28 de dec. de 2012

O persoal da administración pública concéntrase en San Caetano para manifestar a súa oposición á nova rebaixa salarial

A Área Pública da CIG considera “indecente” que se presente como un “recoñecemento” ao seu esforzo a posibilidade de solicitar un anticipo da paga extra de xullo en xaneiro 

Mentres Feijoo se reunía co seu goberno no Consello da Xunta, traballadoras/es do sector público concentrábanse en San Caetano, para manifestar a súa oposición ao novo recorte que se aplicará nos seus salarios en 2013. Ao berro de “mans arriba, isto é un atraco”, denunciaron as súas cada vez máis precarias condicións laborais e as “mentiras” tanto do Presidente, como dos conselleiros. Para a Área Pública da CIG é, ademais, “indecente” que se presente como un “recoñecemento ao seu esforzo” a posibilidade de solicitar un anticipo da paga extra de xullo no mes de xaneiro, logo do “saqueo” do que están sendo vítimas, cando se lles recortará nesa e na seguinte paga extra e cando se lles adebeda a deste Nadal. Adiantan xa que, ante isto, convocarán mobilizacións.

Para máis información PREME AQUÍ

27 de dec. de 2012

Esmola de Nadal, ¿con trampa?




FACENDA DEVOLVERÁ AS COTIZACIÓNS DA EXTRA ÓS FUNCIONARIOS






O Goberno ben de anunciar que devolverá ós funcionarios o importe das cotizacións correspondentes a paga extraordinaria de decembro, un 3,86% é dicir entre 60 e  160 Euros. Iso si, será con moita calma, moita mais da que tivo a hora de facer os correspondentes descontos, xa que para elo darase un prazo de tres meses, durante o cal terá no seu poder o diñeiro que é de todos nos.

Tempo tivo dabondo este goberno  dende o 13 de xullo para emendar este saqueo, pero non o fixo ata que sufriu a suficiente presión. Danse de conta agora, tarde mal e nunca, do agravio? como eles mesmos din.

Pero o Sr. Ministro segue a insistir de que estes descontos son legais. Ata aí chegamos Sr. Montoro, a pesares do que vostede pense somos funcionarios, o que non é sinónimo de idiotas aínda que lle pareza mentira. Pero o que é legal non sempre é xusto, como é o caso. Non esquezamos que a legalidade sempre a fai o que ten a sarten polo mango. Cunha maioría absoluta, como ten o PP, pódense promulgar toda clase de Leis ou R. Decretos, como fai este goberno  aínda sabendo que son totalmente inxustos; senón que llo pregunten os funcionarios, os profesionais da sanidade, do ensino, os pensionistas, etc…

A verdadeira inxustiza segue a ser Sr. Ministro que vostedes nos rouben a paga extra non quedando para nada compensado con que nos devolvan as cotizacións. Ademais non explicou como o van a facer. Modificarán o haber regulador? Se así é a inxustiza sería dobre porque o que farían sería baixarnos as nosas pensións. É isto o que vai facer? Explíquese Sr. Montoro, senón esta esmola que nos esta a vender pode ser un regalo envelenado.

Concentración do persoal da administración pública este xoves en San Caetano

Coincide co Consello da Xunta no que se aprobará a redución salarial para o ano 2013

 

As organizacións sindicais con presenza na Mesa Xeral da Función Pública, entre as que se atopa a CIG, convocan para este xoves, día 27 de decembro, ás 11:00 horas, unha concentración en San Caetano, coincidindo coa celebración do Consello da Xunta no que previsibelmente se aprobará a redución salarial para o persoal público no ano 2013.

 

O Partido Popular pretende reducir, do total da masa salarial de todas/os as/os empregadas/os públicas/os de Galiza un 4% para o ano 2013. Deste xeito, nas retribucións de cada traballador/a vaise aplicar esa redución nas pagas extra de xullo e setembro, sacándolle o complemento específico a todo o persoal da administración. Así, en función da súa contía, isto suporá unha rebaixa nas retribucións anuais de entre o 2% e o 7%. Para quen non teña ese concepto, o desconto farase igualmente, pero na paga extra.

As organizacións sindicais están pendentes de saber como se pretende materializar ese desconto salarial no caso do persoal do SERGAS, que ten uns complementos específicos de contías moi inferiores aos do resto do persoal da administración pública

 

26 de dec. de 2012

O recorte salarial do 2013 para Feijoo é un logro

A Área Pública da CIG acusa a Feijoo de “tramposo e manipulador” por intentar vender unha rebaixa salarial como un logro

O persoal de Ensino, Sanidade e Administración pública dependente da Xunta de Galiza verá reducidos os seus ingresos nun 4%

Contra as 14:00 horas deste venres, reuníanse representantes das organizacións sindicais e da administración na mesa xeral da Función Pública. Sen documentación previa e sen outra información que a filtrada á prensa desde a propia Xunta de Galiza recibían a confirmación de que en 2013 verán rebaixados os seus salarios. O anuncio acababa en liorta, desaloxando dentro ás/aos representantes sindicais e cunha contundente actuación policial no exterior do edificio da EGAP.


Para máis información PREME AQUÍ

DESCONVOCADA A FOLGA DOS CARTEIROS DE EIBAR

DESPOIS DE 20 DÍAS DE FOLGA INDEFINIDA E CON MAIS DE 300.000 OBXECTOS DE CORRESPONDENCIA ACUMULADOS SEN REPARTIR OS CARTEIROS E CARTEIRAS DE EIBAR DESCONVOCAN A FOLGA TRAS CHEGAR A UN ACORDO CON CORREOS


As partes en conflicto chegaron a un acordo tras reducir Correos o número de postos a recortar na cartería de 5 a 3, feito que permite que os dous traballadores que se tiñan que desprazar continúen en Eibar.

 

Esta negociación costoelle a todo o persoal 8 meses de salarios. Pedímoslle a Correos que se negocie antes de facer as propostas para non ter que chegar a esta situación que prexudica a todos: empresa, persoal e usuarios.

 


Para ollar as novas olla no seu blog:                  PREME AQUI
                                     
                                                           
                

19 de dec. de 2012

Concentracións para este xoves día 20 de decembro

A Alianza Social Galega, na que esta  a CIG xunto a máis de 60 entidades, chama a cidadanía a concentrarse o 20 de decembro nas principais cidades e comarcas galegas

 ¡¡ Rexeita os novos recortes impostos polo PP ¡¡

As máis de 60 entidades que conforman a Alianza Socia Galega fan un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas para este xoves, día 20 de decembro, nas principais cidades e cabeceiras de comarca. Mobilizacións coas que se queren denunciar as políticas antisociais que está a adoptar o goberno do PP e entre as que salientaron a non revalorización das pensións, os recortes na sanidade e no ensino públicos e a contrarreforma ideolóxica que representan a LOMCE ou Lei de taxas xudiciais. Como parte das reivindicacións tamén estará a esixencia de reformar da normativa hipotecaria para pór fin ao drama dos desafiuzamentos e lograr a dación en pagamento.
Para máis información, para ver o manifesto e para saber os lugares e horas das concentracións PREME AQUÍ

17 de dec. de 2012

PRAZAS OUTROS MINISTERIOS


MINISTERIO DE FACENDA E ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
BOE Nº 301 DO 15 DE DECEMBRO  ORDE HAP/2669/2012


PRAZAS GALIZA: A CORUÑA, OURENSE, PONTEVEDRA.
SUBGRUPOS: A1, A2, C1.

14 de dec. de 2012

Manifestación o sábado 15, en Pontevedra, contra a represión sindical, a reforma do código penal e a lei de taxas xudiciais

A marcha convocada pola CIG sairá ás 11.30 horas da Praza da Ferrería e rematará na Subdelegación do Goberno español

 

Pontevedra acollerá, o vindeiro sábado día 15 de decembro, una manifestación convocada pola CIG para denunciar a represión sindical coa que se busca criminalizar a resposta ás políticas do PP;  a reforma do Código Penal que prepara o Goberno de Mariano Rajoy, que pretende tipificar como delitos accións que antes non tiñan esa consideración; e a lei de taxas xudiciais que dificulta o acceso ao dereito fundamental á tutela xudicial efectiva. A manifestación sairá ás 11.30 horas da Praza da Ferrería e rematará diante da Subdelegación do Goberno español.



Para máis información PREME AQUÍ

13 de dec. de 2012

PROMOCIÓN INTERNA PARA FUNCIONARIOS



PUBLICADOS OS MÉRITOS PROVISIONAIS DE A2, C1, C2 E APROBADOS DO SEGUNDO EXAME DE A2

Publicados os méritos provisionais da promoción interna de A2, C1 e C2.

Publicado o listado de aprobados do segundo exame para A2. 

Os listados completos dos méritos dispoñibles nas seccións sindicais da CIG. 

PAGO DO RESTO DAS AXUDAS DE ACCIÓN SOCIAL

Coa vindeira nómina de decembro de 2012 ingresarán a contía correspondente ao resto das axudas de Acción Social

  • Anticipos sen Xuro:  

2.170  anticipos sen xuro concedidos que suman un importe de 8.460.300 €

  • Axudas ao estudo para fillos (libros e material escolar)

3.952 axudas que suman un importe de 395.200 €

  • Axudas para estudos universitarios de empregados:

189 Axudas que suman un importe de 24.246 €

               


11 de dec. de 2012

CORREOS EMPREGA UN SISTEMA DE INFORMACIÓN XEOGRÁFICA (GIS) BASEADO EN DATOS CARTOGRÁFICOS DE TOMTOM



Este sistema analiza e xestiona información básica para a infraestrutura e o desenvolvemento operativo da entidade. Este sistema, segundo Correos achega maior eficiencia no servizo e aforra custos, a empresa  utilízao por exemplo, para a planificación das rutas de reparto en zonas rurais etc.

Este é o famoso programa que está a utilizar correos para recortarlle os quilómetros aos rurais.
ENLACE NOVA

5 de dec. de 2012

A Audiencia de Pontevedra absolve os tres sindicalistas e lembra que o dereito de folga prevalece sobre o dereito a traballar

MENOS MAL QUE QUEDAN XUICES QUE TEÑEN OS PES NA TERRA




A CIG decidiu suspender a folga de fame pero mantén a manifestación prevista para o vindeiro 15 de decembro contra a represión sindical

 Para máis información PREME AQUÍ