27 de feb. de 2013

PERSOAL FUNCIONARIO: Publicado no B.O.E. Núm. 47 Sábado 23 de febreiro de 2013 Sección I. Páx. 15208 Disposición adicional única.

Dispón que na nómina de abril, devolvan as cantidades de Dereitos Pasivos e MUFACE descontadas indebidamente na nómina de decembro 2012 do persoal funcionario.


25 de feb. de 2013

LICITACIÓN DO TRANSPORTE DO CORREO POR ESTRADA NA REDE LOCAL DE GALICIA


La Voz de Galicia publica un artigo sobre Correos na Galiza



Las zonas rurales acusan más los reajustes en este servicio ante la caída de envíos, con retrasos en el reparto y el cierre de pequeñas oficinas

El correo electrónico ha matado a la carta timbrada. O casi. Correos reparte en Galicia más de 170 millones de envíos anuales, pero la carga de trabajo ha bajado de manera significativa en los últimos años y desde el 2007 se distribuye un 20 % menos de correspondencia, lo cual, en tiempos de crisis, ha llevado aparejada una reestructuración del servicio postal. Y con ella, los ajustes en la plantilla. «Adaptamos el empleo a las necesidades, pero sin despedir a nadie. Con el descenso de correo en ocasiones no es necesario tener el mismo número de personas que antes para realizar las mismas tareas», explican desde la empresa pública, integrada en la SEPI.

Es lo que ocurrió en Vigo el pasado verano. Los carteros de la oficina central se plantaron cuando Correos detectó un descenso de la actividad en la unidad -lo cifró en un 33,8 %- y decidió reducir personal. Los trabajadores hicieron huelga siete semanas, se acumularon miles y miles de envíos (millón y medio según los sindicatos, medio millón según la empresa) y al final hubo ajuste, aunque más suave del que se pretendía. «No se prescindió de ningún empleado fijo, solo afectó a cuatro carteros, a los que se reubicó en otras funciones. Los cambios no los hacemos por capricho, vienen avalados por estudios, con datos de correspondencia, de habitantes por zona, de número de portales. La metodología es la misma que cuando determina el aumento de plantillas», afirman en Correos.

22 de feb. de 2013

Aberto o prazo de preinscrición e renovación nas escolas infantís de 0-3 anos dependentes da Consellaría de Traballo e do Consorcio

Poderanse presentar as solicitudes para os centros até o 21 de marzo

A Secretaría da Muller da CIG informa de que se vén de abrir o prazo de presinscrición nas Escolas Infantís 0-3 anos, dependentes da Consellaría de Traballo e Benestar e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (Rede "Galiñas Azuis"), nas que xa se mantén a suba das taxas aprobada o pasado ano, a pesar do empeoramento da situación socioeconómica.
Para máis información PREME AQUÍ

21 de feb. de 2013

4ª ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PERMANENTE DE TRASLADOS


11  PRAZAS ADXUDICADAS EN GALIZA: 7 A CORUÑA, 1  LUGO.   PONTEVEDRA 2 E OURENSE 1.
TOTAL PRAZAS ADXUDICADAS NO CONCURSO 157 PRAZAS :  39 REPARTO A PÉ, 54 REPARTO MOTO, 42 ATENCIÓN AO CLIENTE e 22 AXENTE CLASIFICACIÓN.

OS LISTADOS COMPLETOS DA  4ª  ADXUDICACIÓN DISPOÑIBLES NAS SECCIÓN SINDICAIS DA CIG.

 PRAZOS DE CESE

 Para todos os postos o cese será o día 28 DE FEBREIRO 2013.

 PRAZOS DE INCORPORACIÓN

A incorporación será a partir do día 1 DE MARZO DE 2013.

v O día seguinte se o traslado é na mesma localidade.
v 2 Días na mesma provincia ou illa ( Si se adianta ó día seguinte 60 €)
v 6 Días entre localidades da península que non pertenzan a mesma provincia (si se adianta ó segundo día 180 €)
v 10 Días entre illas Ceuta e Melilla e península (Se a toma e ó terceiro día 300 €)

­ Se optas pola compensación económica debes entregar o Anexo 3 en Recursos Humanos, antes do 26 DE FEBREIRO DE 2013.
­ Os prazos posesorios empezarán ó rematar os permisos, licencias,... Se tes licencia por enfermidade ou  baixa dilixéncianche o cese e toma de posesión de oficio.
­ O prazo posesorio será como de servicio activo salvo para excedentes voluntarios ou para o coidado de fillos.
­ Se comporta reingreso ó servicio activo o prazo de posesión será de un mes (Dende o día 01/03/2013)

19 de feb. de 2013

CORREOS: CONCURSO PERMANENTE DE TRASLADOS


4ª adxudicación do Concurso Permanente de Traslados


  • O próximo xoves 21 de febreiro reúnese a Comisión para resolver a cuarta adxudicación.
  • Se estás agardando por algún posto, ten o tanto para ollar se cho concederon.
  • Seguimos detectando que a maior parte dos postos que quedan vacantes non se cubren.

CURSOS DE FORMACIÓN PARA FUNCIONARIOS DO INSTITUTO NACIONAL DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA PARA O PRIMEIRO SEMESTRE DESTE ANO 2013



Estes cursos, son valorables tanto na mobilidade interministerial coma na promoción interna da Administración do Estado.

O 18 de febreiro publicouse no BOE (núm. 42) a oferta de Actividades Formativas do Instituto de Administracións Públicas que se desenvolverán no primeiro semestre de 2013.


Ø Formación en idiomas INGLÉS, FRANCÉS Y ALEMÁN, dirixida a funcionarios en modalidade ON LINE. dirixidas a grupos e subgrupos A1, A2,  C1 e C2.

Ø Formación en materias xerais para A REALIZACIÓN DE FUNCIÓNS DE XESTIÓN, APOIO ADMINISTRATIVO E AUXILIARES, modalidade on-line, dirixidas a grupos e subgrupos A1, C1 e C2.

Ø Formación en MATERIAS DE TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓNS E ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA, modalidade  on-line, dirixida aos grupos A1, A2, C1 e C2.

Ø Actividades formativas en materia de SEGURIDADE DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN sendo unha delas con modalidade mixta, dirixida aos grupos A1, A2 e C1.

A presentación das solicitudes será telemática e o seu prazo de inscrición é ata o 5 de marzo.
PREMA NO ENLACE: INAP.ES

18 de feb. de 2013

13 de feb. de 2013

CALENDARIO LABORAL 2013



Este é o Calendario Laboral Definitivo, non tiveron en conta a Resolución do 28 de decembro do 2012 da Secretaría de Estado das Administracións Públicas, pola que se ditan instrucións sobre xornada e horarios de traballo. Cada día Correos coa axuda das Cuatrillizas afástannos mais da AGE.
 
VACACIÓNS: (mantense a discriminación entre persoal funcionario e laboral asinada por  CCOO, CSIF, S.L. UGT.)
  • Funcionarios  terán dereito a gozar vacacións retribuídas dun mes natural ou de 22 días hábiles anuais. En tal caso non terán a consideración de días hábiles os sábados.
  • Persoal laboral serán dun mes natural por cada ano completo de servizo.

6 DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES: Por cada ano natural. O prazo para o seu desfrute será ata o 31 de decembro de 2013, non obstante se por razóns de servizo non fose posible gozalos antes desa data poderanse prorrogar ata o 31 de xaneiro de 2014.

DÍAS ADICIONAIS (MANTEÑEN OS DÍAS ADICIONAIS PARA FUNCIONARIOS E LABORAIS, DE 1 A 4 DÍAS SEGUNDO ANTIGÜIDADE): Os días adicionais uniranse ás vacacións. Si se gozan en dous períodos, a cada un deles engadiranse os días hábiles correspondentes, procurando que a distribución sexa equilibrada.Excepcionalmente, sempre que as necesidades do servizo o permitan, os días adicionais poderanse gozar sen unir ás vacacións e en período distinto ao vacacional, pero en todo caso deberán gozarse necesariamente dentro do ano natural.

DESAPARECE O PERMISO DE DÍAS DE LIBRE DISPOSICIÓN: (días por trienios) que recollía para o persoal funcionario o suprimido apartado 2 do art.º 48 da Lei 7/2007 do 12 de abril (EBEP).

CAMPAÑA DE NADAL: Na medida que os índices de actividade e negocio o fagan posible e se establezan compensacións, os empregados poderán gozar ata 2 días de permiso (asuntos particulares ou días adicionais ás vacacións) sen penalización, a elixir; un día da semana entre o 2 e o 5 de decembro e o outro, o 23 ou o 30 de decembro.