27 de maio de 2014

Concentración en Compostela do Comite Empresa: loitemos todos xuntos na defensa dos postos de traballo.

Seguindo a ruta de concentracións, que está a levar a cabo o Comité de Empresa e a Xunta de Persoal na Provincia de A Coruña, esta maña os traballadores e traballadoras da UR 1 de Compostela saimos a rúa para protestar contra os recortes de postos de traballo que fixo Correos nesta oficina. 

Nesta acto participamos as delegadas e delegados da CIG .

Vos deixamos o manifesto que se leu o remate da concentración:

O Comité de Empresa e a Xunta de Persoal da empresa Estatal Correos e Telégrafos S.A., na provincia da Coruña, queremos facer público o seguinte manifesto:
Logo de reunirnos en Pleno os delegados e delegadas que conformamos os órganos de representación dos traballadores, acordamos apoiar sen fisuras a loita dos traballadores e traballadoras da Oficina Principal de Correos de Santiago nos seguintes puntos:

Cursos Formación INAP maio 2014 (Persoal Funcionario)


·       Os cursos soamente poden participar persoal funcionario dos subgrupos A1, A2, C1 e C2.
·       Publicado no B.O.E. Nº 129 de  data 26/05/2014

O INAP, tendo en conta as necesidades formativas como ferramenta indispensable dos empregados públicos para o exercicio das súas funcións, convoca dentro do plan interadministrativo os seguintes Cursos na modalidade on-line:

*                Word 2003/2007/2010
*                Excel 2003/2007/2010
*                Acces 2003/2007/2010
*                Power Point 2003/2007/2010
*                Outlook 2003/2007/2010
*                Libre Office/OpenOffice

 Solicitudes.- Os que desexen participar nalgún destes cursos deberán facelo a través da páxina web do instituto nacional de administración pública www.inap.es, entrar en «aprendizaxe» e a continuación selecciona a Área formativa.

Solicitude máxima de tres Cursos.

Prazo de presentación de solicitudes telemáticas será de 10 días naturais a contar dende a publicación da resolución no BOE.

 Estes cursos, son valorables tanto na mobilidade interministerial coma na promoción interna da Administración Xeral do Estado.


23 de maio de 2014

Concentracion en Ferrol do Comite Empresa: loitemos todos xuntos na defensa dos postos de traballo.


Esta maña os traballadores e traballadoras da Oficinal Principal de Ferrol saimos a rúa para protestar contra os inminentes recortes de postos de traballo que pensa facer Correos nesta oficina. 

Nesta acto prticipou o Comité de Empresa e Xunta de Persoal da provincia de A Coruña, na que a CIG forma parte. Vos deixamos o manifesto que se leu o remate da concentración:

O Comité de Empresa e a Xunta de Persoal da empresa Estatal Correos e Telégrafos S.A., na provincia da Coruña, queremos facer público o seguinte manifesto:
Logo de reunirnos en pleno os delegados e delegadas que conformamos os órganos asinantes deste escrito acordamos apoiar sen fisuras a loita dos traballadores e traballadoras da Oficina Principal de Correos de Ferrol nos seguintes puntos:
  • Antes de que a equipa de reestructuración aborde o recorte de postos de traballo na Oficina Principal de Ferrol esiximos unha xuntanza cos responsables máximos da Área de Distribución na que se nos facilite toda a información relacionada cos criterios do estudio de dimensionamento a realizar.
  • Que nos poñemos á disposición dos traballadores e traballadoras de Ferrol para calquer mobilización ou acto reivindicativo que decidan como Asamblea.
  • Rexeitamos calquer tipo de estudio unilateral por parte da Empresa que supoña un recorte dos postos de traballo ou unha reducción das seccións actualmente existentes.

22 de maio de 2014

Correos considera mercar 'modestas e puntuais' empresas en Francia e Italia

Correos contemplan crecer mediante adquisicións e prevé comprar unha empresa no sector da mensaxería. Segundo informou o presidente do grupo postal público, Javier Cuesta, a internacionalización constitúe outro eixe da estratexia de futuro da sociedade integrada na SEPI, pretende que expandirse por Portugal e entrar con "incursións modestas e puntuais" nos mercados de Francia e Italia.

Para ver a nova enteira prema AQUI




21 de maio de 2014

Botan esterco na oficina central de Correos de Iruñea en protesta pola traballadora despedida

Un grupo de persoas, desfrazadas con mergulladores vermellos, realizaron diversas dinámicas de protesta para esixir a readmisión dunha traballadora de correos, despedida por encontrarse enferma.


O pasado setembro, nunha aplicación brutal da reforma laboral do Partido Popular, a Dirección de Recursos Humanos de Correos despediu unha traballadora con 23 anos de servizo. Trátase da segunda aplicación en Navarra da reforma laboral do PP no referente ás baixas médicas intermitentes: aínda que recoñece que as baixas están xustificadas, Correos decidiu que a traballadora Tina Parra Cobos incorrera nunha frecuencia excesiva de baixas intermitentes por diversos motivos médicos.

O próximo 21 de Xullo, nos xulgados de Iruñea, celebrásese un xuízo por despedimento e discriminación sindical.


Fonte: ahotsa.info


Nova Proba piloto de levar a compra a casa



 Na foto un carteiro rural coas novas caixas especiais para levar a compra

Cangas del Narcea (Asturias), Bañeza (León) e Sarria (Lugo) son as localidades elixidas para a proba piloto na Zona 1ª. Xa os iremos informado do resultado.

Para ver a noticia prema AQUÍ 



14 de maio de 2014

Grazas ao PP e PSOE durante os últimos 32 anos os empregados públicos perdemos máis do 50% de poder adquisitivo

Aumento de IPC desde o ano 1982 ata 2013 é de 151,2% o aumento das retribucións 102,52%. Perda salarial desde 1982 é dun 48,68% máis o 5% do ano 2010 o que supón un total de 53,68% de perda!!!!


AÑO
IPC
INCREMENTO
PERDIDA
PARTIDO RESPONSABLE
PODER ADQUISITIVO
INICIO
-
-
-
-
100,00
1982
14,00%
8,00%
-6,00%
PSOE
94,00
1983
12,20%
9,00%
-3,20%
PSOE
90,80
1984
11,90%
6,50%
-5,40%
PSOE
85,40
1985
8,20%
6,50%
-1,70%
PSOE
83,70
1986
8,30%
7,20%
-1,10%
PSOE
82,60
1987
4,60%
5,00%
0,40%
PSOE
83,00
1988
5,80%
4,00%
-1,80%
PSOE
81,20
1989
6,90%
4,00%
-2,90%
PSOE
78,30
1990
6,50%
6,00%
-0,50%
PSOE
77,80
1991
5,50%
7,22%
1,72%
PSOE
79,52
1992
5,30%
6,10%
0,80%
PSOE
80,32
1993
4,90%
1,80%
-3,10%
PSOE
77,22
1994
4,30%
0,00%
-4,30%
PSOE
72,92
1995
4,30%
3,50%
-0,80%
PSOE
72,12
1996
3,50%
3,50%
0,00%
PP
72,12
1997
2,10%
0,00%
-2,10%
PP
70,02
1998
2,10%
2,10%
0,00%
PP
70,02
1999
2,40%
1,80%
-0,60%
PP
69,42
2000
4,00%
2,00%
-2,00%
PP
67,42
2001
3,10%
2,00%
-1,10%
PP
66,32
2002
4,00%
2,00%
-2,00%
PP
64,32
2003
2,60%
2,00%
-0,60%
PP
63,72
2004
3,20%
2,00%
-1,20%
PSOE
62,52
2005
3,70%
2,00%
-1,70%
PSOE
60,82
2006
2,70%
2,00%
-0,70%
PSOE
60,12
2007
4,20%
2,00%
-2,20%
PSOE
57,92
2008
1,40%
2,00%
0,60%
PSOE
58,52
2009
0,90%
2,00%
1,10%
PSOE
59,62
2010
3,00%
0,30%
-2,70%
PSOE
56,92
2010
REDUCCIÓN
MEDIA
-5,00%
PSOE
51,92
2011
2,40%
0,00%
-2,40%
PSOE
49,52
2012
2,90%
0,00%
-2,90%
PP
46,62
2013
0,3%
0,00%
-0,3%
PP
46,32
























 AGORA DIN QUE CONTAN CON NOSO VOTO.

TEMOS QUE IR VOTAR PERO PARA BOTALOS.