23 de mar. de 2016

CIGcorreos: Novas funcións para os "Super-Carteiros", agora exercerán de guías turísticos no Camiño de Santiago.

Correos reduce postos, contratación e anda escaso de persoal, prestando menos servizos, desatendendo oficinas e rebaixando a calidade no reparto da correspondencia; pero eso que importancia ten? O que realmente prima é que Correos se vexa como a empresa mais "guay" das galaxias coñecidas, e apúntase a un bombardeo para que así sexa.


Seguen os problemas nas oficinas e unidades de reparto

Seguen multiplicándose os problemas e os descontentos tanto do persoal como dos usuarios e a este paso cada vez haberá mais porque nin dende o Goberno, nin dende a SEPI, nin dende a dirección de Correos se fai nada para cambiar esta tendencia de redución de persoal e amortización de postos de traballo.
Ultimas notas e denuncias aparecidas na prensa, de oficinas e centros de traballo con esta problematica de fondo:

Avila: Atrancos e atrasos no reparto (diariodeavila)
Melilla: Semana Santa sen correo (finanzas.com) (luzdemelilla) (elfarodigital)
Jerez: Folga 28,29 e 30 marzo (diariodejerez) (lavozdelsur)
Ciutadella (Menorca): Acumulacions de 20.000 obxectos (menorcainfo)
Vila-real: Falta persoal e contratacion  (levante-emv)

A hora do planteta

Correos sumouse á "hora do planteta", comprometéuse coa sostenibilidade, reducindo dende o 2009, 28 millóns de Kwh no consumo de electricidade.
(Nós dende a CIG supoñemos que este aforro enerxético tamén terá algún beneficio económico, pero non vemos que se utilice para facer contratación algunha para mellorar a prestación do servizo ou para deixar de amortizar postos de traballo)

Web de Correos sobre o Camiño de Santiago. Si, si.

Ademáis os carteiros das provincias polas que pasan os Camiños van exercer de guías turísticos recomendandolles ós usuarios lugares de interes cultural, paisaxistico ou de bo xantar e hospedaxe. (De paso poderían levar algunha carta, que estamos faltos de persoal)
Preme aqui,  (europapress.es), (eldigitaldeasturias)
(lavozdegalicia.es),  (lavozdegalicia.es 1),   (lavozdegalicia.es 2)

Ollo cos avisos de paquetes: 

Correos é utilizada de novo como vía para cometer fraude. Tratan de encriptar os ordenadores onde entran para logo revender a súa activación.
(lavozdegalicia) (negocios.com) (zonamovilidad.es)  (elconfidencialdigital)

Selo con cheiro a incienso

Estamos agardando polos de sabor a caldo galego, a cocido e a polvo a feira. Faremos o posible para que os poñan a prezos populares para que a xente poida saír satisfeita de Correos.
(latribunaalbacete)


É moi triste, que dirixentes de Correos, da SEPI  e políticos membros do Goberno do Estado, non nos escoiten e se dediquen a despilfarrar o diñeiro público, na vez de xestionalo para o beneficio do servizo público de Correos e da cidadanía que fai uso del.



18 de mar. de 2016

#CIGcorreos: Outro servicio de Correos a extinguir, o prestado polas Oficinas Auxiliares

A sangría da eliminación de servizos prestados por Correos non ten límite


A día de hoxe á maioría das oficinas auxiliares Correos xa lles retirou a balanza franqueadora, coñecida como "EPELSA", desta maneira os servizos que poden prestar quedan moi reducidos, véndose obrigadas a exercer como meros puntos de atención, limitadas á recollida da correspondencia ordinaria e pouco máis, porque calquera outro servicio teñen que facelo a través das súas oficinas técnicas de referencia.



Este feito en principio leva aparellado o incremento da problemática para o persoal que presta o seu servizo nestas oficinas, por privalos dos medios técnicos necesarios para afrontar os servizos que ofertan e a dificultade á hora tanto de mandar como de recoller correspondencia por parte dos usuarios.

Con posterioridade vai supoñer  a supresión de mais de 50 postos de traballo en Galiza e cando se leven a cabo estes peches a poboación á que serven terá que desprazarse quilómetros ata a oficina máis próxima para facer uso do servizo de Correos, tanto para depositar envíos como para recibir certificados, notificacións, paqueteria, etc... que os carteiros deixan na oficina para que lle sexa entregada ao destinatario cando non se atopou no domicilio á hora do reparto. 

Tendo en conta que estas oficinas atenden principalmente a zonas rurais e que nestas habitan persoas de avanzada idade, coidamos que esta medida non se debería levar a cabo, xa que atende exclusivamente a criterios de rendabilidade económica, esquecéndose da rendibilidade social.

Correos como prestador do Servizo Postal Universal, recibe unha subvención para atender este servizo que loxicamente resulta deficitario no ambito rural e non pode deixar desatendida á poboación destas zonas.

Nós vemos esta actuación enmarcada, dentro da política de Correos de redución de oficinas de atención ao público, nun obxectivo aínda mais amplo, que unha vez rematada con esta fase, continuará suprimindo aquelas oficinas técnicas que económicamente non sexan rendibles, postura que xa denunciamos dende o primeiro momento dende a CIG.

Para ollar como recolleron esta nova na prensa preme 






15 de mar. de 2016

A CIG denuncia a persecución que sufre o persoal laboral que se atopa de baixa

A CIG denuncia diante o Director Territorial a persecución e o acoso ao que está sendo sometido o persoal laboral que se atopa en situación de baixa laboral por enfermidade, pois aparte do seguimento que xa realiza a Mutua das baixas, tamén están sendo citados para revisión  en Correos a través dunha empresa dende Barcelona mediante unha chamada de teléfono a cal esta sendo gravada, na mesma solicítanlles datos relevantes a súa patoloxía, cousa que nos parece fora de lugar e sobre todo contraria a Lei de Protección de Datos.

Do mesmo xeito tamén denunciamos unha falta total e absoluta de coordinación entre a empresa que realiza as citacións para Correos e a Mutua, pois compañeiros que son citados por Correos, nalgúns casos tamén son citados para o mesmo día ou para días seguintes pola Mutua  dando unha sensación de indefensión aos traballadores que se senten perseguidos por estar de baixa.


Dende a CIG advertimos a empresa que debe cesar nesta persecución do persoal laboral que se atopa de baixa laboral e rematar con o descontrol no seguimento das baixas no caso contrario a CIG tomará as medidas que estime oportunas en defensa dos dereitos dos traballadores. 


#-CIGcorreos: Redución de Persoal = Menos servizos e peor prestados.

A voltas coa diversificación, única saída que atopan diante dunha morte anunciada do correo tradicional. 

Que somos un servizo público onde debe primar a prestación do mesmo con garantías de calidade antes que os resultados económicos!! 

Pero isto  non hai que queira velo, nin Goberno, nin SEPI, nin Correos,S.A.; será porque lles tapan a visión con millóns de euros dende as empresas privadas da competencia??

So se lles ocorre reducir e reducir o persoal e os postos de traballo, consecuentemente por un lado nas oficinas desaparecen servizos que antes se prestaban nos pequenos pobos, obrigando ós usuarios do servizo de Correos a desprazarse para poder ser atendidos ou para recoller correspondencia a outras oficinas facendo colas pola falta de persoal. E no relativo ó reparto tratan que con moito menos persoal se poidan atender zonas de reparto moito mais amplias, co resultado agardado de que resulta imposible asumir as cargas de traballo na xornada laboral coa conseguinte perda na calidade da prestación deste servizo, eso cando se pode prestar.


Olla estas notas de Prensa onde se recollen varias novidades relacionadas coa necesidade de cambiar e con movilizacións e denuncias por todo o territorio do estado vinculadas á falta de persoal:


Preme nestes enlaces: 


logisticaprofesional : Os ingresos de Correos en caida ou transformarse ou morrer
laopiniondezamora :Villaralbo, falta de persoal por recortes.
europasur : Algeciras, falta de persoal por recortes.
granadahoy: Granada, falta de persoal por recortes.
lavanguardia: Granada, falta de persoal por recortes.
teleprensa : La Linea, falta de persoal por recortes.
lavozdelsur: Jerez, falta de persoal por recortes.
20minutos : Oviedo, falta de persoal por recortes.
farodevigo : O Salnes, sen oficinas por recortes.


10 de mar. de 2016

INAP Cursos de Formación 2016 (Funcionarios) Ofimática



·        Os cursos soamente poden participar persoal funcionario.
·        Publicado no B.O.E. Nº 57 de  data 07/03/2016

O INAP, tendo en conta as necesidades formativas como ferramenta indispensable dos empregados públicos para o exercicio das súas funcións, convoca dentro do plan xeral os seguintes cursos en materia de ofimática para todos os corpos e escalas da Administración Xeral do Estado na modalidade on-line:

*                WORD, nivel I e II (versión 2007/2010)

*                EXCEL, nivel I e II (versión 2007/2010)

*                ACCESS, nivel I e II (versión 2007/2010)

*                POWER POINT (versión 2007/2010)

*                OUTLOOK (versión 2007/2010)

*                LIBREOFFICE/OPENOFFICE

Solicitudes.- Os que desexen participar nalgún destes cursos deberán facelo a través da páxina web do instituto nacional de administración pública:

http://buscadorcursos.inap.es/formación-tic.

Prazo de presentación de solicitudes telemáticas será de 15 días naturais a contar dende a publicación da resolución no BOE.


Estes cursos son valorables para a mobilidade interministerial.


9 de mar. de 2016

#CIGcorreos : Segue a destrución de postos de traballo - Correos, Empresa Saludable??

Dos 22 distritos de Madrid, coa reestructuración, fan desaparecer 113 seccións



Os sindicatos con representación nesta provincia convocaron concentracion de delegados para o día 26 de marzo, para empezar así as mobilizacións en contra destas medidas impostas por Correos.



Para ollar esta nova, preme: ElIceberg  Finanzas  ElEconomista




Correos consigue a certificación de "Empresa Saludable"



JaJaJa...

Applus+, multinacional de cetificacións foi a encargada de auditar e certificar a Correos como "Empresa Saludable". Esta certificación ten un seguimento anual e unha validez de tres anos.




Non sabemos que criterios segue esta multinacional para conceder a certificación: 
-Supoñemos que terá moito peso o feito de denegar licencias de incapacidade temporal cando os traballadores non están en condicións de facer as súas funcions, con baixas do seu medico de cabeceira e informes dos especialistas, e logo son sancionados con faltas graves de emprego e salario por non poder acudir a traballar.
-En canto a valoración, sumaría moitos puntos o feito de que Correos se adique a penalizar con descontos nos salarios a enfermidade, ademais de tratar coma vulgares criminais ós traballadores que lles dan a baixa.
-O feito de ter Correos multitude de denuncias diante da Inspección de Traballo e dos Xulgados por incumprir coa Lei de Prevención de Riscos, seria, así mesmo, un factor determinante para ter conseguido esta certificación.

Para ollar esta nova, preme: 5TeleCinco LaComarcadePuertollano



#CIGcorreos : 10 de marzo DIA DA CLASE OBREIRA GALEGA (Mobilizacións da CIG)

A CIG convoca mobilizacións o 10 de marzo baixo o lema “Reformas Laborais e Lei Mordaza, anulación xa!”


O secretario nacional da CIG, Suso Seixo, cualifica o goberno do PP de “incompetente e considera “insultante” que intente agochar a realidade laboral e social existente en Galiza

Con motivo do Día da Clase Obreira Galega, a CIG convoca asembleas e mobilizacións nas 7 cidades e en varias vilas galegas baixo o lema “Reformas Laborais e Lei Mordaza, anulación xa!”. A central sindical denuncia que o obxectivo destas contrarreformas era, e así se evidenciou, precarizar as condicións laborais para favorecer o incremento de beneficios para as empresas e dotarse da lexislación necesaria para reprimir a contestación social a esas medidas antiobreiras e antisociais. Por iso, e atendendo aos resultados das eleccións do 20-D, neste 10 de Marzo, a CIG exixe a súa inmediata derrogación.

Para ampliar a información e para comprobar as horas e lugares das concentracións e manifestacións
Pica AQUÍ




7 de mar. de 2016

#CIGcorreos: Dia 8 de Marzo (DIA DA MULLER TRABALLADORA)

A pobreza en Galiza ten, máis que nunca, 

faciana de muller


A CIG conmemora o 8 de Marzo co lema 'Precarias' para denunciar as condicións laborais, salariais e de vida que padecen as traballadoras galegas

“Inactividade, desemprego, eventualidade, empregos a tempo parcial, fenda salarial, economía somerxida e infrasalarios”. Así resumiu Margarida Corral, Secretaria das Mulleres da CIG, a situación laboral que padecen a maioría das traballadoras galegas, na rolda de prensa de presentación do Informe sobre a “Situación Laboral das Mulleres en Galiza” en 2015 e da campaña arredor da que a CIG conmemorará este 8 de marzo, que se desenvolverá baixo o lema que “Precarias”.

E é que a crise non fixo máis que agravar a xa precaria situación laboral á que están sometidas, nunha porcentaxe moi elevada, as mulleres traballadoras en Galiza. Segundo explicou a responsábel do Gabinete de Economía da CIG, Natividade López, que compareceu xunto a Corral na rolda de prensa, desde o ano 2009, non só descendeu o número de mulleres polas que se declararon ingresos á Axencia Tributaria (-28.974), senón que tamén descenderon os ingresos das que os perciben.

Para ampliar a información
Para ollar os lugares e horas das concentracións
Para ver o Informe da CIG sobre a Situación Laboral das Mulleres en Galiza (Ano 2015)
Preme AQUÍ e AQUI 2



3 de mar. de 2016

CIGcorreos: -Paquetes pola tarde tamen nos pobos -Novas Oficinas/Tenda -Defende o teu dereito á saúde

Novas oficinas/tenda "Tu Correos" (O "chino" da SEPI)

Ademáis dos servicios postais tradicionais, estas oficinas contan cunha zona de apartados aberta todo o día, cun servizo de recollida de paquetería 24 horas (City Paq) e cunha tenda con productos de viaxe, libros, informatica, infantís...(productos que variarán en función das zonas e da demanda) Incluso de cara ó futuro xa venderon unhas máquinas "dropbox" para admisión e envio automatizado de paquetería.
Parece que nestas oficinas vai haber un novo posto informativo ocupado por "un embajador" traballador de Correos que resolverá as dúbidas e necesidades dos usuarios. A quen  lle tocará ese posto?
Nesta inauguración en Malaga o presidente tamén aproveitou para recordar o servizo (Home Paq) que xa se instalou en algunha comunidade para admitir e recoller paquetes sen saír do edificio.

Olla esta nova na prensa: DiarioSur MalagaHoy Lainformacion

Estamos realmente preparados para isto?

Nos dende as oficinas estamos recibindo queixas, que xa trasladamos a Rede, onde se constata que non hai material básico, faltan ata sobres e embalaxes para paquetes, estanse utilizando caixas de paquetes de folios para darlle ós usuarios e pretenden meternos noutra dimensión cando son incapaces de xestionar algo tan básico e simple como o que agora temos?

Defende o teu dereito á saúde

Cansados de tragar po, os empregados de Atención ao Público de Santander prantáronse e saíron á rúa mentras non se restablezan unhas condicións saudables na zona onde están os seus postos de traballo, logo de ter que estar neses postos  mentres que se realizaban obras no seu entorno.
Olla esta nova na prensa: eldiariomontañes

Reparto de paquetería polas tardes nas oficinas técnicas.

Xa empezaron a repartir polas tardes paquetería en tres oficinas de Cantabria: Torrelavega, Maliaño e Astillero.
Parece que este servizo van tratar de implantalo noutras oficinas. De momento non temos información de como se esta levando a cabo, nin que persoal o fai, horario... En canto teñamos algun tipo de novidade xa vo-la facemos chegar.
Olla esta nova na prensa: eldiario







1 de mar. de 2016

#CIGcorreos: Novas na prensa

Novas da prensa recollidas en internet

Roubo na oficina do Burgo (Culleredo)

Por poder, poden entrar a roubar en calquera oficina, pero se non hai mais medidas de seguridade que unha caixa forte protexida por unha porta normal e unha fiestra con persiana nun edificio practicamente valeiro, so nos falta dicirlle ós amigos do alleo "pasade por aqui que o tedes fácil".
Da ende CIG dende que se abreu a oficina trasladamos esa falta de seguridade que nos apreciamos

Olla esta nova aqui: lavozdegalicia

Correos Express, financiado irregularmente por Correos??

As empresas de paqueteria e mensaxería agrupadas na UNO seguen acusando a Correos de concederlle axudas a Correos Express procedentes do diñeiro público que recibe por prestar o Servicio Postal Universal, dándolle a posibilidade de facer "dumping".

Que hai de certo nesta denuncia?

Estannos sacando do lombo ós traballadores e traballadoras de Correos o diñeiro para reflotar e amortizar as perdas de Correos Express, mentras que o reparto esta perdendo calidade porque se queda sen o persoal necesario debido a que o diñeiro que ven da Comunidade destinado para este fin se deriva para cubrir estas outras necesidades por decisión política marcadamente mercantilista?  

Olla esta nova aquí: guerrillerosglobales okdiario

Mobilizacións en contra da destrución de postos de traballo en Correos

Concentracións en Madrid todos os venres pola imparable redución de seccións de reparto que leva aparellada a desaparición de postos de traballo.

Olla esta nova aquí: eliceberg

Paro de tres horas en Algeciras para protestar polo recorte de 12 postos de traballo nestes dous últimos anos, o que supón un 20% de redución da plantilla.

Olla esta nova aquí: europasur

Alguen sabe que fai o Consello de Administración de Correos, S.A.

O que fan non estará moi craro, pero dietas si que cobran, a razón de case 10.700 € o ano cada un dos 15 membros, en total uns 160.000 € por pasear.
Incluso ó Tribunal de Contas lle parecen excesivas e pouco xustificadas por elo pide explicacións, xa que nin se sabe as veces que se xuntan.
Olla esta nova aquí: elmundo

Vodafone acorda con Correos instalar terminais CityPac  nos seus centros.

Empezou coa instalación na súa central pero teñen previsto que proximamente este acordo se achegue entre outras as sedes de Vodafone en Vigo e A Coruña.
Olla esta nova aquí: ciospain