30 de xuño de 2014

Os recortes en Correos movilizan a medio milleiro de persoas en Ferrol


Ao redor de cincocentas persoas (entre elas a CIG Correos) participamos nunha manifestación convocada pola plataforma de traballadores de Correos en contra dos posibles recortes de persoal en Ferrol. A protesta partiu da praza de España e finaliza na de Armas. Os representantes dos traballadores denuncian que o estudo sobre a situación actual do servizo na cidade estase levando a cabo sen negociación algunha cos empregados, polo que convocaron a manifestación. Informan á cidadanía de que o recorte -a través de amortización de postos e xubilacións anticipadas- terá efectos directos nos ferrolanos. Ante a imposibilidad de repartir todos os días, chegarán tarde notificaciones urxentes.

Fonte: La Voz de Galicia

Máis información premando AQUI




23 de xuño de 2014

FERROL: Manifestación contra os recortes en Correos


Convocada manifestación en Ferrol contra os recortes no cadro de persoal de Correos


Xoves día 26 de Xuño ás 19:30 Horas

Saída: denda a Praza de España (Ferrol)



As traballadoras e traballadores advirten do empeoramento da calidade do servizo na cidade

A Plataforma de Carteiro/as de Ferrol convoca para o día 26 de xuño, ás 19:30 horas, unha manifestación contra os recortes no cadro de persoal. A decisión de convocar a mobilización chegou logo de que a principios da semana pasada se presentara na carteiría da Oficina Principal da cidade a “equipa de redimensionamento” do cadro de persoal.
09-05-20 concentración Correos Ferrol
Unha visita, denuncia Carlos del Río, da CIG-Correos, que se fixo “sen previo aviso e sen ter en conta a vontade negociadora dos traballadores e traballadoras que en asemblea tiñan demandado á Dirección de Correos unha xuntanza previa para falar da situación real do correo en Ferrol”.
Ante isto, “decidimos dar un paso adiante na acción reivindicativa, posto que creemos, e así o demostran os feitos, que a Dirección de Correos ten a intención de implantar un recorte de persoal brutal que vai a empeorar a calidade do servizo postal de tal xeito que será imposíbel cumprir cos prazos de entrega que marca a Lei Postal”, advirte.
Dende o colectivo de carteiro/as fíxose un chamamento á participación nesta manifestación para defender un “servizo de Correos público de todo/as e para todo/as”. Coincidindo coa manifestación iniciarase unha recollida de sinaturas para entregar á Dirección de Correos en contra dos recortes nesta cidade.

Como afectado/a, como compañeiro/a, como veciño/a, como cidadán, como defensor/a dos postos de traballo da comarca de Ferrol, como defensor/a do emprego público... vas ser agredido directamente polas medidas que pretenden implantar dende a dirección de Correos en Ferrol se non lles paramos os pés. Por todo elo

¡¡ Implícate, participa e defende os teus dereitos como cidadán e como traballador/a !!

¡¡¡   N O N    F A L T E S   !!!


18 de xuño de 2014

¡¡¡ Recargos para o verán !!!


Mentres os sindicatos asinantes do Convenio e Acordo Xeral (CSIF, CCOO, UGT, e S.L.) calan e esperan mansamente as recargas para este verán a CIG solicitou unha reunión urxente cos responsables de zona para que nos faciliten os seguintes datos co respecto a contratación no período de vacacións do persoal fixo en Galiza.

  • Programación da contratación por provincias e oficinas de Galiza coa documentación xustificativa ao respecto.
  • O porcentaxe por provincia e por oficinas das recargas a asumir con respecto á programación do ano pasado.
  • O número de seccións a asumir separadas por provincias e por oficinas.

Lembremos que os sindicatos asinantes (CSIF, CCOO, UGT, e S.L.) enchen a boca dicindo que eles están nas mesas de contratación entón ….Porque non reclaman e pelexan pola contratación??? Porque non fan nada polos compañeiros eventuais para que traballen??? Non lles preocupa a saúde dos compañeiros que teñen que ir cargados coma burros porque teñen que asumir seccións doutros compañeiros???

Fanse chamar defensores dos traballadores pero xa teñen máis que sabida e amañada as recargas do verán, só lles preocupa manter os seus privilexios aínda que sexa a custa dos traballadores, deixando facer todo o que queira a empresa.



Seguro Voluntario de Accidentes


Coa nómina de xuño de 2014 Correos sube o importe da prima do seguro voluntario colectivo de accidentes, que pasa de 0,83 € a 1,08 € ó mes.
As condicións da póliza mantéñense así como os capitales asegurados que son os seguintes:
Falecemento
36.070,72 €
Invalidez Permanente Absoluta
49.583,50 €
Invalidez Permanente Parcial (Segundo baremo ata…)
49.583,50 €
Gastos de Sepelio
01.502,53 €

Este é un seguro voluntario, daquela se alguén quere darse de baixa pode facelo en calquera momento, pero para que esa baixa surta efecto xa na nómina de xuño de 2014, tense que comunicar tal feito por escrito á habilitación de zona antes do 20 de xuño.
Dende a CIG demandamos da Dirección de Correos que nos faciliten e que se faga público o nome da nova compañía aseguradora que formalizou este novo contrato así como a póliza subscrita coas súas condicións xerais e particulares e uns formularios tanto de adhesión como de baixa para quen precise utilizalos.
Dende a CIG denunciamos esta conducta oscurantista de Correos e continuaremos insistindo na demanda destes datos imprescindibles para os traballadores e traballadoras asegurados, chegando ata donde faga falta para conseguilos.

11 de xuño de 2014

Mentres a CIG aposta por un Correo Público e Galego, outros miran para outro lado




Prazas Outros Ministerios (Funcionarios)



Ministerio de Facenda e Administracións Públicas


BOE Nº 140 do 10 de xuño   Orde HAP/963/2014 do 4 de xuño

Prazas en Galiza:  Lugo, Ourense, A Coruña e A Coruña-

Subgrupos: A2, C1 e C2.


O PP veta no Parlamento a Iniciativa Lexislativa Popular polo emprego impulsada pola CIG

                           

O Presidente da Xunta e a conselleira de Traballo estiveron ausentes durante o debate, como moitos outros deputados/as do PP que só regresaron aos seus escanos para votar

 ¿FALTA DE RESPECTO Á CLASE TRABALLADORA?




O Partido Popular rexeitou esta mañá no Parlamento que se articulen medidas alternativas para promover o crecemento económico e a creación de emprego en Galiza ao votar en contra da ILP impulsada pola CIG. Fronte a isto, BNG, AGE, PSOE e grupo mixto manifestaron o seu apoio, non só pola forma en que foi tramitada a proposta –como Iniciativa Lexislativa Popular- senón tamén polo seu contido. Malia o resultado, que xa estaba previsto, cúmprese así un dos principais obxectivos da CIG, abrir un debate arredor do problema do emprego e das alternativas ás políticas económicas que os gobernos veñen aplicando.

Para máis información preme AQUI




10 de xuño de 2014

Acción Social 2014


Correos só escoita parcialmente as propostas de CIG facendo caso omiso das mais transcendentes e segue coa súa política de conversión das Axudas de Acción Social en míseras esmolas repartidas cada vez de maneira máis inxusta porque non van a parar a quen máis as necesita dentro do noso colectivo.

Aínda que modificaron as ridículas propostas do Borrador, as axudas rematan sendo practicamente iguais ás do pasado ano 2013 na redacción da súa convocatoria, agora só nos queda esperar que non reduzan as cantidades das axudas, algo que non saberemos ata que se resolva cada convocatoria.


AXUDAS
PRAZO INSTANCIAS
PREVISIÓN DO PAGO
Estudo para fillos (libros e material escolar)
Dende o 9 de xuño ata ó 10 de outubro
Nómina decembro
Estudos Universitarios 
Persoal Laboral e Funcionario
Dende o 9 de xuño ata ó 10 de outubro
Nómina decembro
Tratamento da Saúde
Dende o 9 de xuño ata ó 19 de setembro
Nómina
novembro / decembro
Fillos con Discapacidade
Dende o 9 de xuño ata ó 19 de setembro
Nómina Novembro
Educación Infantil
Dende o 9 de xuño ata ó 19 de setembro
Nómina novembro
Anticipos sen Xuro
Dende o 9 de xuño ata ó 19 de setembro
Segundo Dispoñibilidade
Falecemento
(Perosoal Laboral)
Todo o ano
Cando se produza o feito
 
Aquí tedes as convocatorias e as solicitudes:

Anticipos e Prestamos sen xuro                   Instancia

Axuda por falecemento                               Instancia

Axudas estudo fillos                                    Instancia

Educación Infantil                                        Instancia

Fillos con discapacidade                              Instancia

Axudas Estudos Universitarios                     Instancia

Tratamentos da Saude                               Instancia


Prazas Outros Ministerios (Funcionarios)



Ministerio de Emprego e Seguridade Social


BOE Nº 139 do 9 de xuño   Orde ESS/948/2014 do 30 de maio

Prazas en Galiza:  Lugo, Ourense, Vigo, A Coruña.

Subgrupos: A2, C1 e C2.


6 de xuño de 2014

Concentración da CIG diante da Zona I de Correos en COMPOSTELA

Para denunciar a presión exercida polo equipo de dimensionamento que revisou a reforma recentemente implantada sobre todo diante das mulleres na Unidade de Reparto 1 de Compostela


Non podemos calarnos mentras se producen feitos deste tipo. Agardamos que os responsables sexan postos no seu sitio por quen lle corresponde. Senón as protestas seguirán por outros cauces.






Concentración de Carteiros e Carteiras diante da Unidade de Reparto 1 da Coruña

Para denunciar que logo da reforma que supuxo unha reducción de postos de traballo nesta Unidade de Reparto, as promesas de revisión da Dirección e o seu compromiso de actuar se fose necesario para mellorar as condicións da reforma inicial quedaronse en falsas promesas inclumplidas e esquencidas.


(Concentración convocada polo Comité de Empresa e pola Xunta de Persoal 

de Correos da Provincia da Coruña)






3 de xuño de 2014

Alegacións CIG Acción Social 2014

Estas son as Alegacións presentadas pola CIG




Concentración de Carteiros e Carteiras diante da Unidade de Reparto 2 dos Maios da Coruña

Para denunciar que despois de pasar máis de un ano dende a reforma que supuxo unha reducción bestial de postos de traballo nesta Unidade de Reparto, as promesas de revisión da Dirección e o seu compromiso de actuar se fose necesario para mellorar as condicións da reforma inicial convertironse en mentiras contrastadas.

(Concentración convocada polo Comité de Empresa e pola Xunta de Persoal de Correos da Provincia da Coruña)