de servicio activo salvo para excedentes voluntarios ou para o coidado de fillos.
Se comporta reingreso ó servicio activo o prazo de posesión será de un mes (Dende o día 01/07/2016)

21 de xuño de 2016

O 24 de xuño 2ª Adxudicación Concurso de Traslados

O próximo venres, 24 de xuño, ás 10,00 horas, está convocada a reunión da Comisión de Concurso de Traslados, na que se procederá á segunda adxudicación do concurso. 



16 de xuño de 2016

A CIG solicita un reparto extraordinario para o sábado 18 de xuño




A CIG solicita ao Director Territorial da Zona 1ª ao igual que o fixera ante RRHH de Madrid un reparto extraordinario para o vindeiro 18 de xuño.

Entendemos que un reparto extraordinario esta máis que xustificado debido ao volume de traballo que se viu aumentado a causa de que se triplicaran as solicitudes de voto por correo para estas eleccións en comparación ás das pasadas eleccións do mes de decembro, a isto temos que sumarlle a falta de persoal que vimos denunciando en Galiza durante estes últimos anos engadindo ademais que o vindeiro 24 de xuño é festivo e que recentemente chegou o día 14  a propaganda electoral dos partidos PP e Cds.

Ningún dos sindicatos asinantes do Convenio defenden un reparto extraordinario moi pola contra calan, alentando así a que a empresa a través dos seus xefes  inviten aos traballadores amablemente a que teñan que saír a repartir pola tarde con frases como que "os envíos non poden penalizar", “para iso nos pagan”, “se pasas parte de pendentes non vas a cobrar a campaña” etc.

Lembrámoslle unha vez máis a estes supostos defensores dos dereitos dos traballadores e a estes Xefecillos que: Traballar pola tarde só se pode facer se o traballador o fai voluntariamente, a empresa autorízao expresamente e apúntanselle as horas extras para compensalas por diñeiro ou por tempo libre. A empresa Correos debe achegar unhas follas de firma para que se poida asinar a entrada e a saída das horas extras, así estaremos cubertos en caso de accidente.


Se queres facer horas extras, sempre voluntariamente, debes asinar unha folla de control con hora de inicio e de fin de xornada (Orde de Inspección de Traballo 8/0034850/15).

13 de xuño de 2016

CIGcorreos: Caravana de Contratados/as pola cidade da Coruña

Esixindo unha solución para os problemas da contratación e demandando que se rexa polos principios da ética, da xustiza e da transparencia





Percorremos as rúas da cidade:
Pola Avda. de Alfonso Molina




Pola Ronda de Outeiro



No punto de saída onde o Edificio Sindical CIG




Utilizamos megafonía para facernos oír durante todo o percorrido e tamén na concentración.





Con cartaces nos coches e na concentración para facerse ver e dar a coñecer a nosa problemática.




Rodeamos o Edificio de Correos da Avda. da Marina e demos  voltas ó redor do mesmo.




Rematamos a mobilización cunha concentración diante do Edificio Principal de Correos da Coruña onde demos lectura dun comunicado reivindicativo.









Olla nestes vídeos esta mobilización



Para máis información olla nestes enlaces da prensa:

AVANTAR   AVANTAR 2

ABC

LA VOZ DE GALICIA

10 de xuño de 2016

O que temos que saber sobre o reparto nas eleccións xerais do 26 de xuño

O que temos que ter claro de cara ao reparto durante a campaña Electoral.

*           O reparto das tarxetas do INE así como a propaganda electoral, por moito que digan algúns xefes que van de listos, faise dentro da xornada laboral. E dicir non se ten que repartir pola tarde nin o sábado a menos que este sexa declarado de reparto extraordinario e compensado con horas extraordinarias.

*           Se se establecen quendas de reparto fora da xornada laboral estás deben compensarse como horas extraordinarias tanto nas Unidades de Reparto como nas USES.

*           O reparto fora da xornada laboral sen autorización de Correos é un fraude a Seguridade Social e pode ser constitutiva dunha multa administrativa se un Inspector de traballo solicita a nosa documentación e Autorización para traballar fora da xornada. (A este respecto lembrade que estamos baixo a vixilancia das empresas da competencia os que poderían presentar denuncia).

*           O problema tamén sería se temos un accidente laboral fora da nosa xornada o xefe pódese lavar as mans e dicir que saíches pola túa conta ao non ter nada por escrito estariamos ao que decidira un xuíz porque segundo a Lei para ser recoñecido como accidente laboral e preciso que o accidente se produza en tempo e lugar de traballo.

Hai que ter claro que a campaña electoral págase por un incremento do traballo e non por repartir fora da xornada laboral.


A propia circular da campaña electoral  establece no seu apartado 3º que se compensaran aos empregados con horas adicionais no caso de acumulación de envíos postais.       

9 de xuño de 2016

#CIGcorreos: Caravana reivindicativa dos contratados de Correos da Coruña

Para este sábado día 11 de xuño, con saída ás 11:30 dende a parte de atrás do Edificio Sindical da Avda. de Alfonso Molina (Detras SEAT e LIDL), percorrendo as rúas da cidade da Coruña, rematando cunha concentración diante do Edificio Principal de Correos da Avda. da Marina ás 12:30 Horas.


Para chamar a atención e denunciar as irregularidades da contratación do persoal eventual que se atopa nas bolsas para substitucións de Correos na provincia da Coruña.

Non é normal que a xente que está nas bolsas de Correos non saiba cando lle toca traballar, nin coñeza os criterios que se utilizan para facer os chamamentos, para desa maneira ter opción de organizar a súa vida e de comprobar se están ben feitas as contratacións.

Non pode ser que Correos deixe de chamar á xente que figura nas bolsas de contratación e que eses postos sexan ocupados por outras persoas seleccionadas a dedo, que son alleas a estes listados.

Xa é hora que Correos modifique o seu sistema de contratación, tanto o procedemento como os criterios e formas de chamamento.

Por elo tanto este sindicato CIG como o persoal  das bolsas de Contratación de Correos: 
Esiximos  unha contratación que se rexa polos principios da ética, da xustiza e da transparencia. Pero XAAA!!


Se te sentes identificado con esta problemática ou queres participar apoiando esta reivindicación do persoal contratado das bolsas de Correos, estaremos todos encantados de que nos acompañes nesta mobilización.



Nota.- Imaxes doutra caravana reivindicativa.