29 de out. de 2014

3ª Xuntanza da mesa negociadora do IV Convenio e Acordo Xeral


O 27 de outubro celebrouse a terceira xuntanza da Comisión negociadora do IV Convenio Colectivo e Acordo Xeral. Correos non presentou ningún borrador simplemente fixo entrega dunhas propostas en materia de negociación e dun calendario parcial de negociación ate o mes de decembro.

PROPOSTAS QUE PRESENTOU CORREOS:

  • Flexibilizar as funcións dos postos de atención ao cliente, reparto e xefaturas de equipo en aras dunha maior polivalencia (mozo para todo) 
  •  Eliminación das compensacións económicas nas mobilidades funcionais e xeográficas. (non pagar nada si te moven da túa oficina ou do teu posto).
  • Mellorar o sistema de selección do persoal de atención ao cliente (elixilos a dedo)
  • Reducir a tres as adxudicacións do Concurso Permanente de Traslados.
  • Potenciar os contratos a tempo parcial e en prácticas.
  • Potenciar a xornada partida e garantir os servizos dos días 24 e 31 de decembro.
  • Axustar os permisos ao contemplado no ámbito da Función Pública e Estatuto dos Traballadores (Función Pública 5 días de A.P. e non teñen días adicionais de vacacións por antigüidade, etc.)
  • Reducir os permisos por enfermidade familiar incluíndo como condicionante os famosos desprazamentos.
  • Aplicar os descontos que teñen os funcionarios por enfermidade ao persoal laboral.


CALENDARIO DA NEGOCIACIÓN:

  1. Igualdade.
  2. Suspensión e extinción de contratos. Réxime disciplinario.
  3. Organización do Traballo. Clasificación Profesional.
  4. Provisión do tempo de traballo. Acción Social. Formación e prevención de riscos laborais.
  5. Ordenación do tempo de traballo.
Estes son os contidos que Correos esta disposto a tratar nas videiras xuntanzas que serían cada 15 días ata decembro.

Valoración da CIG:

¡¡¡ISTO APESTA A LAVADO DE CARA DOS SINDICATOS ASINANTES COA COMPLICIDADE DE CORREOS!!!

É como vivir un DEJA VU cada vez que se negocia un novo Convenio e se aproximan as eleccións sindicais renacen estes sindicatos que estiveron caladiños como mansos cordeiros e sen embargo agora que se aproximan as eleccións sindicais de pronto entralles a tolemia e queren queimar todo, queren mobilizacións e incluso folgas …. Aos asinantes CCOO, CSIF, UGT e S.L. entroulles a hiperactividade sindical e Correos síguelles o xogo poñendo propostas enriba da mesa que saben perfectamente que non van a sacar adiante pero poñenas para que estes sindicatos teñan algo que vender de cara aos traballadores cando asinen porque ninguén o dubide, por moito que falen o digan van asinar e terminarán  vendendo os nosos dereitos coma sempre.

Por exemplo lembremos a estratexia de CCOO na anterior sinatura do Convenio que foran coincidente cas eleccións sindicais.

  • Panfletos incendiarios contra Correos por non negociar e cando negociaron porque propoñían grandes recortes.
  • Encerros fotográficos na sede de Correos e tamén no despacho do subsecretario de Fomento (agora tocará na SEPI)
  • Manifestacións paripé e folga (está vez como non teñen moita imaxinación teñen programado facer o mesmo)

E despois de todo isto asinaron mentindo a todos, como cas 4.500 prazas que ían crear, a redución dos descontos por estar de baixa, a suba do carburante etc. etc.
¡¡¡De nós depende non deixarnos enganar máis por estes mentireiros!!!



24 de out. de 2014

Suspensión das vacacións por mor dunha baixa


CIG INFORMAO 21 de xuño de 2012, o Tribunal de Xustiza Europeo ditou unha sentenza pola que establece que as vacacións quedaran interrompidas se o interesado causase baixa  por enfermidade, mantendo o dereito a gozar o resto do tempo con posterioridade.

Como Consecuencia modificouse o Estatuto dos Traballadores Artigo 38.3, Terceiro paragrafo quedando do seguinte xeito:

         "No suposto de que o período de vacacións coincida cunha incapacidade...que imposibilite o traballador gozalas, total ou parcialmente, durante o ano natural ao que corresponden, o traballador poderá facelo unha vez finalizada a súa incapacidade e sempre que non teñan transcorrido mais de dezaoito meses a partir do remate do ano no que orixinaranse"

O anterior anula o reflectido no Convenio e Acordo que soamente se aceptaba a interrupción ao producirse un ingreso hospitalario superior a cinco días.

Isto quere dicir que se algún traballdor/a tivese problemas de saúde durante o período vacacional, susceptibles de xerar baixa medica, eses días non os perdería e tería que gozalos con posterioridade.

Modo de actuación:

·        Se algún traballador/a se atopara nesta situación, debera solicitarlle ao medico o parte de baixa inicial e facelo chegar o departamento de persoal para dar constancia do feito.

·        Co resto de partes de baixa (en caso de seguir a enfermidade) ou co parte de alta (no caso de curación) debe facelo mesmo.


Finalmente cabe lembrar que se por causa medica non se puideran gozar as vacacións no ano natural, poderá facelo no ano seguinte.

Diante calquera dúbida ponte en contacto co teu delegado da CIG


21 de out. de 2014

Nova empresa competidora para Correos no ano 2015





Competencia Polaca para 2015   INPOST  especializados no comercio on-line.Prevé abrir 500 consignas automáticas en España.


Para ver a nova prema  Economía digital


17 de out. de 2014

O xulgado anula unha avaliación de desempeño realizada en Correos por falta de obxectividade



O Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana declara nula a avaliación de desempeño realizada a un traballador polos seus xefes porque non existe na empresa #Correos un sistema de avaliación de desempeño con parámetros obxectivos que se implantase e por falta de notificación motivada ao traballador, polo que, condean a Correos a incluir ao traballador nas bolsas de emprego , ademais de indemnizalo con 13.845 euros polos danos materiais e salarios perdidos.

Para ver a nova prema AQUI