25 de set. de 2015

8ª Xuntanza do Convenio (Consolidación de emprego)



INFORMAO pasado 23 de setembro celebrouse a 8ª xuntanza “oficial”            empresa – sindicatos para negociar as bases dunha posible consolidación de emprego que terá que ser aprobada pola SEPI e o Ministerio de Facenda.

Proposta de Correos para as bases da Consolidación de emprego en Correos:

Ø    Convocatorias provinciais segundo as necesidades existentes.
Ø    Titulo da ESO , graduado escolar ou coñecemento, experiencia e aptitudes equivalentes.
Ø    Non manter na actualidade unha relación laboral fixa en Correos.
Ø    Non padecer enfermidades ou limitacións físicas ou psíquicas para o desempeño das tarefas.
Ø    Non ter rescindido ningún contrato por non superación do período de proba e non ter avaliacións negativas polo desempeño do posto.
Ø    Cota de discapacitados cun grado do 33% (nº de prazas sen determinar).
Ø    O proceso terá unha Fase de proba que é imprescindible superar para que sumen a puntuacións da fase de méritos.
Ø    Proba tipo test consistirá nun exame de modalidade presencial/on line, cun 50% de materia de Correos, un 40% de psicotécnicos e un 10% de cultura xeral , cun tempo de 60 minutos, puntuando negativamente os erros.  Esta proba será o 75% da puntuación total.
Ø    Se aprobas o exame terás que superar unha *Entrevista persoal.
Ø    Aos probados sumaránselles os puntos dos méritos
Ø    Méritos a valorar: (25% da puntuación total):
-         Experiencia previa nos derradeiros tres anos, en cada posto solicitado e en cada posto e bolsa da provincia.
-         Cursos de Formación Homologados que van puntuar: produtos, atención ao cliente, adaptación positiva ao cambio, acollida e procesos de traballo, inglés, ferramentas informáticas e habilidades persoais.
-         Permiso de conducir e titulacións relacionadas co posto de traballo.
Ø    Unha vez superadas estas fases os aprobados deberan someterse e superar un recoñecemento médico que ademais poderá incluír probas físicas de esforzo e de rendemento.  

*Entrevista persoal : Estamos vendo como CCOO, UGT,S.L e CSIF bótanse as mans a cabeza rexeitando esta posibilidade.  Pois ben estes sindicatos ou teñen moi mala memoria ou non miran nin o que firman, pois o artigo 41 do III Convenio  de Correos establece o seguinte: “O ingreso como persoal fixo en empresa, no Grupo Profesional de Persoal Operativo, efectuarase por un procedemento público de selección obxectiva, que poderá comprender probas, cursos de formación, titulacións, entrevistas……”

Se tes calquera dubida ponte en contacto cos teus delegados da CIG.


21 de set. de 2015

Xuntanza da Comisión Negociadora de Convenio e Acordo Xeral



O vindeiro mércores día 23 de setembro ás 17:15 horas nova Xuntanza da Comisión Negociadora do IV Convenio Colectivo da Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, S.A.,

18 de set. de 2015

7ª Xuntanza do Convenio

O pasado 15 de setembro celebrouse a 7ª xuntanza “oficial” empresa – sindicatos para negociar o IV Convenio Colectivo da Sociedad Estatal Correos y Telégrafos S.A. A pesar que esta reunión foi convocada sen orde de día nin documentación algunha, tratáronse dous puntos: Consolidación de Emprego e Devolución da parte da paga extra do 2012.

DEVOLUCIÓN DA PARTE DA PAGA EXTRA DO 2012  díxose que esta se faría efectiva cando o autorice a SEPI.

CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO:

Correos informou que a Lei de Orzamentos Xerais para 2015 (Lei 36/2014) impedía calquera tipo de convocatoria de ingreso de persoal en Correos, pero agora grazas á modificación que introduciu a Lei 25/2015, de 28 de xullo (Lei de segundas oportunidades), establece para as sociedades mercantís públicas que tivesen beneficios nos dous últimos exercicios, realizar procesos de consolidación de emprego temporal cun límite do 90% da súa taxa de reposición, polo que grazas a esta modificación permite a consolidación de emprego en Correos. Así mesmo dixo que para materializar o proceso de consolidación dentro deste ano 2015 hai que priorizar con urxencia a negociación das bases da convocatoria nos termos que establece o III Convenio Colectivo.

PROCESO DE CONSOLIDACIÓN CON TRUCO – PROPOÑEN O ESTABLECIDO NO III CONVENIO ASINADO POR CCOO, CSIF, UGT e S.L.:

Convocatorias de ámbito provincial: Cunha convocatoria deste tipo moitas provincias  quedarían excluídas como ocorreu coa oferta de prazas aos expectantes de ingreso que cun exame aprobado quedaron na rúa.
Que prime a formación por enriba da antigüidade: Con isto Correos quere premiar aos sindicatos afíns aínda que con esta medida vulnérese o establecido para o sector público: igualdade mérito e capacidade.
Entrevistas persoais: Que dependa da  valoración dunha persoa que se poida obter un posto de traballo parécenos inaceptable  para o sector público ademais que podería dar pé ás influencias da Xefatura nun ou outro sentido.

PROPOSTA DA CIG: Primeiro Convocar o Concurso de Traslados unha vez resolto ofertar prazas a tempo completo ao persoal fixo descontinuo e a tempo parcial e despois destes procesos cuantificar as prazas vacantes e especificar claramente con que tipo de contratos vanse a cubrir as vacantes; contratos a tempo completo, fixo descontinuo a tempo parcial.

As prazas a cubrir serían mediante un exame a nivel estatal baseándose nos criterios de igualdade mérito e capacidade establecidos no que o único mérito a valorar sexa a antigüidade e se en todo caso se quere que se valore a formación esta debe ser impartida exclusivamente por Correos e non polos sindicatos. Entendemos que non se ten porque estar afiliado a ningún sindicato para recibir formación e nada de entrevistas persoais.


13 de set. de 2015

CIGcorreos: Publicado no BOE Real Decreto coa Paga Extra e días adicionais.

Logo de que se aprobara no Consello de Ministros do venres día 11 de setembro, publicouse no BOE do sábado día 12 o Real Decreto onde se inclúen estas medidas

O proceso de pago non tería por qué ser diferente ó da vez anterior, de feito entendemos que ven a dicir o mesmo.

En todo caso, votamos en falta un anexo co modelo para que soliciten a parte da paga tanto xubilados, eventuais e herdeiros de persoal falecido.

Xa vos informaremos cando teñamos máis detalles.

 

 

Lembrade que o Real Decreto no relativo os días adicionais por antigüidade fala de "Administración General del Estado, organismos y entidades vinculados o dependientes"

¿Onde estamos os de Correos? 

Volverá Correos a obrigarnos a ganalos nos tribunais ou terán a sensatez de darnos os días xa para este ano 2015? Dende a CIG agardamos que se faga extensible tamén este dereito para o persoal laboral.

Para ollar o Real Decreto no BOE, preme AQUÍ

 

 

11 de set. de 2015

Xuntanza da Comisión negociadora do Convenio e Acordo Xeral




O vindeiro martes día 15 de setembro ás 12:00 horas nova Xuntanza da Comisión Negociadora do IV Convenio Colectivo da Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, S.A., ........


9 de set. de 2015

CIGcorreos: Gran manifestacion buscando un prezo digno para o leite

En Compostela, 

O vindeiro xoves día 10 de setembro
dende a Alameda ás 12:00 horas



Se tes a posibilidade, non deixes de apoiar e defender ós gandeiros coa túa participación nesta manifestación.
Un sector lácteo fundamental para recoñecer a Galiza como tal, do que dependen directamente milleiros de galegos e galegas e ó que estamos indirectamente ligados todos e todas.


Para máis información olla este enlace: AQUÍ





7 de set. de 2015

CIGcorreos: O Goberno devolve parte do roubado?


Logo do Consello de Ministros do día 4 de setembro o Goberno anuncia a devolución de parte da paga extra de 2012 e o resto para o vindeiro ano 2016, a restitución da totalidade dos días de Asuntos Particulares e máis dos días Adicionais por Antigüidade.




O noso ministro, o ministro de Facenda e Administracións Públicas, o Sr. Montoro, parece que esta moi contento logo de tomar estas medidas, pensará que xa nos ten comprado o voto?
Que sepa que seguimos abertos a todo tipo de melloras, o do voto eso xa é outro cantar.




Paga Extra 2012:

O 26,23% (correspondente a 48 días) anuncia o Goberno que se aprobará o seu pago probablemente no Consello de Ministros do día 11 de setembro mediante Decreto Lei, logo de que solicitara un informe urxente do Consello de Estado. Esta parte da paga será abonada en nómina separada.
O resto da paga pendente de pago (o 48,77%), anuncia o Goberno que se ingresará durante o ano 2016. Esta medida debe estar incluída nos Orzamentos do Estado para 2016, aínda pendentes de aprobar.

Días de Asuntos Particulares:

No caso de Correos xa mantivemos estes 6 días, polo que o anuncio do Goberno de dar outro día máis para chegar ós seis a nós en Correos non nos afecta.

Días adicionais por Antigüidade:

Din dende o Goberno que van a restituír estes días. Na prensa caen en contradicións ó explicar os requisitos e máis o número de días. Por unha parte dín que serían 4: cada 5 anos, a partir dos 15 de antigüidade e por outro lado fan mención ó dereito que tiñamos antes de suprimilos: 2 ós 18 anos (6 trieneios), logo 1 máis a partir de cada trienio despois do 8º (24 anos).  Xa veremos como queda.

Estade atentos ó Consello de Ministros onde se aproben estas modificacións para ver todos os detalles. Pola nosa parte xa vos informaremos en canto teñamos noticia de calquera novidade.

O Goberno véndenos como favor a devolución de algo que é noso. Terá que ver esta actitude co feito de que veñen eleccións…? De cara as mesmas lembra o que es e o que lle debes a cada quen, pensa e logo vota a conciencia. 


4 de set. de 2015

Asina a ILP para reclamar unha tarifa eléctrica Galega


A CIG ven de promover e por en marcha unha ILP (Iniciativa Lexislativa Popular) para reclamar unha Tarifa Eléctrica Galega que permita o mantemento do noso tecido industrial e dos empregos en Galiza. A central sindical pretende abrir un debate político e social arredor da necesidade e urxencias de mudar todo o sistema eléctrico e tarifario para acadarmos unha Tarifa Eléctrica galega que nos permita ter unha enerxía máis barata. Por que non cómpre esquecer que a tarifa eléctrica está chea de peaxes por decisións políticas e soporta compoñentes de solidariedade interterritorial (como os custes de extrapeninsularidade ou de transporte) mais, intencionadamente, non recolle os custes que, no caso de Galiza, sufrimos polo exceso de xeración eléctrica, custes sociais e ambientais.
Somos produtores e exportadores de enerxía (no ano 2012 Galiza exportou o 40% da enerxía que produciu), pero non obtemos ningunha contraprestación positiva. Unha situación que cómpre mudar de xeito inmediato.
ASINA A ILP!!! 


Prazas Outros Ministerios




278 prazas
MINISTERIO DE HACIENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICAS.


*     Publicadas prazas no BOE 212 do 4 de setembro de 2015.

*     Orde HAP/1780/2015 do 1 de setembro.

*     Orde HAP/1781/2015 do 1 de setembro.

*     O prazo de presentación de instancias é de 15 días a partir do seguinte á publicación no BOE.

*     O persoal de correos podemos optar a todos os postos sempre e cando reunamos os requisitos de participación e ocupación esixidos na convocatoria.

Postos ofertados en Galiza para os subgrupos A1,A2, C1 e C2:

A Coruña, Ourense, Lugo, Vigo.
Tamén prazas en Gijón e Oviedo.

Orde HAP/1781/2015 
Orde HAP/1780/2015