28 de xan. de 2015

CORREOS: Curso de Aforro Enerxético "on line"



O prazo para inscribirse remata o vindeiro día 2 de febreiro de 2015

Para coñecer os detalles deste curso preme AQUÍ



27 de xan. de 2015

CORREOS: Concentración do persoal do CTA de Lavacolla o día 27 de xaneiro ás 17:30 Horas

EN DEFENSA DA SAÚDE DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS

Denuncian a limpeza insuficiente do po das máquinas e as consecuencias negativas que isto ten para a saúde do persoal do Centro de Tratamento Automatizado de Lavacolla 


O Comité de Empresa e a Xunta de Persoal de Correos da provincia da Coruña convocaron esta concentración en demanda dunhas condicións de traballo dignas e do cumprimento da Lei de Prevención de Riscos Laborais. Denuncian as consecuencias para a saúde das e dos traballadores da falta de hixiene no Centro Automatizado de Correos en Lavacolla (CTA), para o que xa presentaron unha nova denuncia conxunta diante da Inspección de Traballo que se suma a outra xa presentada o ano pasado pola CIG-Correos.



 Para máis información preme AQUI



19 de xan. de 2015

Prazas Outros Ministerios






MINISTERIO DE EMPREGO E SEGURIDADE SOCIAL

PUBLICADAS PRAZAS BOE Nº 16 DO LUNS 19 DE XANEIRO DE 2015

Orden ESS/2582/2014, de 29 de diciembre

O prazo de presentación de instancias é de 15 días a partir do seguinte á publicación no BOE.

O persoal de correos podemos optar a todos os postos sempre e cando reunamos os requisitos de participación e ocupación esixidos na convocatoria.



Postos ofertados en Galiza para os subgrupos: A2 e C1.



A Coruña, Lugo, Vigo e Ourense.

 Para ver a orde prema no enlace  AQUÍ

Correos perde o 24,8% de facturación do segmento tradicional nos derradeiros 5 anos


Segundo o informe da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia Correos ten o 91,5% do mercado tradicional, pero só un 11% do da paqueteria.







15 de xan. de 2015

Cursos Formación INAP xaneiro 2015 (persoal funcionario)



·        Os cursos soamente poden participar persoal funcionario dos subgrupos A1, A2, C1, C2 e E
·        Publicado no B.O.E. Nº 11 de  data 13/01/2015

O INAP, tendo en conta as necesidades formativas como ferramenta indispensable dos  empregados públicos para o exercicio das súas funcións, convoca dentro do plan xeral os seguintes Cursos na modalidade on-line e presencial:

*                 Área de organización e funcionamento: Grupos A1,A2,C1,C2 e E. Modalidades On-line e presencial.

*                 Área de procedemento administrativo: Grupos A1,A2,C1,C2. Modalidades On-line e presencial.

*                 Área de recursos humanos: Grupos A1,A2,C1,C2. Modalidades On-line e presencial.

*                 Área de publicacións: Grupos A1,A2,C1,C2. Modalidades On-line e presencial

*                 Área de xestión económica e contratación Grupos A1,A2,C1,C2. Modalidades On-line e presencial

Solicitudes.- Os que desexen participar nalgún destes cursos deberán facelo a través da páxina web do instituto nacional de administración pública www.inap.es, entrar en «aprendizaxe» e a continuación selecciona a Área formativa.

Prazo de presentación de solicitudes telemáticas será de 15 días naturais a contar dende a publicación da resolución no BOE.

 Estes cursos, son valorables tanto na mobilidade interministerial coma na promoción interna da Administración Xeral do Estado.

Para ver o BOE prema AQUÍ

 

13 de xan. de 2015

Ducias de persoas concéntranse na Coruña contra a represión e a criminalización da mobilización social

A protesta realizouse coincidindo coa declaración no xulgado dunha das persoas ás que se lle abriu proceso pola protesta contra a visita de Merkel

Ducias de persoas concentráronse na mañá deste luns diante dos xulgados da Coruña en rexeitamento á represión e á criminalización da protesta social e en apoio a Paulo Carballada, que hoxe tivo que prestar declaración ao ser unha das cinco persoas que até o momento recibiron comunicación de sancións económicas e de apertura de procesos penais pola súa participación na mobilización contra a troika do pasado 25 de agosto, con motivo da visita de Angela Merkel e Mariano Rajoy a Compostela.
15-01-12 ConcentracionXulgados0
Para a CIG, estas actuacións hainas que enmarcar na política represiva e de intento de criminalización da mobilización que o PP está a empregar co obxectivo de frear a resposta social. Unha estratexia para a que mesmo se vale da manipulación de atestados policiais para avalar as denuncias contra os e as participantes nas protestas e buscando aplicar castigos exemplarizantes. Neste caso concreto, contra Paulo Carril, Afonso Losada, Xabier Aboi, Paulo Carballada e Rubén Cela.

 A respecto dos informes policiais, resulta rechamante que malia a gravidade dos feitos que se lle imputan a algunha destas persoas –supostamente un deles intentou facerse coa arma dun policía e outro deu cun obxecto punzante a un axente- non se produciu no día da protesta ningún tipo de detención nin de identificación.
Nesta liña represiva e de recorte de dereitos hai que entender tamén a Lei de Seguridade Cidadá (máis coñecida como lei mordaza), que dará cobertura legal a este tipo de manipulacións, pois tanto no inicio do procedemento sancionador, como na fase de instrución do procedemento penal, dáselle veracidade ás declaracións das forzas e corpos de seguridade, que se converten en inatacábeis. Ao mesmo tempo prohíbese a gravación das actuacións da policía (por parte dos medios de comunicación e de particulares), suprimíndose así a posibilidade de utilizar estas imaxes como defensa. Ábrese a porta, pois, a un estado de carácter policial.

12 de xan. de 2015

Pretenden arrebatarlle a Correos o reparto do voto por correo e a propaganda electoral

Segundo diversos medios de comunicación a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) solicitou ao Ministerio de Interior que non sexa a Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A. designada de forma directa para prestar o servizo de reparto da propaganda electoral e do voto por correo en periodo electoral, se non que se faga previo concurso onde poidan participar o resto de operadores privados.
Esta é outra volta de rosca máis que pretenden os operadores privados para seguir afogando a Correos e levarnos a unha privatización por falta de financiación.

8 de xan. de 2015

Prestación Sanitaria de MUFACE para o ano 2015 (Persoal Funcionario)




A CIG ven denunciando dende fai tempo que o futuro de MUFACE está en perigo e o concerto para o ano 2015 asinado polo Ministerio de Facenda e as entidades aseguradoras para a prestación sanitaria dos funcionarios así o corrobora, pois o concerto para este ano esta seriamente afectado polos recortes en hospitais, clínicas e cadros médicos.

Segundo o Director Xeral de MUFACE a carteira básica de servizos asistenciais vaise a manter nas mesmas condicións e coa mesma calidade para o ano 2015. Sen embargo dende a CIG dicimos que isto é insuficiente e que o Goberno do PP ten que tomar unha determinación inmediata ao respecto do futuro desta entidade. Os funcionarios vemos como ano tras ano as prestacións de MUFACE vense recortadas (eliminación axuda para adquisición de vivenda, baixada dos subsidios de xubilación e defunción, copago dalgunhas medicinas hospitalarias, eliminación da carteira de servizos de reprodución asistida, a baixada nos importes das contías por prestación complementaria para material ortoprotésico, dentarias, oculares e un longo etc.) lembremos ademais que MUFACE necesitou dun adianto orzamentario para facer fronte aos pagos de farmacia e incapacidade temporal, porque as súas contas estaban en números vermellos.

O Concerto para o ano  foi asinado coas seguintes entidades sanitarias:

Ø  ASISA

Ø  SECURCAIXA-ADESLAS

Ø  DKV SEGUROS

Ø  IMQ DE CANTABRIA

Ø  Sistema Nacional de Saúde INS

 Cambio de entidade Sanitaria:

Calquera mutualista ou beneficiario de MUFACE pode solicitar o cambio a calquera das entidades  concertadas por unha soa vez durante o mes de xaneiro.

7 de xan. de 2015

CORREOS: QUE FACER PARA COBRAR PARTE DA PAGA EXTRA DE 2012 !!




  • Se eres persoal funcionario, laboral fixo ou contratado en activo a día 1 de xaneiro de 2015, segundo se recolle no BOE, en principio non terías que facer nada para que Correos che ingrese a parte que che corresponde da paga extra de decembro 2012.
  • Se cambiaches de habilitación respecto ó segundo semestre de 2012 (Xubilados, Cambios de Ministerio, ...) ou non te atopas en servicio activo a día 1 de xaneiro de 2015 (Contratados sen contrato, ...) entonces terás que cubrir a solicitude que figura no BOE e dirixila a Correos para que che paguen.



Para consultar a normativa reguladora e mais para acceder ás solicitudes preme  AQUI

Se tes calquera tipo de dúbida ponte en contacto connosco.








5 de xan. de 2015

Modificación IRPF 2015 Contratación


CONTRATACIÓN


 


Dende CIG lembrarvos a todo o persoal que figura nas Bolsas de Contratación que dende comenzos deste ano 2015, aqueles que o consideredes oportuno, poderedes solicitarlle a Correos que se vos aplique unha retención do IRPF superior á mínima, a efectos de que cara final de ano non vos regularicen cunhas retencións desorvitadas.  

Tede en conta que:

- A petición feita para o 2014 xa non serve para o 2015.

- Que cá nova Reforma Fiscal tribútase por IRPF a partir dos 12.450 € brutos anuáis.

Se queres descarga-la solicitude preme AQUÍ.