30 de mar. de 2015

CIG Correos: Estamos protexidos os traballadores/as de Correos??

Un sobre sospeitoso en Correos (Cibeles - Madrid)

Realmente, cantas das nosas oficinas, centros de clasificacion ou de distribución teñen capacidade e medios para detectar este tipo de ameazas??

Os feitos están demostrando e descubrindo a falta de medidas preventivas eficaces e efectivas acompañadas de actuacións suficientemente rápidas diante das ameazas ou agresións de calquera tipo que se poidan dar  nos centros de traballo mentras estamos nos nosos postos,  así como durante o desempeño das nosas funcións profesionais. 

Os protocolos de actuación quedan moi bonitos e cubren o marcado pola lei; pero despois hai que ter o persoal cualificado e formado necesario para saber poñelos en práctica no caso de necesidade. 

Todos temos que poñer da nosa parte para que esa formación sexa real e non se limite a recibir un folleto asinando que o lemos e comprendemos, a nosa seguridade vai nelo.

¡¡Loitemos por unha verdadeira formación en materia de prevención de riscos¡¡

Para mais información do suceso de Madrid Preme AQUÍ 1 AQUÍ 2 AQUI 3 AQUI 4 AQUI 5 AQUI 6





25 de mar. de 2015

CiG Correos (Ollo!! Suplantan a Correos para lanzar un ataque informático)

Por medio dun mensaxe falso secuestran o teu ordenador e pídenche un rescate para que non perdas todos os teus correos, datos, fotos...




Para máis información Preme: AQUI 1, AQUI 2.


Prazas Outros Ministerios Publicado Macro Concurso


MINISTERIO DE EMPREGO E SEGURIDADE SOCIAL


PUBLICADAS PRAZAS BOE Nº  72 do 25 DE MARZO DE 2015

Orden ESS/507/2015, de17 DE MARZO

O prazo de presentación de instancias é de 15 días hábiles a partir do seguinte á publicación no BOE.
O persoal de Correos podemos optar a todos os postos sempre e cando reunamos os requisitos de participación e ocupación esixidos na convocatoria.

Son  un total de 2.343 prazas en toda España.

Postos ofertados en Galiza para os subgrupos: A2,C1 e C2.

A Coruña, Lugo, Pontevedra e Ourense.
Para ver a convocatoria prema AQUÍ

24 de mar. de 2015

CIG Correos (NOVIDADES DE CORREOS)

Nóminas de Febreiro (Enrevesadas)

Meteron informacións engadidas nesta nómina de febreiro que nos complicaron a comprensión das mesmas a todos. En principio as cantidades a percibir están ben. Lembrade que coa nómina de marzo temos que cobrar por duplicado o Complemento de Producción e Asistencia (o dos meses de febreiro e marzo).
Por outro lado ó persoal laboral modificáronlle nas nominillas a data de inicio de contrato a moitos deles. Segundo a información que temos eso non o poden facer. Imos pedir explicacións e esixir que rectifiquen eses datos poñendo os verdadeiros. De non ser así denunciaremos estes feitos.

Competencia non acepta as contas presentadas por Correos

A Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) obriga a Correos a reformular as contas dos exercicios dos anos 2011 e 2012 e devólvelle a do 2013. Rechaza o modelo de contabilidade analítica presentado por Correos porque consideran que esta feito para impedir que poidan cumprir coas súas funcións reguladoras dentro do mercado postal.

Para máis información: Preme AQUI

O Deutsche valora vender o seu banco en España

Nos próximos días o Consello de Administración do Deutsche Bank decidirá se se desfán dos negocios minoristas que teñen fora de Alemania entre os que se atoparía a filial española e BanCorreos.

Para máis información: Preme AQUI

O Partido Popular propón que as empresas da SEPI patrocinen as seleccións españolas, como fai Correos co balonmano.

Como nos sobran cartos en Correos, pois vamos a seguir poñendo un montón de diñeiro para patrocinar ás seleccións. Vergoña lles tiña que dar cando reducen postos de traballo, deixan de contratar para suplencias e todo coa xustificación de que non hai diñeiro para elo, facendo recargar zonas e obrigando ó persoal a facer as funcións e traballos dos que faltan ou desaparecen. E agora queren institucionalizar e casi obrigar estes patrocinios dende o goberno do PP.

Para máis información: Preme AQUI

Outro paso mais na instalación de buzóns comunitarios nas urbanizacións.

Desta vez en colaboración co concello de Calp están implantando este tipo de buzóns. Tan só lles costa os residentes a cantidade de 150 € (Case nada). Menos traballo, sí, pero tamén menos carteiros e os veciños tendo que pagar por recibir un servizo que dista de ter a calidade do reparto domiciliario.

Para máis información: Preme AQUI



17 de mar. de 2015

A CIG chama a participar nas mobilizacións convocadas por SOS Sanidade Pública este xoves 19 de marzo

En defensa dunha sanidade pública, universal e de calidade
A Plataforma cidadá SOS Sanidade Pública ten convocadas mobilizacións para este xoves, día 19 de marzo, en todas as áreas sanitarias de Galiza. A CIG, que forma parte desta plataforma desde a súa constitución, fai un chamamento a sumarse a estas convocatorias en defensa dunha sanidade pública, universal e de calidade.

A CIG considera que a Sanidade Pública é patrimonio universal da cidadanía e que non se poden consentir políticas como as impulsadas polo Partido Popular, que promoven o seu desmantelamento coa fin de camiñar cara a súa privatización. A central sindical entende que non se pode permitir que se faga negocio coa enfermidade das persoas e que, para iso, se vaia desmantelando progresivamente este servizo público esencial.
Por iso fai un chamamento a mobilizarse en defensa dun sistema sanitario galego público, universal e de calidade e a manifestar un masivo rexeitamento ás constantes agresións e recortes que sofre, tanto en persoal como en medios materiais. Recortes que están a provocar un cada vez maior deterioro da calidade asistencial.


As mobilizacións que a esta altura están confirmadas son:
A CORUÑA. Casa do Mar. 20h.
BURELA. Hospital da Costa. 20:30h
O BARCO. Hospital Comarcal Valdeorras. 20h.
PONTEVEDRA. Hospital Provincial 20h.
BARBANZA. Ribeira, Praza do Concello, 20h
SANTIAGO. Praza do Toural, 20h
FERROL. Praza de Armas, 19h
VIGO. Praza de España, 20h.
OURENSE. Subdelegación do Goberno, no Parque de San Lázaro, 11:00 h


16 de mar. de 2015

Máis fraudes utilizando a falsa oferta de ingreso para Correos

Os verdadeiros promotores destes "pillaxes" seguen sen dar a cara e sen pedir disculpas logo de provocar estas situacións.


   
  • Ahora ofrecen un curso de capacitación máis o correspondente manual por un total de 1.370 € de nada.
  • Aseguran 5.000 postos ata o ano 2015.
  • Para ollar este exemplo con máis detalle preme AQUÍ



Realmente quen son os culpables e responsables que provocan que se estean dando estas situacións de fraude e abuso?

A moitos de nos véñennos á cabeza as informacións e comunicados dalgúns sindicatos onde se aseguraba unha consolidación con 4.500 postos, sen mediar convocatoria algunha.

Para que isto non se repita, rogariámoslles a todas as partes implicadas que non se fagan anuncios precipitados, xa que lles pode causar un  dano  moral, de tempo e de diñeiro os que por necesidade fagan caso desa publicidade. Desta maneira tampouco se espertaría a ansia desmedida de academias e espelidos que xustifican as súas ofertas nestes anuncios interesados e prematuros de Correos ou dos sindicatos.

A publicidade da oferta de ingreso 

anterior á súa convocatoria

non deixa de ser unha información 

!! FRAUDULENTA E INTERESADA !!







8 de mar. de 2015

10 de Marzo DIA DA CLASE OBREIRA GALEGA

A CIG reivindicará emprego e salarios dignos contra a pobreza no Día da Clase Obreira Galega


A central chama a participar nas mobilizacións convocadas nas sete cidades o 10 de Marzo


A CIG aproveitará a conmemoración do 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, para reivindicar “emprego e salarios dignos” como único xeito de frear o empobrecemento da maioría social a causa das políticas que está a aplicar o PP en Galiza e no conxunto do Estado. A central nacionalista fai un chamamento a participar nas mobilizacions convocadas ao longo da xornada nas sete cidades galegas. O acto central da xornada, no que participará o secretario xeral, Suso Seixo, terá lugar unha vez máis en Ferrol e consistirá nunha ofrenda floral en memoria de Amador Rei e Daniel Niebla e nunha manifestación.



Para máis información e para ollar o lugar e hora das mobilizacións PREME AQUÍ


6 de mar. de 2015

A CIG chama a participar na manifestación unitaria do feminismo galego con motivo do 8 de Marzo

A mobilización, baixo o lema "Feminismo para Avanzar. Xuntas nunha mesma loita", sairá ás 12h da estación de tren de Compostela


O vindeiro domingo 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, a CIG chama participar na manifestación unitaria do movemento feminista galego que, baixo o lema "Feminismo para Avanzar. Xuntas nunha mesma loita", sairá ás 12 horas da estación de tren de Santiago de Compostela.

Para máis información PREME AQUÍ: AVANTAR




5 de mar. de 2015

8 de marzo dia internacional da muller traballadora MANIFESTACION EN COMPOSTELA

A Secretaria Confederal de Muller da CIG chamou a participar na manifestación unitaria do 8 de marzo, con saída ás 12:00 horas da estación de tren de Compostela

Sen emigración e infraemprego a cifra de mulleres desempregadas en Galiza chegaría ás 300.000



A Secretaría da Muller da CIG presentou este luns a campaña coa que, baixo o lema “Traballo digno, salario xusto”, a central sindical conmemorará este ano o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora. Un lema que Margarida Corral considerou especialmente acaído, á vista dos datos recollidos no informe elaborado polo Gabinete Confederal de Economía, “A Muller no Mercado Laboral en Galiza” do que se tira que 92.839 galegas teñen ingresos inferiores aos 1.861€ brutos ao ano e 71.783 emigraron desde 2008. Cifras que, de ser sumadas ao número de desempregadas que estima a EPA, 132.000, elevarían o número de mulleres no paro en Galiza ás 300.000.

Para máis información PREME AQUÍ: AVANTAR


3 de mar. de 2015

ATENTO tíñalle estafado 2 millóns de euros a Correos e Correos sen enterarse

Excesivo celo nos controis, seguimentos e persecucións dos de "abaixo" e por "arriba" esfúmanse todos os sacrificios dos "bases" pola deixadez, falta de profesionalidade e ineptitude dos xestores e políticos de turno.




Se non chega a ser porque ADIF (Renfe) que estaba sendo estafada de igual maneira levantou a lebre; dende Correos seguirían pagando os sobrecargos de ATENTO sen sospeitar da estafa.


Todas estas irregularidades que se cometen, nunca teñen repercusión na cúpula directiva da empresa e o de asumir responsabilidades non vai con eles.




Para ollar esta noticia na prensa PREME AQUI




2 de mar. de 2015

Modificación do sistema de Retribucións: Cambio do sistema informatico na confección das nóminas


Correos cambiou o sistema informático para a confección das nóminas pasou do “META4 a SAP” este cambio o veremos nas  nóminas  a partir de agora e seguirá o principio de devengo e non de a mes vencido como ata agora. Pasámolo a explicar detidamente para entendelo mellor.
  • O cobro de todos os conceptos retributivos percibirase no mesmo mes ao que corresponda. Isto significa que o CPA, que ate agora se venia cobrando na nómina do mes seguinte ao de devengo, pasará a cobrarse na nómina do mesmo mes e as incidencias de absentismo se computarán ata o día 20 dese mes. As que se produzan dende o día 20 ata o final de mes  reflectiranse na nómina do mes seguinte.
  • As retribucións variables por produtividade, sábados e festivos terán o mesmo tratamento co CPA.
  • Como consecuencia da transición dun sistema a outro, no mes de marzo, cobrarase o CPA de febreiro (sistema anterior) e o CPA do mes de marzo (sistema novo). A partir de abril xa co novo sistema implantado  cobrarse  o CPA do mes de abril en abril, e así sucesivamente.
  • Coas retribucións variables por produtividade, sábados e festivos ocorrerá o mesmo no mes de marzo; e quedarán regularizadas co novo sistema a partir do mes de abril.
  • O xustificante da nómina recibirase a mediados do mes seguinte ao que corresponda, é dicir a nómina de febreiro recibirase a mediados de marzo, a de marzo a mediados de abril e así sucesivamente.
Outra das novidades que introduce este novo sistema é que a nómina cambia de formato e que a partir de agora vira tamén reflectida a contía que cotiza a empresa polo traballador.             

Conxuntamente coa nómina de febreiro entregarase o certificado do IRPF de 2014.

6ª Xuntanza da Comisión Negociadora do IV Convenio e Acordo Xeral

O 26 de febreiro celebrouse a sexta xuntanza da Comisión negociadora do IV Convenio Colectivo e Acordo Xeral. Correos unha vez máis empezou a reunión dicindo que aínda non teñen  autorización da SEPI para realizar propostas formais, pero que teñen vontade de acordo dentro do marco existente como empresa pública. Nesta xuntanza fíxose entrega dun novo “documento de traballo” pero onde tampouco estaban  temas tan importantes como o das Retribucións nin o Calendario Laboral.
A pesares que algúns sindicatos valoran moi positivamente o novo Texto de Convenio entregado sobre todo os asinantes do anterior Convenio (CCOO,UGT,CSIF e SL) dende a CIG vémolo como un Texto que vai traer consigo unha nova perda de dereitos. Pero que quede moi claro que con isto non queremos dicir que o Convenio actual sexa bo o que dicimos e que o que ven vai ser peor ca este.  
Algúns exemplos das modificacións que queren introducir neste novo Convenio:
  • Introducen as xornadas partidas Artigo 50 Xornada: “……a empresa por necesidades de organización poderá establecer outras diferentes incluíndo xornadas partidas u outras distribucións horarias de carácter distinto á continuada”.
  • Modificacións por criterios comerciais. Artigo 38 Modificación substancial das condicións de traballo: Engádese  “…..se consideran como tales as que estean relacionadas coa competitividade”.
  • Artigo 6 Ámbito Temporal: Neste novo Convenio non inclúe a cláusula de ultraactividade. Dispón que unha vez denunciado, permanecerá vixente durante o prazo dun ano…..E despois que????
  • Artigo 94 Prestacións da Seguridade Social: No Convenio vixente,nas baixas a partir do 4º día Correos completa a prestación económica ata alcanzar o 100% do salario mensual;  no novo texto introducen os descontos que lles son de aplicación ao persoal funcionario os 3 primeiros días percibe o 50 % das retribucións, do 4º día ata o día 20 o 75% e a partir do dia 21 recen percibirá o 100%..
  • Concurso de Traslados: A empresa propón 6 resolucións en lugar das 9 actuais. Isto sería aceptable si sacaran todas as prazas vacantes, pero a empresa seguirá ofertando unilateralmente as prazas que queira.
  • Reestruturacións: Seguiraas facendo a empresa ó seu libre albedrío como ata agora, e dicir co consentimento tácito dos sindicatos que asinan o convenio.
  • Desaparecen as indemnizacións fixas por traslado forzoso se cambio de residencia no anterior Convenio eran:
Traslado de 25 a 40 km 180€ por unha soa vez a tanto alzado.
Traslado de + de 40km 750€ por unha soa vez a tanto alzado.
Desaparece a habilitación do transporte por parte da empresa en traslados obrigatorios sen cambio de residencia cando os centros disten entre si menos de 25km.
A todos os compañeiros que nos preguntan cando se asinará o Convenio podémoslles dicir dende a experiencia que será moi próxima a data das eleccións sindicais.

Documentos entregados por Correos Borrador Convenio 1ª parte