22 de nov. de 2013

Produtividade e remuneración campaña de Nadal 2013


Percibirase unha gratificación de 95,08 € polo conxunto da campaña de Nadal.

Os requisitos para poder cobrar esta gratificación son:

*   Permanecer vinculado e en activo en correos de forma ininterrompida dende o 1 ao 31 de decembro.
*    Ser persoal funcionario, laboral fixo (incluídos fixos descontinuos e fixos a tempo parcial) e persoal eventual,
*   Excluíndose os contratos por circunstancias da produción realizados para atender a propia campaña.
* Traballar nunha das seguintes áreas: repartición ordinaria, repartición urxente, clasificación de cartería, apartados, ruteiros, persoal operativo dos centros e unidades de tratamento (admisión masiva, clasificación automática, manual, produtos rexistrados e carga e descarga), sala de aparatos, rurais A, condutores interzonais e intercentros, cambio de Madrid, persoal operativo das oficinas postais os xefes das unidades afectadas. Os rurais B e empregados/ás con xornadas a tempo parcial en proporción á súa xornada.

Penalizacións:

Por inasistencia descontarase da gratificación, o primeiro día 12,02 €, o segundo e o terceiro 18,03 €. con máis de tres días pérdese o dereito á percepción económica.

Exceptúanse da penalización:

*  Os accidentes de traballo en novembro ou decembro, nacemento, acollemento e adopción dun fillo, falecemento ou enfermidade grave dun familiar ata segundo grao.
*  Dous días de permiso: Un día a elixir entre os días 2 e 5 e outro día durante o resto do mes de decembro.

Medidas organizativas:

*  Poderanse organizar e efectuar reparticións puntuais.
*  En admisión masiva, carga e descarga, salas de dirección e centros de tratamento poderase autorizar a realización de horas adicionais.

Días 24 e 31: módulo de 79,48 € por traballador/día. deberán prestar servizo:

O persoal mínimo imprescindible tanto en admisión e oficinas coma en tratamento e distribución.

Só abrirán as oficinas de centros comerciais, e en grandes poboacións poderase proceder a aperturas puntuais con horario de sábado.

Días 25 de decembro e 1 de xaneiro:

Non traballará ninguén. o persoal dos centros de tratamento, que por quenda, traballe a noite do 25 ao 26 de decembro e do 1 ao 2 de xaneiro percibirá as horas adicionais de festivo.

Pagamento da campaña: correos comprométense a axilizar os trámites para que o seu pagamento se faga efectivo a finais de xaneiro.


15 de nov. de 2013

A CIG-Correos solidarízase coa traballadora despedida en Nafarroa

Galiza novembro de 2013

Utilizando como medio as nosas Organizacións, quixera trasladar en nome de CIG-Correos e do persoal que representa a súa solidariedade e apoio incondicional á compañeira inxustamente despedida TINA PARRA COBOS.
 
Rexeitamos frontalmente a medida  adoptada con Tina, xa que ademais da precaria situación na que queda a compañeira, dende sempre o noso Sindicato opúxose con contundencia á salvaxe reforma laboral do Partido Popular, ao considerala non só innecesaria, se non tamén totalmente inxusta, a cal deixa aos traballadores con patoloxías crónicas nunha situación de total indefensión.
 
Consideramos ademais de extrema gravidade que tal reforma se comece a aplicar en Correos polas perniciosas consecuencias que a mesma pode carrexar na estabilidade laboral dos seus traballadores ademais da angustia e inquietude xerada entre estes.

Un saúdo Nacionalista e de Clase                                            O Secretario xeral  da CIG Correos

Carta recollida no blog de LAB-Posta premando AQUI





O Consello Confederal da CIG acorda por unanimidade conxelar as cotas sindicais por segundo ano consecutivo

O Consello Confederal da CIG, reunido o sábado 9 de novembro, acordou por unanimidade conxelar por segundo ano consecutivo as cotas sindicais que achegan os afiliados/as da central, consciente da grave situación económica que padecen milleiros de familias no noso país a causa da crise do sistema capitalista. Ao mesmo tempo, ampliouse a cobertura da Caixa de Resistencia ao 100% do SMI a partir do quinto día de folga para os afiliados/as con máis dun ano de antigüidade e debateuse e aprobouse o documento presentado pola Executiva no que se analiza a situación político-sindical.


O Consello Confederal celebrado a primeira hora da mañá do sábado en Santiago tomou a decisión de non incrementar as cotas sindicais diante da grave situación de crise económica, social e laboral que padecen os traballadores/as galegos/as e que se traduce nunha importante perda de poder adquisitivo. Deste xeito, as cantidades que achegan os afiliados/as da central non se verán incrementadas durante o vindeiro ano, igual que xa sucedera en 2012. 

Outra das decisións adoptadas polo Consello Confederal foi a ampliación da cobertura da Caixa de Resistencia ao 100% do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) a partir do quinto día de folga para os afiliados/as con máis dun ano de antigüidade e a posta en marcha do colectivo que agrupe a mocidade da CIG, fixándose en 35 anos a idade máxima para poder participar no mesmo. 

Na xuntanza tamén se debateu e aprobou o informe da Executiva Confederal no que se analiza a situación político-sindical do noso país e as principais liñas de actuación da CIG nos vindeiros meses.

Máis info AQUI

13 de nov. de 2013

A CIG convoca mobilizacións o 14 de novembro contra a nova reforma das pensións

MAÑA DÍA 14 TEMOS QUE ESTAR TODOS NA RÚA

Nin a rebaixa de salarios nin a das pensións ten xustificación cando dende o goberno están deixando de recaudar miles de millóns de €uros ós grandes capitais e empresas a través de beneficios fiscais e despilfarrando no saneamento da banca, para beneficio dos seus accionistas, o diñeiro de todos. Non se poden aportar 80.000 millóns de €uros ó Banco Central Europeo para que este llos de á Banca Privada ó 0,5% e logo o estado teña que financiarse ó 6% ou 7%.   
 !! ISTO É DE PARVOS !!


As manifestacións terán lugar nas sete cidades galegas de forma simultánea
O secretariado confederal da CIG, acordou convocar manifestacións en todas as comarcas do país, o 14 de novembro, contra a nova reforma das pensións. A CIG denuncia que o 70% de pensionistas en Galiza cobra menos de 1.000 € e alerta de que son estas pensións as que están salvando ás familias. Advirte ademais de que con esta reforma se empobrece ás galegas e galegos porque temos os salarios máis baixos, máis precariedade no traballo e menos anos cotizados.

Horarios e lugares:
-Ourense: Ás 20:00 horas do pavillón dos Remedios.
-Pontevedra: Ás 20:00 horas da Praza da Ferrería
-Vilagarcía: 20:00 horas da Casa do Mar
-Vigo: Ás 20:00 h da Vía Norte
-Compostela: Ás 20:00 horas da Praza Roxa
-Lugo: 20:00 h da Ronda da Muralla
-Ferrol: 19:30 horas con saída do local do sindicato. Avda. de Esteiro
-A Coruña: 20:00h praza de Vigo

Para máis información AQUI

PARTICIPA!!!



4 de nov. de 2013

Un novo recorte en Correos suprime outras oito prazas de carteiro na cidade de Ourense

O carteiro xa non chama dúas veces en Ourense. Non vai ter tempo para facelo, pois unha unha nova reforma no servizo de cartería da rúa Fernández Bordás, en pleno centro, supoñerá a desaparición de oito carteiros urbanos que hoxe reparten a pé ou en moto e doutros dous na Derrasa e en Toén. Os que queden terán que apurarse pois terán que asumir o seu traballo, ademais do das rúas que quedan sen servizo.



Representantes da CIG Correos en Ourense denuncian o "total desmantelamento que está a sufrir o servizo postal na provincia" e que xa non afecta só ao medio rural senón á cidade. Xa non é o mal tempo nin as condicións adversas as que poden frear o traballo dun carteiro, senón os recortes en materia de contratación e as reformas, "que reducen drasticamente o persoal e xeran áreas de repartición inasumibles durante a xornada diaria que se lles esixe, todo polo aforro económico", denuncia a CIG.

As consecuencias inmediatas van ser a desaparición de dez áreas de repartición, e a asimilación destas polo resto de traballadores que queden na cidade. Correos alegan que hai un descenso do 30% do volume de envíos, polo que se pasa de 39 carteiros urbanos a 31 e de 12 a 10 carteiros rurais malia que os resultados antes de impostos do organismo son bos.

Fonte: Faro de Vigo                                                                              Máis información  AQUI

Maís Competencia: "Os Estancos Solicitan ao Goberno Autorización para o Reparto de Paquetes nos seus Locais"


Se queres ler a nota de prensa enteira prema   AQUÍ