27 de abr. de 2016

CIGcorreos: En que mans está a defensa dos nosos dereitos?

Coa nómina de Abril: 

  • Parte da Paga Extra de Decembro 2012 pendente de recibir.

Coa nómina de Maio: 

  • O persoal laboral recibirá o 1% de subida do 2016 cos atrasos dende xaneiro.

Estes son os compromisos acadados por Correos na xuntanza do pasado día 25 diante dos sindicatos.

Ainda que moitos se afanan en facerse responsables destes logros, todos sabemos que o resto da paga extra pendente dende 2012, chega porque estan aí á porta as novas eleccións xerais e queren comprar algún voto devolvéndonos o que nos roubaron.

Tede "sentidillo" e ollade a quen lle vades dar a responsabilidade de gobernarnos, agardemos que poida sair alguén que defenda Correos como servizo público e que nos garanta as melloras demandadas así como a prestación dun servizo de calidade.



Algúns non só baixan os pantalóns, senón que ata os perden.

Correos conseguíu que CC.OO., U.G.T. e CSI-F asinaran a renuncia a unha subida salarial superior ó 1% no marco da negociación colectiva para este ano 2016, todo elo a cambio de algo que xa estaba orzamentado e que no resto das Administracións Públicas tiñan feito: o pago do 1% de subida para o persoal laboral con efectos dende xaneiro deste ano.

Están a pagarlle algún favor estes sindicatos a Correos?
Teñen algunha débeda pendente con Correos?
Eleccións sindicais, Convocatoria Ingreso, Cursos, Liberados, Subvencións...?







26 de abr. de 2016

#CIGcorreos: Súmate ás mobilizacións da CIG do 1 de maio.


A CIG convoca mobilizacións para o Primeiro de Maio baixo o lema “Reformas laborais e lei Mordaza, anulación xa!”




Para ollar máis información e os lugares e horas das mobilizacións preme:  AQUI





Denunciará ademais, nas 13 manifestacións previstas, as políticas da UE, nomeadamente o comportamento inhumano en materia de refuxiados/as
A CIG presentou este luns os contidos da campaña do Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Obreira, e o documento no que se recollen as principais demandas que a central sindical dirixe ao goberno que se conforme no Estado español. Demandas que se concretan precisamente no lema escollido “Reformas laborais e lei mordaza, anulación Xa!” e que se acompañan coa denuncia das políticas antisociais da UE e do seu carácter proimperialista.



25 de abr. de 2016

#CIGcorreos: O persoal de Correos de Lalín en contra da reforma proposta.

Demandan que se paralice esta reforma, que pretende a centralización en Lalín das actuais oficinas de A Golada e Rodeiro, reducindo ata tres postos de traballo e marcando unha reestructuración das seccións logo duns estudos e seguimentos feitos en épocas e datas que non permitiron determinar a realidade das cargas de traballo e dos condicionantes do resparto.



Olla na prensa estas novas:

La Voz de Galicia (24 Abril)

Faro de Vigo (24 Abril)

La Voz de Galicia 2 (26 Abril)
La Voz de Galicia 3 (27 Abril)
Faro de Vigo (28 Abril)










22 de abr. de 2016

Aproxímanse as eleccións e pretenden comprar o noso voto devolvendo o que nos roubaron


O luns 25 convocouse a mesa negociadora para tratar o incremento retributivo do 1% para o persoal laboral. O aumento e abono con carácter retroactivo será para a nómina de abril ou maio.

O cobro da paga extra pendente do 2012 farase efectiva na nómina de abril ou maio.

21 de abr. de 2016

Convocatoria de Ingreso

A puntuación polo carné de coche “B” con 3 anos de antigüidade ten que ser igual que a que dan por carné de moto “A1”

Reclamamos dende a CIG diante de Correos para que lle dean a mesma puntuación ós que aporten o carné de coche “B” con tres anos de antigüidade, igual que ós que aporten o carné de moto “A1”.

Xustificamos a nosa demanda no feito que tanto os que teñen o carné A1 coma os que o teñen B con tres anos de antigüidade están capacitados segundo Tráfico para conducir motocicletas de ata 125 cc.

De tal xeito que Trafico convalida o carné A1 para os que teñen 3 anos de antigüidade co carné B.

É tan sinxelo como dicir a tontería de que podes conducir a moto de Correos de 125 cc. co teu carné de coche “B” de máis de 3 anos, pero para ter a puntuación para o ingreso en Correos obrigante a sacar o carné de moto “A1”.

Dende a CIG agardamos que non nos obriguen a ir ós tribunais de xustiza para arranxar esta desfeita

Curso Formación on-line "Correos y el Territorio"


Curso dirixido a todo o persoal de Correos, que manteñan unha relación laboral, ou de servizo, activa, coa empresa desempeñando a súa actividade ao inicio e durante a súa impartición.

Prazo de inscrición do 20 de Abril ao 26 de Abril

20.000 prazas e, unha vez cubertas estas, non é posible inscribirse de aí que che recomendamos que se estás interesado que o fagas coa maior celeridade posible.

Inscrición: dende conecta ou internet

Como inscribirte dende internet: unha vez que entras en formación de Correos, debes de ir á parte inferior dereita debaixo de onde pon usuario e contrasinal. alí xa te indica "fai clic aquí para solicitar curso".

O curso terá unha duración de 10 días, realizarase  on-line  dende un ordenador alleo a Correos e fóra da xornada laboral. O curso desenvolveranse durante os meses de maio e xuño os alumnos poderán elixir, as datas que máis lles conveñan de entre as dispoñibles.

Tras o proceso de inscrición, comunicarase por  e-mail  e SMS  o comezo da formación. Recoméndase revisar a dirección de correo persoal do apartado "a miña páxina" e aceptar a modalidade de citación por  SMS.

Expediente Formativo

O curso incluirase no expediente formativo de todos aqueles que completen a acción formativa e ademais recibirán unha compensación polo custo da conexión a internet.

No caso de que xurda algunha incidencia técnica durante a inscrición e/ou durante a realización do curso, os alumnos deberán dirixirse ao centro de atención ao estudante centro.atencionestudiante@telefonica.es

19 de abr. de 2016

Cursos de Formación INAP Inglés 2016 (Funcionario)



·       Os cursos soamente poden participar persoal funcionario.

O INAP, tendo en conta as necesidades formativas como ferramenta indispensable dos  empregados públicos para o exercicio das súas funcións, convoca dentro do plan xeral o curso de Inglés para diferentes colectivos da Administración Xeral do Estado na modalidade on-line e clases telefónicas.

ACTIVIDADE FORMATIVA:  INGLÉS
MODALIDADE MIXTA: ON LINE E CLASES TELEFÓNICAS

CUERPOS E ESCALAS: A1, A2, C1, C2, e E

 PRAZO SOLICITUDE: DENDE O 19 DE ABRIL ATA O 4 DE MAIO

 Solicitudes.- Os que desexen participar neste curso deberán facelo a través das seguintes páxinas:



15 de abr. de 2016

CIGcorreos: CORREOS rico pastel para carroñeiros?

A Comisión Europea impugna as subvencións do estado a Correos dende o ano 2004.


Entende a Comisión que hai que analizar se mais de 1.000 millóns de euros lle foron concedidos a Correos de maneira ilegal polo Estado.
Neste montante entrarían segundo a Comisión a exención do Imposto de Bens Inmobles (IBI), o Imposto de Actividade Economicas (IAE), as axudas na xestión do réxime social dos funcionarios, os servizos postais electorais e sobre todo a compensación pola prestación do Servicio Postal Universal (SPU).
Dende a Comisión pensan que se deu mais diñeiro a Correos do necesario para sustentar a prestación de Servicio Postal Universal (SPU) nestes anos.

Correos valorou "á baixa" no seu día o custo da prestación do servicio postal universal por razóns políticas e agora continúa co recorte dos servizos incluídos dentro do SPU. Polo tanto non é extraño que Bruselas (Comisión Europea) investigue o motivo polo que as axudas que se reciben superan o custe do SPU, eso sempre segundo o seu entender.

Os intereses privados e presións das patronais que aglutinan ás empresas da competencia, a nefasta xestión dos directivos de Correos encabezados polos Presidentes actual e anteriores, postos a dedo polos respectivos gobernos, así como as consignas políticas trasladadas a Correos pola S.E.P.I. sempre cos parabens do Gobernos tanto do PP como PSOE, no seu día; lévannos a esta situación caótica que ten a súa raíz no neoliberalismo imperante en Europa totalmente controlado polos círculos de poder, chámense FMI, BCE, Multinaionais... Don Diñeiro segue impoñendo as súas normas e o resto dos mortais temos que bailar ao ritmo que nos marcan...

Ata-cando non pararán de escravizarnos e empobrecernos máis e máis?


Quen se responsabilizará desta desfeita? Quen terá que asumir, de ser o caso, a devolución dese diñeiro? 
É moi doado xogar co diñeiro dos demais, co diñeiro público e cos postos de traballo e co futuro de moitos traballadores sabendo que no peor dos casos hai outro posto esperando con suculentos salarios sen ter que afrontar de ningunha maneira as responsabilidades polas desfeitas ocasionadas por unha nefasta xestión, que incluso pode ser aplaudida ou gratificada? por algún colectivo.


ALGECIRAS:

Mentres que o persoal de Correos se mantén en folga en contra dos recortes, Correos afirma que todo funciona con normalidade, que se reparte ben e que hai traballadores dabondo.

CADIZ:

Concentracións e convocatoria de folga para o día 29. Correos segue coa súa postura de reducir postos de traballo en todo o estado.