27 de feb. de 2014

Cursos INAP para o Primeiro Semestre 2014




  • Os cursos soamente poden participar persoal funcionario dos subgrupos A1, A2, C1 e C2.
  • Publicado no B.O.E. Nº 48 de  data 25/02/2014

 O INAP, tendo en conta as necesidades formativas como ferramenta indispensable dos empregados públicos para o exercicio das súas funcións, convoca dentro do plan interadministrativo os seguintes Cursos:

-  Actividades formativas nas distintas Áreas Funcionais da Xestión Pública.

- Actividades formativas en materia de Tecnoloxías da Información e Comunicacións.

- Actividades formativas en inglés, francés, alemán e como novidade o portugués.

 Solicitudes.- Os que desexen participar nalgún destes cursos deberán facelo a través da páxina web do instituto nacional de administración pública www.inap.es, entrar en «aprendizaxe» e a continuación selecciona a Área formativa.

Prazo de presentación de solicitudes telemáticas será de 10 días naturais a contar dende a publicación da resolución no BOE.

Estes cursos, son valorables tanto na mobilidade interministerial coma na promoción interna da Administración Xeral do Estado.


O Grupo TRAGSA a terceira Empresa Pública que máis ingresos achega á SEPI detrás de Correos inicia o maior ERE dunha empresa pública, 1336 traballadores empezan a recoller as súas cartas de despedimento.

Isto é o que entende o PP por crear emprego e saír da crise.


Para ver a noticia prema no enlace: AQUÍ


26 de feb. de 2014

Unha muller con 160 detencións estafa unha empregada de Correos

A policía alerta sobre un aumento deste tipo de delincuencia. Polo que se deben aumentar as precaucións sobre todo se traballas en postos de Atención ao Cliente. 


Para ver a noticia prema: AQUÍ


A CIG fai un chamamento a mobilizarse, o xoves 27, coa Alianza Social Galega “Por outra saída da crise”


Están convocadas 10 manifestacións e 3 concentracións en todas as cidades e nas principais vilas do país

A CIG fai un chamamento a participar nas manifestacións convocadas pola Alianza Social Galega, da que forma parte a central sindical, este xoves día 27 de febreiro. As mobilizacións están convocadas en todas as cidades e principais vilas do país baixo o lema “Por outra saída da crise” e con elas preténdese dar unha resposta colectiva ás nefastas políticas antisociais que impoñen os gobernos de Galiza e do Estado Español coa coartada da crise e do pagamento dunha débeda ilexítima, seguindo os ditados da UE, do FMI, do BCE e da patronal neoliberal.

Para máis información e para ollar os lugares e horas das manifestacións PREME AQUÍ





A CIG-Correos alerta da perda de eficiencia no sistema de reparto postal en Santiago de Compostela

Considera que a posíbel redución de persoal provocaría atrasos na entrega de correspondencia

A CIG-Correos, perante as informacións publicadas por diversos medios respecto da redución de persoal de reparto en Santiago de Compostela, alerta das consecuencias negativas que terá no axeitado funcionamento da distribución de correspondencia a inminente desaparición de 15 postos de traballo de carteiros/as e persoal de apoio ao reparto.

A redución de 15 postos de traballo en Compostela (9 en moto, 2 a pé e 4 de interior) que plantea Correos é desproporcionada e significaría a imposibilidade de poder asumir o reparto diario da correspondencia coas garantías de calidade establecidas por lei, xerando atrasos e acumulacións.

Para máis información olla a noticia: 

PREME AQUÍ PARA VER O AVANTAR
                                                      
 PREME AQUÍ PARA VER O CORREO GALEGO  





CCOO, UGT e CSI-F atrasaron máis de dous anos e medio a constitución do Comité e a Xunta de Persoal en Correos da Coruña

A CIG tivo que presentar denuncia diante do TSXG para que se constituísen os órganos de representación


Despois de 2 anos, 7 meses e 21 días dende a celebración das eleccións sindicais en Correos na provincia da Coruña (28 de xuño de 2011), e tras numerosos intentos diante de varios organismos (Consellería, Inspección de Traballo, AGA) e de ter que mediar unha denuncia por parte da CIG no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, que resultou definitiva; os sindicatos CCOO, UGT e CSIF decidiron constituír o Comité de Empresa e mais a Xunta de Persoal da empresa, xunto cos sindicatos CGT e CIG, o mércores día 19 de febreiro.

Para máis información olla a noticia Preme aquí para ver o Avantar



21 de feb. de 2014

O vindeiro 26 de febreiro Correos convoca xuntanza coas organizacións sindicais para constituir a comisión negociadora do IV Convenio Colectivo da Sociedad Estatal Correos y Telégrafos S.A.


Recén estamos ante a primeira reunión para constituír a mesa negociadora do IV convenio colectivo e xa a algúns sindicatos entráronlles as présas por asinar, dicindo que coa entrada da reforma laboral a negociación do convenio só pode durar un ano porque é a limitación da validez dun convenio unha vez expirado (o que coñecemos como ultraactividade) isto é certo pero o que non din é que se o Convenio expirado contén unha cláusula de vixencia mentres non se asine outro Convenio, terá que respectarse. Esta cláusula figura no noso convenio no seu art.º 6. Que di: "unha vez denunciado, permanecerá vixente o seu contido normativo ata que sexa substituído polo novo convenio"

Polo tanto a pesar deste descarado intento de engano, non sen outra finalidade que a de meter medo aos traballadores para ter a escusa  perfecta de asinar outro convenio á medida de correos, a cambio das prebendas de sempre: máis horas para os seus liberados e máis diñeiro para o seu negocio coa Formación. O Convenio manterase en vigor indefinidamente ata que non se asine outro, gústelles ou non. Por este motivo non hai présa para asinar outro Convenio. Porque co último convenio a pesar das bondades que din as cuatrillizas (CCOO, UGT, CSIF e S.L.) que lograron o único certo foi que:

-Das 4.500 prazas de novo ingreso prometidas e coas cales se puxeron as botas enchendo as súas academias, non se convocou nin unha soa praza moi pola contra foi o período no que máis emprego se destruíu 12 mil postos de traballo nos últimos 4 anos.

-400 compañeiros expectantes de ingreso cun exame aprobado quedaron na rúa grazas á súa firma (isto á súa vez dinos que a pesar de aprobar o exame ninguén che garante entrar)

-Penalización por absentismo descontándolle os tramos de todo un trimestre ao persoal laboral se falta máis de 4 días nun trimestre (descontos que poden alcanzar ata os 273.93 €) e intolerable que se penalice economicamente a enfermidade.

-Non figuran permisos tan esenciais como o de poder ir ao médico. Fomentando que lles debas favores aos xefes se che permiten ir.

-O Complemento de produción e asistencia por moito que digan continúa penalizado.

-Despedimentos por estar enfermo, de momento tres pero que lle serviron á empresa de exemplo para reducir o absentismo, así vemos compañeiros enfermos nos seus postos.

-Mesa de carburante: outra burla máis cara ao persoal rural, nunca se reuniu e o prezo da gasolina quedou sen actualizar a pesar de todas as súas promesas.

-Mesa de emprego: Atribucións negociar as reestruturacións conxuntamente coa empresa resultado: supresión de prazas por todas as unidades de repartición iso si de xefes non suprimen ningunha.

Comisións de emprego: mera comparsa e amaño da contratación, continúan as rotacións que ninguén entende. A xustiza séguenos dando a razón nos saltos de listas.

A pregunta é:                     

                                       ¿Vaste deixar enganar outra vez?

¿Vas deixar que sigan vendendo os teus dereitos para que eles  sigan mantendo os seus privilexios?


    

13 de feb. de 2014

O Goberno intenta salvar da bancarrota ao Grupo Prisa con presupostos de Correos


Correos Adxudicou a elaboración de 6 números da revista para empregados a unha filial do grupo PRISA por 103.802,4 € máis impostos.  

¡CASI 20 MIL EUROS POR REVISTA!

Non estamos a valorar se é caro ou non, a nosa pregunta é: 

¿NON ESTARÍAN MELLOR EMPREGADOS ESES CARTOS EN CONTRATACIÓN?  

Tendo en conta que a información que proporciona a revista ben podería chegar ós empregados por outros medios (Intranet, por exemplo)

Para ver a noticicia prema no enlace   EXTRACONFIDENCIAL


Outro contrato máis da Administración adxudicado a UNIPOST esta vez da Axencia Estatal da Seguridade Aérea