24 de xul. de 2015

A CIG chama a participar o 25 de Xullo na marcha unitaria en Santiago no Día da Patria Galega

Por una Galiza ceibe e sen explotación!
Un ano máis, a Confederación Intersindical Galega (CIG) chama a todos os seus afiliados/as e simpatizantes a participar de xeito activo nos actos que se celebran o 25 de Xullo para conmemorar o Día da Patria Galega, así como na manifestación unitaria que percorrerá as rúas de Santiago de Compostela baixo o lema 'A nación galega'.
Na central entendemos que a conmemoración do Día da Patria Galega é un bo momento para que a clase obreira do noso país poida deixar claro o seu máis enérxico rexeitamento ás políticas económicas e sociais da dereita española e da súa sucursal na Xunta de Galiza, o PP.
Unhas políticas que afondan no desmantelamento dos principais sectores produtivos do noso país, condenan a milleiros de mozos/as á emigración e degradan os dereitos laborais e sociais dos traballadores/as: baixadas salariais, precariedade, xornadas abusivas, etc.
O actual marco xurídico é insuficente tanto para garantir os dereitos nacionais de Galiza como para defender os nosos dereitos como clase traballadora, polo que é necesario mobilizarse para reivindicar un autogoberno sustentado na autodeterminación e na soberanía nacional de cara á mellor defensa dos intereses da clase obreira galega.
Por todo isto, animamos a afiliación a apoiar coa súa presenza as mobilizacións e os distintos actos que se convoquen ao longo do país no contexto do Día da Patria Galega para reivindicar a soberanía nacional, a xustiza social e a solidariedade.


1 de xul. de 2015

Curso Formación Mundo Correos


Curso dirixido a todo o persoal de Correos, que manteñan unha relación laboral, ou de servizo, activa, coa empresa desempeñando a súa actividade ao inicio e durante a súa impartición.

                           Prazo de inscrición do 01 de xullo ao 07 de xullo

 20.000 prazas e, unha vez cubertas estas, non é posible inscribirse de aí que che recomendamos que se estás interesado que o fagas coa maior celeridade posible.

Inscrición: dende conecta ou internet


Como inscribirte dende internet: unha vez que entras en formación de Correos, debes de ir á parte inferior dereita debaixo de onde pon usuario e contrasinal. alí xa te indica "fai clic aquí para solicitar curso".

O curso terá unha duración de 10 días, realizarase  on-line  dende un ordenador alleo a Correos e fóra da xornada laboral. O curso desenvolveranse a partir do mes de setembro os alumnos poderán elixir, as datas que máis lles conveñan de entre as dispoñibles.

Tras o proceso de inscrición, comunicarase por  e-mail  e SMS  o comezo da formación. Recoméndase revisar a dirección de correo persoal do apartado "a miña páxina" e aceptar a modalidade de citación por  SMS.

Expediente Formativo

O curso incluirase no expediente formativo de todos aqueles que completen a acción formativa e ademais recibirán unha compensación polo custo da conexión a internet.

No caso de que xurda algunha incidencia técnica durante a inscrición e/ou durante a realización do curso, os alumnos deberán dirixirse ao centro de atención ao estudante centro.atencionestudiante@telefonica.es