30 de xan. de 2013

PERMISOS 2013 EN CORREOS

Manteñen os 6 días de Asuntos Particulares e os días adicionais de vacacións por antigüidade para o persoal funcionario e laboral

Segundo nos comunicaron logo da xuntanza do día 29 de xaneiro entre Correos e os Sindicatos asinantes, a empresa comprometese a manter os 6 dias de asuntos particulares e os días a maiores de vacacións por antigüidade.

 

Seguimos perdendo dereitos cada ano que pasa, agora tocoulle ó persoal funcionario que perde os días a maiores por trienios.

 

Agardamos pola redación definitiva do Calendario Laboral para facer unha valoración completa do mesmo e para trasladarvos o resto do seu contido, porque moito nos tememos que se esqueceron de tratar cuestións moi importantes.

 

DIAS ADICIONAIS DE VACACIONS (Lembrade quen ten dereito a eles)

  • 1 día hábil: A partir do ano seguinte a cumprir 11 anos de antigüidade

  • 2 días hábiles: A partir do ano seguinte a cumprir 16 anos de antigüidade

  • 3 días hábiles: A partir do ano seguinte a cumprir 21 anos de antigüidade

  • 4 días hábiles: A partir do ano seguinte a cumprir 26 anos de antigüidade.

21 de xan. de 2013

3ª ADXUDICACIÓN CONCURSO PERMANENTE DE TRASLADOS


10  PRAZAS ADXUDICADAS EN GALIZA: 8 A CORUÑA, 2  LUGO.   PONTEVEDRA E OURENSE SEN PRAZAS ADXUDICADAS.
TOTAL PRAZAS ADXUDICADAS NO CONCURSO 179 PRAZAS :  30 REPARTO A PÉ, 84 REPARTO MOTO, 55 ATENCIÓN AO CLIENTE e 10 AXENTE CLASIFICACIÓN.
OS LISTADOS COMPLETOS DA  3ª  ADXUDICACIÓN DISPOÑIBLES NAS SECCIÓN SINDICAIS DA CIG.

PRAZOS DE CESE

Para todos os postos o cese será o día 31 DE XANEIRO 2013.

 PRAZOS DE INCORPORACIÓN 

A incorporación será a partir do día 1 DE FEBREIRO DE 2013.

v O día seguinte se o traslado é na mesma localidade.
v 2 Días na mesma provincia ou illa ( Si se adianta ó día seguinte 60 €)
v 6 Días entre localidades da península que non pertenzan a mesma provincia (si se adianta ó segundo día 180 €)
v 10 Días entre illas Ceuta e Melilla e península (Se a toma e ó terceiro día 300 €)

­ Se optas pola compensación económica debes entregar o Anexo 3 en Recursos Humanos, antes do 28 DE XANEIRO DE 2013.
­ Os prazos posesorios empezarán ó rematar os permisos, licencias,... Se tes licencia por enfermidade ou  baixa dilixéncianche o cese e toma de posesión de oficio.
­ O prazo posesorio será como de servicio activo salvo para excedentes voluntarios ou para o coidado de fillos.
­ Se comporta reingreso ó servicio activo o prazo de posesión será de un mes (Dende o día 01/02/2013)

18 de xan. de 2013

PLAN DE PENSIÓNS DE CORREOS

2013 Outro ano sen aportacións do promotor






Correos continúa co grifo pechado e tampouco vai facer aportacións durante o ano 2013 para o Plan de Pensións.





No BOE do 28 de decembro publicouse a Lei 17/2012 de 27 de decembro dos Orzamentos Xerais do Estados para o ano 2013, que no seu artigo 22 recolle: "Durante o ano 2013, as Administracións, Entidades e Sociedades, non poderán realizar achegas a plans de pensións de emprego (Como o que temos nós en Correos)..."

Se como partícipes:
  • Continuades aportando a cantidade obrigatoria ou as voluntarias, e vos interesa pasar á situación de particípes en suspenso ou suspender as aportacións voluntarias que teñades facendo,
  • Se estades en situación de partícipe en suspenso porque non aportades cantidade algunha ó plan e queredes volver a reincorporarvos como partícipes de pleno dereito...
Tanto para un caso como para outro tedes que cubrir nos apartados correspondentes o Impreso Modelo 1 do Plan de Pensións de Emprego de Correos e Telégrafos, acompañando a este modelo dunha copia do documento de identidade. Podedes mandalo por rexistro para ficar vos cunha copia selada.
Se tedes calquera tipo de dúbida ou non conseguides o correspondente modelo nas vosas Unidades a través da Intranet (Conecta) ou queredes que volo pasemos polo rexistro poñédevos en contacto connosco. 

CORREOS: CONCURSO PERMANENTE DE TRASLADOS

3ª adxudicación do Concurso Permanente de Traslados


  • Este luns dia 21 de xaneiro reúnese a Comisión para resolver esta adxudicación de xaneiro 2013.
  • Se estás agardando por algún posto, ten o tanto para ollar se cho concederon.
  • Seguimos detectando que a maior parte dos postos que quedan vacantes non se cubren.

Miles de persoas protestan contra o recorte nas condicións salariais e laborais e o deterioro dos servizos públicos


A área pública da CIG rexeita o proxecto de Orzamentos da Xunta porque afondará na perda de emprego e o desmantelamento dos servizos básicos 
A pesar da intensa choiva e do forte vento, miles de persoas participaron na tarde deste xoves nas manifestacións convocadas polas organizacións sindicais que integran a Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos nas sete cidades galegas. A protesta dá continuidade ás mobilizacións que o persoal vén realizando no último ano contra os recortes salariais e laborais impostos polos distintos gobernos do PP e pola defensa duns servizos públicos de calidade.
Para máis información PREME AQUÍ

15 de xan. de 2013

Concentracións nas cidades galegas o día 17, ás 19:00 horas, contra os recortes laborais e o deterioro dos servizos públicos


Convocan as organizacións sindicais con representación no sector público

 

As organizacións sindicais con representación no sector público, CIG, CCOO, UGT, CSI·F, CESM, OMEGA, SATSE, USAE, STEG, ANPE, USO, USTG, CGT, STAJ, SIAT e ACAIP, que integran a PLataforma en Defensa dos Servizos Públicos, convocan para o vindeiro xoves, día 17 de xaneiro, ás 19:00 horas, concentracións en todas as cidades galegas contra as medidas que vén de aprobar a Xunta de Galiza que empeoran as condicións laborais e salariais das empregadas e empregados públicos e deterioran, aínda máis, os servizos públicos.

 

 As concentracións previstas son:

o       A Coruña: Delegación do Goberno.
o       Santiago: Praza do Toral
o       Ferrol: Praza de España.
o       Pontevedra: Subdelegación do Goberno.
o       Vigo: Museo MARCO
o       Ourense: Subdelegación do Goberno.
o       Lugo: Subdelegación do Goberno.

 

Para ler o manifesto PREME AQUI 

 

11 de xan. de 2013

ENTREVISTA PRESIDENTE DE CORREOS JAVIER CUESTA SOBOR O NOVO PLAN DE ACCIÓN 100 - 300 - 1500



O plan consiste basicamente nos seguintes puntos:
  • Correos investirán 500 millóns de euros que non os achega o estado senón que sairán da venda de locais e soares (empeza a venda do noso patrimonio).
  • Buscarase entrar no mercado chinés de paquetería (ou será ao revés, ao final a que nos compran os chineses?).
  • Crearanse dúas páxinas web unha para clientes e outra para Pymes e unha tarxeta de pagamento para clientes. 
  • E o mais sorprendente estúdase a posibilidade de que os carteiros rurais presten servizos de asistencia a anciáns ou a persoas con baixa mobilidade. Si liches ben!!! que será o seguinte facer ??? de empregad@ de fogar por horas???

Descoñecemos se isto último o dixo en broma, porque como chiste é moi bo, pero en todo caso lle dicimos sen ningún tipo de acritude nin xolda: Sr. Presidente, hai un vello refrán que di zapateiro aos teus zapatos, estamos nunha empresa que non presta formación aos carteiros eventuais, na que saen a reparto sen sequera saber que é unha notificación. Sexamos serios por Deus, cubra vostede as baixas por asuntos propios, enfermidade familiar etc, etc, elimine os recargos para prestar un bo servizo, dote de material e persoal ás Unidades de Urxentes para que poidan entregar a paquetería en prazo e deixemos dunha vez de perder clientes, pague os quilómetros aos rurais ao prezo real do combustible ou no seu defecto déalles vehículos da empresa, déixese de estudos nas carterías, de amortizar prazas, de quitar dereitos ós traballadores, de ningunear aos fixos descontinuos, preste formación aos eventuais, cre unhas bolsas de traballo claras, cun sistema de chamamento transparente e público e só entón poderemos crer que ten un plan real para esta empresa.

Concentracións nas cidades galegas, o 16 de xaneiro, en denuncia da situación de paro da mocidade galega e a lacra da emigración



Dos 166.800 portos de traballo destruídos en Galiza nestes catro anos, 149.100 foron de menores de 35 anos e destes, 77.164 emigraron


A CIG vén de convocar unha xornada de loita nacional en todas as comarcas do país para denunciar a sangría demográfica que está a sufrir o noso país e que afecta especialmente á mocidade. A situación é de tal gravidade que dos 166.800 postos de traballo destruídos nestes 4 anos, 149.100 estaban ocupados por menores de 35 anos; destes, máis de 77.164 optaron por emigrar, neste período, en busca dunha alternativa laboral que non atoparon en Galiza e o paro medrou case un 123% desde o estoupido da crise entre os menores de 25 anos. Uns datos demoledores tirados do informe elaborado polo Gabinete Confederal de Economía da CIG.

  • DÍA, LUGAR E HORA DAS CONCENTRACIÓNS:

As concentracións serán diante dos Edificios Administrativos da Xunta para o mércores día 16 de xaneiro ás 12:00 horas nas cidades galegas, agás en Ourense que será ese mesmo día ás 20:00 horas diante da Subdelegación do Goberno. 

 

Para máis información PREME AQUÍ

9 de xan. de 2013

FUNCIONARIOS - MUFACE




Novo recorte das prestacións sociais para 2013

Suspenden para este ano as seguintes axudas:

 

  • Axudas adicionais para os incluídos no Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia
 

  • Programa de Becas de estudio e de Residencia para mutualistas. 

Ademais neste ano 2013 van recortar drásticamente estas axudas:


  • Axuda económica para a adquisición de vivendas: 

Convocaranse, segundo o  BOE, cando as  dispoñibilidades presupostarias o permitan.
O programa pasará de 4 millóns de euros a 240.000 euros.

  • Subsidio de xubilación:

Redúcese á cuarta parte ao diminuír o coeficiente multiplicador que se lle aplicará ás retribucións básicas do 2 ao 0,5

  • Subsidio de defunción:

Redúcese de 1502,53 euros a 751 euros.

Este goberno segue coa súa política de recortes e de ataque aos dereitos dos empregados públicos, culpándonos da crise, mentres eles continúan cos seus privilexios, cobrando tres e catro soldos, mantendo asesores familiares e amigos con soldos millonarios a cargo das arcas do estado, etc., etc., etc. Pouca vergoña teñen estes.

7 de xan. de 2013

EXPLOTA UN PAQUETE BOMBA NUNHA OFICINA DE CORREOS DE MADRID

¿Ata que punto estamos protexidos os traballadores de Correos?

 

¿Por cantas mans pasa un paquete antes de chegar ó escaner, no caso que pase por el?

 

¡¡Demandamos mais seguridade no traballo¡¡

 

FONTE:   EL MUNDO    LA VERDAD   ALERTADIGITAL

3 de xan. de 2013

Entra en vigor a normativa que atrasa a idade de xubilación

En Correos esta reforma aféctalle ó persoal laboral e irase aplicando de maneira progresiva ata chegar ós 67 anos no ano 2027 cun periodo de computo para o cálculo da pensión de 25 anos. 

 

O Goberno español do PP desenvolve a reforma das pensións tramitada polo PSOE en 2011 co apoio de CCOO e UGT

O Goberno español aproveitou o último Consello de Ministros do ano 2011, celebrado o pasado 28 de decembro, para aprobar o desenvolvemento da reforma das pensións tramitada polo PSOE que eleva a idade de xubilación até os 67 anos. A nova normativa establece un período de transición no que se incrementará de xeito progresivo até 2027 e fixa o cómputo para o acceso ao cobro da prestación en 25 anos.

¿Cantos de nós chegaremos a esa idade en condicións de traballar no caso que teñamos onde facelo? 

¿Cantos chegaremos a esa idade cun mínimo de 25 anos cotizados tal e como esta agora o mercado laboral?

¿Que pensión nos vai corresponder se cada vez aumentan o número de anos para facer o cálculo do que nos teñen que pagar? 

 ¡¡INDIGNATE, PROTESTA, QUE SE VEXA O TEU DESCONTENTO¡¡


Para máis información e para descargar a táboa en PDF PREME AQUÍ

¡EMPEZAMOS BEN O ANO! A SEPI FILTRA AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN QUE GRAZAS Á INCORPORACIÓN DE CORREOS SE REDUCIRON NUN 75% OS BENEFICIOS DA SOCIEDADE ESTATAL DE PARTICIPACIÓNS INDUSTRIAIS (SEPI)


FONTE:        INVERTIA        CINCODIAS     ACTUALIDAD.ES