31 de ago. de 2015

CIGcorreos: Máis diñeiro para os altos cargos e para o resto do persoal...máis traballo.

Correos incrementou o gasto en salarios do persoal directivo nun 18% dende o ano 2011




Os membros do Consello de Administración e do Comité de Dirección da Sociedade son parte dos altos cargos que viron incrementadas as súas retribucións.

Entendemos que polo seu "brillante" traballo nos seus respectivos postos, que ninguén pode ver nin valorar, pero que tampouco se puido apreciar nos resultados. 



Ou aumentou o número de altos cargos ou lles pagan máis ós que hai. (Pura lóxica)
Lóxica que non se entende cando a empresa esta vendendo unha política de austeridade con recortes en facturación e máis en gastos de persoal, con redución de plantilla e amortización de postos de traballo.

Daquela dende a CIG chegamos a unha fácil conclusión:

As cargas de traballo que se xeran polas amortizacións de postos recaen unicamente no persoal dos postos base, pero os aforros económicos que levan implícitos eses postos amortizados non se reflexan nos resultados da empresa porque dalgún xeito acaban parando nos salarios dos altos cargos de Correos.

PARA NÓS O TRABALLO PARA OS DIRECTIVOS O DIÑEIRO

Olla na prensa: AQUÍ.



28 de ago. de 2015

CIGcorreos: Irregularidades na contratación

Só hai unha solución efectiva e inmediata: 

¡A DENUNCIA DIANTE DO XULGADO!


Concentración de delegados da CIG diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza reclamando unha contratación transparente e sen prevaricacións.

Todos e todas sabemos que existen irregularidades na contratación de Correos, algunhas tapadas baixo "trampas legais" diante das que practicamente non se pode facer nada pola dificultade de demostralas e outras que saltan á vista e que ninguén pode negalas pola súa evidencia (Saltos nas bolsas, Contratos mellores para os peor situados, Decaementos inxustificados, Contratos a xente externa sen rematar as bolsas...)

Dende a CiGcorreos tratamos por todos os nosos medios que se cumpra coa normativa que eles mesmos estableceron e buscaremos de cara a futuras normas de contratación que non se discrimine a ninguén e que se respecten os dereitos de todos.

Pero a día de hoxe á parte das nosas denuncias como sindicato diante da Inspección de Traballo e demais organismos reguladores e xudiciais polos incumprimentos de Correos nesta materia, o noso consello segue sendo o mesmo, avalado por moitos anos de loita en contra destes atropelos na contratación:

Debedes presentar denuncia cada vez que Correos vulnera as normas de contratación e vos vedes prexudicados por esa irregularidade. Correos ten a obriga de acatar a normativa establecida e cando non o fai, se prexudica a algún traballador/a ten que indemnizalo.

Tedes á vosa disposición toda a nosa información e apoio e se estades afiliados ademáis tedes os servizos xurídicos da CIG para levar a denuncia diante dos tribunais de xustiza e recuperar o que é voso.


Correos: 70 vehículos para modernizar a flota en Galiza

29 motos, 14 furgonetas de 600 Kg de carga, outras 14 furgonetas de 750 Kg de carga, 8 furgóns de 1.200 Kg de carga e 5 furgons de 1.500 Kg de carga





Estes vehículos agárdanse a partir do mes de outubro, antes de que remate este ano 2015.






Esperamos que se destribúan de xeito correcto e que vaian a parar a donde máis se necesiten.

Que cheguen a onde deben e que se empreguen para mellorar e facilitar as recollidas, distribucións e repartos dos productos postais, beneficiando con elo ó persoal e máis ó servizo que se presta.

Que non queden para uso exclusivo dalgúns xefes, que logo abusan da súa "propiedade" dándolle utilidades particulares e privadas (Para trasladarse da casa ó traballo, para ir tomar as tapas a bares de concentración de xefes, para levar de comer ós cans á finca, para ir de compras ó super, para o traslado de muebles, como vehículo comercial para a venda de productos alleos a Correos...)

Ademáis da renovación periódica da flota, dende a CIG seguimos votando en falta un completo servicio de mantemento de todos os vehículos non só arranxando as averías detectadas, senón tendo un servicio de revisión que vaia máis alá da simple inspección técnica de vehículos marcada por lei, para dese xeito garantir ó máximo a seguridade dos conductores/as e máis de todos aqueles que se poden ver afectados por non estar un vehículo nas condicións idóneas para circular (outros traballadores/as de correos e incluso todo cidadan que utilice as vías públicas).





27 de ago. de 2015

Compañeiro de Correos de Andratx (Mallorca) resultou falecido ó ser atropelado

Non deixedes que o exceso de traballo nin a confianza vos distraigan á hora de velar pola vosa seguridade

O primeiro sempre ten que ser a nosa saúde.

Non cometamos imprudencias temerarias por facer o reparto máis rápido que logo poden rematar con resultados nefastos.

Trasladamoslle o pésame a familia así como as condolencias a todo o colectivo postal, agardando que estes feitos non se repitan.

26 de ago. de 2015

Banco de Correos: Copiemos dos veciños portuxeses pero sen privatizar !

A empresa Correos de Portugal CTT que rematou a súa privatización no 2013, ven de crear un banco propio á falta do visto bo do banco regulador luso (Banco de Portugal)




Que velados intereses ten a cúpula política para non permitir a creación dun banco estatal que moi ben podería ser un Banco de Correos, igual que no seu día foi a Caixa Postal coa total garantía do Estado.

Pasaranos coma os nosos veciños portuxeses que tiveron que agardar á privatización dos Correios para poder facelo, eso sí, como banco privado??

Como traballadores e traballadoras de Correos, que confianza nos merecen uns políticos gobernantes que non nos ofrecen ningunha garantía de futuro nin para nós como persoal desta empresa nin particularmente para Correos como tal. 

Moita diversificación de servicios, pero para aquelo que realmente interesa temos vetada a entrada. Alguén se atreve a decirnos claramente por qué ??


Olla na prensa: AQUI 1  AQUI 2  AQUI 3  AQUI 4



25 de ago. de 2015

Outra sentenza sobre contratación gañada pola CIG

O Xulgado nº 1 de Lugo ven de condenar a Correos a indemnizar a unha traballadora eventual integrante da Bolsa de Vilalba reparto 1 (moto) por saltarse a orde de prelación nos chamamentos da contratación.

 A denuncia foi presentada pola Asesoría Xurídica da CIG de Lugo,  logo que Correos se saltara á toureira os criterios de prelación que teñen asinados no III Convenio Colectivo da Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A. ao chamar para un contrato de máis tempo formalizado o mesmo día a outr@ compañeir@ que estaba posterior  a ela na Bolsa. Correos alegaba que era unha circular de nova creación e que eles podían chamar a quen quixeran, mentres  que dende a CIG defendiamos que se tiña que ofertar ese contrato a todos os integrantes da bolsa por rigoroso orde de prelación. Ao final o Xuíz deunos a razón.

A Normativa di claramente que “ O chamamento aos candidatos efectuarase por orde de prelación (de maior a menor) e de forma rotatoria ata esgotar a bolsa. Criterios de prelación: os contratos asignaranse tendo en conta o número de orden dos candidatos da bolsa , a súa dispoñibilidade, e a duración e requisitos da modalidade de contratación. Naqueles casos nos que se produza o mesmo día, a necesidade de contratar a máis dun candidato da bolsa de emprego terase en conta o seguinte: Tipo e duración de contrato………………”
Traducido ao cristián a norma de contratación di: que despois do número un ven o dous e así sucesivamente ate esgotala e que os contratos feitos no mesmo día o mais longo correspóndelle ao primeiro que estea na Bolsa.  

A CIG unha vez mais demostra que é o único sindicato na provincia de Lugo que denuncia os atropelos dos dereitos dos traballadores, mentres outros van de comparsa e aplaudidores as mesas de contratación, de traballo etc.,etc.

Afíliate a CIG  e defende os teus dereitos

24 de ago. de 2015

CORREOS empezará o 2016 sen deudas

Segundo o presidente da SEPI (Ramón Aguirre) Correos empezará o novo exercicio económico coa súa deuda "disolta e cancelada" feito que lle vai permitir ter "capacidade de manobra" para poder afrontar os "axustes necesarios"


Nos preguntámonos: 
Que quere dicir esto dos "axustes necesarios"?
A ambigüidade nunca foi de fiar e menos cando sae da boca de xente vinculada ó goberno do estado.
Menos mal que o persoal vai facendo o que debe e a empresa non depende ó 100% dos directivos que nos poñen, porque senón estabamos perdidiños.





Ollar na prensa: AQUÍ 1, AQUÍ 2, AQUÍ 3.


13 de ago. de 2015

Ofertón do verán: Cursos Homologables e puntuables??? Consolidación de Emprego???



Parece ser que algúns sindicatos sen escrúpulos xa empezaron a campaña electoral ofertando Cursos Homologables e Formación para a consolidación de emprego xogando unha vez máis coas ilusións e aspiracións de moitos compañeiros/as eventuais dos que só buscan o seu voto como nas anteriores eleccións sindicais do 2011 nas que prometeron e xuraron que tiñan asinado con Correos 4500 prazas de novo ingreso e ao final non houbo nin unha, pero claro iso sóubose logo de encher as súas academias e de haber recadado o seu voto. Na xuntanza do 28 de xullo da Comisión de Formación só falouse da posibilidade dunha consolidación de emprego e subliñamos o de posibilidade porque sempre esta supeditada á aprobación da SEPI e do Goberno que non están pola labor, polo tanto temos que dicirvos que aínda non hai nada sobre consolidación de emprego. En todo caso nunha hipotética consolidación de emprego primeiro tería que negociarse as súas condicións por exemplo: Número de prazas divididas por tipos de contratos (fixos a tempo completo, fixos descontinuos, fixos tempo parcial e de fin de semana), tipo de exame: si será a nivel estatal ou por comunidades autónomas con puntuacións distintas (lembremos que no exame do 2004 en Madrid con 43 preguntas acertadas obtiveron prazas e en Galiza con 67 quedaron fora) etc.

En canto aos cursos homologables e puntuables, Correos debe convocar a novas xuntanzas onde se fixarán os criterios, contidos e número de horas para que os cursos impartidos polos sindicatos sexan homologables, porque non todos os cursos que dan estes sindicatos o son, só o son os que cumpren cos criterios fixados por Correos e aínda non están fixados. É dicir non hai nada en concreto sobre os cursos homologables.

A CIG informará ao persoal puntualmente sobre calquera tipo de proceso de consolidación así coma dos cursos que sexan puntuables pero cando haxa algo concreto sen mentiras, sen especulacións e sen oportunismos electoralistas.  

6 de ago. de 2015

Requerimento da Inspección de Traballo a Correos


A inspección de traballo de Lugo ergue acta de infracción a Correos debido á denuncia formulada polo Sector de Correos de Lugo polo incumprimento por parte da empresa da Lei 31/95 de Prevención de Riscos Laborais, ao non aboar os gastos de desprazamento xerados con ocasión dos recoñecementos médicos ao persoal dos seguintes postos de traballo: axente/clasificación 2, Pto. N 12 Área de servizos móbiles, Pto. N 12 Área de servizo exterior, Pto. N 12 Área de servizo interior, Reparto a pé, Auxiliar reparto a pé e suplente de reparto a pé. A empresa alegaba que os recoñecementos médicos para estes postos de traballo eran de carácter voluntario e polo tanto eles non se tiñan que facer cargo dos gastos, o que obviaba a empresa é que os recoñecementos médicos son voluntarios para os traballadores pero son de carácter obrigatorio para o empresario realizalos e polo tanto todos os gastos son a cargo do empresario tal e como establece a Lei.
Agora grazas á denuncia realizada pola CIG todo este colectivo de persoal poderá reclamar o pagamento dos gastos de desprazamento.
Unha vez máis a CIG fai cumprir a legalidade en Galiza defendendo os intereses dos traballadores por enriba de todo, mentres os outros sindicatos miran cara a outro lado e calan malia que aos seus propios afiliados lles pisen os seus dereitos.
Esa é a diferenza entre os sindicatos que teñen débedas coa empresa e os que non aceptamos regalos.
Se queres facer valer os teus dereitos afilíate a CIG.

5 de ago. de 2015

Área Pública da CIG denuncia que os Orzamentos do Estado para 2016 "nin recuperan os dereitos roubados nin o emprego destruído"

Para Área Pública da CIG (Ensino, Saúde e Administración) a proposta trasladada polo ministro de incremento salarial do 1% para o vindeiro ano resulta unha medida "electoralista" e "unha esmola" tras anos de perdas de dereitos e salarios. Neste senso, lembran que as políticas salariais até o  ano 2015, conlevaron que a perda do poder adquisitivo dos/as traballadores/as das administracións públicas galegas se elevase a máis do 30% dende o ano 2010. 

A paga extraordinaria, por etapas
En canto ás pagas extraordinarias, o goberno do PP ten previsto abonar no mes de setembro deste ano outro 25% da paga de 2012, mais as empregadas e empregados públicos terán que agardar até o próximo ano para percibir o 50% da cantidade restante. Porén este pago tan só está garantido para o persoal da administración xeral do Estado e, segundo as informacións do ministro, as demais institucións abonarán as cantidades adebedadas "en canto lles sexa posíbel". 

Taxa de cobertura insuficiente
No apartado das taxas de reposición, Montoro explicou que a taxa de cobertura será do 100% nos servizos básicos (saúde, ensino ou forzas de seguranza), mais quedará limitada ao 50% no resto dos servizos das administracións. 


Informe Anual Integrado Correos 2014 (Operación Maquillaxe)


Correos lava a cara e incrementa os beneficios con respecto ao ano 2013 o que non di é que gran parte do aumento dos beneficios segue sendo a custa dos miles de postos de traballo menos que hai á falta de contratación impoñendo unhas recargas inasumibles e á venda de inmobles.

O Informe non é máis que unha posta en escena dunha campaña de publicidade do ben que esta xestionado o Grupo Correos, escondendo o que non queren que se vexa debaixo da alfombra. Estes son algúns dos datos do informe:
  • Beneficios    Ano 2013 = 48,4 millón de Euros                                      
                         Ano 2014 = 193,891 millóns de Euros
  • O Estado debe a Correos 518 millóns de euros a 31 de decembro de 2014 pola compensación dos custos da prestación do servizo postal universal (SPU).
  • Persoal: Ano 2013 = 53.264
                   Ano 2014 = 51.275
1.989 traballadores menos nun ano.