30 de xan. de 2014

Cursos de Formación para Funcionarios Instituto Nacional da Administración Pública


·       Os cursos soamente poden participar persoal funcionario
·       Publicado no B.O.E.  data 29/01/2014

O INAP, tendo en conta as necesidades formativas como ferramenta indispensable dos empregados públicos para o exercicio das súas funcións, convoca dentro do plan interadministrativo os seguintes Cursos:

  •  Inglés On-line dirixido aos empregados públicos da Administración Xeral do Estado.
  •  Ofimática para empregados públicos da Administración Xeral do Estado.
  • Seguridade das Tecnoloxías da Información e comunicacións, en colaboración co Centro Criptolóxico Nacional. 

 Solicitudes.- Os que desexen participar nalgún destes cursos deberán facelo a través da páxina web do instituto nacional de administración pública www.inap.es, entrar en «formación» e a continuación selecciona a Área formativa.

Prazo de presentación de solicitudes telemáticas será segundo o Curso a realizar
.

 Estes cursos, son valorables tanto na mobilidade interministerial coma na promoción interna da Administración Xeral do Estado.


20 de xan. de 2014

A CIG Gaña Sentenza contra Correos por Saltarse o Orde de Chamamento na Contratación



O Xulgado nº 1 de Lugo ven de condenar a Correos a indemnizar a unha traballadora da Bolsa de Ribadeo por saltarse a orde de prelación nos chamamentos da contratación.

A denuncia foi presentada pola traballadora logo de que Correos se saltara á toureira os criterios de prelación que teñen asinados no III Convenio Colectivo da Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A. ao chamar para un contrato de máis tempo formalizado o mesmo día a unha compañeira que estaba posterior  a ela na Bolsa.
A Normativa di claramente que “ O chamamento aos candidatos efectuarase por orde de prelación (de maior a menor) e de forma rotatoria ata esgotar a bolsa. Criterios de prelación: os contratos asignaranse tendo en conta o número de orden dos candidatos da bolsa , a súa dispoñibilidade, e a duración e requisitos da modalidade de contratación. Naqueles casos nos que se produza o mesmo día, a necesidade de contratar a máis dun candidato da bolsa de emprego terase en conta o seguinte: Tipo e duración de contrato………………”
Traducido ao cristián a norma de contratación di: que despois do número un ven o dous e así sucesivamente ate esgotala e que os contratos feitos no mesmo día o mais longo correspóndelle ao primeiro que estea na Bolsa.  
A CIG unha vez mais demostra que é o único sindicato na provincia de Lugo que denuncia os atropelos dos dereitos dos traballadores, mentres outros van de comparsa e aplaudidores as mesas de contratación, de traballo etc.,etc.
A ver se agora aprenden a respectar polo menos o que asinan. Lembrade que sen loita non hai vitoria.


Afíliate a CIG  e defende os teus dereitos.


O INSS Contrata a Unipost e Correos para os seus Servizos Postais


Anuncio do Instituto Nacional da Seguridade Social polo que se fai pública a formalización do contrato do expediente n.º 60/VC-34/14 tramitado para a contratación dos servizos postais xerados no ámbito do Instituto Nacional da Seguridade Social.



Prazas Outros Ministerios


Ministerio de Fomento

BOE Nº 17 do 20 de xaneiro  Orde FOM/25/2014




Ministerio de Facenda e Administracións Públicas

BOE Nº 17 do 20 de xaneiro Orde HAP/2546/2013 30 de decembro

BOE Nº 17 do 20 de xaneiro Orde HAP/2547/2013 do 30 de decembro



Ministerio de Xustiza 

BOE Nº 13 do 15 de xaneiro Orde JUS/2536/2013

Prazas en Galiza

Subgrupos: A1, A2, C1 e C2


14 de xan. de 2014

A CIG inicia a recollida das sinaturas da ILP para levar as políticas alternativas de creación de emprego ao debate parlamentar

A central sindical vai desenvolver nos próximos meses un intenso traballo de divulgación social e institucional do contido da súa iniciativa lexislativa popular


A campaña polo Emprego que a CIG está a desenvolver vén de iniciar a súa segunda fase. Logo da admisión a trámite na Mesa do Parlamento, a central sindical comeza agora a recollida das 15.000 sinaturas que se necesitan para levar a debate político a Iniciativa Lexislativa Popular de medidas para a creación de emprego en Galiza. Unha ILP que  foi presentada en rolda de prensa polos Secretarios das distintas Unións Comarcais da CIG.

Para máis información preme AQUÍ




Sobe o paro en Galiza no mes de decembro e diminúen, en 2013, as/os afiliadas/os á Seguridade Social en 12.757

A CIG considera que é alarmante que se dea esta situación malia teren emigrado, só no primeiro semestre preto de 13.000 persoas



O paro rexistrado no mes de decembro de 2103 incrementouse en Galiza en 209 desempregados/as (o 0,08%), situándose así en 271.063 persoas, mentres que diminuíu no conxunto do estado en 107.570 desempregados/as (o 2,24%). A destrución de emprego continúa porque malia terse reducido o paro en 7.724 persoas respecto do mesmo mes do ano anterior, hai 12.757 afiliados/as menos á Seguridade Social que hai un ano. E isto ocorre malia ter emigrado, só no primeiro semestre de 2013, preto de 13.000 persoas.

Para máis información AQUÍ


13 de xan. de 2014

VIGO: Correos moven cen mil envíos diarios e crece a paquetería

Correos moven uns 100.000 envíos diarios en Vigo, entre correspondencia e paquetería. O 80% do volume que se distribúe son cartas, entre as que predominan as de carácter comercial, e o resto son paquetes e outros produtos.

Nos últimos anos, a gran novidade veu, como en case todo, da man das novas tecnoloxías: as cartas en papel perderon algo de terreo porque a xente agora se comunica máis por internet, pero isto se viu compensado co incremento do envío de paquetes porque ao mesmo tempo se multiplicou o uso do comercio electrónico (e-commerce). 

Correos aumentou a súa oferta de servizos de paquetería para cubrir todas as necesidades, dende o servizo de postal express ao servizo 48/72 horas ou o paquete azul. "A xente segue preferindo acudir a nós. Temos unha relación especial cos cidadáns e confían no carteiro, resúltalles máis familiar, sen ánimo de ofender a ninguén", asegura José Rivero, xefe de Distribución de Correos na bisbarra de Vigo.

Hai uns días rematou a tempada do Nadal na que o traballo se incrementa neste servizo, cun 25% máis de envíos, sobre todo en paquetería. Correos colaboran cos Reis Magos colocando unha caixa de correo específica para o Carteiro Real en todas as oficinas. Moitos nenos recibiron unha contestación de Correos para que saiban que a carta chega e para que "a ilusión non se perda", explica Rivero.

Para o Xefe de Distribución o servizo está ben dimensionado con 165 repartidores no reparto de ordinaria e 28 en urxentes, e cun parque móbil de 90 motos e 14 coches. A nivel nacional son 53.000 empregados. Por outro lado, a cidade dispón de 50 caixas de correo columna de cor amarela, 31 caixas de correo murais no rural e as bocas-buzons de correo nas dez oficinas da cidade


7 de xan. de 2014

¿Para qué privatizan?: O caso de Correos

Onde se deu a privatización non trouxo nin máis competencia nin mellora da calidade do servizo pois as empresas privadas tan so asumiron os servizos rendibles buscando uns beneficios fáciles, deixando o resto dos servizos menos rendibles para os antigos operadores nacionais.




Nos últimos anos os gobernos de inspiración neoliberal levaron a cabo a liberalización e privatización de multitude de antigas empresas e servizos públicos.

As razóns que se deron para xustificalas sempre foron as mesmas: o Estado é un mal empresario e prové os bens e servizos en peores condicións que a empresa privada. Se se privatizan servizos como a educación, a saúde, os correos, a televisión, as comunicacións, a enerxía, os transportes, etc. o capital privado subministraraos con toda seguridade a mellor prezo, con maior competencia, con máis innovación e con menos custo para a sociedade e para todos os individuos...