23 de dec. de 2014

5ª Xuntanza da Comisión Negociadora do IV Convenio e Acordo Xeral






 O 15 de decembro celebrouse a quinta xuntanza da Comisión negociadora do IV Convenio Colectivo e Acordo Xeral. Correos amosou o seu interese por acercar posturas para chegar a acordos insistindo en que non poden achegar propostas formais porque aínda non están autorizados pola SEPI. Con respecto ás propostas de Correos entregadas na anterior reunión, informou o representante de Correos dunhas  modificacións de mellora (en realidade e deixar eses puntos tal e como están agora no anterior Convenio). 


Estas son as modificacións que presentou Correos das propostas presentadas na 4ª reunión


  • Flexibilizar as funcións dos postos de atención ao cliente, reparto e xefaturas de equipo en aras dunha maior polivalencia (isto ségueno mantendo, queren mozo para todo)
  • Eliminación das compensacións económicas nas mobilidades funcionais e xeográficas. (isto  modifícano, agora propoñen negociar indemnizacións en determinados supostos ou transporte por parte da empresa e propoñerán que teñan preferencia nos concursos de traslados )
  • Mellorar o sistema de selección do persoal de atención ao cliente (isto mantéñeno, elixir a dedo ao candidato)
  • Reducir a tres as adxudicacións do Concurso Permanente de Traslados.( auméntanas a seis)
  • Potenciar os contratos a tempo parcial e en prácticas.(retiran o de prácticas)
  • Potenciar a xornada partida e garantir os servizos dos días 24 e 31 de decembro.( déixano como estaba no anterior Convenio)
  • Axustar os permisos ao contemplado no ámbito da Función Pública e Estatuto dos Traballadores ( déixaos como están no anterior Convenio)
  • Reducir os permisos por enfermidade familiar incluíndo como condicionante os famosos desprazamentos.( déixanos como están ata agora)
  • Aplicar os descontos que teñen os funcionarios por enfermidade ao persoal laboral. (isto mantéñeno)



Valoración da CIG: 

17 de dec. de 2014

Pago de axudas sociais pendentes na nómina de Decembro



Coa nómina do presente mes de decembro faranse efectivos os importes correspondentes ás axudas de acción social que quedaban pendentes das convocadas no plan de acción social para 2014. Atendéronse TODAS as solicitudes recibidas que cumprían os requisitos esixidos nas convocatorias.


- Axudas para tratamentos de saúde: 6.038 axudas de ata 150 euros, en función do gasto acreditado, por importe global de 444.750 €

- Axudas ao estudo para fillos (libros e material escolar): 9.303 axudas, de 60 € cada unha, por un importe total de 558.180 €

- Axudas para estudos universitarios de empregados: 190 axudas de ata 200 €, en función do gasto acreditado. O importe total ascende a 26.978 €.




10 de dec. de 2014

Correos presentou a sua primeira tenda 24 horas "concep tienda 24/7"


Todd Hooper responsable da red de oficinas de Correos, convertirá varias oficinas de Correos en tendas, está é a súa aposta por reinventar o negocio de Correos.

¡¡¡Para que imos a intentar facernos co mercado da paquetería,  vaia parvada.!!!

Pero que podiamos esperar de alguén que ven do Carrefour. Estes son os fichaxes estrelas de Correos.

De vergoña compañeiros, este é o futuro que pretende Correos ...competir cas tendas 24 horas, e logo que será competir coas tendas dos chineses??

Para ver a nova prema no enlace  Logistica y Transporte   ABC  Wordpress



Cursos INAP para o primeiro semestre 2015


  • Os cursos soamente poden participar persoal funcionario dos subgrupos A1, A2, C1 e C2.
  • Publicado no B.O.E. Nº 293 de data 04/12/2014
O INAP, tendo en conta as necesidades formativas como ferramenta indispensable dos empregados públicos para o exercicio das súas funcións, convoca dentro do plan os seguintes Cursos:

  1. STICS: Seguridade das Tecnoloxías de Información e Comunicacións. (subgrupos A1, A2 e C1 prazo de solicitude ata o 16 de xaneiro, modalidade do Curso On line e semipresencial) 
  2. Actividades en Materia de Tecnoloxías da Información e Comunicación (subgrupos A1, A2, C1 e C2, prazo de solicitude 15 días naturais, modalidade do Curso On line e semipresencial)
Solicitudes.- Os que desexen participar nalgún destes cursos deberán facelo a través da páxina web do instituto nacional de administración pública www.inap.es, entrar en «aprendizaxe» e a continuación selecciona a Área formativa.

Estes cursos, son valorables tanto na mobilidade interministerial coma na promoción interna da Administración Xeral do Estado.

Prema no enlace para ver o BOE   AQUÍ


3 de dec. de 2014

Prazas outros Ministerios





MINISTERIO DO INTERIOR.

* Publicadas prazas nº BOE 291 do 2 de decembro 2014.



* Orde INT/2250/2014 do 20 de novembro.



* O prazo de presentación de instancias é de 15 días a partir do seguinte á publicación no BOE.



* O persoal de correos podemos optar a todos os postos sempre e cando reunamos os requisitos de participación e ocupación esixidos na convocatoria.



Postos ofertados en Galiza para os subgrupos: C1 e C2:



A Coruña, Lugo, Pontevedra, Ourense.



Para ver a orde prema no enlace  ORDE INT/2250/2014


1 de dec. de 2014

Campaña Nadal 2014




Produtividade e remuneración para a campaña de Nadal

Percibirase unha gratificación de 95,08 € ( nin un céntimo de subida con respecto da do 2013) polo conxunto da campaña de Nadal.

Os requisitos para poder cobrar esta gratificación son:
 

*   Permanecer vinculado e en activo en correos de forma ininterrompida dende o 1 ao 31 de decembro.

*   Ser persoal funcionario, laboral fixo (incluídos fixos descontinuos e fixos a tempo parcial) e persoal eventual, excluíndose os contratos por circunstancias da produción realizados para atender a propia campaña.

*   Traballar nunha das seguintes áreas: repartición ordinaria, repartición urxente, clasificación de cartería, apartados, ruteiros, persoal operativo dos centros e unidades de tratamento (admisión masiva, clasificación automática, manual, produtos rexistrados e carga e descarga), sala de aparatos, rurais A, condutores interzonais e intercentros, cambio de Madrid, persoal operativo das oficinas postais os xefes das unidades afectadas. Os rurais B e empregados/ás con xornadas a tempo parcial en proporción á súa xornada.

Penalizacións:

Por inasistencia descontarase da gratificación, o primeiro día 12,02 €, o segundo e o terceiro 18,03 €. con máis de tres días pérdese o dereito á percepción económica.

Exceptúanse da penalización:


*   Os accidentes de traballo en novembro ou decembro, nacemento, acollemento e adopción dun fillo, falecemento ou enfermidade grave dun familiar ata segundo grao.

*   Dous días de permiso a elixir entre os días 1 e 14 e outro día do 15 ata fin de mes.

Días 24 e 31: módulo de 79,48 € por traballador/día. deberán prestar servizo:

 O persoal mínimo imprescindible tanto en admisión e oficinas coma en tratamento e distribución.

Só abrirán as oficinas de centros comerciais, e en grandes poboacións poderase proceder a aperturas puntuais con horario de sábado.

Días 25 de decembro e 1 de xaneiro:

Non traballará ninguén. o persoal dos centros de tratamento, que por quenda, traballe a noite do 25 ao 26 de decembro e do 1 ao 2 de xaneiro percibirá as horas adicionais de festivo.

Pagamento da campaña: correos comprométense a axilizar os trámites para que o seu pagamento se faga efectivo a finais de xaneiro.