30 de maio de 2013

Axudas Acción Social 2013


Aceptadas a maioría das Alegacións presentadas pola CIG do Borrador proposto pola  empresa,  na que quería reducir as Axudas a unhas esmolas.

Incorporáronse os seguintes trocos co respecto do Borrador de Correos:
  •  Incorpóranse como beneficiarios, o persoal eventual con dous anos de antigüidade nos últimos seis anos.
  •  Elévanse a 25.000 € os ingresos máximos dos peticionarios dos anticipos sen xuro.
  • Elévanse a 20.000 € os ingresos máximos para acceder ás Axudas ao Estudo.
  •  Respectan as cantidades a solicitar nos anticipos e préstamos sen xuro (1.000, 2.200, 3.000 e 4.500 €).

AXUDAS
PRAZO INSTANCIAS
PREVISIÓN DO PAGO
Estudo para fillos (libros e material escolar)
Dende o 03 de xuño ata ó 21 de outubro
Nómina decembro
Estudos Universitarios (persoal laboral)
Dende o 03 de xuño ata ó 21 de outubro
Nómina decembro
Tratamento da Saúde
Dende o 03 de xuño ata ó 20 de setembro
Nómina novembro
Fillos con Discapacidade
Dende o 03 de xuño ata ó 20 de setembro
Nómina novembro
Educación Infantil
Dende o 03 de xuño ata ó 20 de setembro
Nómina novembro
Anticipos sen Xuro
Dende o 03 de xuño ata ó 3 de setembro
Segundo Dispoñibilidade
Falecemento
Todo o Ano
Cando se produza o feito

Para solicitar as axudas ponte en contacto coa xente da C.I.G


22 de maio de 2013

7ª RESOLUCIÓN CONCURSO PERMANENTE DE TRASLADOS (MAIO)


8  PRAZAS ADXUDICADAS EN GALIZA:  A CORUÑA  3,   LUGO 1, PONTEVEDRA 2 e OURENSE 2.
TOTAL PRAZAS ADXUDICADAS NO CONCURSO 168 PRAZAS :  21 REPARTO A PÉ, 49 REPARTO MOTO, 89 ATENCIÓN AO CLIENTE e 9  AXENTE CLASIFICACIÓN.
OS LISTADOS COMPLETOS DA  7ª  ADXUDICACIÓN DISPOÑIBLES NAS SECCIÓN SINDICAIS DA CIG.

 PRAZOS DE CESE

 Para todos os postos o cese será o día 31 DE MAIO 2013.

 PRAZOS DE INCORPORACIÓN

A incorporación será a partir do día 1 DE XUÑO DE 2013.

v O día seguinte se o traslado é na mesma localidade.
v 2 Días na mesma provincia ou illa ( Si se adianta ó día seguinte 60 €)
v 6 Días entre localidades da península que non pertenzan a mesma provincia (si se adianta ó segundo día 180 €)
v 10 Días entre illas Ceuta e Melilla e península (Se a toma e ó terceiro día 300 €)

­ Se optas pola compensación económica debes entregar o Anexo 3 en Recursos Humanos, antes do 27 DE MAIO DE 2013.
­ Os prazos posesorios empezarán ó rematar os permisos, licencias,... Se tes licencia por enfermidade ou  baixa dilixéncianche o cese e toma de posesión de oficio.
­ O prazo posesorio será como de servicio activo salvo para excedentes voluntarios ou para o coidado de fillos.
­ Se comporta reingreso ó servicio activo o prazo de posesión será de un mes (Dende o día 01/06/2013)

20 de maio de 2013

Miles de persoas proclaman que “Non queremos ser estranxeiras na nosa Patria. Queremos galego!”


Miles de persoas chegadas de toda Galiza percorreron este 17 de maio as rúas de Compostela, ao berro de “Queremos Galego”, para reclamar que “non queremos ser estranxeiras na nosa Patria”, denunciar os ataques que o noso idioma sofre a cotío –por parte do PP e da dereita máis reaccionaria- e demandar o seu uso social normalizado no día a día das galegas e galegos, garantíndose, cando menos, o cumprimento da legalidade vixente.

Galeria Imaxes prema AQUI

16 de maio de 2013

17 de Maio DIA DAS LETRAS GALEGAS

GRANDE MANIFESTACIÓN EN COMPOSTELA

(Saída ás 12:00 dende a Alameda)

“Non queremos ser estranxeiros na nosa Patria. Queremos galego!”

Para máis información: Plataforma Queremos Galego ou no xornal dixital da CIG Avantar



A CIG convoca asembleas e mobilizacións contra a proposta dun pacto social que suporá máis recorte de dereitos

O próximo xoves 16 de maio en distintas comarcas do País

 

A CIG ten convocadas mobilizacións de delegados e delegadas en distintas comarcas de Galiza, o vindeiro xoves día 16 de maio, con asembleas previas nas que se analizará a situación socioeconómica e laboral, centrando o debate no escenario que se vai crear a nivel de estado ante a convocatoria, para ese mesmo día, dunha xuntanza entre o goberno, a patronal e os sindicatos españois CCOO e UGT, para acadar un hipotético ‘pacto social polo emprego’.




Para máis información preme AQUÍ




13 de maio de 2013

20.000 Prazas para o Curso de Inglés Básico para Atención ao Cliente Extranxeiro



Correos convoca un curso de inglés básico cuxos contidos están adaptados aos procesos e produtos postais para facilitar a atención, información e venda aos cliente estranxeiros.

O curso está dirixido a traballadores/as dos grupos  III  e  IV da Dirección de Operacións, tanto laborais fixos como funcionarios, en activo ao inicio do curso, que desenvolvan o seu traballo en postos nos que se relacionen co público (oficinas e distribución –carteiros-as). Que non fosen inscritos na convocatoria de 2012.

A modalidade do Curso  é  on-line fóra da xornada laboral.

Inscrición: Do 13 de maio ao 19 de maio a través do Campus virtual
de Correos (https://formacion.correos.es).

Comunicarase vía correo electrónico e  sms a data de realización do curso (Correos recomenda revisar estes datos no apartado "A miña páxina" do campus virtual).

Duración: O curso terá unha duración de tres semanas.

O curso incluirase no expediente formativo de todos os alumnos que completen a acción formativa. Os alumnos ademais recibirán unha compensación polo custo de conexión a Internet.

Diante as posibles dificultades técnicas durante a inscrición os alumnos deberán dirixirse ao centro de atención ao estudante centro.atencionestudiante@telefonica.es



8 de maio de 2013

Correos Reduciu 100 Traballadores nos Últimos cinco Anos na Provincia de Ourense


Ourense non é sitio distinto e padece tanto ou máis que o resto do pais a redución drástica de postos de traballo, penalidade que se fai moito máis palpable no entorno rural.

 

¿Chegará o día no que os Gobernos e a Dirección de Correos asuman a súa parte de culpa e se responsabilicen da actual situación desta empresa?



  Para máis información ollar a prensa    LA VOZ DE GALICIA1
                                                            LA VOZ DE GALICIA 2




7 de maio de 2013

CORREOS ABRIRÁ UNHA OFICINA DE ATENCION Ó PÚBLICO NO BURGO

Despois de 6 anos de loita os veciños conseguen que Correos e o Concello de Culleredo cheguen a un acordo






O Concello cede un local 34 metros na Antigua Casa da Xuventude do Burgo para que Correos instale ali a oficina de atención ó público.

Agardamos que se poña en marcha o máis rápido posible para poder atender a un núcleo de poboación tan importante que estaba esquencido por Correos.



Para máis información olla esta nota de prensa: LA OPINION




2 de maio de 2013

Nun Ano Extinguíronse 469 Empresas Públicas

 
O sector privado reclama que se reduza o peso da Administración Pública e, sobre todo, das empresas públicas, como un dos requisitos para que España volva crecer.
Agora os culpables da crise son as Empresas Públicas, lembremos que antes a  culpa a tiñan os desempregados, os xubilados, os inmigrantes, unha sanidade pública por riba das nosas posibilidades ao igual que o ensino público. Coma cura recortan prestacións,  axudas á dependencia e desmantelan todos os servizos públicos; agora tócalles ás empresas públicas.

¿Preguntámonos que empresas públicas se van extinguir, as creadas para colocar os amiguetes e familiares, etc. cuns soldos de escándalo ou as que prestan un servizo público como Correos?

                                       ¿¿ti que pensas??

Para máis información olla a prensa   EXPANSION

Prazas Outros Ministerios


BOE Nº 103 DO 30 DE ABRIL RESOLUCIÓN 25 DE ABRIL 2013

PRAZAS EN GALIZA: VIGO, VILAGARCIA, TUY, A CORUÑA, LUGO, OURENSE e PONTEVEDRA.

SUBGRUPOS: C1 e C2.


Prazas Outros Ministerios


BOE Nº 103 DO 30 DE ABRIL ORDE HAP/712/2013 DO 18 DE ABRIL

PRAZAS EN GALIZA: A CORUÑA, LUGO e PONTEVEDRA.

SUBGRUPOS: A2, C1 e C2.