29/10/2015

CIGcorreos: Seis millóns de € en I+D+i para esto...

A través da web "Alimentos Auténticos" Correos ofértalles ós consumidores a posibilidade de encargar productos do campo e recibilos nunhas horas?




Pretenden  que o consumidor faga o pedido do que quere e que Correos recolla o producto do agricultor e o faga chegar ó consumidor. ¿¿¿¿¿ ????

Paráronse a pensar o que significa eso? Dende logo que non: 
Quen se supón que vai facer ese traballo? O carteiro rural? E mentres tanto quen reparte o correo? Quen poñería as furgonetas-camións e pagaría o seu consumo adicional? Canto terían que cobrar polo servizo para que este fose rentable? Que familia estaría disposta a pagar ese sobrecusto? Garantía de frescura...Jeje, igual que a da calidade da prestación do servizo postal universal?

Teñen que xustificar que están cobrando e sacan tonterías que só uns aloucados como os responsables de Correos son capaces de divulgar e intentar de poñer en práctica porque sería tan ridículo como levar "a compra á casa", outra das brilantes ideas supoñemos deste equipo de I+D+i que aínda esta agardando polo primeiro usuario. 

Pero, por qué non consultan todas estas propostas antes de deseñalas e poñelas en práctica, tan dificil resulta? Ó primeiro carteiro que lle preguntasen tería moi claro que toda esta proba sería un derroche de diñeiro porque na práctica sería totalmente inviable.  A non ser que pretendan que nos convirtamos nunha empresa de transporte de productos do campo.

Se ese diñeiro, máis outro que se derrocha neste Correos, se empregara en millorar a calidade na prestación dos servizos, sobre todo non facendo desaparecer postos de traballo, contratando ó persoal necesario e mantendo a ilusión do persoal fixo, tal vez hoxe non estaríamos a falar da situación de Correos como caótica e dun futuro moi incerto.


Olla a paxina web de Alimentos Autenticos, pincha AQUI

Para ver a nova na prensa, preme AQUI




CIGcorreos: A crúa realidade de Correos.


Neste artigo de prensa recóllese a crúa realidade á que nos abocaron e na que nos seguen metendo os gobernos pasados e actual por interese meramente mercantilista.

Para ollar esta nova preme AQUI



Correos onte.

Dentro dun Servicio Público, persoal  con salario digno en constante crecemento dacordo coa subida do custo da vida e cunhas condicións de traballo e dereitos en continua melloría, cunhas cargas de traballo axeitadas que permitían a prestación dun servizo público de calidade valorado positivamente polos usuarios/as.




Correos hoxe. 

¿Que gañamos? Unha S.A. con menos salario, menos dereitos, peores condicións laborais, persecución e penalización da enfermidade, pagar o combustible do noso peto, reduccións de persoal e falta de contratación...Si, temos máis carga de traballo por traballador/a, un futuro incerto e unha carga de estres insoportable para o corpo. Todo elo encamiñado a mellorar resultados cara á galería, que non se reflicten en melloras para o persoal nin tampouco na calidade do servizo.


Non deixemos que esta situación se volva irreversible cuns gobernos que favorezan o continuo desmantelamento e a privatización de Correos.


Nas vindeiras eleccións xerais escolle aqueles partidos que defendan o sector público, que defendan a Correos como servicio público, iranos mellor como cidadans e sobre todo iranos mellor como traballadores/as de Correos.


Temos que mirar por defender o noso pan e o das nosas familias, ninguén o vai a facer por nós. Sé consciente do que somos e onde estamos antes de emitir o teu voto.














15/10/2015

CIGcorreos: Rodeados de Correos privatizados ¿Que nos espera?

En Italia comenza o proceso de privatización da "Poste Italiane" seguindo os recentes exemplos da "Royal Mail" Inglesa e da "CTT" Correos de Portugal.

¿É a privatización a única alternativa para desempeñar con calidade a prestación deste servizo público?

- Servicios de baixa calidade prestados por traballadores/as en precario.
- Servicios cun coste moito mais alto para os usuarios.
- Servicios que se fan desaparecer para reducir costes .

¿Terá algo que ver neste desmedido interese por privatizar o feito de que estes servizos irán a parar a mans privadas achegadas ó poder?

Non hai nin houbo ningún interese por parte dos gobernos que tivemos en defender a Correos como servizo público.


Para aqueles que pensan que o público non da beneficio, que lles pregunten as empresas privadas que se "matan" por facer as funcions e traballos encomendados ás públicas.



Entre todos temos que provocar un cambio de goberno; buscar un novo goberno que recolla dentro do seu programa a defensa incondicional de Correos como prestador dun servicio público irrenunciabel



Olla na prensa: Reino Unido Italia 1 Italia 2 Italia 3




Curso Online: "Acollida e Procesos de Traballo"


Correos atende parcialmente as reclamacións da CIG e os Cursos que puntuarán como méritos para unha futurible consolidación de emprego en Correos,  non soamente serán impartidos polos sindicatos se non que ademais impartiraos a empresa.  A CIG demanda que o Curso sexa impartido para todo o persoal das Bolsas independentemente que teña contrato en vigor ou non.

Este Curso esta dirixido só ao persoal eventual de Correos, que cumpran os seguintes requisitos:

*                 Figurar inscrito/a  e en activo nas vixentes Bolsas de Emprego destinadas á cobertura temporal de postos operativos (Convocatoria 22 de xullo de 2011).

*                 Manter unha relación laboral temporal en activo con Correos, na data de inicio da formación e durante a súa impartición.

Prazo de inscrición do 15 de outubro ao 21 de outubro

Inscrición: conforme ao horario peninsular, levarase a cabo a través do Campus Colearning   http://personas.colearning.es/

O persoal que se inscriba neste curso deberán encher un formulario de identificación persoal e de requirimentos pedagóxicos de carácter obrigatorio para a realización e superación do Curso. O incumprimento ou falsidade en calquera dos requisitos mencionados, supoñerá, en calquera circunstancia, a imposibilidade de superar o curso, independentemente da fase do seu desenvolvemento.
Tras o proceso de inscrición, comunicarase por  e-mail  e SMS  o comezo da formación. A dirección de email persoal e o número de teléfono móbil son necesarios para facer a inscrición
        
O curso terá unha duración de 40 horas, realizarase  on-line  dende un ordenador alleo a Correos e fóra da xornada laboral.

No caso de que xurda algunha incidencia técnica durante a inscrición e/ou durante a realización do curso, os alumnos deberán dirixirse ao centro de atención ao estudante centro.atencionestudiante@telefonica.es

09/10/2015

¿Que somos? Do "CARTEIRO" so queda o nome.


Agora imos xogar ós médicos e asistentes sociais




Vade practicando cos avós






Buscan un "Supercarteiro" para todo, sen preocuparse de que para facer ben o traballo e manter a calidade do servicio o fundamental e ter o persoal necesario e cubrir todas as prazas diariamente. 


Imos ver as últimas propostas das cabezas pensantes, que se puxeron en práctica ou que pretenden poñer para o persoal de reparto:

    1. Levar a compra á casa. Despois dun periodo de proba, aínda están agardando polo primeiro encargo. (Pretendían que o usuario sobre todo do rural cando fora  facer a compra que a deixara para que lla levara o carteiro. Non se pararon a pensar que pasaría se eso funcionara , xa nos viamos cargando un tractor de carros de compra no super e deixando o correo sen repartir)
    2. Transporte de mochilas no Camiño. Se quitamos as conduccións especificas, o resto dos traslados tenos que facer o persoal do reparto das carterías por onde pasa o Camiño, tendo que deixar de facer o seu reparto de correspondencia para levar 1 mochila por 4€. Quixeramos saber o gasto que lle supón esto a Correos, ademais da deixadez para o reparto do correo, ten que pagar os quilómetros ós repartidores e logo estan os do fin de semana, ós que lles teñen que pagar as horas os quilometros e compensarlles o tempo outro día. ¿Onde está a rendabilidade?
    3. Reparto de publicidade comercial. Camuflado baixo o concepto de impresos sen dirección todos os días os repartidores teñen que esconderse dos veciños mentras embuzonan esta correspondencia porque senón vótanlles a bronca por votar correo comercial nos buzóns cando teñen un buzón especifico para elo na entrada dos portais.
    4. Buscapersoas para entrega de paquetes. Agora coas PDAs imos ter que contactar cos mobiles dos usuarios para concertar un lugar de entrega cando non os atopemos no domicilio. Xa nos vemos chateando co usuario para logo cruzar a cidade para facer a entrega ir para adiante e para atras e os rurais facendo quilometros e quilometros e logo coma sempre quererán que saquemos todo o correo. 
    5. Asistentes Sociais de persoas maiores. Queren que controlemos á xente maior, so haberá que rellenar un formulario por persoa (¿¿so??). Eso si, van a darnos uns cursos ¿de que? ¿e se non os superas quedas sen traballo? En principio será un servicio gratuito.Queren copiar dun servicio xapones semellante que ademais reparte alimentos e fai operacións bancarias.

¡¡ Non sabemos quen lles meteo na cabeza que ós carteiros/as lles sobra tempo, que non teñen que facer, cando resulta imposible levar o reparto ó día !!


Bastaría con que pasaran un día polas carterías para que se deran conta que non se da feito o traballo, que á amortización de postos, á reducción imparable de persoal, ós redimensionamentos á baixa, todos os días hai que sumarlle os recargos das zonas que non se cubren con contratación por ausencias de todo tipo dos titulares. 


Para ver na prensa preme AQUI


06/10/2015

9ª Xuntanza da Comisión Negociadora de IV Convenio (Consolidación de Emprego)

O pasado día 29 de setembro tivo lugar a 9ª xuntanza da Comisión negociadora do IV convenio Colectivo de Correos. Nesta reunión  Correos fixo entrega dunhas Bases para a Consolidación de Emprego na que eliminaba os seguintes puntos dos anteriores borradores entregados.
Elimínanse:
As probas físicas. 
A entrevista persoal
A penalización das respostas erróneas

Eliminan a cota para discapacitados.
 
Correos tamén informou que as taxas de exame serán de 10 €, que se amplía a duración do exame de 60 a 90 minutos e que o mesmo terá os seguintes porcentaxes de contidos: 70% temas de Correos, un 20% de probas psicotécnicas e un 10% de cultura xeral, puntuará a permanencia nas bolsas de emprego provincial e que o porcentaxe da puntuación dos  méritos amplíase do 25% ao 40%. Os cursos que puntuarán para os méritos son os seguintes: Atención ao Cliente Reparto e Atención ao Cliente  Oficinas, Produtos e Acollida e Procesos de Traballo.
Tal e como viñeramos dicindo dende a CIG xa empezou a feira das bases para a Consolidación de emprego, sen embargo non queren tocar temas tan importantes como:  
-          Que o exame sexa a nivel estatal para que non se discrimine a ninguén por razón do lugar onde estea anotado nas bolsas de emprego.
-          Que se Convoque o Concurso Permanente de Traslados para poder cuantificar as necesidades reais da empresa.

-          Buscar unha solución para todos os compañeiros fixos descontinuos e a tempo parcial.   
Dende a CIG non nos esquecemos que no ano 2011 xustamente antes das eleccións sindicais tamén estes sindicatos viñeron vendendo unha Consolidación de emprego de 4500 postos e sen embargo non houbo ningunha.
Por iso dende a CIG tomámonos esta suposta convocatoria con moitas reservas sobre todo cando andan a dicir que os prazos de convocatoria de exame e celebración das probas as deixan para mais adiante…….para cando???  Cando haxa un novo goberno e diga que non ai cartos???
Dende a CIG manterémosvos puntualmente informados sen enganos nin mentiras.