31 de dec. de 2015

CIGcorreos: Consolidacion de Emprego (Publicadas as Bases Xerais da Convocatoria)


Ofértanse 1.606 postos de traballo a nivel de todo o Estado

(Para ollar a convocatoria preme AQUÍ)

 



Todo aquel que queira presentarse de momento non ten que facer nada, debe agardar a que se publiquen as convocatorias por provincia (Non hai data prevista)


Publicáronse as Bases Xerais da Convocatoria con data do 30 de decembro de 2015.

Están publicadas na px. web de Correos: www.correos.com e na px. web de información 060: www.administracion.gob.es

Admisión de Solicitudes e Prazo de Presentación
o   Determinarase nas vindeiras convocatorias provinciais.
o   As Solicitudes faranse a través da px web de Correos: www.correos.com
o   Haberá que abonar 10 € como dereito de participación.
o   Logo de publicarse a relación de admitidos e excluídos haberá 7 días para recorrer. 
Sistema de Selección
o   Os méritos valoraranse a data do 31 de decembro de 2015.
o   Hai que superar as probas para poder sumar os méritos.
o   Haberá uns listados de aprobados por posto e provincia de maior a menor puntuación. No caso de empate terá preferencia:
§  1. Os puntos por cursos
§  2. A puntuación da proba
§  3. A puntuación por antigüidade en postos da provincia
§  4. A puntuación por antigüidade xeral
o   Superado o recoñecemento médico adxudicarán os postos previa petición dos ofertados por orde de puntuación.
o   Se non se acepta o contrato ou non se incorpora ó posto decae do proceso e máis das bolsas no caso de estar inscrito nelas.
o   Unha vez asignado contrato indefinido quedará fora das bolsas e se esta traballando como contratado rematara esa relación.
o   Deberán superar o período de proba.
 Calendario
o   Logo de que na px web de Correos se publique o listado de solicitantes admitidos o órgano de selección ditará o calendario do proceso, data e lugares das probas.
Proceso de selección
o   Fase de proba cun máximo de 30 puntos.
o   Fase de méritos cun máximo de 19 puntos.
o   Para postos de reparto 1, os méritos poderán chegar a 21 puntos.
Proba
o   90 % de materias de correos
§  Tema 1 Linea Basica
§  Tema 2 Linea Urxente
§  Tema 3 Paquetería
§  Tema 4 Linea Económica
§  Tema 5 Servicios Financieiros
§  Tema 6 Servicios de Telecomunicacións
§  Tema 7 Admisión
§  Tema 8 Entrega
§  Tema 9 Clasificación
§  Tema 10 A Calidade en Correos
§  Tema 11 Outros produtos e servizos.
§  Tema 12 Ferramentas ofimáticas corporativas  (IRIS,SGIE,PDA)
§  Tema 13 Aspectos básicos en Correos en materia de Seguridade na información (LOPD) Prevención de blanqueo de capitais, Prevención de riscos laborais, Igualdade e Relacións Laborais.
o   10% de psicotécnicos
o   Tipo test de 90 minutos onde non restan os fallos.
o   Para superalo hai que conseguir mínimo 15 puntos e como máximo 30.
Méritos
o   Por cada mes de antigüidade en Correos nos últimos 7 anos 0,04 puntos cun máximo de 2,88 puntos.
o   Por cada mes de contrato na provincia solicitada 0,095 puntos cun máximo de 7,12 puntos.
o   Para postos de moto por ter carné A.A.1 (moto) 2 puntos. Por carné  B (coche) 1 punto. Non son acumulables, como máximo 2 puntos.
o   Por titulo de Formacion Profesional Grado Medio  “Administracion e Xestión” “Comercial e Marketing” e “Informatica e Comunicacions” 1 punto.
Formación (Cursos)
o   Curso Productos 1 punto
o   Curso Atencion Cliente reparto 0,25 puntos
o   Curso Atención Cliente oficinas 0,25 puntos
o   Curso Acollida e Procesos de Traballo 6,5 puntos.

 Agardamos a ver que nos venden nas convocatorias provinciais para Galiza

Para calquera información ou consulta ponte en contacto coa xente da CIG

28 de dec. de 2015

CIGcorreos: Novidades MUFACE 2016

Axudas Socio-Sanitarias para o ano 2016.

Concerto de Asistencia Sanitaria para os anos 2016-2017.

Entidades Médicas e Cambio das Mesmas. 

Cadros Médicos por Entidade e Provincia






ü Axudas Socio-Sanitarias para o ano 2016:
§  Convocadas por Resolución do 30 de Novembro de 2015 e publicadas no BOE do 5 de decembro de 2015.
§  As solicitudes destas axudas irán dirixidas ó Servizo Provincial de Muface e o prazo vai dende o día 01/01/2016 ó 31/12/2016.
§  Convocáronse as seguintes modalidades de axudas:
Ø  Para facilitar a autonomía persoal
·         Axudas para tratamentos terapéuticos e programas para manter e potenciar a capacidade residual.
·         Axudas para eliminar barreiras arquitectónicas.
·         Axudas para mercar ou utilizar medios técnicos.
Ø  Para os gastos derivados de procesos psiquiátricos crónicos.
Ø  Para tratamentos e terapias de persoas drogodependentes.
Ø  Para gastos orixinados por estancias temporais
·         En residencias asistidas.
·         En centros de dia e noite.
Ø  Para gastos de alimentación de enfermos celíacos
Ø  Para gastos de enfermos oncolóxicos en próteses capilares ou sosténs postmastectomía.
Ø  Para prórrogas dalgunhas axudas concedidas no ano 2015.

ü Concerto de asistencia sanitaria para os anos 2016 e 2017
§  Convocado por Resolución do 16 de Decembro de 2015 e publicado no BOE do 19 de Decembro de 2015.
§  As entidades médicas que participan neste Concerto son: ASISA, DKV, SEGURCAIXA ADESLAS e IGUALATORIO MEDICO.
§  O cambio de Entidade ou para pasar para o INSS poderá facerse durante o mes de Xaneiro de 2016.

ü Cadros Médicos por Entidades e Provincias:
§  Os cadros de todas as Entidades e por provincias están publicados na páxina web de MUFACE (www.muface.es)


Para ampliar calquera destas informacións ou para outras consultas relacionadas con MUFACE, ollade a paxina web antes mencionada que sempre está actualizada. (www.muface.es)






23 de dec. de 2015

A Xunta Electoral pide explicacións a Correos ante o posible extravío de votos por correo procedentes do extranxeiro e acumulanse decenas de paquetes á interperie en Barajas


A Xunta Electoral pediu explicacións a Correos diante a denuncia de que pode haber correspondencia electoral (votos por correo procedentes do extranxeiro) extraviada no CTI (Centro de Tratamento Internacional) de Barajas. Segundo os traballadores  este grave problema débese á mala xestión e a incapacidade dos responsables de Correos no aeroporto.

Por outra banda decenas de paquetes acumúlanse desde o mes de novembro nos patios de Correos en Barajas, segundo se denunciou. O Centro de Tratamento Internacional (CTI) viuse desbordado polo aumento do número de paquetes, procedentes principalmente de China, a diminución do persoal e a falta de espazo fan que sexa inasumible o traballo.

Notas na prensa: El Mundo    


14 de dec. de 2015

CIGcorreos: Novo proceso dos partes de baixa do PERSOAL LABORAL


En vigor dende o  DÍA 1 DE DECEMBRO DE 2015



Baixas Persoal LABORAL

Coa entrada en vigor da Orde ESS/1187/2015 de 15 de xuño, que desenrola o Real Decreto 625/214 de 18 de xullo, cambia moito a tramitación das baixas .


Tempo ou duración da baixa
Os médicos marcarán unha duración estimada da baixa. Establécense  catro tipos de baixa:
  • 1.       Moi curta: De menos de cinco días
  • 2.       Curta: De cinco a trinta días naturais
  • 3.       Media: De trinta e un a sesenta e un días
  • 4.       Longa: De máis de sesenta e un días.

Partes de Baixa
  • Para baixas moi curtas: O médico poderá facer o parte de baixa e alta ó mesmo tempo.
  • Para as baixas Curtas e Medias: O parte de baixa deberá indicar a data da seguinte revisión, en principio para estas baixas será de sete días.
  • Para as baixas Longas:  O período de revisión non será antes dos catorce días.

Para ollar o BOE coa publicación destas novidades e cos novos modelos de parte de baixa PREME




11 de dec. de 2015

Xuntanzas Madrid: Mesa Consolidación de Emprego e Mesa Sectorial


MESA CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO (9 decembro):

A pesares que  Correos informou na Mesa que xa tiña a autorización formal de Facenda para proceder ao proceso de Consolidación de emprego, o único certo e que aínda non hai nada en claro, continúan con borradores emprazándose para o vindeiro 15 de decembro e outra xuntanza para antes de rematar o ano, xustamente despois das eleccións xerais, entón preguntámonos que garantías reais hai que o novo goberno respecte o acordado??? 

Novidades que constan neste novo borrador:.

- Desenvolveranse medidas de emprego que contribuían á integración de persoas con discapacidade.

- Nos supostos de avaliación negativa e a non superación do período de proba, os candidatos non poderán solicitar o posto que desempeñaban no momento da sanción.

- Correos publicará unha lista de admitidos/excluídos e dará un prazo de 7 días naturais para emendar erros.

-Os datos facilitados nas solicitudes formarán parte do ficheiro de selección de RRHH.

-A convocatoria publicarase tamén na web de información 060 www.administracion.gob .es 

-A valoración de méritos efectuarase á data da publicación das bases.

-Os méritos por antigüidade serían dos últimos 5 años.

-O exame sería presencial.

MESA SECTORIAL – PERSOAL FUNCIONARIO (10 de decembro):

Tras tres anos sen convocarse a Mesa Sectorial, grazas aos sindicatos asinantes do Acordo Xeral (CCOO, CSIF, UGT e S.L.) e a Correos, acostumados a asinar Convenios e trasladalos directamente ao Acordo Xeral sen ter en conta a regulación especifica do persoal funcionario, agora veñen a vendernos coma un logro a concesión dos días do EBEP, días que por certo o resto de funcionarios da Administración Xeral do Estado xa o están desfrutando dende fai dous meses  que se aprobou esta medida. Na Mesa Sectorial Correos comunicouse o seguinte:

*                    Días adicionais segundo antigüidade do EBEP (canosos): Os días adicionais correspondentes ao ano 2015 poderanse desfrutar entre o 31 de xaneiro 2015 e o 31 de maio de 2016.

*                    Promoción Interna: Correos informa que aínda esta pendente da autorización por parte do organismo dependente do Goberno.


25 Prazas de acceso para o Grupo A1

25 Prazas de acceso para o Grupo A2

300 prazas para o Grupo C1

25 prazas para o Grupo C2

10 de dec. de 2015

CIGcorreos: Demanda mais contratos e reparto extraordinario para o sábado día 12 de decembro.

Diante da situación das carterías abarrotadas e das colas nas oficinas e logo da falta de resposta por parte de Correos para darlle saída á situación.




O feito de coincidir ás eleccións xerais e máis a campaña de nadal fan que o volume de obxectos a repartir se multiplique nestas datas e faise necesario que dende Correos tomen as medidas oportunas para que non se produzan acumulacións nin atrasos nas entregas e que nas oficinas non se formen colas agardando a ser atendidos polo persoal.



Dende a CIGcorreos entendemos que a única medida válida para contrarrestar esta acumulacion de carga de traballo e de usuarios nas oficinas pasa por contratar o persoal necesario para normalizar a situación e ademáis na circunstancia actual precisase dun reparto extraordinario para este sábado día 12 de decembro para poder poñer ó día as carterías e que non perigue o reparto do voto por correo nin da propaganda electoral.


Olla na prensa esta noticia: La Voz de Galicia Avantar




9 de dec. de 2015

Recargos todos os días, Contratacion baixo mínimos e o diñeiro tirado en probar Drons.

O "Dron", outro novo invento de Correos para despilfarrar o diñeiro de todos




Se un dron non pode voar en condicións adversas mínimas de vento, de auga, de granizo, de neve, de néboa... e se cando as condicións son boas xa pode ir o carteiro, para que queremos o dron?
Se empezaran preguntándolle o carteiro él mesmo lle lo diría,  "cando se dan as condicións adversas o dron non poderá voar"

Xa non vamos a entrar en facer as valoracións que serían necesarias para ver como tería que ser o procedemento das entregas. Ó mellor habería que formar con cursiños e instruir ós usuarios do servizo para que sepan como "descargar" os paquetes, como "cargalos" ou onde teñen que asinar.

Se o dron non nos vai ser util en situacións de condicións adversas e de circunstancias especiais, ainda que Correos pretenda poñerse neses casos a repartir artigos de primeira necesidade como menciñas ou similares, cuestión que dubidamos, non os vai a poder levar por este medio.

Que se deixen de noticias con tanto"bombo e platillo" e que manden a prensa outro tipo de novidades mais sensatas, achegadas ó día a día, e que sirvan para mellorar a calidade do servicio e as condicións laborais dos empregados, sen ir mais lonxe que invirtan ese diñeiro e outro derrochado da mesma maneira en facer as contratacións necesarias para prestar o servicio coa calidade que se merece a xente e coa dignidade que se merece o persoal da empresa.



Notas na Prensa: AQUI 1, AQUI 2, AQUI 3, AQUI 4, AQUI 5, AQUI 6, AQUI 7, AQUI 8, AQUI 9, AQUI 10, ...