26 de set. de 2014

Confirman nova conxelación salarial para os empregados/as públicos/as e a recuperación de tan só a cuarta parte da paga extra


A CIG critica o formato da Mesa Xeral de Administracións Públicas do Estado e reclama unha verdadeira negociación.


A Área Pública da CIG  denuncia que a partida de persoal dos Orzamentos para 2015 recollerá unha nova conxelación salarial para os empregados/as públicos/as e a recuperación de unicamente a cuarta parte das paga extra perdida en 2012. Dende a central nacionalista criticaron o formato da Mesa Xeral de Administracións Públicas do Estado que se vén de celebrar esta tarde e reclaman a apertura dunha “verdadeira negociación”.

 A coordinadora da Área Pública, María Carme López Santamariña, iniciou a súa intervención na xuntanza criticando as formas coas que foron convocadas as organizacións sindicais (ás que non se lles entregou ningún tipo de documentación) e o feito de que “nos tivésemos que enteirar pola prensa dos asuntos que se ían tratar”. Neste senso, considera que se trata máis dunha mesa de comunicación que de negociación e reclama a apertura dun verdadeiro diálogo.

No 2013 houbo 52.129 accidentes laborais de tráfico dos cales 37.723 foron "in itinire"

Cada dous días morre un traballador por un accidente laboral

Segundo as conclusións dos últimos datos do Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo di que os traballadores con máis accidentes laborais de traballo do Sector Postal son os empregados de Correos cun 68%.

Para ver a nova prema  AQUÍ


25 de set. de 2014

2ª XUNTANZA DA COMISIÓN NEGOCIADORA DO IV CONVENIO E ACORDO XERAL


A CIG denuncia a nula intención de Correos de negociar o IV Convenio Colectivo do persoal laboral e o Acordo Xeral para o persoal funcionario.

Despois de once meses dende a denuncia do III Convenio Colectivo só houbo dúas reunións  a primeira o 26 de febreiro e a seguinte despois de sete meses o pasado día 18 de setembro na que Correos xustificou a dilatación do proceso  nas  dificultades da negociación ao ter que intervir a Comisión da Comisión Delegada para Asuntos Económicos do Goberno creada para supervisar os Convenios de todas Empresas Públicas e a  SEPI como propietaria de Correos. Nos entendemos que non son mais que escusas baratas pois Correos é unha Sociedade Anónima con capacidade e autonomía para negociar cos traballadores.

Iso si, na reunión Correos deixou claro que non podía haber unha suba no salario e ameazou con rematar coa ultractividade do Convenio o que deixaría a mercé de Correos o poder aplicar a reforma laboral. O único compromiso que asumiu Correos foi o de elaborar un calendario de negociación.

Pero non era que, España vai ben ??????

Que Correos ten beneficios ??????

De vergoña para Correos e o goberno do PP os traballadores non merecemos unha suba dos nosos soldos mentres os políticos rouban a mans cheas e teñen contas en paraísos fiscais.      

É para mexar e non botar gota



11 de set. de 2014

Correos no ano 2013 recortou máis de 2.700 postos de traballo

Segundo este medio de comunicacion nos últimos 6 anos este recorte brutal supuxo a perda de mais de 13.100 postos de traballo (Para outras fontes a perda supera os 14.400). 




Para a prensa este recorte ven xustificado ademáis de pola crise polo desplome dos servicios prestados por Correos, que supuxo un descenso do 10% no 2013, pero que acumula máis dun 35% dende o 2008.

Aínda que as ganancias de Correos achéganse ós 50 millóns o pasado ano, estes resultados son froito da venda de inmobles e máis do cobro dos atrasos de anos anteriores pola prestación do servicio postal universal, nada que ver cunha xestión eficiente.

Para máis información sobre o tema AQUÍ

Dende as altas esferas parece que ninguén ten interese en garantizar un emprego estable nin en defender un Correo Público de Calidade. Resulta moito máis doado deixarse levar pola corriente para rematar tragados polos "carroñeiros" de turno.



Portugal completa a privatizacion de Correos

Despois de máis de cincocentos anos en poder do estado, Portugal remata a privatización dos Correios (CTT)


Pola ridícula cantidade de 923 millóns de Euros, despois de que no mes de decembro pasado sacaran a bolsa un 68,5% e agora o restante 31,5%; Portugal quedouse sen correo público...

Para máis información AQUÍ

Deberemos poñer as nosas barbas a remollar?...

O Goberno e a SEPI gárdanse celosamente de facer pronunciamentos craros ó respecto deste tema e dende Correos o noso presidente limítase a mandarnos "cartitas con buenas intenciones".