31 de out. de 2013

CORREOS ¿CUSTODIA OU REPARTO?

Correos responsabiliza ós carteiros/as e ruteiros/as dos envíos e medios que lles confía, ata que os entregan ou os devolven na unidade



DIGAN QUE TEÑEN QUE FACER: ¿CUSTODIAR OU REPARTIR? PORQUE AS DÚAS COUSAS Á VEZ NON SE PODE. QUEREMOS UNHA RESPOSTA.

  • Se controlan e custodian como lles esixen non poden facer o seu traballo de reparto; logo... SANCIÓN QUE TE CRIOU !!

  • Se reparten segundo lles esixen non poden controlar o carriño, a moto, a correspondencia;  logo se falta algo... SANCIÓN QUE TE CRIOU !!






Xa non vasta con controlar ós cans, agora ademáis teñen que vixiar ós cacos e maleantes e todo elo sen deixar de facer o seu traballo, algo... IMPOSIBLE PARA AS CARTEIRAS E CARTEIROS.









28 de out. de 2013

Correos reduce a sua plantilla en Galicia en 400 empregados nos dous últimos anos


A caída do negocio postal debido á crise, a maior implantación do correo electrónico e a necesidade de axustar o presuposto á baixo están a provocar que Correos, a maior empresa e empregadora do sector público de España, estean a reducir o seu equipo nos últimos anos.


A compañía, segundo destacan todos os sindicatos, non realiza despedimentos, senón que non cobre as vacantes por xubilacións ou concursos nin as baixas por enfermidade, e ademais traslada os funcionarios de Correos a outros ministerios.



Como consecuencia, o equipo en Galicia diminuíu en máis de 400 persoas nos últimos dous anos. Pasou de 4.000 a 3.600.

Este ano, ata agora," xa levamos máis de 200 baixas, polo que o número será aínda maior cando remate o ano, recoñece Miguel Ramudo, secretario de organización de CIG Correos. "Con estas baixas quédanse sen cubrir as necesidades básicas para o desempeño eficiente e normal do servizo postal", confirma Ramudo.

Ramudo denuncia que "este pasado verán, como media, de cada tres traballadores de Correos que gozaban das vacacións tan só se substituíu a un deles". As consecuencias foron "as chapuzas organizativas ás que se viron obrigados a recorrer algúns xefes de unidades aos que non lles autorizaron a contratación que necesitaban, facéndoos rotar aos traballadores por zonas e barrios que descoñecían, ademais de ter que levar as súas zonas, o que lles resultaba imposible facer a repartición completa,". Segundo o representante da CIG, durante o verán houbo zonas, sobre todo do rural, que estiveron sen a repartición da correspondencia máis dunha semana. Os sindicatos explican que as consecuencias destes "dimensionamentos" das oficinas son unha maior carga de traballo e un aumento do atraso nas entregas das cartas.

Se queres ler a nota de prensa enteira prema AQUÍ


Correos prevé que os seus carteiros presten servizos adicionais á entrega de cartas


Correos prevén que a súa rede duns 30.000 carteiros poidan prestar máis servizos ademais da entrega de cartas e paquetes a domicilio, segundo avanzou o presidente do operador postal público, Javier Cuesta.

La compañía do grupo SEPI descarta non obstante que este colectivo de traballadores, que cada día percorren un total de 100.000 quilómetros, entre no negocio da lectura de contadores. 

"Os 30.000 carteiros que aproximadamente ten Correos por toda a xeografía española, que cada día percorren 100.000 quilómetros e que agora están centrados en entrega de cartas e paquetes, a tecnoloxía na que nós investimos moito vai permitir que poidan realizar outros servizos", explicou o presidente da compañía.


O comercio electrónico, o futuro de Correos

O director de Correos da Zona 1, que inclúe Castela e León -agás Soria-, Galicia e Asturias, Anxo Pérez Pérez, apuntou onte que Correos está a dedicar os seus maiores esforzos ao comercio electrónico e é, actualmente, a súa «principal aposta e resposta».


Pérez realizou estas manifestacións aos xornalistas durante a visita ao Centro de Tratamento Automatizado de Valladolid do delegado do Goberno en Castela e León, Ramiro Ruiz MedranoPérez subliñou que se creou «unha unidade especial exclusiva para o comercio electrónico» e recoñeceu que Correos se está a centrar en «poñer en valor» os seus servizos e que os emprendedores e autónomos encontren «esa garantía, seguridade e entrega en prazo».

25 de out. de 2013

Curso de " Traballar en Equipo"

Correos convocou con data 25 de outubro de 2013 un curso on line sobre " Traballar en Equipo", dirixido a a persoal de xefaturas intermedias e persoal operativo, tanto funcionarios como laborais, que manteñan unha relación activa en Correos o inicio e durante a realización do mesmo.

Número de Prazas: 20.000
Período de inscripción: do 25 de outubro ó 31 de outubro.
Duración do Curso: Dúas semanas.

A inscripción realizarase a través do campus virtual de Correos: http.//formacion.correos.es

Unha vez rematado o proceso de inscripción Correos comunicará vía e-mail ou sms as datas de de realización.
Se tedes dúbidas non deixedes de consultarnos. 



Correos Saca a Concurso a Plataforma Factura Electrónica




Xa que segundo a empresa sobramos tantos traballadores ¿Porqué en lugar de contratar unha empresa externa non prepara os seus empregados para cubrir estes postos? e sairíalle gratis.

Prazas Outros Ministerios


Ministerio de Economía e Competitividade

BOE 256 do venres 25 de Outubro  ORDE ECC/1968/2013

Prazas en Galiza: A Coruña

Subgrupos: C1 e C2


O Supremo Falla que Correos deberá pagar o IBI polos seus Edificios


A Can Fraco Todo Son Pulgas.


Para máis información: Pincha AQUÍ


24 de out. de 2013

Concurso Permanente de Traslados 9ª e Última Resolución Outubro - 2013


40   prazas adxudicadas en Galiza:  A Coruña  22,   Lugo 5, Pontevedra 7 e Ourense 6.
Total Prazas Adxudicadas no Concurso 318 prazas :  37 reparto a pé, 92reparto moto, 160 atención ao cliente e 29  axente clasificación.
Os listados completos da  9ª  adxudicación dispoñibles nas sección sindicais da C.I.G.

PRAZOS DE CESE

Para todos os postos o cese será o día 31 DE OUTUBRO 2013.

PRAZOS DE INCORPORACIÓN

A incorporación será a partir do día 1 DE NOVEMBRO DE 2013.

  • O día seguinte se o traslado é na mesma localidade.
  • 2 Días na mesma provincia ou illa ( Si se adianta ó día seguinte 60 €)
  • 6 Días entre localidades da península que non pertenzan a mesma provincia (si se adianta ó segundo día 180 €)
  • 10 Días entre illas Ceuta e Melilla e península (Se a toma e ó terceiro día 300 €)
­ Se optas pola compensación económica debes entregar o Anexo 3 en Recursos Humanos, antes do 29 DE OUTUBRO DE 2013.
­ Os prazos posesorios empezarán ó rematar os permisos, licencias,... Se tes licencia por enfermidade ou  baixa dilixéncianche o cese e toma de  posesión de oficio.
­ O prazo posesorio será como de servicio activo salvo para excedentes voluntarios ou para o coidado de fillos.


­ Se comporta reingreso ó servicio activo o prazo de posesión será de un mes (Dende o día 01/11/2013)


23 de out. de 2013

Unidade Reparto de O Burgo (A Coruña): 3 FURGONETAS…

 Como é posible que os carteiros saian cos 
PAQUETES COLGANDO DOS CARROS?




Unha maña calquera: unha das furgoneta parada diante da oficina.




E as outras onde andarán? Vai ti a saber ... pero dende logo repartindo paquetes NON.

Para máis información prema AQUI

Empeza a Venda de Inmuebles de Correos



21 de out. de 2013

O xulgado condena a Correos a admitir a un traballador nas bolsas de emprego ao que excluíra por ser xordo


A CIG de Lugo compareceu o pasado venres en rolda de prensa para informar da sentenza pola que o xulgado do social 2 de Lugo condena a Correos a incluír a un traballador nas listas de contratación, ao que excluíra por ser xordo, así como a abonarlle os salarios deixados de percibir. Dende a CIG de Lugo amosaron a súa satisfacción pola resolución xudicial, xa que se trata dun claro caso de discriminación.
 
“Parécenos un escándalo que un traballador sexa discriminado dunha empresa pública como Correos e non se lle contrate como lle correspondería pola súa posición nas listas polo feito de ser xordo”, denunciaba o Secretario Comarcal da CIG Lugo-A Mariña, Antonio Niño, durante a comparecencia para os medios, na que tamén estiveron presentes o propio traballador afectado, Miguel Fernández, e o delegado da CIG en Correos, John Vivancos. 

Niño criticou a dobre discriminación á que se veu sometida o traballador por parte de Correos: por unha banda, ser excluído das listas de contratación por ser xordo, e doutra o propio feito de quedar sen o dereito a un traballo. Por iso mesmo, dende a CIG de Lugo pídese á empresa postal que renuncie a recorrer a sentenza e acate a resolución, posto que “sería un escándalo” que unha empresa, ademais do sector público, apelase a decisión xudicial, cando “existe un móbil claramente discriminatorio”.

11 de out. de 2013

O Goberno Portugués Dá o Primeiro Paso Para Vender o 70% de Correos a Través Dunha Oferta Pública de Venda


A empresa de correos CTT Correos de Portugal conta cuns 13.000 traballadores e preto de 800 oficinas.

Taxada por algúns analistas nuns 600 millóns de euros.

Para máis información pincha AQUÍ

O Carteiro unha especie "sin protección" en perigo de extinción

CIG-Correos alerta que a redución masiva dos postos de traballo impide ofrecer un servizo postal eficiente e puntual

Temen que o goberno busque conseguir resultados positivos da empresa pública, “asumindo os custes que sexan precisos”, para axilizar a súa privatización 

 

O sector de Correos da CIG-Administración alerta que a política de redución de postos de traballo na empresa postal imposta polos Gobernos do Estado a través da SEPI, está a provocar que se deixen sen cubrir os postos que fican vacantes por xubilacións, concursos ou outras causas, e redimensionando á baixa os cadros de persoal con reformas que reducen o número de traballadores/as. Deste xeito, denuncian, baléiranse os centros de tratamento, as carteirías e as oficinas de persoal.
Para máis información sobre o artigo pincha AQUÍ



10 de out. de 2013

Prazas Outros Ministerios


PRAZAS NO MINISTERIO DO INTERIOR: Dirección Xeral de Policía


BOE Nº 243 Resolución 1 de outubro

PRAZAS EN GALIZA: OURENSE, PONTEVEDRA,  A CORUÑA.

SUBGRUPOS: A2, C1 e C2.

8 de out. de 2013

CORREOS TEN PEITO E PASTA PARA MERCAR O CORREIO PORTUXES???

Intervención do Presidente da SEPI na Comisión de Presupostos o pasado dia 7/10/13.

Fanfarroneria ou feixe de mentiras? Segundo publican case tódolos medios de comunicación nesta intervención asegurou que se están facendo xestións para a compra do Correio Portugués. Ante tal afirmación dende CIG preguntámonos:

É isto unha brabuconada ou verdadeiramente Correos ten capacidade e intención para mercar os Correios?.

De ter esta capacidade, de que xeito se vai levar a cabo a operación? Con que diñeiro se mercará? Co que xa nos quitaron do plano de pensiónse que en xustiza debería estar no peto dos traballadores? Co que o Goberno está a inxectar polo Servizo Postal Universal e que so debería ir para este cometido? Coa mesma partida con que se financian patrocinios e jolgorios varios?

Pero en que quedamos? Non nos atopabamos nunha situación tan difícil? Non era iso o que sempre nos estaban dicindo? Para que agora Correos faga este alarde de fondos!!!!!! Cando nos enganaban? Antes ou agora?

Tampouco saímos do asombro cando este Sr, un segundo despois de dicir que minorou o cadro de persoal en 7.000 traballadores (en realidade foron moitos mais) “de forma pactada cos sindicatos”, dende logo coa CIG non, afirma que con estes mesmos sindicatos acordou a consolidación de temporais cara o 2014. Isto é un sen vivir !! teñen vostedes capacidade de acordar unha cousa e a contraria!!. En que se traducirá isto? En afíliate para asistir a clases? Te vendemos los temas? Con el sindicato de cabecera aprobarás? Pretenden tomar por parvos aos traballadores de Correos unha vez mais?

 “Non lle cabe na cabeza” como Unipost puido gañar dous concursos públicos. Pois iso e sinxelo, pregunte Vostede os que o nomearon Presidente da SEPI que veñen a ser os mesmos que gobernan as Admons Publicas que outorgaron estes contratos. Case que parece que esta a botar balóns fora, Sr. Presidente.

Despois destas afirmacións para nada nos tranquiliza que diga “Nin un solo plan de privatización para el grupo Correos”. Se esta afirmación ten o mesmo rigor que as anteriores teremos que darnos por privatizados. Non é así Sr. Presidente?