27 de mar. de 2014

Convocatoria de Axudas de Protección socio-sanitaria de MUFACE para o ano 2014. (Persoal Funcionario)


Con data 20 de marzo de 2014 publicouse no BOE Nº 68 a Resolución do 5 de marzo de 2014, da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado pola que se convoca a concesión de axudas de protección socio-sanitaria durante o ano 2014, cuxas características se detallan a continuación.

Os programas e modalidades que se aproban son os seguintes:

Programa de prolongación de efectos as antigas axudas de protección sociosanitaria, para os que, reunindo os requisitos de minusvalía e económicos correspondentes, non teñan recoñecido o dereito a prestacións concedidas polo Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia.
  • Programa para facilitar a autonomía persoal, coas seguintes modalidades de axudas:
- Axudas para mantemento e potenciación da capacidade residual.
- Axudas para eliminación de barreiras arquitectónicas e para medios técnicos.
  • Programa de axudas para atención a enfermos psiquiátricos crónicos.
  • Programa de atención a persoas drogodependentes.
  • Programa de atención para estanzas temporais en centros específicos durante os períodos de convalecencia con perda transitoria de autonomía.
  • Programa de axudas destinadas a enfermos celíacos.
  • Programa de axudas a enfermos  oncolóxicos.

Para máis información prema  AQUÍ

Oferta de Prazas Xuvenis para participar en Actividades de Tempo Libre


O 26 de marzo de 2014 publicouse no DOG Núm. 59 a ORDE do 17 de marzo de 2014 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán-2014 para as crianzas e a mocidade entre 8 e 18 anos. Tedes 15 días naturais a partires de mañán (ata o 10 de abril) para presentar as solicitudes.



26 de mar. de 2014

O Correo Inglés planea suprimir 1600 postos de traballo


Despois da privatización agora veñen os axustes para buscar a rendibilidade reducindo gastos e iso pasa por suprimir postos de traballo.


Para ver a noticia prema  Economista  Eldiario  Hoy.com


25 de mar. de 2014

Dodro insta a Correos a cubrir a plaza do carteiro de dous das suas parroquias

A xubilación da persoa titular provocou continuos cambios no servizo, polo que hai queixas

Para ver a noticia prema AQUI







21 de mar. de 2014

A CIG-Correos teme un recorte de plantilla entre un 25 e un 30% en Ferrol


Os traballadores da oficina principal de Correos de Ferrol temen que a empresa de recortar entre un 25 e un 30% o emprego, a través da non renovación de contratos eventuais. A maioría dos traballadores constituíron unha plataforma para intentar frear os recortes. Dos máis de sesenta empregados das dependencias ferrolanas o colectivo afectado será, segundo Xesús Carlos do Río, delegado da CIG, aqueles que se ocupan tanto da repartición ordinaria como o urxente, un colectivo formado por unhas 48 persoas.


A preocupación disparouse no equipo ante o anuncio dun estudo de redimensionamento que vai realizar Correos. Son avaliacións que toman en conta, sostén a empresa, o volume de envíos, o tempo de traballo común na unidade, o necesario para que os carteiros se despracen dende o centro de traballo ata a zona de repartición e o número de portais e caixas de correo que atenden, entre outros. Ademais, afirma que aínda non comezou e haberá que esperar aos resultados para coñecer as necesidades do servizo e actuar.

Prema AQUI para ler a noticia


18 de mar. de 2014

Apertura do prazo para solicitar a prestación por fillo/a menor de 3 anos (360€)

Dende hoxe até o 26 de abril poderán achegar a solicitude aquelas persoas que teñan fillos ou fillas menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2014 (nacidos entre o 2.1.2011 e o 1.1.2014, incluídos) e que, durante o ano 2012, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.

No caso de fillos ou fillas adoptados/as ou acollidos/as entre o 31 de decembro de 2012 e o 31 de decembro de 2013, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.

- Podedes consultar as bases no DOG nº 52 do 17 de marzo de 2014


Apertura do prazo para solicitar prazas nas residencias de tempo libre.

Tedes até o sábado 5 de abril para achegar as solicitudes de praza nas Residencias de Tempo Libre de Panxón-O Carballiño, por medio do fax 981161993 ou do correo servizoseafiliacion@galizacig.net

O modelo oficial está recollido no DOG nº 45 do 6 de marzo de 2014.

A orde ten por obxecto regular o procedemento de adxudicación de estadías e servizos das residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño para o ano 2014, sitas nas localidades de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense).

Poderán ser destinatarias todas as persoas maiores de idade ou menores, sempre que vaian en compañía dos seus proxenitores ou das súas proxenitoras ou titores ou titoras legais e a distribución de prazas será compartida nun 50% entre a Consellaría de Traballo e Benestar e as centrais sindicais, en razón da súa representatividade.

O servizo de residencia consistirá no aloxamento e mantenza en réxime de pensión completa durante a quenda adxudicada ás persoas beneficiarias.

Cada unidade familiar poderá solicitar estadías para unha única residencia de tempo libre e para unha ou varias quendas. Pero non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozaron dalgunha quenda na mesma residencia nalgún dos dous anos anteriores.


A CIG Correos reelixe a Serxio Martínez Conde como secretario nacional


O sector de Correos da CIG-Administración reelixiu, o pasado sábado na súa VI Asemblea, a Serxio Martínez Conde como secretario nacional. 

Ao longo da mañá analizáronse as consecuencias das políticas neoliberais postas en marcha polo Partido Popular, deseñáronse as liñas de traballo a desenvolver nos próximos catro anos e elixíronse os 7 membros da nova dirección nacional.

A nova dirección nacional está composta por:

Xosé Blanco Pichel, M.Mar Díaz Lodeiro, David Díaz Tabernero, Miguel S. Núñez Pérez, Sandra Otero Fernández, M.Esther Rey Varela, Begoña Vázquez Pose

A VI Asemblea tamén elixiu a Xosé Manuel Iglesias Iglesias como representante da CIG-Correos na Dirección Nacional da CIG-Administración.

No decurso da asemblea as e os representantes do sector fixeron un repaso polas medidas postas en marcha polo PP e as súas consecuencias tanto para o sector como para as condicións laborais das e dos traballadores. Denunciaron os recortes emprendidos polo PSOE, que aprobou en 2010 un paquete de medidas que supuxo unha redución de entre un 5% e un 7% no salario do conxunto de empregadas/os públicas/os. Recortes que aínda foron maiores coa chegada do Partido Popular, que en xullo de 2012 volveu reducir os seus salarios e que ademais: eliminou a paga extra de Nadal, penalizou as baixas por enfermidade, eliminou os días do EBEP e mesmo modificou unilateralmente os pactos e dereitos sindicais. “Todas estas reducións, desde o ano 2010, supoñen na práctica que soportemos uns salarios un 37% máis baixos que hai 10 anos”, afirmaron.

Detido tras facerse pasar por empregado de correos para roubar

Os delincuentes presuntamente fixéronse pasar por carteiros para acceder ao domicilio.


Para ver a noticia prema    AQUÍ


O correo portugués privatizado anuncia uns beneficios do 70.3%


O correo portugués anuncia unha mellora nos seus beneficios de ata 61 millóns de euros. Tamén recoñecen a diminución dun 6 % de traballadores.


Para ver a noticia prema    AQUÍ


17 de mar. de 2014

Correos adxudicou a Iberia o contrato de transporte aéreo de envíos postais entre Madrid e Canarias.


O contrato é por un período dun ano prorrogable ata un máximo de catro e un importe anual de 6,31 millóns de euros.


Para ver a noticia prema    AQUÍ


OPEL elexido novo suministrador de vehículos

As entregas das primeiras unidades fixéronse en Madrid, Barcelona, Valencia, Asturias, Lleida, Tarragona, Murcia, Jaén, Las Palmas, Valladolid e Vizcaya.  

Para ver a noticia prema   AQUÍ


5 de mar. de 2014

Os Traballadores de Correos non Traballamos a pleno rendemento


Vaia forma de empezar as negociacións do IV Convenio Colectivo.


Estas son algunhas das perlas que dixo o presidente do sindicato CSIF a un medio de comunicación.

- Os traballadores de Correos só traballan ao 70% da súa capacidade.                         
- Os empregados de Correos somos privilexiados por ser mil eurirstas na privada gañan entre 700 -800 euros.

E estes son os mesmos que din nas Oficinas que van pedir aumento salarial, un examen de ingreso, que rematen os recargos ..etc...etc ??? de traca. 

Para ver a noticia completa toma un valium e prema AQUÍ