28 de nov. de 2012

CAMPAÑA DE NADAL 2012

CIRCULAR DEFINITIVA




Produtividade e remuneración para a campaña de Nadal 2012



Bueno... deben pensar que aquí en Correos non fai tanto frío, por eso a nosa "bufanda" non abriga moito.

Sácannos a paga extra e queren que nos conformemos con esta miseria de bufanda.




Percibirase unha gratificación de 95,08 € polo conxunto da campaña de Nadal.

Os requisitos para poder cobrar esta gratificación son:

*   Permanecer vinculado e en activo en correos de forma ininterrompida dende o 1 ao 31 de decembro.
*    Ser persoal funcionario, laboral fixo (incluídos fixos descontinuos e fixos a tempo parcial) e persoal eventual,
*   Excluíndose os contratos por circunstancias da produción realizados para atender a propia campaña.
* Traballar nunha das seguintes áreas: repartición ordinaria, repartición urxente, clasificación de cartería, apartados, ruteros, persoal operativo dos centros e unidades de tratamento (admisión masiva, clasificación automática, manual, produtos rexistrados e carga e descarga), sala de aparatos, rurais A, condutores interzonais e intercentros, cambio de Madrid e Barcelona, persoal operativo das oficinas postais os xefes das unidades afectadas. Os rurais B e empregados/ás con xornadas a tempo parcial en proporción á súa xornada.

Penalizacións:

Por inasistencia descontarase da gratificación, o primeiro día 12,02 €, o segundo e o terceiro 18,03 €. con máis de tres días pérdese o dereito á percepción económica.

Exceptúanse da penalización:

* Os accidentes de traballo en novembro ou decembro, nacemento, acollemento e adopción dun fillo, falecemento ou enfermidade grave dun familiar ata segundo grao.
*   Dous días de permiso a elixir entre os días 5, 7 e outro día do mes de decembro.

Medidas organizativas:

*   Poderanse organizar e efectuar reparticións puntuais.
* En admisión masiva, carga e descarga, salas de dirección e centros de tratamento poderase autorizar a realización de horas adicionais.

Días 24 e 31: módulo de 79,48 € por traballador/día. deberán prestar servizo:

O persoal mínimo imprescindible tanto en admisión e oficinas coma en tratamento e distribución.
Só abrirán as oficinas de centros comerciais, e, onde non haxa centros comerciais, poderá abrir unha da capital de provincia, en quenda de mañá e horario de sábado.

Días 25 de decembro e 1 de xaneiro:
Non traballará ninguén. o persoal dos centros de tratamento, que por quenda, traballe a noite do 25 ao 26 de decembro e do 1 ao 2 de xaneiro percibirá as horas adicionais de festivo.

Pagamento da campaña: correos comprométense a axilizar os trámites para que o seu pagamento se faga efectivo a finais de xaneiro.






27 de nov. de 2012

PUBLICADOS OS LISTADOS DEFINITIVOS DE APROBADOS SUBGRUPO A1

Os listados de aprobados están dispoñibles nas seccións sindicais da C.I.G.

Resolución Correos

Superior a1 Aprobados

PRAZAS OUTROS MINISTERIOS


MINISTERIO DE EMPREGO E SEGURIDADE SOCIAL
BOE Nº 285 DO 27 DE NOVEMBRO    ORDE: ESS/2529/2012


PRAZAS GALIZA: A CORUÑA e LUGO.
SUBGRUPOS: A1, A2, C1.

26 de nov. de 2012

2ª RESOLUCIÓN DO CONCURSO PERMANENTE (Novembro– 2012)

17  Prazas adxudicadas en Galiza: 9 A CORUÑA, 2  LUGO, 3 OURENSE, 3 PONTEVEDRA.


Total prazas adxudicadas no Concurso 295  :  49 REPARTO A PÉ, 135 REPARTO MOTO, 77 ATENCIÓN AO CLIENTE e 34 AXENTE CLASIFICACIÓN.

OS LISTADOS COMPLETOS DA  2ª  ADXUDICACIÓN DISPOÑIBLES NAS SECCIÓN SINDICAIS DA CIG.

 PRAZOS DE CESE

Para todos os postos o cese será o día 30 DE NOVEMBRO 2012.

 PRAZOS DE INCORPORACIÓN

 A incorporación será a partir do día 1 DE DECEMBRO DE 2012.

- O día seguinte se o traslado é na mesma localidade.
- 2 Días na mesma provincia ou illa ( Si se adianta ó día seguinte 60 €)
- 6 Días entre localidades da península que non pertenzan a mesma provincia (si se adianta ó segundo día 180 €)
- 10 Días entre illas Ceuta e Melilla e península (Se a toma e ó terceiro día 300 €)

­ Se optas pola compensación económica debes entregar o Anexo 3 en Recursos Humanos, antes do 29 DE NOVEMBRO DE 2012.
­ Os prazos posesorios empezarán ó rematar os permisos, licencias,... Se tes licencia por enfermidade ou  baixa dilixéncianche o cese e toma de posesión de oficio.
­ O prazo posesorio será como de servicio activo salvo para excedentes voluntarios ou para o coidado de fillos.
­ Se comporta reingreso ó servicio activo o prazo de posesión será de un mes (Dende o día 01/12/2012)

25 de nov. de 2012

CONCURSO PERMANENTE DE TRASLADOS 2012 - 2013

O luns 26 de novembro ás 9:30 da mañá reunión da Comisión de Traslados para resolver a segunda asignación do Concurso Permanente de Traslados

23 de nov. de 2012

CALENDARIO LABORAL 2013 PARA GALICIA





 FESTAS PARA O ANO 2013




MES
DIA
DÍA DA SEMANA
FESTIVIDADE
XANEIRO
1
MARTES
ANINOVO
MARZO
28
XOVES
XOVES SANTO
MARZO
29
VENRES
VENRES SANTO
MAIO
1
MÉRCORES
FESTA DO TRABALLO
MAIO
17
VENRES
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
XUÑO
24
LUNS
DÍA DE SAN XOAN
XULLO
25
XOVES
DIA NACIONAL DE GALIZA
AGOSTO
15
XOVES
DÍA DA ASUNCIÓN
OUTUBRO
12
SABADO
DIA DA HISPANIDADE
NOVEMBRO
1
VENRES
DIA DE TODOS OS SANTOS
DECEMBRO
6
VENRES
DÍA DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
DECEMBRO
25
MÉRCORES
DIA DE NADAL


Para ollar as festas locais galegas preme nestes enlaces que te levarán ós Boletíns Oficiais de cada unha das provincias:


A CORUÑA     LUGO     OURENSE     PONTEVEDRA








22 de nov. de 2012

PAGO DAS AXUDAS DE ACCIÓN SOCIAL

Se tes dúbidas sobre a cantidade que che teñen que ingresar ponte en contacto coa xente da CIG Correos da túa comarca

Panfleto Pago Axudas

LEI 10/2012 DAS NOVAS TAXAS XUDICIAIS - O PP APROBA A XUSTIZA PARA RICOS



Hoxe é un día triste de máis para a cidadanía galega, pois acaba de entrar en vigor a lei de taxas xudiciais que vai provocar a renuncia dos cidadáns a entaboar accións xudiciais en reclamación de dereitos persoais e colectivos polo simple feito de non ter os cartos necesarios para pagar, por adiantado, as taxas xudiciais hoxe fixadas na lei 10/2012.

Este é un novo ataque á cidadanía (e por desgraza non será o último) orquestado polo Partido do Poder (en abreviatura PP) que mellorando o eslogan empregado polo presidente dos EEUU Sr. Obama “Yes We Can” (Nós Podemos) acaba de conseguir o de Nos Podemos...estar, aínda se cabe, máis fodidos.

20 de nov. de 2012

NOVA REESTRUTURACIÓN DAS ZONAS EN CORREOS DAS 14 PASAN A 7 (SERVIRÁ PARA ALGO)

ESTA É A NOVA ESTRUTURA ZONAL DE CORREOS QUE SE REDUCEN Á METADE DAS 14 QUE ERAN ÁS 7 ACTUAIS.


Zona I. Galicia, Asturias y Castilla y León (excepto Soria), sede en Santiago de Compostela. Director: Ángel Pérez Pérez.

Zona II. País Vasco, Navarra, La Rioja, Cantabria, Aragón y Soria, sede en Bilbao. Directora: Concepción Peraita Martín.

Zona III. Cataluña, sede en Barcelona. Director: Manuel Rey González.

Zona IV. Madrid, Castilla-La Mancha y Extremadura,  sede en Madrid. Director: Domingo Sebastián Bello.

Zona V. Comunidad Valenciana, Murcia e Islas Baleares,  sede en Valencia. Director: Blas Ángel Barbadillo Gonzalo.

Zona VI. Andalucía, Ceuta y Melilla, sede en Sevilla. Director: José Luis Prados Linero.

Zona VII. Islas Canarias, sede en Santa Cruz de Tenerife. Director: Carlos Javier de las Heras García. 

COMUNICADO CORREOS  Nova Estrutura Zonal Correos

BORRADOR CAMPAÑA NADAL 2012


A CIG PRESENTARÁ ALEGACIÓNS  A ESTE BORRADOR

BORRADOR CAMPAÑA NADAL  2012

15 de nov. de 2012

As máis de 500.000 persoas que saíron ás rúas das principais vilas e cidades galegas ratificaron o éxito do 14-N


As galegas e galegos botáronse á rúa nesta xornada de folga xeral. Literalmente. En moitos casos as e os manifestantes quedaron colapsados, sen poder moverse atrás ou diante. Noutros, a cabeceira chegara ao punto de remate, cando a cola non saíra do punto de partida. Así as cidades e vilas galegas, que abriron o día sen actividade algunha, coas industrias e os comercios pechados, foron un fervedeiro humano a mediodía na que foi unha xornada de folga xeral que a CIG cualifica de éxito rotundo.

9 de nov. de 2012

FOLGA XERAL 14 DE NOVEMBRO


Horarios das manifestacións que terán lugar nas diferentes cidades e vilas galegas no día da folga xeral, 14 de novembro.


 
  

Vigo: 11.30 horas. desde a Praza de España até Praza América.

Lugo: ás 12:00 horas, desde a Casa Sindical, na Ronda da Muralla, até a Praza de Santa María.

A Coruña: ás 12:00 horas, desde a Praza da Palloza até a Praza de María Pita.

Vilagarcía: ás 12:00 horas, desde a Casa do Mar até a Praza Ravella.

Compostela: ás 12:00 h, desde a Praza Roxa até a Praza de Praterías.

Ribeira: ás 12:00 horas, desde a Estación de Autobuses até a Praza do Concello.

Pontevedra: 12.30 horas. Desde a Praza da Ferrería até a Subdelegación do Goberno español.

Ferrol: ás 12:00 horas, desde a Praza do Inferniño até a Praza de Armas.

Monforte: ás 19:30 horas, desde a Praza de España até a Praza da Estación.

Ourense: 12.00 horas. Desde o Pavillón dos Remedios até Subdelegación do Goberno español.

Burela: ás 12:00 horas, desde a Estación de Servizo Vista Alegre, até a Praza do Concello

8 de nov. de 2012

PUBLICADO O LISTADO DE APROBADOS DO SEGUNDO EXERCICIO DE PROMOCIÓN INTERNA SUBGRUPO A1


Correos publicou a resolución e os listados de aprobados do segundo exercicio da fase de oposición (promoción xeral e persoas con minusvalidez).
Contra a resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o presidente da SAE Correos e Telégrafos S.A. no prazo dun mes dende o día seguinte á súa publicación.

Os listados de aprobados están dispoñibles nas seccións sindicais da C.I.G.