29 de maio de 2015

CIG CORREOS (Concentración diante da oficina de Fene)

En contra dunha reestructuración que leve acompañado un recorte de postos de traballo


Como non podía ser doutra maneira a CIG Correos da Coruña participou na concentración que se celebrou este mércores diante da oficina de Fene, como membro da Xunta de Persoal e do Comité de Empresa en apoio das reivindicacións do persoal diante da inminente reestructuración da oficina.










Pola mellora das condicións de traballo e pola garantía da prestación dun servizo público de calidade 

Prensa:    LA VOZ  -  DIARIO DE FERROL - AVANTAR



27 de maio de 2015

Curso Correos Certificado y firma digital


Curso dirixido a todo o persoal de Correos, que manteñan unha relación laboral, ou de servizo, activa, coa empresa desempeñando a súa actividade ao inicio e durante a súa impartición.


Prazo de inscrición do 26 de maio ao 01 de xuño

 
20.000 prazas e, unha vez cubertas estas, non é posible inscribirse de que che recomendamos que se estás interesado que o fagas coa maior celeridade posible.

Inscrición: dende conecta ou internet


Como  inscribirte  dende  internet:  unha  vez  que  entras  en  formacn de Correos, debes de ir á parte inferior dereita debaixo de onde pon usuario e contrasinal. alí xa te indica "fai clic aquí para solicitar curso".

O curso terá unha duración de 10 días, realizarase  on-line  dende un ordenador alleo a Correos e fóra da xornada laboral. Os cursos desenvolveranse durante os meses de xo e xullo os alumnos poderán elixir, as datas que máis lles convan de entre as dispoñibles.

Tras o proceso de inscrición, comunicarase por  e-mail  e SMS o comezo da formación. Recoméndase revisar a dirección de correo persoal do apartado "a miña páxina" e aceptar a modalidade de citación por  SMS.

 Expediente Formativo

 
O curso incluirase no expediente formativo de todos aqueles que completen a acción formativa e ademais recibirán unha compensación polo custo da conexión a internet.

No caso de que xurda algunha incidencia técnica durante a inscrición e/ou durante a realización do curso, os alumnos deberán dirixirse ao centro de atención ao estudante  centro.atencionestudiante@telefonica.es

A CIG chama a participar nas concentracións convocadas polo feminismo galego este mércores 27 de maio

As protestas terán lugar ás 19:30 horas diante dos xulgados da Coruña, Ferrol, Ourense, Compostela e Lugo


A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego este mércores 27 de maio ás 19:30 horas diante dos xulgados en repulsa polos asasinatos machistas e a indefensión das vítimas.







Para máis información e para ollar o lugar e hora das concentracións preme aquí: AVANTAR









18 de maio de 2015

A CIG-Correos denuncia o desmantelamento progresivo do servizo postal na provincia de Ourense

Dende a central critican que non se substitúen as baixas de persoal a pesar da sobrecarga de traballo a causa das eleccións



Os representantes da CIG en Correos na provincia de Ourense denuncian o desmantelamento progresivo do servizo postal nesta provincia “que se está a producir e a incrementar de xeito significativo, en especial dun tempo a esta parte”. Ao mesmo tempo, dende a central critican que non se substitúen as baixas de persoal a pesar da sobrecarga de traballo a causa das eleccións.

Dende a central lembran que hai anos que veñen denunciando o desmantelamento do cadro de persoal de Correos xa que “veñen realizándose de xeito progresivo e rotativo estudos de dimensionamento das unidades de reparto de todas as vilas e capitais e como consecuencia disto, e amparándose no descenso do volume do número de envíos (feito lóxico polas novas tecnoloxías), implántanse forzosamente novas áreas de reparto moito máis amplas, prazas que resultan inasumibles diariamente dentro da xornada laboral normal, tanto no ámbito rural coma nas capitais de provincia”.
Critican que estes dimensionamentos supoñen, ademais de áreas inasumíbeis, un drástico recorte no persoal, coa amortización de grande número de empregos. “Exemplificado en datos, en cinco anos teñen desaparecido máis de 15.000 postos de traballo en Correos no conxunto do Estado, pasando de 67.000 a 52.000 traballadores/as”.
A isto hai que sumarlle novas políticas nas xestións das tarefas do persoal de reparto, xeneralizándose a implantación da figura do recargo: ter que asumir forzosamente ademais da súa área ou praza parte doutras áreas de reparto na ausencia dos titulares dos mesmos. “Deste xeito, non se contrata a ninguén sempre que se pode evitar, e tendo en conta que xa non son asumíbeis as áreas de antemán, moito menos deste xeito; isto conleva inevitabelmenteun grande deterioro na calidade do servicio, así como tamén a destrución do potencial emprego eventual”.
Mais para os representantes da CIG-Correos “a gota que colma o vaso” foi que para evitar gasto en horas extraordinarias durante a campaña electoral para o reparto tanto das tarxetas do INE coma da propaganda electoral “agora díctanse instruccións para alternar o reparto do correo coa misiva electoral, en días alternos, conculcando a lei”.
Neste senso, lembran que a Directiva 2008/6/CE do 20 de febreiro do Parlamento e do Consello e tamén na súa transposición a Lei 43/2010 de 30 de decembro do servizo postal universal, sobre dereitos dos usuarios/as e do mercado postal, di textualmente no seu artigo 24 sobre as condicións de distribución que “as entregas practicaranse, polo menos, todos os días laborábeis de luns a venres, salvo no caso de concorrer circunstancias ou condicións especiais conforme ao previsto nesta lei”.


14 de maio de 2015

Correos denega permiso ao persoal laboral que se presenta as eleccións do 24 de maio como Candidatos/as



A CIG denuncia e manifesta o seu rexeitamento pola aplicación sectaria que fixo Correos do artigo 35.5 do Real Decreto 605/1999.

A non concesión da dispensa do servizo ao persoal laboral da S.E. Correos e Telégrafos S.A. constitúe unha innegable discriminación deste persoal con respecto do funcionario.

Dende a CIG cremos ademais que a non consideración do persoal laboral de Correos como traballadores públicos é cando menos alegal xa que os mesmos realizan servizos esenciais á comunidade.

Todo o persoal laboral debe dar grazas aos sindicatos asinantes dos Convenios en Correos, pois grazas a eles perdéronse moitos dereitos entre eles o de ser empregado público.

Porque estes sindicatos tan reivindicativos que están a convocar folgas, paros etc, non din nada sobre a recuperación do estatus de empregado público para o persoal laboral ????

 Será porque eles conxuntamente con Correos vola roubaron !!

 Non vos deixedes enganar, estas folgas e paros non son para recuperar dereitos e xa non falemos de  conseguir uns novos.

O único que piden é o desbloqueo da negociación para asinar pronto e ter algo que vender de cara ás eleccións sindicais, aínda que sexa  a costa de seguir perdendo dereitos.

Que sentido ten ter tanta presa por negociar cun goberno do PP que despreza aos servizos públicos, e querer asinar xa un Convenio e Acordo cando estamos a escasos 6 meses dunhas eleccións xerais. Non é mellor esperar  aos posibles cambios políticos que se poidan dar.  Ahhh claro, non poden esperar as eleccións sindicais son antes!!!

Que nos vende o Ministro de Facenda, no Congreso?

 Baixar a temporalidade nas empresas públicas

... Queee boniiito!



As solucións nesta materia son moi doadas:

Que convoquen xa as oposicións - consolidación para cubrir todos os postos vacantes,
Que entre tanto todas estas vacantes se cubran con contratos de interinidade por vacante e
Que se deixen de "lerias" e que actúen dunha vez por todas !!


Esta é a resposta da CIG Correos á palabrería do Sr. Montoro ministro de Facenda na súa comparecencia no Congreso, onde fala de:

  • Que o goberno esta estudiando modificar a lei para converter os temporais en fixos. Cambiar de tres a dous anos seguidos de beneficios na empresa para poder facer contratos indefinidos. Demasiado tempo estudiando sen proveito algún, chegou a hora de darlles o suspenso definitivo.
  • Abrir a tasa de reposición de efectivos, que actualmente está a cero. Mentras non a pasen ó 100% seguirán coa destrución de emprego.
  • Sin poñerse colorado dí que podemos marchar a outros ministerios (Fala dos 240 postos na Axencia Tributaria) Menuda solución para os problemas de emprego de Correos.
  • O Convenio ten avances "significativos". Ollo cos avances, tamen podemos avanzar para abaixo.
  • Correos ten presente e futuro e a intención do goberno é aseguralo. Como o segan asegurando desta maneira parecenos que Correos so vai a ter lamentameblente "pasado".
Para ollar esta noticia na prensas preme AQUI 1,  AQUI 2,   AQUI 3






11 de maio de 2015

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia segue asediando a Correos

Ahora queren que a competencia entre nos envíos electorais



Coa permisibidade dos actuales gobernantes a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia segue cedendo diante da presión das empresas privadas de reparto de correspondencia e paquetería para provocar o desmantelamento de Correos e así favorecer o reparto deste goloso pastel entre todas elas.

Quen defende a Correos diante destes ataques orquestados?

É esta a fórmula segreda que ten o Goberno para xustificar a privatización ou o desmantelamento paulatino pero permanente desta empresa?

Agora dádelle o voto os partidos que defenden e promocionan este tipo de actuacións coas súas políticas de privatización e desaparición dos servizos públicos. Logo imos ser os primeiros en lamentarnos, pero cando hai que tomar partido é agora nas urnas. 
Alá vos e cada quen. A pena é que os fodidos imos a ser todos os traballadores/as de Correos.

Para ollar prensa relacionada con esta nova, preme AQUI

7 de maio de 2015

CIG Correos (Concentracións diarias dos carteiros/as da UR1 de Santiago)

Apoio incondicional da CIG Correos




  
Ø A CIG Correos mostra o seu apoio incondicional ó persoal das carterías de Santiago, tanto da UR 1, que se esta concentrando todos os días na hora do café, como da UR 2,  na súa loita pola recuperación dos postos de traballo necesarios, diante da actual situación de falta de efectivos que provoca unha sobrecarga de traballo que non se pode asumir na xornada laboral, repercutindo negativamente na saúde dos carteiros e carteiras polo deterioro das súas condicións laborais e tamén repercute na redución da calidade do servizo que se da, afectando directamente ós usuarios destes servizos prestados por Correos.

Ø Dende a CIG Correos sempre estaremos nas loitas pola mellora das condicións de traballo do persoal, dos nosos dereitos, dos nosos salarios, polo incremento razoable dos postos de traballo e tamén velamos pola defensa de Correos como un servizo público de calidade onde se cumpra o recollido na lei, sen máis intereses velados.

Ver nota da prensa: AQUÍ




6 de maio de 2015

Eleccións Locais do 24 de maio de 2015


­ CAMPAÑA ELECTORAL:

ü Comprende dende 8 ao 22 de maio, ambos incluídos.

­ RETRIBUCIÓNS:

0,062138 €         Þ      Envíos con dirección e Tarxetas do I.N.E.

         0,025585 €         Þ      Envíos sen dirección

­ PERSOAL AFECTADO POLA "CAMPAÑA"

USES.- Persoal operativo e mandos percibira un fixo de 114.90 €, sempre que se supere un aumento de mais do 15% de traballo na unidade.

LOXISTICA.-Carga e Descarga, Admisión Masiva, Control e Rexistro de Ctdos (UPR) e responsables destas unidades.

ü Compensación: 114,90 €  por toda a "Campaña" (Do 08/05 ó 22/05).

OFICINAS:

ü A asignación será por oficina, percibindo todos os traballadores dependentes de cada oficina a mesma cantidade. A distribución realizarase con arreglo as seguintes categorías de oficinas e cantidades: 

Oficinas

Contía

Grupo A
114,90 €
Grupo B
86,17 €
Grupo C
57,46 €
Grupo D
0 €

SISTEMA DE DESCONTOS: (Entre os días 8/05 e 22/05).

Þ      Por día que se falte 12,02 € menos, por faltar 4 ou máis pérdese todo.

VOTO POR CORREO E RECOLLIDA DO TERCEIRO SOBRE (24 de Maio)

ü  Preferentemente fará este servicio o persoal afectado pola "Campaña"

ü  Organizarán os servicios para que haxa cometidos de 3 horas como mínimo.

ü  Compensación:   17,97 € por Hora

ü  O Quilometraxe ós Rurais abonáraselles segundo a normativa vixente

Ø PROCURARAN PAGAR A CAMPAÑA COA NÓMINA DE XUÑO.


¡¡¡Que ben negocian os asinantes do Convenio
                                                 nin un céntimo de suba!!!