29 de xul. de 2014

CIG-Correos denuncia o cobro de recibos con recargo en Ames pola deficiente xestión do concello e da Deputación

Asegura que nas oficinas de Correos non se depositaron as cartas coa comunicación do prazo de pago voluntario para a súa distribución aos veciños e veciñas
Veciños e veciñas de Ames veñen recibindo, nas últimas semanas, notificacións a través das que se lles reclama o pago dalgúns impostos municipais con recargo por non teren efectuado o pagamento no chamado prazo voluntario. Desde a CIG-Correos, aseguran que as cartas nas que se lles tería que requirir o cobro destes impostos, indicando o prazo para facelo efectivo, nunca foron depositadas nas oficinas de Correos de Ames para o seu reparto. Fronte a isto, desde o concello e a Deputación da Coruña responsabilizan a Correos de non as ter distribuído.
A CIG-Correos asegura que o problema, que agora sofren os veciños e veciñas, débese á mala xestión da deputación e do concello por non ter enviado esas comunicacións en tempo e forma no prazo voluntario de pago.
Desde o 1 de febreiro de 2013 a Diputación Provincial de A Coruña é a encargada da xestión e recadación de diversos impostos municipais. Até ese momento, dependía da oficina de recadación do concello de Ames que era quen remitía eses recibos. A CIG-Correos descoñece cales foron as causas polas que desde a Deputación non se enviaron esas cartas porén, considera inadmisíbel que se trate de culpabilizar ao persoal de Correos das súas neglixencias.
Ante isto, desde a CIG anímase a todos os afectados e afectadas a presentar as reclamacións oportunas, tanto diante do concello e da Deputación, como nas oficinas do consumidor.

23 de xul. de 2014

A CIG chama a participar nos actos convocados o 25 de xullo con motivo do Día da Patria Galega

A Confederación Intersindical Galega (CIG) chama un ano máis a toda a súa afiliación e simpatizantes a participar nas mobilizacións convocadas polo nacionalismo galego o vindeiro 25 de xullo, en Santiago de Compostela, para conmemorar a celebración do Día da Patria Galega. A central anima tamén a súa militancia a apoiar coa súa presenza todos actos que se organizan ao longo do país nestas datas para reivindicar a soberanía nacional, a xustiza social e a solidariedade.

A central sindical nacionalista considera que o actual marco xurídico é insuficiente para garantir os dereitos nacionais de Galiza, sobre todo nas materias que máis nos afectan como clase traballadora. Por iso entende que no contexto de crise do sistema capitalista neoliberal que padecemos, cómpre mobilizarse para reivindicar un autogoberno sustentado na autodeterminación e na soberanía nacional de cara á mellor defensa dos intereses da clase obreira galega.

A CIG entende ademais que nestes tempos a participación é máis necesaria que nunca para amosar o rexeitamento da clase traballadora galega ás políticas que está a aplicar a dereita española no noso país, que abocan a milleiros de mozos e mozas á emigración, que provocan a perda constante de dereitos laborais, baixadas de salarios e aumentos de xornada, ao tempo que se desmantelan os nosos principais sectores produtivos.

Diante disto, anima a toda a afiliación a apoiar coa súa presenza as mobilizacións e os distintos actos que se convoquen ao longo do país no contexto do Día da Patria Galega para reivindicar a soberanía nacional, a xustiza social e a solidariedade.

Por unha Galiza ceibe e sen explotación!

11 de xul. de 2014

Curso on-line "Atención ao Cliente Interno"


Curso dirixido a todo o persoal de Correos, que manteñan unha relación laboral, ou de servizo, activa, coa empresa desempeñando a súa actividade ao inicio e durante a súa impartición.

Prazo de inscrición do 10 ao 17 de xullo

20.000 prazas e, unha vez cubertas estas, non é posible inscribirse de aí que che recomendamos que se estás interesado que o fagas coa maior celeridade posible.

Inscrición: dende conecta ou internet

Como inscribirte dende internet: unha vez que entras en formación de Correos, debes de ir á parte inferior dereita debaixo de onde pon usuario e contrasinal. alí xa te indica "fai clic aquí para solicitar curso".

O curso terá unha duración de 2 semana, realizarase  on-line  dende un ordenador alleo a Correos e fóra da xornada laboral. Os cursos desenvolveranse durante os meses de xullo, agosto e setembro, os alumnos poderán elixir, as datas que máis lles conveñan de entre as dispoñibles.

Tras o proceso de inscrición, comunicarase por  e-mail  e SMS  o comezo da formación. Recoméndase revisar a dirección de correo persoal do apartado "a miña páxina" e aceptar a modalidade de citación por  SMS.

Expediente Formativo

O curso incluirase no expediente formativo de todos aqueles que completen a acción formativa e ademais recibirán unha compensación polo custo da conexión a internet.

No caso de que xurda algunha incidencia técnica durante a inscrición e/ou durante a realización do curso, os alumnos deberán dirixirse ao centro de atención ao estudante centro.atencionestudiante@telefonica.es



4 de xul. de 2014

Correos instalarán caixas de correo automatizadas en edificios para recibir e enviar paquetes


Outra nova aventura para Correos.


Preguntámonos se o señor presidente tivo en conta que estamos nun país en crise onde a delincuencia aumentou. Ou é que poñerá un vixilante a cada caixa de correo automatizada despois de quitalos en case todas as xefaturas provinciais???

Para ver a nova prema AQUÍ

Outra mentira máis que conta o señor presidente de Correos este servizo non é unico no mundo como di  prema AQUÍ 


A prensa ataca a correos pola dilapidación de cartos



  • 100.000 euros gastados na "elaboración de seis números da revista para empregados da Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, S. A." 
  • 63.000 euros destinados á edición de 5.000 exemplares do libro Marca España. 
  • o pasado 18 de xuño, a Plataforma de Contratación do Estado publicaba o anuncio de adxudicación do contrato para a "adquisición de repousapés e ventiladores calefactores (2 Lotes) ". O primeiro deles foi outorgado ao particular Agustín Ramirez Ruiz  por un total de 51.110 euros. O segundo foi parar á empresa  Volumen S.A. por un importe de 41.140 euros. A suma, uns 92.250 euros.
Para ver a nova prema  AQUÍ


Correos Express contratará unha Empresa de Traballo Temporal (ETT)

Este será o futuro da contratación 

para Correos ???

 


3 de xul. de 2014

Correos saca a concurso o mantemento de todos os seus edificios e oficinas por 18 millóns



                                 ¡¡¡ Para isto se hai cartos !!!

Temos que estar guapos para atraer posibles compradores.

Para ver a nova prema  AQUÍ


Correos convoca, en comisión de servizos, prazas para a Dirección Xeral da Policía



Esta é a primeira vez que Correos convoca prazas para outros Ministerios para dar saída aos funcionarios.


*     Postos ofertados: niveis 15 e 17
*     Sistema de Cobertura: Comisión de servizos
*     Xornada: Preferentemente de mañá.
*     Destinatarios: Funcionari@s dos grupos C1 e C2
*     Funcións do posto: Tramitación e xestión administrativa, xestión de recursos e arquivo de documentación. Expedición de DNI, pasaporte, documentación estranxeiros.
*     Inscrición: Os interesados poderán presentar solicitude, establecendo o orde de preferencia das prazas ofertadas, xunto co Currículum Vitae de dúas maneiras:
·     Correo electrónico: provisión.rrhh@correos.com
·   Correo postal: Vía Dublín, 7, 5º andar, Area de ordenación e Desenvolvemento de persoas) 28070 Madrid. 
*     Prazos de presentación: Ata o 16 de xullo de 2014
*     Zonas e provincias con oferta de prazas:
·        Zona 2: Logroño
·        Zona 3: Barcelona, Girona,Tarragona e Lleida.
·        Zona 4: Badajoz, Cáceres, Cuenca e Madrid.
·        Zona 5: Alicante, Baleares, Murcia e Valencia.
·        Zona 6: Cádiz, Córdoba, Huelva, Málaga e Sevilla.
·        Zona 7: Las Palmas de Gran Canaria e Santa Cruz de Tenerife.


Para máis información ponte en contacto coa túa sección sindical da CIG