26 de ago. de 2014

Centos de persoas mobilizáronse en Compostela con motivo da visita de Merkel e Rajoy


Un desmesurado dispositivo policial impediu o acceso dos/as manifestantes con faixas, bandeiras e cartaces á Praza da Quintana

Centos de persoas trasladáronse até o casco histórico de Santiago de Compostela para evidenciar o rexeitamento ás políticas sociais e económicas representadas por Angela Merkel e Mariano Rajoy, que este luns estiveron de visita oficial na Galiza. Unha mobilización cidadá marcada por un desmesurado dispositivo policial e a prohibición de acceder ás inmediacións da catedral con bandeiras, pancartas ou calquera outro elemento que se puidese identificar como parte dunha protesta.
14-08-25 merkel
Pouco antes das 11:00 da mañá (hora da convocatoria), ducias de persoas do colectivo de pensionistas e emigrantes retornados/sa permanecían retidos/sa polas forzas de seguranza nunha das entradas da Quintana de Vivos, ao prohibirlles o acceso á Praza por levaren consigo faixas e cartaces. Tampouco puideron entrar na Quintana as compañeiras e compañeiros da CIG que levaban bandeiras da central nacionalista e da patria; e, de feito, os axentes mesmo impedían os/as manifestantes acceder á Praza da Quintana dende Praterías.

25 de ago. de 2014

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) pide ao Estado que non favorezan a Correos

Non lles chega coas multas impostas a Correos dende o ano 2010 por valor de 16 Millóns €, se non que agora sumanse aos ataques da prensa e piden ao Goberno que remate cos supostos privilexios que ten Correos.

Entre as medidas solicitadas a CNMC pide que limiten a presunción de veracidade na entrega das notificacións que ten Correos por Lei e que Correos abra a súa rede ao resto de operadores privados.

UNIPOST frotase as mans e aplaude o informe da CNMC.

Para ver a nova prema  EUROPRESS  CONFIDENCIAL



14 de ago. de 2014

Os traballadores de Correos en Ferrol denuncian retrasos no reparto este verán


Según a plataforma de traballadores, aos problemas “xa habituais durante todo o ano en Esteiro e Catabois” debido ao déficit de carteiros/as” se suman agora os derivados do recorte na contratación do personal eventual para cubrir as zonas de reparto dos carteiros/as titulares que se atopan de vacacións. 

Prema nas ligazóns para ver as novas:

Diario de Ferrol




12 de ago. de 2014

Segundo algúns medios de comunicación o Goberno volve poñer a Correos no paquete de empresas a privatizar



Correos, Loterias do Estado, Paradores e Renfe son as empresas públicas que soan forte para ser as seguintes a privatizar despois de Aena.

Para ver a nova prema  Idealista  Cinco días


8 de ago. de 2014

En Correos cada ano hai máis xefes que carteiros


Xa non é unha simple percepción do carteiro o di a propia memoria anual de Correos do ano 2013 recentemente publicada.

Estas son as cifras en número de traballadores:


2012
2013

Xefes e Mandos Intermedios
6.372
7.055
+ 683
Operativos
47.898
44.884
- 3.014

Aínda e máis notable se temos en conta a diminución do grupo de operativos dende o ano 2011. Número de traballadores do Grupo de Operativos no 2011 50.657, total diminución ao ano 2013,  5.773 traballadores menos.
Esta é a empresa que quere Correos, está é a visión de futuro e o camiño a seguir. Unha empresa onde traballa un e dez miran, onde proliferan xefes como setas, mentres quedan barrios sen repartir por falta de contratación.

Os sindicatos asinantes (CCOO, CSIF, UGT e S.L.) son responsables e cómplices de Correos desta supresión de postos base e do crecemento do número de Xefes porque isto trátano en Madrid na Comisión de Emprego Central artigo 16 do III Convenio Colectivo da Sociedade Estatal Correos e Telégrafos.

Porque estes sindicatos calan e achantan coa supresión de postos base por parte Correos e non din nada polo crecemento inxustificado do número Xefes ??????

Que empresa se sostén reducindo empregados e aumentado Xefes????

Acaso están tomando o exemplo da banca? Que todos por desgraza sabemos como rematou.


6 de ago. de 2014

A CIG-Correos denuncia a paralización de reparto de urxentes en A Coruña dende o venres

A CIG Correos denuncia a falta de contratación de traballadores e traballadoras e a escasa implicación dos responsables da empresa "que tratan de botar balóns fóra usando como escudo a imaxe dos carteiros".

A unidade de urxentes de Correos, encargada de telegramas e burofaxes, suspendeu o servizo o pasado venres pola mañá e non o renovou ata hoxe, denunciou o sindicato CIG.

A sección sindical de CIG en Correos de A Coruña explica nun comunicado que ás 07:00 horas do 1 de agosto deixaron de saír os envíos urxentes que tiña Correos.

Ata a mañá de hoxe na unidade de urxentes de Correos de A Coruña "acumuláronse ao redor de 150 burofaxes e telegramas" polo que se incumpriron "deste xeito os prazos de entrega establecidos para estes envíos".


Máis novas premando en: 









1 de ago. de 2014

A CIG Correos denuncia que a entrega do correo no rural retrasase por falta de persoal


«Non se cubren as xubilacións, nin as baixas e tampouco as vacacións polo que é imposible dar resposta axeitada a todos e cada un dos usuarios a cotío malia que se fai todo o humanamente posible. Ás veces, mesmo máis do que se pode», matiza el responsable de la Xunta de Personal Funcionario de la CIG Rafael Iglesias.

Para ver a nova prema AQUI