30 de abr. de 2014

A Deputada do BNG solicita a comparecenza do presidente de Correos


Para que explique na camara baixa a posible reestrutruración de Correos en Ferrol e as de Galiza.

Para ver a nova prema   AQUÍ


PRIMEIRO DE MAIO... M O B I L Í Z A T E ! ! !

A CIG chama a mobilizarse este Primeiro de Maio “contra a explotación e a pobreza”


A central sindical aposta, para “facerlle fronte á Unión Europea” pola “organización, loita e soberanía”

Trece manifestacións percorrerán, neste Primeiro de Maio, cidades e vilas de Galiza baixo o lema “Contra a explotación e a pobreza. Fagámoslle fronte á Unión Europea. Organización, loita e soberanía”.  Con elas a CIG quere denunciar a situación de pobreza, precariedade e desemprego que afecta a miles de galegas e galegos. Unha situación que está a provocar a masiva emigración da nosa mocidade e que empeora por mor das políticas promovidas pola UE e aplicadas pola Xunta de Galiza e o Goberno español. Por iso fai un chamamento a organizarse contra o sistema capitalista e reclamar outro modelo máis xusto, solidario e democrático.

Para coñecer o lugar e hora das saídas das manifestacións e para máis información preme AQUÍ

28 de abr. de 2014

Convocatoria cheque infantil para escolas que non son públicas

No DOG do 25-04-2014 saíu publicada a ORDE do 21 de abril de 2014 pola que se regulan as axudas económicas para atención da primeira infancia en escolas infantís de 0-3 anos, non sostidas con fondos públicos a través do programa Cheque infantil, e se procede á súa convocatoria.


Para ver o DOG prema  AQUÍ


25 de abr. de 2014

O PP de Ferrol tumba a moción dos/as traballadores/as de Correos contra o recorte de persoal


Traballadores/as da Oficina principal concentráronse diante do Concello durante o debate do texto no pleno municipal
Traballadores e traballadoras da Oficina Principal de Correos en Ferrol desenvolveron na tarde do xoves unha concentración da Casa do Concello, coincidindo coa celebración do Pleno municipal no que se debateu a moción presentada polo colectivo en contra dos recortes de persoal e na defensa dun correo público e de calidade. A moción, presentada a través dos grupos municipais do BNG e EU, non saíu adiante xa que tanto o PP como Independentes votaron en contra da mesma.

23 de abr. de 2014

Concentración en Ferrol contra "a continuada vulneración dos dereitos da saúde” do persoal de Correos

A CIG-Correos denuncia que hai médicos/as da empresa están mesmo dando altas a traballadores/as con cancro

A CIG-Correos en Ferrol realizou este mércores unha concentración diante da Oficina principal da empresa na cidade pola “continua vulneración dos dereitos da saúde dos traballadores e traballadoras por parte dos médicos” que prestan servizos a Correos. Por iso, na protesta levaron unha faixa na que se podía ler: “en Correos, médicos/as si, mercenarios/as non”


As delegadas e delegados da central entenden que estes/as facultativos non actúan mediante criterios de profesionalidade deontolóxica “senón como meros mercenarios contratados pola Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A. para reducir o absentismo laboral a calquera prezo”, e recorrendo “a prácticas contrarias a ética profesional que se lles presupón”. Neste senso, denuncian que en moitas ocasións os traballadores e traballadoras enfermas mesmo teñen que sufrir vexacións.
A CIG-Correos sinala que tiveron coñecemento de casos extremos como o de algúns traballadores e traballadoras que foron dados de alta a pesares de ter cancro, problemas psiquiátricos complexos, procesos traumatolóxicos graves, etc., ou con patoloxías que non foron tratadas como tales, senón como patoloxías máis benignas. Nalgúns casos, o criterio dos facultativos de Correos contradí aos/ás médicos/as de cabeceira ou especialistas sobre o tipo de patoloxía e sobre o tempo estimado de curación.
Á vista da gravidade da situación, delegadas e delegados da central sindical en Correos na comarca de Ferrol estiveron mantendo entrevistas con deputados/as nos parlamentos galego e español para levar adiante unha serie de mocións e preguntas parlamentarias en relación cos servizos médicos de Correos.  “Creemos que están a obrar por intereses alleos ao que é a protección da saúde dos/as traballadores/as, e por iso a central sindical está a tratar nos seus servizos xurídicos a posibilidade de denunciar esta situación”, advirten.

21 de abr. de 2014

Correos reduce en 500 empregados a sua plantilla na Galiza dende o comenzo da crisis

As reestruturacións de persoal carrexan reducións de traballadores dun 20% en todas as provincias
Cada vez envíanse menos cartas e mándanse máis paquetes, pero cada vez hai menos carteiros deixando a correspondencia na caixa de correo. Esa é a realidade que vive o sector dende hai un lustro. A caída dun 5% anual nos últimos anos no volume de misivas para entregar, a implantación das novas tecnoloxías como por exemplo a factura electrónica e os recortes do Goberno provocaron que Correos intensificase dende o inicio da crise a súa reestruturación de persoal.
A empresa pública reduciu o seu equipo en Galicia en 800 empregados na última década ao pasar de case 4.000 efectivos cos que contaba entón aos 3.300 ao peche de 2013. Os sindicatos confirman que o maior número de axustes se realizaron dende 2008, polo que dende entón estiman que hai medio millar de postos menos na comunidade. A entidade non realizou ningún despedimento senón que deixou sen cubrir as vacantes por xubilacións e as baixas por enfermidade. Pero denuncian que eses recortes provocan maior carga de traballo no equipo e no caso do rural cando se producen baixas hai áreas que quedan "mal atendidas".
O secretario de Organización de CIG-CorreosMiguel Ramudo, explica que na CoruñaSantiagoLugoOurense e Vigo xa se levaron a cabo estas reorganizacións. Nas grandes unidades urbanas elimináronse o ano pasado 60 vacantes -18 na cidade coruñesa- e avisa de que unha vez que se leven a cabo estas actuacións en Ferrol e Pontevedra, que aínda están pendentes, "se poderían perder outras 60 prazas".
Ramudo apunta que as medidas de Correos para aforrar tamén afectan ao persoal eventual. Segundo os seus cálculos cóbrense o 70% de vacantes menos que antes da crise e "cada vez recórrese menos ás listas de substitución". Engade que se antes traballaban entre catro e sete meses ao ano, "agora apenas teñen emprego para un mes".

Esta situación nótase máis no rural, onde dende o inicio da crise o número de efectivos caeu en máis dun centenar. No último ano l1 dos recortes rexistráronse na provincia da Coruña. Pero ese axuste nestas zonas afecta ao servizo porque "o compañeiro que leva outra zona ten que atender a do lado, percorrer máis quilómetros e pagar máis do seu peto" "en combustible sen que por iso gañe máis".

Para Ramudo o "máis grave" é que non se substitúe o traballador en caso de enfermidade e desta forma "a zona que atende adoita quedar sen cubrir os primeiros días". Denuncia que só se levan os envíos "máis urxentes" e que o maior tempo que leva facer a repartición en "unha área descoñecida" e o feito de ter que facer máis desprazamentos provocan incidencias mentres o carteiro habitual está de baixa. "Se se quere garantir a calidade non se poden recortar postos", di o representante da CIG-Correos.
Pare ler a nova enteira prema AQUI

14 de abr. de 2014

Os carteiros de Ferrol en Pé de Guerra


Os compañeiros de Ferrol están pendentes da reforma da unidade de reparto onde se tremen un recorte dun 25% do cadro de persoal. Para defenderse da reestruturación os carteiros de Ferrol formaron unha plataforma que aglutina ao 90% dos traballadores deixando fora de calquera tipo de negociación aos sindicatos asinantes do Convenio e Acordo Xeral CCOO, UGT, CSIF e S.L.  porque entenden que son cómplices e colaboradores necesarios nas supresións de postos que hai en Correos; nas que estes sindicatos actúan en conivencia con Correos nas chamadas Comisións de emprego Central e tamén nas Comisións de emprego provinciais

O noso recoñecemento e apoio a estes compañeiros na loita.

Na foto o compañeiro Carlos do Río rexistrando a moción.

Para ver a noticia prema AQUÍ


9 de abr. de 2014

Detidos catro funcionarios de correos por branqueo e vodas de conveniencia


A operación policial levada a cabo pola brigada de estranxeiría da policía nacional detivo 66 persoas entre elas a catro funcionarios de correos e á secretaria e ex-secretario dun xulgado de Paz.


Para ver a noticia Prema  AQUÍ


8 de abr. de 2014

Curso on-line "El reto de los productos"

Curso dirixido a todos os empregados, tanto funcionarios como laborais, que manteñan unha relación laboral, ou de servizo, activa, coa empresa desempeñando a súa actividade ao inicio e durante a súa impartición.

Prazo de inscrición do 07 ao 15 de abril

20.000 prazas e, unha vez cubertas estas, non é posible inscribirse de aí que che recomendamos que se estás interesado o fagas coa maior celeridade posible.

Inscrición: dende conecta ou internet

Como inscribirte dende internet: unha vez que entras en formación de Correos, debes de ir á parte inferior dereita debaixo de onde pon usuario e contrasinal alí xa che indica “comeza o xogo e fai clic aquí para solicitar curso".

Tras o proceso de inscrición, comunicarase por  e-mail  e SMS  o comezo da formación. Recoméndase revisar a dirección de correo persoal do apartado "a miña páxina" e aceptar a modalidade de citación por  SMS.

Expediente Formativo

O curso incluirase no expediente formativo de todos aqueles que completen a acción formativa e ademais recibirán unha compensación polo custo da conexión a internet.

No caso de que xurda algunha incidencia técnica durante a inscrición e/ou durante a realización do curso, os alumnos deberán dirixirse ao centro de atención ao estudante centro.atencionestudiante@telefonica.es


#correostodos 


7 de abr. de 2014

CIG-Correos mobilízase contra o recorte de persoal en Compostela

CIG-Correos celebrou diversas concentracións no decurso desta semana para denunciar o recorte de persoal e as consecuencias que isto está a ter na calidade do servizo. 

As mobilizacións desenvolvéronse o mércores, diante da oficina principal de Compostela, o xoves na Praza Roxa e hoxe venres, no Polígono do Tambre.

#cigcorreosenloita

Para ver a noticia enteira prema AQUI





4 de abr. de 2014

Erro nos Certificados de Retención do IRPF de 2013 (só afecta a persoal funcionario)



Comunícanos #Correos que houbo un erro ao realizar os certificados de retención do  irpf  de 2013 do persoal funcionario; ao que lle foi devolto, na nómina de abril de 2013 as cotas de  Muface  e dereitos pasivos extra que se lles descontou durante o segundo semestre de 2012. 

Para emendar o erro vanse xerar de novos os certificados de retencións dos funcionarios e faranse chegar a semana que vén a cada funcionario antes de que comece a campaña de presentación da declaración da renda. Co novo certificado o interesado recibirá unha nota explicativa sobre a rectificación.

#correostodos


Concentración de Delegad@s da CIG Correos diante a Xefatura de Zona








Delegadas e delegados da CIG CORREOS concentrámonos en Compostela diante da Xefatura de Zona, en contra da supresión de postos de traballo en #Correos, baixo o lema "MÁIS CARTEIROS, MENOS MENTIRAS" 



Manifestación da CIG en Santiago de Compostela contra a destrucción de emprego en Galiza



Manifestación de delegados/as de #Correos da CIG en#Compostela cara o Parlamento Galego, contra a destruccion de emprego.


3 de abr. de 2014

O Goberno reforzará a Axencia Tributaria con máis de 500 funcionarios de Correos


Empeza o éxodo masivo dos funcionarios de Correos para outros ministerios polo que puidemos saber só afectaría aos grupos C1 e C2.


Para ver a noticia prema   LARAZON  


1 de abr. de 2014

Calendario Laboral 2014


Este é o Calendario Laboral definitivo, que o sacan  tarde mal e arrastro onde non hai ningún cambio significativo co respecto a outros anos.
 
VACACIÓNS: Con carácter xeral a vacación anual será  entre os días 1 de xullo e 30 de setembro. A distribución de vacacións deberá ser coñecida e figurar exposto no cadro de servizos como máximo o día 30 de abril.
Mantense a discriminación entre persoal funcionario e laboral asinada por  CCOO, CSIF, S.L. UGT.

Funcionarios  terán dereito a gozar vacacións retribuídas dun mes natural ou de 22 días hábiles anuais. En tal caso non terán a consideración de días hábiles os sábados.

Persoal laboral serán dun mes natural por cada ano completo de servizo.

6 DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES: Por cada ano natural. O prazo para o seu desfrute será ata o 31 de decembro de 2014, non obstante se por razóns de servizo non fose posible gozalos antes desa data poderanse prorrogar ata o 31 de xaneiro de 2015. Sempre que organizativamente sexa compatible coas necesidades do servizo e cos recursos humanos dispoñibles, poderanse acumular os días de A.P. as vacacións anuais.

DÍAS ADICIONAIS :Os días adicionais uniranse ás vacacións. Si se gozan en dous períodos, a cada un deles engadiranse os días hábiles correspondentes, procurando que a distribución sexa equilibrada. Excepcionalmente, sempre que as necesidades do servizo o permitan, os días adicionais poderanse gozar sen unir ás vacacións e en período distinto ao vacacional, pero en todo caso deberán gozarse necesariamente dentro do ano natural.


CAMPAÑA DE NADAL: Comprenderá dende o día 1 ao 31 de decembro o persoal operativo  poderá gozar ata 2 días de permiso (asuntos particulares ou días adicionais ás vacacións) sen penalización, a elixir; un día entre o 1 e o 14 de decembro e o outro, entre os restantes do mes de decembro. Ollo que nos últimos anos  estas datas as mudaron na Circular de Nadal.