27 de nov. de 2015

campaña Nadal 2015

Produtividade e remuneración para a campaña de Nadal 2015

Percibirase unha gratificación de 95,08 € polo conxunto da campaña de Nadal.

Os requisitos para poder cobrar esta gratificación son:

*   Permanecer vinculado e en activo en correos de forma ininterrompida dende o 1 ao 31 de decembro.
*    Ser persoal funcionario, laboral fixo (incluídos fixos descontinuos e fixos a tempo parcial) e persoal eventual,
*   Excluíndose os contratos por circunstancias da produción realizados para atender a propia campaña.
*   Traballar nunha das seguintes áreas: repartición ordinaria, repartición urxente, clasificación de cartería, apartados, ruteros, persoal operativo dos centros e unidades de tratamento (admisión masiva, clasificación automática, manual, produtos rexistrados e carga e descarga), sala de aparatos, rurais A, condutores interzonais e intercentros, cambio de Madrid e Barcelona, persoal operativo das oficinas postais os xefes das unidades afectadas. Os rurais B e empregados/ás con xornadas a tempo parcial en proporción á súa xornada.

Penalizacións:

Por inasistencia descontarase da gratificación, o primeiro día 12,02 €, o segundo e o terceiro 18,03 €. con máis de tres días pérdese o dereito á percepción económica.

Exceptúanse da penalización:

*   Os accidentes de traballo en novembro ou decembro, nacemento, acollemento e adopción dun fillo, falecemento ou enfermidade grave dun familiar ata segundo grao.
*   Dous días de permiso a elixir un entre os días 1 e 13 e outro día a elixir  entre os días restantes do mes de decembro.

Medidas organizativas:

*   Poderanse organizar e efectuar reparticións puntuais.
*   En admisión masiva, carga e descarga, salas de dirección e centros de tratamento poderase autorizar a realización de horas adicionais.

Días 24 e 31: módulo de 79,48 € por traballador/día. deberán prestar servizo:

O persoal mínimo imprescindible tanto en admisión e oficinas coma en tratamento e distribución.
Só abrirán as oficinas de centros comerciais, e, onde non haxa centros comerciais, poderá abrir unha da capital de provincia, en quenda de mañá e horario de sábado.

Días 25 de decembro e 1 de xaneiro:
Non traballará ninguén. o persoal dos centros de tratamento, que por quenda, traballe a noite do 25 ao 26 de decembro e do 1 ao 2 de xaneiro percibirá as horas adicionais de festivo.


Pagamento da campaña: correos comprométense a axilizar os trámites para que o seu pagamento se faga efectivo a finais de xaneiro.


Eleccións Xerais 2015

­ CAMPAÑA ELECTORAL:
Þ      Comprende dende os días 4 ó 18 de decembro de 2015, ambos incluídos.
­ RETRIBUCIÓNS:
0,062138 €                  Þ      Envíos con dirección e Tarxetas do I.N.E.
         0,025585 €         Þ      Envíos sen dirección
Percibirase sempre que se garantan a distribución da totalidade dos restantes envíos non electorais.

­ Gratificación polo proceso Electoral:Persoal USES. Loxística e Internacional

Compensación: 114,90 €  por toda a "Campaña"  e cobrarao o persoal que en exclusiva este afectado polo proceso electoral nas Unidades de Distribución Urxente, Centros de Tratamento e Unidade Internacional será aquel que realice tarefas de carga e descarga, admisión masiva, control e rexistro de certificados (UPR), Reparto Urxente, Rutas, Siatas, e alcances e responsables indispensables das Unidades afectadas que por traballar correspondencia electoral, sempre que se supere o porcentaxe de máis do 15% de aumento do traballo nas USES.
Dirección de Oficinas:
Þ      A asignación será por oficina, percibindo todos os traballadores dependentes de cada oficina a mesma cantidade. A distribución realizarase con arranxo seguintes categorías de oficinas e cantidades:

Oficinas

Contía

Grupo A
114,90 €
Grupo B
86,17 €
Grupo C
57,46 €
Grupo D
0 €
Sistema de descontos: (Entre os días 04/12 e 18/12).
Þ      Por día que se falte 12,02 € menos, por faltar 4 ou máis pérdese todo.

­ VOTO POR CORREO E RECOLLIDA DO TERCEIRO SOBRE (20 de Decembro)
Þ      Preferentemente fará este servizo o persoal afectado pola "Campaña"
Þ      Organizarán os servizos para que haxa cometidos de 3 horas como mínimo.
Þ      Compensación:   17,9748 € por Hora
Þ      O quilometraxe ós Rurais abonaráselles segundo a normativa vixente
Ø PROCURARAN PAGAR A CAMPAÑA COA NÓMINA DE XANEIRO.

SEGUE A CONXELACION NAS REMUNERACIÓNS ISTO E O QUE NEGOCIAN OS ASINANTES (CCOO,UGT, S.L e CSIF)

24 de nov. de 2015

Concurso de traslados 2015

Despois de dous anos co Concurso de Traslados secuestrado agora convocase nun só día en vésperas das eleccións.

Hoxe 24 de novembro celebrouse a xuntanza da Mesa do Concurso Permanente de Traslados, nela facilitáronse as bases da convocatoria, que serán exactamente as mesmas que a do anterior Concurso de Traslados.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS:

DENDE O 25 DE NOVEMBRO ATA O 6 DE DECEMBRO DE 2015 AMBOS INCLUSIVE.

AMBITO DE PARTICIPACIÓN:

Todos os empregados que se atopen desempeñando postos dos grupos profesionais de operativos e de servizos xerais: persoal funcionario, persoal laboral fixo e fixo descontinuo e a tempo parcial. Poderán participar tamén o persoal laboral dos grupos II e III, de forma análoga ao persoal funcionario.

MERITOS VALORABLES:

Establécense  os mesmos baremos que na anterior convocatoria. Os cursos de formación que puntúan serán os realizados dende o 1 de xaneiro de 2005. Tamén haberá puntuación adicional por adaptación funcional (2 puntos), por traslados forzosos como consecuencia de automatización e por conciliación. Os méritos valoraranse con referencia ao 31 de decembro de 2015.
Cursos puntuables:

  • Reparto/Axente Clasificación:0,50 puntos pola superación de cada un dos seguintes cursos (máximo1,50 puntos).

Reparto
Axente/Clasificación
Produtos
Produtos
Atención ao cliente Reparto
SGIE tratamento
SGIE Distribución

 
  • Atención ao Cliente: 0,50 puntos pola superación de cada un dos seguintes cursos (máximo1,50 puntos).Máximo 2 puntos.
Iris V6 Atención ao Cliente, Produtos, Atención ao Cliente Oficinas e Outras aplicacións Oficinas.
6 puntos pola superación do Curso de Acreditación de Atención ao cliente.


PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Unicamente se poderá presentar en soporte informático mediante FORMULARIO  ao que se accederá a través da INTRANET de Correos ou da páxina web de Correos:

·         Intranet htpps://conecta.correos.es   entrando en Concurso de Traslados
·         Web www.correos.es  entrando en información corporativa/recursos humanos/Concurso de Traslados.


Poderase solicitar calquera dos postos de traballo para os que se cumpran os requisitos cun límite de 75 peticións distintas (localidade e posto) e no orde de prelación que determine cada candidato, debe terse en conta que cada enlace rural ou oficina auxiliar se considerará unha localidade. Na adxudicación de postos se respectará o orde de prelación conforme ao marcado por cada empregado.  


12 de nov. de 2015

Pago Axudas Acción Social 2015

Coa vindeira nómina do mes de novembro de 2015 ingresarán a contía correspondente ás seguintes axudas de Acción Social:

·       PRESTAMOS SEN XURO:

Abonaranse todas aquelas solicitudes que se axustaban ás bases da convocatoria

Atendéronse 1.607 solicitudes por un importe total de 6.377.300  €

           
·       AXUDAS PARA FILLOS CON DISCAPACIDADE:

631 Axudas, de entre 300 e 500 euros que suman un importe de 231.700 €
              
                              
·       AXUDAS PARA EDUCACIÓN INFANTIL:

848 axudas de ata 250 € en función do gasto acreditado que suman un importe de 189.070 €

PARA MÁIS INFORMACIÓN POÑÉDEVOS EN CONTACTO COA C.I.G

11 de nov. de 2015

Contratación Fraudulenta

Prazas Outros Ministerios (Prazas Ministerio de Fomento e do Interior)


MINISTERIO DE FOMENTO.

*        Publicadas prazas nº BOE 268 do 9 de novembro 2015.

*        Orde FOM/2367/2015 do 26 de outubro.

*        O prazo de presentación de instancias é de 15 días a partir do seguinte á publicación no BOE.

*        O persoal de correos podemos optar a todos os postos sempre e cando reunamos os requisitos de participación e ocupación esixidos na convocatoria.

Postos ofertados en Galiza para os subgrupos  C1 e C2:
A Coruña, Lugo e Pontevedra.

Enlace  convocatoria   Orde FOM/2367/2015

MINISTERIO DE FOMENTO.

*        Publicadas prazas nº BOE 266 do 6 de novembro 2015.

*        Orde FOM/2338/2015 do 21 de outubro.

*        O prazo de presentación de instancias é de 15 días a partir do seguinte á publicación no BOE.

*        O persoal de correos podemos optar a todos os postos sempre e cando reunamos os requisitos de participación e ocupación esixidos na convocatoria.

Postos ofertados en Galiza para os subgrupos  C1 e C2:
A Coruña.

Enlace convocatoria  Orde FOM/2338/2015


MINISTERIO DO INTERIOR.

*        Publicadas prazas nº BOE 270 do 11 de novembro 2015.

*        Resolución do 29 de outubro de 2015.

*        O prazo de presentación de instancias é de 15 días a partir do seguinte á publicación no BOE.

*        O persoal de correos podemos optar a todos os postos sempre e cando reunamos os requisitos de participación e ocupación esixidos na convocatoria.

Postos ofertados en Galiza para os subgrupos A2, C1 e C2:
A Coruña, Lugo, Pontevedra.



No noso Blog atoparas as convocatorias cos enlaces ao BOE

10 de nov. de 2015

CIGcorreos: A prensa segue cargando contra Correos

Verdades a medias tintas, que non deixan de ser mentiras a medias, para concenciar ós cidadans da necesidade de privatizar, imitando ós Correos Europeos.

Por que non se preocupan de esixirlle o Goberno que vele pola prestación dun servizo de calidade, prestado en condicións de traballo dignas??

(Pero que cousas se nos ocorren, eso non interesa, quen sacaria beneficio dese sistema)

 

 

 

A falta de transparencia de Correos na xestión dos fondos recibidos pola prestación do servizo postal universal e a ignorancia dos informadores da pe a que este tipo de prensa e analistas non citados que defenden intereses moi distintos dos da xestión dun servizo publico por parte do estado, salten a palestra con titulares tan alarmantes coma este da nota que podedes ollar no enlace, tratando do influenciar na cidadanía trasladándolle ese principio de que o público da perda, si, pero eu voume pelear por xestionalo con todo o mundo.

Os tempos non son bos, pero os boitres seguen á espera escondidos tras as caras de politicos e xestores, agardando pola oportunidade para lanzar o picotazo a este "pastel", daquela temos que pensar que a cousa tampouco funciona tan mal e no peor dos casos, se mellora nas súas mans, mais facilmente poderá mellorar nas nosas, nas de todos, sen perder a cualidade de servizo publico, nin a calidade na prestación do servizo, nin dereitos os traballadores e traballadoras.

Non deixes que os encantadores de serpes te volvan a enganar vendéndoche miragres e logo deixandote nas mans do capital, de don poderoso diñeiro, que se encargará de sacarche ata a última gota de vida sen remordemento algún.  

Garda a túa forza para o día 20 de decembro, para defenderte a ti, para defender ós teus, para defender o de todos nos. Elixe ben, olla quen defende o PUBLICO, quen defende a CORREOS como servizo público xestionado polo Estado.

Para ver a noticia na prensa preme AQUI 

 

 

3 de nov. de 2015

9 Verdades coma puños e un par de preguntas

PRIMEIRA.- Os sindicatos estatais convocaron concentracións, paros e mesmo folga para a defensa do convenio colectivo, pero non escribiron nin unha soa carta para a defensa dos dereitos dos funcionarios.

SEGUNDA.- Os convenios colectivos non son de aplicación, nin en Correos nin en ningunha outra administración ós funcionarios.

TERCEIRA.- Os laborais seguen a estar en inferioridade de condicións cos funcionarios, sen que isto se corrixa nos convenios colectivos nin haxa intención de facelo. Non teñen días de antigüidade por trienios, non poden coller vacacións por días hábiles e xubílanse 5 anos máis tarde como mínimo.

CUARTA.- A pesares de que os sindicatos estatais o prometeron na firma do anterior convenio, o persoal de ventanilla, Urxentes, Cta´s  segue sen librar os sábados, o peor é que tampouco entra dentro das reivindicacións para os novos acordos.

QUINTA.- A mesa de carburantes, para a actualización dos suplidos por aportación de vehículos que figuraba no Acordo Xeral, non se reuniu nin unha soa vez, resultado non se subiu nin un céntimo o combustible dos rurais.

SEXTA.- A tan ansiada consolidación será precaria, coa maioría das prazas a tempo parcial, e moitas menos das 6.000 anunciadas por algún sindicato.

SEPTIMA.- Continúan en aumento os recargos sen que pareza que teñan fin.

OITABA.-Seguen a tratar coma defraudadores ao persoal de baixa, sen que pareza preocuparlle a ninguén.

NOVENA.- Despois dun ano de negociacións, nada se conseguiu para o persoal fixo.


E contra todo isto  que fan os sindicatos asinantes? ofrécennos a falsa consolidación e xa todos temos que quedar contentos? Que lle espera ao persoal fixo, tanto funcionarios coma laborais?