29 de xuño de 2015

A CIG convoca concentracións en todas as comarcas o 1 de xullo contra a Lei de Seguridade Cidadá


Coincidindo coa entrada en vigor dunha reforma que o PP aprobou “para amordazar a loita obreira”

Con motivo da entrada en vigor o próximo mércores, 1 de xullo, da Lei de Seguridade Cidadá, a CIG ten convocadas concentracións en todas as comarcas en rexeitamento a unha normativa a través da que o PP pretende amordazar a loita obreira e a mobilización social, convertendo os conflitos laborais en conflitos de orde pública, deseñando un novo e amplo catálogo de sancións e reducindo, pola vía administrativa, as garantías xurídicas.




Para máis información e para ollar as horas e lugares das concentracións preme AQUI




25 de xuño de 2015

CIGcorreos: Un novo sector público na Banca, Industria, Telefonía, Transportes, Electricas, Petroleras, Asteleiros... e CORREOS.

Quen escribe artigos con este fondo, recollendo a nosa primordial reivindicación de que se manteña Correos como Servizo Público dentro do sector público merece aparecer no noso blog con letras maiúsculas.





Diego Meca: "Quijotes del Siglo XXI" publicado en "nuevatribuna.es"



Para ollar este artigo preme AQUÍ

CIGcorreos: Paseamos por Bruselas as queixas de todos ou so as de algúns?

Alabamos a actitude de Podemos levando "persoal" de Correos para ser escoitado polos Parlamentarios Europeos pero criticamos a maneira de facelo sen interesarse polas posturas do resto dos interlocutores e sen consensuar as reivindicacións que ali se trasladaron.



Dende a CIGcorreos esperamos que se repitan estas posibilidades para que o persoal neste caso de Correos poida trasladar directamente as súas reivindicacións ós órganos e gobernos competentes, pero tamén agardamos que se faga de xeito que todo o colectivo se sinta representado tanto polas persoas que acudan, como identificado con todo aquelo que se demande.




Para ollar novas desta noticia preme AQUÍ 1, AQUÍ 2, AQUÍ 3

22 de xuño de 2015

CIGcorreos: Por levar a ¿ESTRATEXIA? de Correos 1 ano, 6 millóns de €uros

Correos asígnalle a súa estratexia de comunicación a Arena Media empresa do grupo HMG (Havas Media Group)





Este contrato terá inicialmente unha duración de 1 ano, e é un dos máis importantes dentro da Administración Pública.

Correos pagaralle máis de 6 millóns de €uros a esta empresa por levar os servizos de ""estratexia, planificación, negociación e compra e seguemento das principais campañas de paquetería"" Alguén sabe de que falamos???


Preguntámonos que fai daquela o persoal destas áreas do centro directivo, cando se contratan outras empresas externas para facer os seus traballos?
¿Ten Correos que encher algún novo peto sen fondo, ou son os de sempre que se valeiraron?
Para cantos contratados/as darían 6 millóns de euros?
Realmente invírtese o pouco diñeiro que din que hai nesta casa no máis imprescindible?

Para ollar esta nova nos medios preme AQUÍ 1, AQUÍ 2.



CIGcorreos: Manifestacion en Compos en contra dos recortes e pola cobertura de todas as ausencias.

A CIG como convocante xunto con outro sindicato participa na Manifestación celebrada este pasado sábado día 20 de xuño en Compostela en contra dos recortes, dos recargos e reclamando substitucións para cubrir todas as ausencias





Para ollar o seguemento nos medios preme AQUÍ 1, AQUÍ 2, AQUI 3, AQUI 4





18 de xuño de 2015

Curso de Formación INAP xuño 2015 (funcionarios)


·       Os cursos soamente poden participar persoal funcionario.
O INAP, tendo en conta as necesidades formativas como ferramenta indispensable dos  empregados públicos para o exercicio das súas funcións, convoca dentro do plan xeral o curso de Inglés para diferentes colectivos da Administración Xeral do Estado na modalidade on-line e clases telefónicas.

ACTIVIDADE FORMATIVA:  INGLÉS
MODALIDADE MIXTA: ON LINE E CLASES TELEFÓNICAS
CUERPOS E ESCALAS: A1, A2, C1, C2, e E
PRAZO SOLICITUDE: ATA O 2 DE XULLO
Solicitudes.- Os que desexen participar neste curso deberán facelo a través da páxina web do instituto nacional de administración pública www.inap.es, entrar en «aprendizaxe» e a continuación selecciona a Área formativa.


O BNG reclama ao Goberno que poña fin ao desmantelamento de Correos



17 de xuño de 2015

CIGcorreos: A Redondela tampouco chega o correo

De novo a falta de contratación de carteiros/as para suplir neste caso baixas e vacacións provoca que se atope a correspondencia acumulada na oficina e que o persoal actual non sexa capaz de asumir o reparto de todo o correo que chega, non podendo repartir diariamente todos os puntos e zonas de entrega.




Así xa temos acumulacións de ó redor de 1500 cartas e uns 500 certificados nesta oficina de Correos de Redondela.

Algunhas zonas están sufrindo retrasos de entre 2 e 3 días pero tamén hai algunhas zonas que non teñen correo dende fai unha semana.



Dende a CIGcorreos seguimos esixindo da empresa que poña os medios para darlle solución a este tipo de problemas que se veñen dando reiteradamente, unha solución fácil que pasa por contratar ó persoal necesario para facer o reparto sen recargar ó resto dos traballadores, é dicir, que se cubran todo tipo de ausencias para garantir un servizo de calidade ó cidadan cumprindo coa Lei Postal e repectando os dereitos e a dignidade do persoal.


Para ollar información desta noticia nos medios preme AQUÍ



15 de xuño de 2015

ACCIÓN SOCIAL 2015


Nin un céntimo de suba con respecto ás do ano 2014, de vergonza, agora só nos queda esperar que non reduzan as cantidades das axudas, algo que non saberemos ata que se resolva cada convocatoria.
Correos só escoita parcialmente as propostas de CIG facendo caso omiso das mais transcendentes e segue coa súa política de conversión das Axudas de Acción Social en míseras esmolas repartidas cada vez de maneira máis inxusta porque non van a parar a quen máis as necesita dentro do noso colectivo.

AXUDAS
PRAZO INSTANCIAS
PREVISIÓN DO PAGO
Estudo para fillos (libros e material escolar)
Dende o 12 de xuño ata ó 16 de outubro
Nómina decembro
Estudos Universitarios (Persoal Laboral)
Dende o 12 de xuño ata ó 16 de outubro
Nómina decembro
Tratamento da Saúde
Dende o 12 de xuño ata ó 18 de setembro
Nómina
novembro / decembro
Fillos con Discapacidade
Dende o 12 de xuño ata ó 18 de setembro
Nómina Novembro
Educación Infantil
Dende o 12 de xuño ata ó 18 de setembro
Nómina novembro
Anticipos sen Xuro
Dende o 12 de xuño ata ó 18 de setembro
Segundo Dispoñibilidade
Falecemento
(Perosoal Laboral)
Dende o 12 de xuño ata ó 31 de decembro
Cando se produza o feito


Se queredes consultar calquera dúbida sobre as convocatorias, poñédevos en contacto coa xente da CIG Correos. 
Convocatorias  e Instancias  AQUÍ

12 de xuño de 2015

CIGcorreos: Ollo!! Xa hai páxinas e blogs que ofertan oposicións para Correos

Sen haber nada nin oficial nin extraoficialmente por parte de Correos, certos colectivos moi interesados estan tratando de captar opositores para "chucharlles o sangue" sen que haxa nada de certo no que publican nas súas páxinas e blogs.


As academias valeiras non producen beneficios, pero non se pode reclutar opositores con reclamos falsos ou ficticios.

Tamén hai sindicatos que para aumentar os seus ingresos esquencen o que son e rixense so por interese merecantilista, ainda a costa de enganar ós afiliados
Acaso estes colectivos teñen algún tipo de filtración para chegar a publicar unhas bases de convocatoria que ninguén coñece?

Ou teñen tal descaro que non lles importa recoller unhas "posibles" bases e saír á rúa con elas, porque saben que ninguén lles vai esixir responsabilidades?

Nós dende a CIG Correos preguntámonos se non hai ningunha forma de pararlle os pes a toda esta xente que xoga coa necesidade de emprego que temos para beneficiarse delo, sen importarlles para nada o feito de crearnos falsas espectativas ou incluso reclutar opositores que logo polos requisitos das convocatorias definitivas non van poder presentarse ós exames, eso sí, cando xa leven gastado un montón de diñeiro e tempo que podían ter empregado noutras necesidades que seguro que teñen.

O consello que vos podemos achegar dende a CIG Correos é o mesmo das veces anteriores: 
"Mentres que non haxa convocatoria oficial, todo aquelo que escoitedes ou vexades non ten garantía algunha de que sexa o que vai a pasar, polo tanto actuade con moita cautela e desconfianza e non deixedes de consultarnos se tedes algún tipo de dúbida".

Lembrade que aínda estamos agardando pola tan cacareada convocatoria do ano 2011 onde se ían cubrir 4500 postos de traballo que leveou a moita xente a gastar cartos e tempo para que logo todo se quedara en fume, despois da precipitada e falsa publicidade de certos sindicatos e academias.

Para que vexas un exemplo do aqui comentado pincha AQUÍ


10 de xuño de 2015

Xa funciona o sevizo CityPaq de Correos en estancións de tren de Barcelona

Polo módico prezo duns 15.000 Euros por máquina

Trátase dun servizo de recollida automático de paquetería, sobre todo de productos mercados vía on-line




Estas máquinas expendedoras teñen unha capacidade para 80 paquetes con ocos de diferente volume e o usuario que solicita que se lle faga a entrega por este medio recibe no mobil o aviso de chegada do paquete e máis un código que lle permite abrir o compartimento onde se atopa o paquete durante un prazo de 3 días.

Dende a CIG Correos preguntámonos se por parte de Correos se fixo o necesario estudio de mercado e de custos para saber se son rentables estas máquinas e este servizo, ou se como pasou moitas veces primeiro gastamos e logo tiramos todo porque non nos serve ?

¡¡Que fácil resulta derrochar o diñeiro doutros sen ningunha responsabilidade por facelo!!


Para ollar as novas desta noticia preme AQUÍ




9 de xuño de 2015

EXTRACO multada con máis de 1 millón de Euros por AMAÑAR CONTRATOS

Correos no pasado mes de marzo adxudicoulle e renovoulle o servizo de mantemento das instalacións da rede de oficinas e locais de Galiza a esta empresa EXTRACO.





Hasta que punto temos a completa garantía de que esta adxudicación e máis as anteriores a esta mesma empresa foron feitas por Correos con total limpeza e transparencia ??

Dende a CIG Correos esiximos que saia á luz paso a paso todo o proceso de licitación - adxudicación para despexar dúbidas e que non haxa lugar a interpretacións infundadas. 

Para ollar esta nova na prensa preme AQUÍ 1 - AQUÍ 2 - AQUÍ 3




CIGcorreos: Mochilas si; mais non a costa do reparto e con garantías.

CORREOS responde á denuncia da CIG cun artigo na Voz de Galicia onde se vende o producto sen ter en conta para nada as condicións negativas deste servizo.


Tras denuncia presentada por CIG nos medios de comunicación, Correos saca unha nota de prensa, o pasado domingo día 7 na Voz de Galicia, onde non se menciona o lado máis oscuro do servizo improvisado de transporte de mochilas de peregrinos que presta Correos.

A nota de prensa non di nada do reparto de mochilas que se lles encomenda a algúns carteiros rurais de carterias como son a de Betanzos, Teixeiro, Cee..., nas que o servizo se presta directamente polos propios carteiros rurais no seu coche particular.


Dende o sindicato CIG criticamos que algúns carteiros rurais teñan que deixar desatendido un servizo esencial para a comunidade, como é o reparto da correspondencia, para adicarse a andar carrexando mochilas dun lado a outro, tendo en conta:


  • Que as mochilas non se recollen nin se entregan baixo sinatura.
  • Que ditos bultos non pasan por ningún tipo de control de seguridade. A saber o que vai dentro...
  • Que en caso de que falte algo da mochila, ou incluso a propia mochila, o carteiro pode incurrir en responsabilidades.
  • Que as mochilas non cumplen cós límites de peso, e resto de condicións que se lle impón a outros envíos postais.
  • Que os coches particulares non están preparados para transportar este tipo de cargas (ás veces levan ata 7 mochilas xuntas), poidendo ser sancionados os seus condutores.

.
Dende CIG consideramos positivo que se busquen outras vías de negocio, pero esiximos que antes de poñelas en práctica se estuden os medios materiais e humanos cós que se conta, así como as repercusións que estes novos negocios poidan ter, sobre todo para a seguridade e saúde dos traballadores.


Neste sentido, solicitamos que este servizo se preste mediante a dotación de furgonetas de Correos e que se contrate a persoal que traballe en esclusiva na recollida e reparto de mochilas.


Para ollar nota de prensa da CIG denunciando as irregularidades que se dan na prestación deste servizo preme AQUÍ

Para ver o artigo propagandistico na prensa preme AQUÍ




III Acordo de Negociación Colectiva

A CIG considera este Acordo un “exercicio de cinismo” e de “colaboracionismo” coa patronal


Valora “moi negativamente” o seu contido e entende que “supón aceptar con normalidade o novo marco de relacións laborais” imposto polo PP e a patronal

CCOO, UGT, CEOE e CEPYME asinaron este luns o III Acordo Estatal para o Emprego e a Negociación Colectiva. A Executiva Confederal da CIG considera que este novo Pacto “manifesta descaradamente as intencións dos asinantes de orientar a negociación colectiva para os próximos anos nunha dirección moi definida e clara de entreguismo sindical á Reforma Laboral aprobada en 2012 e á política económica neoliberal máis oficial”.


Para máis información sobre esta nova preme AQUÍ



8 de xuño de 2015

CIGcorreos: Cando vexas as barbas do veciño cortar...

O Correo Ingles "Royal Mail" segue co seu proceso privatizador agora venderán o 30% (para reducir deficit)



Esta Correos coa súa política de redución de postos  buscando unha xustificación para iniciar un proceso de privatización semellante ó Inglés que teña os parabéns da cidadanía polo deficit acumulado e pola falta de calidade do servizo?

Dende a CIGcorreos seguimos denunciando esa redución inxustificada de postos de traballo e a falta de contratación para suplir as ausencias, que sería o único método válido para manter a calidade do servicio e a prestación segundo a Lei do servicio postal universal, entre tanto non se repoñen con persoal fixo as xubilacións e mentres que non volve ó seu posto o persoal con permisos, licencias, baixas...

Para ollar esta información nos medios preme AQUÍ

CIG Correos: O Porriño. Sen carteiros non hai cartas.

A falta de cobertura das baixas e ausencias provoca de novo acumulacións, retrasos e incumprimento da lei ó resultar imposible facer o reparto completo da correspondencia cinco días laborais á semana.



A ausencia de dous dos cinco rurais desta oficina do Porriño, por diferentes causas, que Correos se nega a cubrir, deixa ó resto dos traballadores da oficina cunha sobrecarga de traballo imposible de asumir.
A CIG denuncia este feito puntual, pero que se ven repetindo asiduamente en todas as oficinas de Galiza, deixando o reparto da correspondencia nunha situación precaria que prexudica gravemente os intereses dos cidadáns que son usuarios destes servizos que presta Correos e que provoca no resto do persoal situacións de impotencia que poden desembocar en problemas de saúde provocados polo exceso de traballo ou por estrés sobrevido pola imposibilidade de facer o reparto completo.
Dende a CIG Correos seguimos esixindo de Correos que cada ausencia dun traballador ou traballadora sexa sempre cuberta de maneira inmediata por persoal contratado para que o traballo non se resinta e poida prestarse un servizo de calidade que agradecen os usuarios do mesmo sen prexudicar ó resto do persoal da oficina que de non ser así se ve obrigado a recargar esas zonas coa imposibilidade de completar o seu reparto.

Para ollar a nova na prensa preme AQUÍ