30 de dec. de 2013

FELIZ ...



Unha aperta de parte todas e todos as/os delagadas/os de CIG Correos 




20 de dec. de 2013

MUFACE: Novo Concerto sen SANITAS e Catálogos por Provincias das Entidades de Asistencia Sanitaria para 2014


ADESLAS, ASISA, DKV e IGUALATORIO MÉDICO-QUIRÚRGICO DE CANTABRIA suscriben o Concerto de Asistencia Sanitaria para 2014 con MUFACE,  SANITAS quédase fora. 


Ollade con detalle e gardade á man o este novo Concerto (Publicado no BOE do 23-12-2013) porque é onde podedes aclarar calquera tipo de dúbida que se vos presente ó respecto da Asistencia Sanitaria que están obrigadas a prestar as entidades  médicas.


Xa podedes acceder ós Catálogos Provinciais de Proveedores das Entidades de Seguro de Asistencia Sanitaria para 2014. Lede e ollade ben estes catálogos das entidades non só os cadros médicos senón a información xeral que é moi importante para saber como debedes facer segundo o que vos aconteza e onde.

  

Coma todos os anos os interesados en cambiar de Entidade poden facelo durante o mes de Xaneiro,  neste caso do 2014.


Os que no ano 2013 tiñades elixida como entidade a SANITAS, estades obrigados a facer o cambio de entidade,  tivestes que recibir unha carta de MUFACE cun código persoal de cambio de entidade, se non foi así poñédevos en contacto coa Delegación Provincial de MUFACE.

 

Para ollar mais información e o novo Concerto 2014 pica AQUI

 

 

 

 

18 de dec. de 2013

Delegados/as de todos os sectores da administración pública concéntranse ante o Parlamento de Galiza contra as políticas do PP

Delegados e delegadas de todos os sectores da administración pública e de todas as organizacións sindicais concentráronse este martes diante do Parlamento de Galiza contra as políticas contiuístas do Partido Popular tanto no goberno central, como na Xunta de Galiza. A mobilización, convocada pola Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, coincidiu co pleno do Parlamento no que se aprobaron os orzamentos da Xunta para 2014.

Durante a protesta, e tras un tempo concentradas/so, saíron en manifestación rodeando o Pazo do Hórreo, pero aínda que cursaran os permisos pertinentes na Delegación do Goberno, tiveron que facelo pola beirarrúa na maior parte do traxecto por orde dos efectivos policiais que acordonaban os accesos á sede parlamentaria.
Ao remate da mobilización deuse lectura a un manifesto no que se denuncia que as políticas que se veñen aplicando desde o ano 2009 están a provocar a desaparición dos servizos públicos e agravan aínda máis a profunda crise económica na que nos atopamos inmersos “precarizando as condicións laborais dos seus/súas traballadores/as e provocando máis paro no sector público”.
Acusaron ao PP de aumentar a carga de traballo coa non reposición de profesionais co único obxectivo de eliminar o sector público facendo desaparecer servizos públicos e manifestaron a súa máis rotunda oposición á taxa cero de reposición, á conxelación salarial e ao recorte das pagas extra.
Do mesmo xeito proclamaron o seu rexeitamento á privatización dos servizos públicos; ao incremento da xornada laboral; aos descontos por baixas médicas; á destrución de emprego público e á desaparición dos servizos públicos.
Fronte a isto demandaron o fomento de emprego público estable e de calidade; reclamaron a recuperación do poder adquisitivo perdido e das pagas extras íntegras e exixiron a recuperación de todos os dereitos laborais.
Responsabilizaron á administración de ser a salvagarda dos servizos públicos e dos seus traballadores e traballadoras. “Esa responsabilidade tamén a ten o grupo parlamentar do PP no Parlamento de Galiza e no Parlamento Español, como responsábel último da aprobación de todas estas medidas”, denunciaron.
Galeria de imaxes prema AQUI

12 de dec. de 2013

Pago Axudas Acción Social 2013

Coa vindeira nómina do mes de decembro de 2013 ingresarán a contía correspondente ás seguintes axudas de Acción Social:

  • Axudas ao estudo para fillos (libros e material escolar)

12.115 Axudas, 8.200 máis que o ano anterior, que suman un importe de 605.750 €.
Axudas de 50 € cada unha.

  • Axudas para o Tratamento da Saúde:

5.700 axudas que suman un importe de 425.955 €
Axudas de ata 150 € en función do gasto acreditado.

  • Axudas para Estudos Universitarios dos Empregados:

173 Axudas que suman un importe de 24.347 €
Axudas de ata 200 € en función do gasto acreditado.
              
Correos atendeu a totalidade das solicitudes, baixando as contías individuais como no  caso das axudas ao estudo para fillos.


9 de dec. de 2013

Muface: Entidades Sanitarias Concertadas 2014


Sanitas non asina o concerto con muface polo que todos os que recibían asistencia medica a través desta entidade deberán obrigatoriamente cambiarse a calquera outra das concertadas ou ao Sistema Nacional de Saúde, entre o 1 e o 31 de xaneiro de 2014.

Entidades Concertadas 2014:

ASISA. 
SECURCAIXA-ADESLAS. 
DKV SEGUROS. 
IMQ DE CANTABRIA. 

Así mesmo calquera mutualista ou beneficiario tamén pode solicitar o cambio de entidade sanitaria entre o 1 e o 31 de xaneiro de 2014.


22 de nov. de 2013

Produtividade e remuneración campaña de Nadal 2013


Percibirase unha gratificación de 95,08 € polo conxunto da campaña de Nadal.

Os requisitos para poder cobrar esta gratificación son:

*   Permanecer vinculado e en activo en correos de forma ininterrompida dende o 1 ao 31 de decembro.
*    Ser persoal funcionario, laboral fixo (incluídos fixos descontinuos e fixos a tempo parcial) e persoal eventual,
*   Excluíndose os contratos por circunstancias da produción realizados para atender a propia campaña.
* Traballar nunha das seguintes áreas: repartición ordinaria, repartición urxente, clasificación de cartería, apartados, ruteiros, persoal operativo dos centros e unidades de tratamento (admisión masiva, clasificación automática, manual, produtos rexistrados e carga e descarga), sala de aparatos, rurais A, condutores interzonais e intercentros, cambio de Madrid, persoal operativo das oficinas postais os xefes das unidades afectadas. Os rurais B e empregados/ás con xornadas a tempo parcial en proporción á súa xornada.

Penalizacións:

Por inasistencia descontarase da gratificación, o primeiro día 12,02 €, o segundo e o terceiro 18,03 €. con máis de tres días pérdese o dereito á percepción económica.

Exceptúanse da penalización:

*  Os accidentes de traballo en novembro ou decembro, nacemento, acollemento e adopción dun fillo, falecemento ou enfermidade grave dun familiar ata segundo grao.
*  Dous días de permiso: Un día a elixir entre os días 2 e 5 e outro día durante o resto do mes de decembro.

Medidas organizativas:

*  Poderanse organizar e efectuar reparticións puntuais.
*  En admisión masiva, carga e descarga, salas de dirección e centros de tratamento poderase autorizar a realización de horas adicionais.

Días 24 e 31: módulo de 79,48 € por traballador/día. deberán prestar servizo:

O persoal mínimo imprescindible tanto en admisión e oficinas coma en tratamento e distribución.

Só abrirán as oficinas de centros comerciais, e en grandes poboacións poderase proceder a aperturas puntuais con horario de sábado.

Días 25 de decembro e 1 de xaneiro:

Non traballará ninguén. o persoal dos centros de tratamento, que por quenda, traballe a noite do 25 ao 26 de decembro e do 1 ao 2 de xaneiro percibirá as horas adicionais de festivo.

Pagamento da campaña: correos comprométense a axilizar os trámites para que o seu pagamento se faga efectivo a finais de xaneiro.


15 de nov. de 2013

A CIG-Correos solidarízase coa traballadora despedida en Nafarroa

Galiza novembro de 2013

Utilizando como medio as nosas Organizacións, quixera trasladar en nome de CIG-Correos e do persoal que representa a súa solidariedade e apoio incondicional á compañeira inxustamente despedida TINA PARRA COBOS.
 
Rexeitamos frontalmente a medida  adoptada con Tina, xa que ademais da precaria situación na que queda a compañeira, dende sempre o noso Sindicato opúxose con contundencia á salvaxe reforma laboral do Partido Popular, ao considerala non só innecesaria, se non tamén totalmente inxusta, a cal deixa aos traballadores con patoloxías crónicas nunha situación de total indefensión.
 
Consideramos ademais de extrema gravidade que tal reforma se comece a aplicar en Correos polas perniciosas consecuencias que a mesma pode carrexar na estabilidade laboral dos seus traballadores ademais da angustia e inquietude xerada entre estes.

Un saúdo Nacionalista e de Clase                                            O Secretario xeral  da CIG Correos

Carta recollida no blog de LAB-Posta premando AQUI





O Consello Confederal da CIG acorda por unanimidade conxelar as cotas sindicais por segundo ano consecutivo

O Consello Confederal da CIG, reunido o sábado 9 de novembro, acordou por unanimidade conxelar por segundo ano consecutivo as cotas sindicais que achegan os afiliados/as da central, consciente da grave situación económica que padecen milleiros de familias no noso país a causa da crise do sistema capitalista. Ao mesmo tempo, ampliouse a cobertura da Caixa de Resistencia ao 100% do SMI a partir do quinto día de folga para os afiliados/as con máis dun ano de antigüidade e debateuse e aprobouse o documento presentado pola Executiva no que se analiza a situación político-sindical.


O Consello Confederal celebrado a primeira hora da mañá do sábado en Santiago tomou a decisión de non incrementar as cotas sindicais diante da grave situación de crise económica, social e laboral que padecen os traballadores/as galegos/as e que se traduce nunha importante perda de poder adquisitivo. Deste xeito, as cantidades que achegan os afiliados/as da central non se verán incrementadas durante o vindeiro ano, igual que xa sucedera en 2012. 

Outra das decisións adoptadas polo Consello Confederal foi a ampliación da cobertura da Caixa de Resistencia ao 100% do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) a partir do quinto día de folga para os afiliados/as con máis dun ano de antigüidade e a posta en marcha do colectivo que agrupe a mocidade da CIG, fixándose en 35 anos a idade máxima para poder participar no mesmo. 

Na xuntanza tamén se debateu e aprobou o informe da Executiva Confederal no que se analiza a situación político-sindical do noso país e as principais liñas de actuación da CIG nos vindeiros meses.

Máis info AQUI

13 de nov. de 2013

A CIG convoca mobilizacións o 14 de novembro contra a nova reforma das pensións

MAÑA DÍA 14 TEMOS QUE ESTAR TODOS NA RÚA

Nin a rebaixa de salarios nin a das pensións ten xustificación cando dende o goberno están deixando de recaudar miles de millóns de €uros ós grandes capitais e empresas a través de beneficios fiscais e despilfarrando no saneamento da banca, para beneficio dos seus accionistas, o diñeiro de todos. Non se poden aportar 80.000 millóns de €uros ó Banco Central Europeo para que este llos de á Banca Privada ó 0,5% e logo o estado teña que financiarse ó 6% ou 7%.   
 !! ISTO É DE PARVOS !!


As manifestacións terán lugar nas sete cidades galegas de forma simultánea
O secretariado confederal da CIG, acordou convocar manifestacións en todas as comarcas do país, o 14 de novembro, contra a nova reforma das pensións. A CIG denuncia que o 70% de pensionistas en Galiza cobra menos de 1.000 € e alerta de que son estas pensións as que están salvando ás familias. Advirte ademais de que con esta reforma se empobrece ás galegas e galegos porque temos os salarios máis baixos, máis precariedade no traballo e menos anos cotizados.

Horarios e lugares:
-Ourense: Ás 20:00 horas do pavillón dos Remedios.
-Pontevedra: Ás 20:00 horas da Praza da Ferrería
-Vilagarcía: 20:00 horas da Casa do Mar
-Vigo: Ás 20:00 h da Vía Norte
-Compostela: Ás 20:00 horas da Praza Roxa
-Lugo: 20:00 h da Ronda da Muralla
-Ferrol: 19:30 horas con saída do local do sindicato. Avda. de Esteiro
-A Coruña: 20:00h praza de Vigo

Para máis información AQUI

PARTICIPA!!!



4 de nov. de 2013

Un novo recorte en Correos suprime outras oito prazas de carteiro na cidade de Ourense

O carteiro xa non chama dúas veces en Ourense. Non vai ter tempo para facelo, pois unha unha nova reforma no servizo de cartería da rúa Fernández Bordás, en pleno centro, supoñerá a desaparición de oito carteiros urbanos que hoxe reparten a pé ou en moto e doutros dous na Derrasa e en Toén. Os que queden terán que apurarse pois terán que asumir o seu traballo, ademais do das rúas que quedan sen servizo.



Representantes da CIG Correos en Ourense denuncian o "total desmantelamento que está a sufrir o servizo postal na provincia" e que xa non afecta só ao medio rural senón á cidade. Xa non é o mal tempo nin as condicións adversas as que poden frear o traballo dun carteiro, senón os recortes en materia de contratación e as reformas, "que reducen drasticamente o persoal e xeran áreas de repartición inasumibles durante a xornada diaria que se lles esixe, todo polo aforro económico", denuncia a CIG.

As consecuencias inmediatas van ser a desaparición de dez áreas de repartición, e a asimilación destas polo resto de traballadores que queden na cidade. Correos alegan que hai un descenso do 30% do volume de envíos, polo que se pasa de 39 carteiros urbanos a 31 e de 12 a 10 carteiros rurais malia que os resultados antes de impostos do organismo son bos.

Fonte: Faro de Vigo                                                                              Máis información  AQUI

Maís Competencia: "Os Estancos Solicitan ao Goberno Autorización para o Reparto de Paquetes nos seus Locais"


Se queres ler a nota de prensa enteira prema   AQUÍ


31 de out. de 2013

CORREOS ¿CUSTODIA OU REPARTO?

Correos responsabiliza ós carteiros/as e ruteiros/as dos envíos e medios que lles confía, ata que os entregan ou os devolven na unidade



DIGAN QUE TEÑEN QUE FACER: ¿CUSTODIAR OU REPARTIR? PORQUE AS DÚAS COUSAS Á VEZ NON SE PODE. QUEREMOS UNHA RESPOSTA.

  • Se controlan e custodian como lles esixen non poden facer o seu traballo de reparto; logo... SANCIÓN QUE TE CRIOU !!

  • Se reparten segundo lles esixen non poden controlar o carriño, a moto, a correspondencia;  logo se falta algo... SANCIÓN QUE TE CRIOU !!






Xa non vasta con controlar ós cans, agora ademáis teñen que vixiar ós cacos e maleantes e todo elo sen deixar de facer o seu traballo, algo... IMPOSIBLE PARA AS CARTEIRAS E CARTEIROS.









28 de out. de 2013

Correos reduce a sua plantilla en Galicia en 400 empregados nos dous últimos anos


A caída do negocio postal debido á crise, a maior implantación do correo electrónico e a necesidade de axustar o presuposto á baixo están a provocar que Correos, a maior empresa e empregadora do sector público de España, estean a reducir o seu equipo nos últimos anos.


A compañía, segundo destacan todos os sindicatos, non realiza despedimentos, senón que non cobre as vacantes por xubilacións ou concursos nin as baixas por enfermidade, e ademais traslada os funcionarios de Correos a outros ministerios.



Como consecuencia, o equipo en Galicia diminuíu en máis de 400 persoas nos últimos dous anos. Pasou de 4.000 a 3.600.

Este ano, ata agora," xa levamos máis de 200 baixas, polo que o número será aínda maior cando remate o ano, recoñece Miguel Ramudo, secretario de organización de CIG Correos. "Con estas baixas quédanse sen cubrir as necesidades básicas para o desempeño eficiente e normal do servizo postal", confirma Ramudo.

Ramudo denuncia que "este pasado verán, como media, de cada tres traballadores de Correos que gozaban das vacacións tan só se substituíu a un deles". As consecuencias foron "as chapuzas organizativas ás que se viron obrigados a recorrer algúns xefes de unidades aos que non lles autorizaron a contratación que necesitaban, facéndoos rotar aos traballadores por zonas e barrios que descoñecían, ademais de ter que levar as súas zonas, o que lles resultaba imposible facer a repartición completa,". Segundo o representante da CIG, durante o verán houbo zonas, sobre todo do rural, que estiveron sen a repartición da correspondencia máis dunha semana. Os sindicatos explican que as consecuencias destes "dimensionamentos" das oficinas son unha maior carga de traballo e un aumento do atraso nas entregas das cartas.

Se queres ler a nota de prensa enteira prema AQUÍ


Correos prevé que os seus carteiros presten servizos adicionais á entrega de cartas


Correos prevén que a súa rede duns 30.000 carteiros poidan prestar máis servizos ademais da entrega de cartas e paquetes a domicilio, segundo avanzou o presidente do operador postal público, Javier Cuesta.

La compañía do grupo SEPI descarta non obstante que este colectivo de traballadores, que cada día percorren un total de 100.000 quilómetros, entre no negocio da lectura de contadores. 

"Os 30.000 carteiros que aproximadamente ten Correos por toda a xeografía española, que cada día percorren 100.000 quilómetros e que agora están centrados en entrega de cartas e paquetes, a tecnoloxía na que nós investimos moito vai permitir que poidan realizar outros servizos", explicou o presidente da compañía.


O comercio electrónico, o futuro de Correos

O director de Correos da Zona 1, que inclúe Castela e León -agás Soria-, Galicia e Asturias, Anxo Pérez Pérez, apuntou onte que Correos está a dedicar os seus maiores esforzos ao comercio electrónico e é, actualmente, a súa «principal aposta e resposta».


Pérez realizou estas manifestacións aos xornalistas durante a visita ao Centro de Tratamento Automatizado de Valladolid do delegado do Goberno en Castela e León, Ramiro Ruiz MedranoPérez subliñou que se creou «unha unidade especial exclusiva para o comercio electrónico» e recoñeceu que Correos se está a centrar en «poñer en valor» os seus servizos e que os emprendedores e autónomos encontren «esa garantía, seguridade e entrega en prazo».

25 de out. de 2013

Curso de " Traballar en Equipo"

Correos convocou con data 25 de outubro de 2013 un curso on line sobre " Traballar en Equipo", dirixido a a persoal de xefaturas intermedias e persoal operativo, tanto funcionarios como laborais, que manteñan unha relación activa en Correos o inicio e durante a realización do mesmo.

Número de Prazas: 20.000
Período de inscripción: do 25 de outubro ó 31 de outubro.
Duración do Curso: Dúas semanas.

A inscripción realizarase a través do campus virtual de Correos: http.//formacion.correos.es

Unha vez rematado o proceso de inscripción Correos comunicará vía e-mail ou sms as datas de de realización.
Se tedes dúbidas non deixedes de consultarnos. 



Correos Saca a Concurso a Plataforma Factura Electrónica




Xa que segundo a empresa sobramos tantos traballadores ¿Porqué en lugar de contratar unha empresa externa non prepara os seus empregados para cubrir estes postos? e sairíalle gratis.

Prazas Outros Ministerios


Ministerio de Economía e Competitividade

BOE 256 do venres 25 de Outubro  ORDE ECC/1968/2013

Prazas en Galiza: A Coruña

Subgrupos: C1 e C2


O Supremo Falla que Correos deberá pagar o IBI polos seus Edificios


A Can Fraco Todo Son Pulgas.


Para máis información: Pincha AQUÍ


24 de out. de 2013

Concurso Permanente de Traslados 9ª e Última Resolución Outubro - 2013


40   prazas adxudicadas en Galiza:  A Coruña  22,   Lugo 5, Pontevedra 7 e Ourense 6.
Total Prazas Adxudicadas no Concurso 318 prazas :  37 reparto a pé, 92reparto moto, 160 atención ao cliente e 29  axente clasificación.
Os listados completos da  9ª  adxudicación dispoñibles nas sección sindicais da C.I.G.

PRAZOS DE CESE

Para todos os postos o cese será o día 31 DE OUTUBRO 2013.

PRAZOS DE INCORPORACIÓN

A incorporación será a partir do día 1 DE NOVEMBRO DE 2013.

  • O día seguinte se o traslado é na mesma localidade.
  • 2 Días na mesma provincia ou illa ( Si se adianta ó día seguinte 60 €)
  • 6 Días entre localidades da península que non pertenzan a mesma provincia (si se adianta ó segundo día 180 €)
  • 10 Días entre illas Ceuta e Melilla e península (Se a toma e ó terceiro día 300 €)
­ Se optas pola compensación económica debes entregar o Anexo 3 en Recursos Humanos, antes do 29 DE OUTUBRO DE 2013.
­ Os prazos posesorios empezarán ó rematar os permisos, licencias,... Se tes licencia por enfermidade ou  baixa dilixéncianche o cese e toma de  posesión de oficio.
­ O prazo posesorio será como de servicio activo salvo para excedentes voluntarios ou para o coidado de fillos.


­ Se comporta reingreso ó servicio activo o prazo de posesión será de un mes (Dende o día 01/11/2013)


23 de out. de 2013

Unidade Reparto de O Burgo (A Coruña): 3 FURGONETAS…

 Como é posible que os carteiros saian cos 
PAQUETES COLGANDO DOS CARROS?




Unha maña calquera: unha das furgoneta parada diante da oficina.




E as outras onde andarán? Vai ti a saber ... pero dende logo repartindo paquetes NON.

Para máis información prema AQUI

Empeza a Venda de Inmuebles de Correos



21 de out. de 2013

O xulgado condena a Correos a admitir a un traballador nas bolsas de emprego ao que excluíra por ser xordo


A CIG de Lugo compareceu o pasado venres en rolda de prensa para informar da sentenza pola que o xulgado do social 2 de Lugo condena a Correos a incluír a un traballador nas listas de contratación, ao que excluíra por ser xordo, así como a abonarlle os salarios deixados de percibir. Dende a CIG de Lugo amosaron a súa satisfacción pola resolución xudicial, xa que se trata dun claro caso de discriminación.
 
“Parécenos un escándalo que un traballador sexa discriminado dunha empresa pública como Correos e non se lle contrate como lle correspondería pola súa posición nas listas polo feito de ser xordo”, denunciaba o Secretario Comarcal da CIG Lugo-A Mariña, Antonio Niño, durante a comparecencia para os medios, na que tamén estiveron presentes o propio traballador afectado, Miguel Fernández, e o delegado da CIG en Correos, John Vivancos. 

Niño criticou a dobre discriminación á que se veu sometida o traballador por parte de Correos: por unha banda, ser excluído das listas de contratación por ser xordo, e doutra o propio feito de quedar sen o dereito a un traballo. Por iso mesmo, dende a CIG de Lugo pídese á empresa postal que renuncie a recorrer a sentenza e acate a resolución, posto que “sería un escándalo” que unha empresa, ademais do sector público, apelase a decisión xudicial, cando “existe un móbil claramente discriminatorio”.

11 de out. de 2013

O Goberno Portugués Dá o Primeiro Paso Para Vender o 70% de Correos a Través Dunha Oferta Pública de Venda


A empresa de correos CTT Correos de Portugal conta cuns 13.000 traballadores e preto de 800 oficinas.

Taxada por algúns analistas nuns 600 millóns de euros.

Para máis información pincha AQUÍ

O Carteiro unha especie "sin protección" en perigo de extinción

CIG-Correos alerta que a redución masiva dos postos de traballo impide ofrecer un servizo postal eficiente e puntual

Temen que o goberno busque conseguir resultados positivos da empresa pública, “asumindo os custes que sexan precisos”, para axilizar a súa privatización 

 

O sector de Correos da CIG-Administración alerta que a política de redución de postos de traballo na empresa postal imposta polos Gobernos do Estado a través da SEPI, está a provocar que se deixen sen cubrir os postos que fican vacantes por xubilacións, concursos ou outras causas, e redimensionando á baixa os cadros de persoal con reformas que reducen o número de traballadores/as. Deste xeito, denuncian, baléiranse os centros de tratamento, as carteirías e as oficinas de persoal.
Para máis información sobre o artigo pincha AQUÍ



10 de out. de 2013

Prazas Outros Ministerios


PRAZAS NO MINISTERIO DO INTERIOR: Dirección Xeral de Policía


BOE Nº 243 Resolución 1 de outubro

PRAZAS EN GALIZA: OURENSE, PONTEVEDRA,  A CORUÑA.

SUBGRUPOS: A2, C1 e C2.

8 de out. de 2013

CORREOS TEN PEITO E PASTA PARA MERCAR O CORREIO PORTUXES???

Intervención do Presidente da SEPI na Comisión de Presupostos o pasado dia 7/10/13.

Fanfarroneria ou feixe de mentiras? Segundo publican case tódolos medios de comunicación nesta intervención asegurou que se están facendo xestións para a compra do Correio Portugués. Ante tal afirmación dende CIG preguntámonos:

É isto unha brabuconada ou verdadeiramente Correos ten capacidade e intención para mercar os Correios?.

De ter esta capacidade, de que xeito se vai levar a cabo a operación? Con que diñeiro se mercará? Co que xa nos quitaron do plano de pensiónse que en xustiza debería estar no peto dos traballadores? Co que o Goberno está a inxectar polo Servizo Postal Universal e que so debería ir para este cometido? Coa mesma partida con que se financian patrocinios e jolgorios varios?

Pero en que quedamos? Non nos atopabamos nunha situación tan difícil? Non era iso o que sempre nos estaban dicindo? Para que agora Correos faga este alarde de fondos!!!!!! Cando nos enganaban? Antes ou agora?

Tampouco saímos do asombro cando este Sr, un segundo despois de dicir que minorou o cadro de persoal en 7.000 traballadores (en realidade foron moitos mais) “de forma pactada cos sindicatos”, dende logo coa CIG non, afirma que con estes mesmos sindicatos acordou a consolidación de temporais cara o 2014. Isto é un sen vivir !! teñen vostedes capacidade de acordar unha cousa e a contraria!!. En que se traducirá isto? En afíliate para asistir a clases? Te vendemos los temas? Con el sindicato de cabecera aprobarás? Pretenden tomar por parvos aos traballadores de Correos unha vez mais?

 “Non lle cabe na cabeza” como Unipost puido gañar dous concursos públicos. Pois iso e sinxelo, pregunte Vostede os que o nomearon Presidente da SEPI que veñen a ser os mesmos que gobernan as Admons Publicas que outorgaron estes contratos. Case que parece que esta a botar balóns fora, Sr. Presidente.

Despois destas afirmacións para nada nos tranquiliza que diga “Nin un solo plan de privatización para el grupo Correos”. Se esta afirmación ten o mesmo rigor que as anteriores teremos que darnos por privatizados. Non é así Sr. Presidente?




30 de set. de 2013

A CIG denuncia o continuísmo do Goberno español nas políticas de destrución de emprego e de recortes sociais e salariais

A central nacionalista solicitou a reposición de todos os dereitos suprimidos polo Goberno central na súa intervención na Mesa Xeral en Madrid

A CIG participou este 26 de setembro en Madrid na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, onde evidenciamos o “continuísmo do Goberno español” nas políticas de destrución de emprego público e recortes sociais e salariais, que levan significado unha perda de poder adquisitivo do 20% desde o ano 2010.

 

Para máis información: Pincha AQUÍ

27 de set. de 2013

"CORREOS APUESTA POR EL “VALOR Y ESFUERZO DE EQUIPO” DEL BALONMANO ESPAÑOL".

(Así titula Correos  esta noticia na súa nota informativa)

... E ÓS TRABALLADORES E TRABALLADORAS QUE ESTÁN CON RECARGOS NAS OFICINAS, CARTERÍAS E PAVILLÓNS... ¿¿¿ESES QUE POÑAN SO "ESFORZO", PORQUE OS CARTOS ESTAN PARA OUTRAS COUSAS ???

"Nuestra compañía se convierte en el principal patrocinador del balonmano español, una de las modalidades deportivas que más éxitos acapara como especialidad olímpica de equipo" 

Nada pode xustificar este gasto cando nos estan recortando por todas partes: Postos de traballo, Dereitos, Xornadas, Salarios...

SOBRAN COMENTARIOS, 
CANDO OS FEITOS FALAN DE POR SÍ .