21 de nov. de 2014

Pago Axudas de Acción Social (Nómina mes de novembro)






Coa Nomina deste mes de novembro abonaranse as cantidades correspondentes as seguintes "Axudas de Acción Social"

Anticipos e prestamos sen xuro: 2.127 solicitudes o que supon un importe total de 8.373.500 €

Axudas para educación Infantil: 850 axudas de ata 250 € , en función do gasto xustificado, por un total de 195.620 €.

Axudas para fillos con discapacidade: 636 solicitudes entre 300 a 500 euros, atendendo ao grao de discapacidade, por un total de 233.900 €.

Na nómina do mes de decembro abonaranse as axudas para o "tratamento da saúde", "axudas ao estudo" e "axudas para os estudos universitarios de empregados"


20 de nov. de 2014

4ª Xuntanza da Negociación do Convenio e Acordo Xeral


Correos dálles un balón de osixeno aos sindicatos asinantes (CCOO, Csif, UGT e S.L.) de cara á folga convocada para o 27 de novembro e 22 e 23 de decembro.

Os mareados postais como estaban vendo que por moito que dicían nas asembleas a desconfianza do persoal era moita de cara a facer folga, CORREOS decidiu votarlles unha mao aos seus compinches en forma de Resolución na que ameaza con dar por rematado o Convenio a data 27 de decembro se non se asina antes.

 Con isto Correos consegue dous propósitos o primeiro votarlles unha man aos seu amiguetes quentando o ambiente para que logo xurdan estes e convértanse nos salvadores dos dereitos dos traballadores, baluartes dos desvalidos e  poidan dicir esa frase que tanto lles gusta que é ¡¡ Grazas a nós conseguimos que..!!!; en segundo lugar Correos busca darlles pé para que estes poidan asinar o novo Convenio e Acordo o antes posible.

 A resolución ditada por Correos en cuestión é claramente ilegal, o Convenio actual  ten unha cláusula de ultraactiviade, e por tanto a súa vixencia esta amparada pola Lei  e  o saben, pero están, entrando unha vez máis no xogo que todo vale con tal de conseguir os seus obxectivos que non son outros que Correos continuar precarizando o emprego, eliminando dereitos etc, e os destes sindicatos continuar mantendo os seus privilexios traducidos en horas para os seus liberados (que por outra banda cada día son máis) e os cartos para formación.

Pero que ninguén se engane por moita folga e panfletos incendiarios que fagan, acabaran asinando o Convenio e Acordo Xeral coma sempre;


¿¿sinceramente alguén o dubida a estas alturas??

5 de nov. de 2014

Unipost repartirá a propaganda electoral do 9N en Cataluña



Trala negativa de Correos de repartir a propaganda electoral do 9N a pesares de ser a adxudicataría dos servizos postais da Generalitat de Cataluña o Goberno Catalán decidiu adxudicar a Unipost o reparto da propaganda para o 9N.

Para ver a nova prema AQUÍ

Correos de Portugal gaña un 16.5% trala privatización



Correos de Portugal CTT, que foi privatizada o ano pasado, gañou en Bolsa 52,6 millóns de euros nos nove primeiros meses de 2014, un 16,5 % máis que no mesmo periodo do pasado exercicio.

A empresa recoñece que a redución de empregados feita no 2013 tivo un impacto positivo no indicador financieiro da empresa.
Para ver a nova prema AQUÍ



Asaltan a Oficina de Correos de Cerdedo Pontevedra




O pasado día 3 de novembro uns descoñecidos forzaron unha fiestra e accederon ao local danando a caixa forte e os armarios de seguridade.

Para ver a nova prema AQUÍ

4 de nov. de 2014

Correos valorado en 2 mil millóns de euros

O Consello Empresarial para a Competencia (CEC) grupo formado por 15 das maiores empresas do pais presentou onte un informe de medidas para impulsar a economía. Onde unha das medidas propostas sería a de privatizar as empresas públicas.
Para ver a nova prema   AQUÍ

Negociación Convenio e Acordo Xeral

Porque tantas présas ??????


Que é o que pasa cos asinantes do Convenio?. Porque este furor mobilizador?.

Dende CIG non comprendemos o porque destas actitudes, hai que ter en conta que o actual e aínda en vigor  dí:  Artigo  6. Ámbito temporal "...permanecerá vixente o seu contido mentres non sexa substituído polo novo convenio". Polo tanto é innegable, por moito que se empeñen algúns, que ten cláusula de ultraactividade e que non desapareceran os dereitos dos traballadores de correos o primeiro de xaneiro, nin moito menos quedaremos a nivel do Estatuto dos Traballadores.

Pero fagamos memoria!!. Os asinantes fartáronse de vender que o actual convenio garantía os dereitos dos traballadores, que se consolidarían 4500 prazas, que se actualizarían os suplidos por aportación de vehículo, etc..  Pero se este convenio era tan bo, porque tanta présa de asinar outro novo antes de telo ben atado si a situación de crise dificulta moito mais a negociación que no ano 2011? Que pasa agora para chamar aos traballadores a mobilizarse, incluso á folga se o novo convenio non se asina antes de rematar o ano? Agora atácanlles as ansias de mobilizarse? Pero que fixeron dende o 2011 cando este convenio se incumpriu sistematicamente?

Lembremos:

Ø  A Mesa de Carburantes non se reuniu nin unha soa vez.

Ø  Das 4500 prazas anunciadas, "fruto de la movilización" segundo algún dos asinantes, non se convocou nin unha soa.

Ø  Os permisos por enfermidade e falecemento, a pesares de estar claramente regulados,  a Empresa non os concedeu en multitude de ocasións.

Ø  Os recargos instituciónalizaronse durante todo o ano.

Ø  A persecución aos traballadores de baixa incrementouse de xeito brutal dende que se lle pagan incentivos aos médicos por este motivo.

E ante todo isto que fixeron os asinantes? Mais ben nada, ningún comunicado, ningunha mobilización e moito menos unha folga. Porque nos tentan enganar de novo outra vez?.

Ante isto convén non esquecer que os asinantes sacan moitos réditos destas sinaturas; vía cursos de formación, venda de textos, academias, afiliación, etc... e teremos parte da resposta. Se unimos isto a que para o ano que ven hai eleccións sindicais e os que non fixeron nada durante estes anos, mais ben o contrario, teñen agora a necesidade de tapar a súa pasividade diante dos traballadores con mobilizacións, teremos a resposta as nosas preguntas

3 de nov. de 2014

Curso on-line Empresa 2.0


Curso dirixido a todo o persoal de Correos, que manteñan unha relación laboral, ou de servizo, activa, coa empresa desempeñando a súa actividade ao inicio e durante a súa impartición.

Prazo de inscrición do 31 de outubro ao 09 de novembro

20.000 prazas e, unha vez cubertas estas, non é posible inscribirse de aí que che recomendamos que se estás interesado que o fagas coa maior celeridade posible.

Inscrición: dende conecta ou internet


Como inscribirte dende internet: unha vez que entras en formación de Correos, debes de ir á parte inferior dereita debaixo de onde pon usuario e contrasinal. alí xa te indica "fai clic aquí para solicitar curso".

O curso terá unha duración de 10 días, realizarase  on-line  dende un ordenador alleo a Correos e fóra da xornada laboral. Os cursos desenvolveranse durante os meses de novembro e decembro, os alumnos poderán elixir, as datas que máis lles conveñan de entre as dispoñibles.

Tras o proceso de inscrición, comunicarase por  e-mail  e SMS  o comezo da formación. Recoméndase revisar a dirección de correo persoal do apartado "a miña páxina" e aceptar a modalidade de citación por  SMS.

Expediente Formativo

O curso incluirase no expediente formativo de todos aqueles que completen a acción formativa e ademais recibirán unha compensación polo custo da conexión a internet.

No caso de que xurda algunha incidencia técnica durante a inscrición e/ou durante a realización do curso, os alumnos deberán dirixirse ao centro de atención ao estudante centro.atencionestudiante@telefonica.es