28 de abr. de 2015

Mobilizacións e Folgas para os meses de Abril e Maio




A CIG felicita aos sindicatos asinantes do Convenio e Acordo Xeral (CCOO, CSIF, UGT e S.L.) por darse de conta aínda que sexa por mor dunhas vindeiras eleccións sindicais e dunha baixada de afiliación,  que Correos destruíu 14 mil postos de traballo en pouco máis de 4 anos, que a contratación nin se ole e que os recargos  institucionalizáronse.

Agora  ben, botamos en falta un pouco de humildade e de autocrítica porque Correos non fixo só este proceso de eliminación de postos e de  empeoramento das condicións de traballo. Isto tamén é grazas á firma duns Convenios e Acordos que lle deixaron as mans libres á empresa para que faga o que queira, converténdose en cómplices necesarios. Esperemos lles sirva de experiencia a estes sindicalistas de fácil firma e de estómagos agradecidos, que hai cousas que non se poden asinar e consentir OS DEREITOS DOS TRABALLADORES NON ESTÁN EN VENDA.

Motivos sobran para convocar unha Folga pero esta debe ser convocada dende a unidade sindical e coa firme convicción de recuperar os dereitos perdidos e non para facer ningún paripé, por iso preguntámonos:
Porque na vez de promover un calendario de folgas e paros  para desatascar a negociación do Convenio???  Non se convoca unha folga indefinida para que se aplique o EBEP a todo o persoal e así o persoal laboral poida recuperar a súa condición de empregado público que lle foi roubada grazas á sinatura do primeiro Convenio e se equiparen os nosos dereitos cos do resto dos empregados públicos. E por outra banda débese forzar a convocatoria  da Mesa Sectorial para abrir a negociación do persoal funcionario.
Porque estes sindicatos nin buscan nin queren a unidade sindical pois non falaron co restos de forzas sindicais (CIG, CGT, ELA, LAB, Intersindical Canaria, Solidaridad Postal, etc) ????  Será porque en realidade non buscan recuperar dereitos se non un lavado de cara para as eleccións sindicais??? e ademais non vaia ser que as nosas reivindicacións poidan molestar a papá Correos.

CIG (1º de Maio) "Contra a Pobreza. Emprego e Salarios Dignos"

¡¡ NON TE QUEDES NA CASA, 

PARTICIPA NAS MANIFESTACIÓNS DA C.I.G. ¡¡


A CIG convoca para este Primeiro de Maio 12 manifestacións que percorrerán as cidades e principais vilas de Galiza baixo o lema “Contra a pobreza. Emprego e salarios dignos”.







Para máis información e para coñecer os lugares e horas de saída das manifestacións  preme aquí: AVANTAR








17 de abr. de 2015

Cursos de Formación para Promoción Interna INAP abril 2015 (persoal funcionario)



·        Os cursos soamente poden participar persoal funcionario.

·        Publicado no B.O.E. Nº 91 de  data 16/04/2015

O INAP, tendo en conta as necesidades formativas como ferramenta indispensable dos  empregados públicos para o exercicio das súas funcións, convoca dentro do plan xeral os seguintes cursos de apoio para a preparación do acceso por PROMOCIÓN INTERNA para diferentes colectivos da Administración Xeral do Estado na modalidade on-line:


*                C1 – Corpo Xeral Administrativo da AGE  400 prazas.


*                C1 – Corpo de Técnico Auxiliares de Informática. 43 prazas.

*                A2 – Corpo de Xestión da AGE  84 prazas

*                A2 – Corpo de Xestión de Sistemas e Informática 36 prazas.

Solicitudes.- Os que desexen participar nalgún destes cursos deberán facelo a través da páxina web do instituto nacional de administración pública www.inap.es, entrar en «aprendizaxe» e a continuación selecciona a Área formativa.

Prazo de presentación de solicitudes telemáticas será de 15 días naturais a contar dende a publicación da resolución no BOE.

Data de  inicio dos  Cursos  11 de maio.

14 de abr. de 2015

CORREOS no 2014 seguíu perdendo emprego outro ano máis

Neste pasado ano 2014 Correos reducíu a súa plantilla nun 6%, uns 3.281 empregados/as menos, para que queden un total de 51.275 traballadores/as, segundo os datos oficiais.




Con estas cifras que se publican  dende o ano 2008 Correos reducíu nun 25% o cadro de persoal. (Desapareceron 1 de cada 4 postos existentes)



Á falta das contas definitivas, está previsto que se volvan acadar resultados económicos positivos para este exercicio económico recén rematado do ano 2014.
Pero a pesares dos grandes sacrificios que nos fixeron o nos fan pasar ós postos base, reducindo persoal e recargando zonas por non cubrir as ausencias, este aforro non foi suficiente para acadar eses resultados positivos.
Chegou Correos a eses números positivos, ó igual que no ano 2013, grazas a venda de inmobles que se concretaron no 2014.

Dende a CIG Correos seguimos denunciando que a xestión de Correos está fallando dende o máis alto nivel, non podemos esquencer ningún dos implicados: o Goberno a SEPI e a propia Dirección de Correos, que están desenvolvendo unhas políticas que nos están abocando á desaparición como servicio público, escravizando ó persoal empeorando as condicións laborais, reducindo dereitos e rebaixando salarios e penalizando ós usuarios dos servizos, rebaixando a calidade da súa prestación ou mesmo deixando de prestalos en algún dos casos.


Para ollar esta información na prensa preme AQUÍ



Macroconcurso da Administración da Seguridade Social 2015

Amplidado o prazo de presentación de solicitudes ata o día 2 de maio de 2015 logo de que se publicara no BOE do día 14 de abril a corrección de erros.






               Para enlazar co BOE pica AQUI




9 de abr. de 2015

Curso on-line "El cliente y la cadena de valor"





Curso dirixido a todo o persoal de Correos, que manteñan unha relación laboral, ou de servizo, activa, coa empresa desempeñando a súa actividade ao inicio e durante a súa impartición.

Prazo de inscrición do 8 de Abril ao 14 de abril

20.000 prazas e, unha vez cubertas estas, non é posible inscribirse de aí que che recomendamos que se estás interesado que o fagas coa maior celeridade posible.

Inscrición: dende conecta ou internet

Como inscribirte dende internet: unha vez que entras en formación de Correos, debes de ir á parte inferior dereita debaixo de onde pon usuario e contrasinal. alí xa te indica "fai clic aquí para solicitar curso".

O curso terá unha duración de 10 días, realizarase  on-line  dende un ordenador alleo a Correos e fóra da xornada laboral. Os cursos desenvolveranse durante os meses de abril e maio, os alumnos poderán elixir, as datas que máis lles conveñan de entre as dispoñibles.

Tras o proceso de inscrición, comunicarase por  e-mail  e SMS  o comezo da formación. Recoméndase revisar a dirección de correo persoal do apartado "a miña páxina" e aceptar a modalidade de citación por  SMS.

Expediente Formativo

O curso incluirase no expediente formativo de todos aqueles que completen a acción formativa e ademais recibirán unha compensación polo custo da conexión a internet.

No caso de que xurda algunha incidencia técnica durante a inscrición e/ou durante a realización do curso, os alumnos deberán dirixirse ao centro de atención ao estudante centro.atencionestudiante@telefonica.es



8 de abr. de 2015

Altos cargos do Goberno pretenden recolocarse no sector privado

Segundo algúns medios de comunicación altos cargos do actual goberno están suplicando postos na empresa privada entre eles como non podía ser doutra está o noso presidente da SEPI.

Para ver a nova prema AQUÍ