31 de out. de 2012

DESDE O 31 DE 0UTUBRO AS ADMINISTRACIÓNS PODERÁN FACER DESPIDOS COLECTIVOS DE EMPREGADOS PÚBLICOS E.R.E. A intención do Goberno non é, en ningún caso, xestionar de mellor xeito os servizos públicos, senón o recorte de emprego do xeito máis barato posible.


A ministra de Emprego, Fátima Báñez, anunciou a aprobación por parte do Consello de Ministros o pasado venres do Real Decreto 1483/2012 de despedimentos colectivos, que será de aplicación  a todo o persoal laboral  das Administracións Públicas (non só ao persoal laboral temporal, senón tamén ao persoal fixo por oposición). O dito decreto vén de ser  publicado no BOE Nº 261 DO 30/10/2012 RD1483/2012

29 de out. de 2012

NO CONSELLO DE MINISTROS DO VENRES 26 DE OUTUBRO APROBOUSE O REAL DECRETO DOS DESPEDIMENTOS NAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS



A ministra de Emprego, Fátima Báñez, anunciou a aprobación por parte do Consello de Ministros do Real Decreto de despedimentos colectivos, que será de aplicación a todo o persoal laboral das Administracións Públicas (non só ao persoal laboral temporal, senón tamén ao persoal fixo por oposición).
Malia que o texto definitivo do Real decreto non se coñecerá até a súa publicación no BOE, segundo o rascuño ao que tivo acceso a CIG en xullo abondaría para aprobar o despido colectivo nun determinado organismo ou departamento, por causas económicas, a insuficiencia orzamentaria sobrevida e persistente, entendida como a diminución dun 10% do orzamento dun organismo respecto do exercicio anterior; mentres que, para aprobar o despido colectivo por causas organizativas, abondaría con xustificar que a externalización do servizo producise unha redución de custos.
Na práctica, isto permítelle ao Partido Popular, a nivel do Estado, producir por razóns políticas as causas que habiliten o despedimento de persoal laboral.
No rascuño ao que tivo acceso a CIG, por outra banda nin sequera se garante a preferencia de permanencia do persoal laboral fixo, que será meramente potestativa para o organismo que aprobe o despedimento colectivo no caso do persoal laboral que superase un proceso selectivo.
Dada a gravidade extrema desta medida, que constitúe ademais un claro referente para unha hipotética reforma do Estatuto básico do empregado público que remate coa garantía de emprego do persoal funcionario, a CIG anuncia que adoptará todas as medidas posibles a nivel xudicial contra este real decreto e chama a todos os traballadores e traballadoras a secundar todas as accións en contra das políticas do Partido Popular e da Troika, que esixen unha mobilización contundente na vindeira folga xeral convocada para o 14 de novembro.



O PARTIDO POPULAR PROPÓN REDUCIR O SALARIO DOS EMPREGADOS PÚBLICOS POLAS AUSENCIAS SEN BAIXA MÉDICA



Segundo informacións aparecidas nos medios de comunicación, o Partido Popular veñen de introducir unha nova emenda aos orzamentos xerais do Estado para o ano 2013 na que propoñen ampliar o recorte de salario en caso de baixa por incapacidade temporal aos días nos que os empregados se ausenten por enfermidade, sen chegar a existir parte de baixa.
O motivo declarado polo PP, segundo se informa na prensa, sería o de evitar o "absentismo" dos empregados públicos: en realidade, estaríamos ante un novo recorte salarial e de dereitos, que procura ademais denigrar a imaxe dos servidores públicos, perseguindo a ocultación ante a opinión pública dos verdadeiros motivos e causantes da crise económica. 
Este anuncio coincide temporalmente coa aprobación do real decreto de despidos colectivos nas Administracións Públicas, marcando con meridiana claridade a liña política e económica que pretende continuar o Goberno nos vindeiros meses e contra a que, desde a CIG, convocamos a todo os empregamos públicos a loitar na vindeira folga xeral do 14 de novembro.

O TRIBUNAL DE CONTAS INVESTIGA O DIRECTOR DA OFICINA DE CORREOS DA LOCALIDADE MADRILEÑA DE TRES CANTOS POR UN SUPOSTO DELITO DE APROPIACIÓN INDEBIDA DE MÁIS DE 250.000 EUROS

FONTE: INTERECONOMIA     CADENASER    ELMUNDO

O CONCELLO CONFEDERAL DA CIG RATIFICA A DECISIÓN DE CONVOCAR FOLGA XERAL PARA O 14 DE NOVEMBRO


FONTE:  GALIZACIG

CONTRA A EXPLOTACIÓN E O EMPOBRECEMENTO 
FOLGA XERAL
14 DE NOVEMBRO

26 de out. de 2012

Verdadeiramente, ¿As leis son para violalas?

¿A dedo?


PERILLO
CIRCULAR 6
- O traballador non superou nengún tipo de proba (oposición).
- O posto non se cubriu mediante Concurso de Traslados.
- A Xefatura non facilita información a CIG das condicións en que se levou a cabo a cobertura do posto.
  
CIG

PIDE

EXPLICACIÓNS
 



O MINISTERIO DE FOMENTO PLANEA POR PRIMEIRA VEZ DESPEDIR CON 20 DÍAS POR ANO DE INDEMNIZACIÓN NAS EMPRESAS PÚBLICAS



Será a primeira vez que se aplique unha redución de persoal nestas condicións na administración pública española. As primeiras  AENA e RENFE

FONTE: VOZPOPULI      PREFERENTE

PREVISIÓN DE CURSOS 2012/2013 CIG - FORGA


Xa está aberta a preinscrición na nova  OFERTA FORMATIVA SUBVENCIONADA (Intersectorial) de cursos dirixidos preferentemente a  traballadores/as en activo  (incluídos funcionarios), na que tamén existen prazas que poden ser destinadas a  traballadores desempregados.
Previsión Cursos 2012/2013 Galiza forga

24 de out. de 2012

CONCURSO DE TRASLADOS

 1ª  RESOLUCIÓN  DO CONCURSO  (Outubro– 2012)

55 PRAZAS ADXUDICADAS EN GALIZA: 24 A Coruña, 11 Lugo, 4 Ourense, 16 Pontevedra. 

Os  Listados completos da 1ª Adxudicación  dispoñibles  nas Seccións Sindicais da CIG. 


PRAZOS DE CESE

Para todos os postos o cese será o día 31 DE OUTUBRO 2012.


PRAZOS DE INCORPORACIÓN


A incorporación será a partir do día 2 DE NOVEMBRO DE 2012.

- O día seguinte se o traslado é na mesma localidade.
- 2 Días na mesma provincia ou illa ( Si se adianta ó día seguinte 60 €)
- 6 Días entre localidades da península que non pertenzan a mesma provincia (si se adianta ó segundo día 180 €)
- 10 Días entre illas Ceuta e Melilla e península (Se a toma e ó terceiro día 300 €).

­ Se optas pola compensación económica debes entregar o Anexo 3 en Recursos Humanos, antes do 26 DE OUTUBRO DE 2012.

Os prazos posesorios empezarán ó rematar os permisos, licencias,... Se tes licencia por enfermidade ou  baixa dilixéncianche o cese e toma de posesión de oficio.

­ O prazo posesorio será como de servicio activo salvo para excedentes voluntarios ou para o coidado de fillos.

­ Se comporta reingreso ó servicio activo o prazo de posesión será de un mes (Dende o día 01/11/2012)

23 de out. de 2012

POR FIN NOVIDADES ... BOAS DENTRO DO MALO, PERO POUCAS E CATIVAS !!




CONCURSO DE TRASLADOS

  • Este més de outubro parece que darán a luz á primeira resolución do Concurso
  • Para este mércores día 24 está convocada a Comisión de Traslados.
  • Non era sen tempo, pois a convocatoria fíxose o día 2 de decembro do 2011.
  • Agardamos que se cubran todas as vacantes xeneradas dende a última resolución de MAIO-2011.
 

REGULARIZACIÓN DO IRPF E DESCONTOS POR COTIZACIÓNS DOS LABORAIS

  • Para este mes de outubro van regularizar o IRPF axustando o mesmo logo da disminución das retribucións anuais que supuxo a eliminación da paga extra.
  • Da mesma maneira tamén regularizarán á baixa as Cotizacións Réxime Xeral e máis a Cotización D+F+P+S do persoal laboral.
  • Despois de telo reclamado en varias ocasións dende a CIG parece que as nosas demandas deron o seu froito.

PAGA EXTRA ( COMPLEMENTO DE OCUPACIÓN - ESPECÍFICO)

  • Por se non o sabiades o Convenio e Acordo recollen que estes complementos de Ocupación (Laborais) e Específico (Funcionarios) teñen que pagarse en 14 pagas iguais.
  • Esto non se fai así e por ese motivo nos meses de xuño e decembro percibíamos unha cantidade superior a dos outros meses en concepto de Paga Adicional para compensar esa diferencia.
  • A partires de xaneiro parece que se vaia a regularizar esto e serán 14 pagas iguais as que percibamos como esta recollido no Convenio e Acordo por estes Complementos.

DESCONTOS POR BAIXA

  • Aplicarase o contemplado no RDL dos recortes para os funcionarios dende o 15 de outubro, é dicir: Os tres primeiros días de baixa percibirase o 50% entre o cuarto e o vinte o 75% e a partir do 20 o 100%
  • Segundo nos comunican dende Correos, esta norma terá as seguintes excepcións:
    • Situacións de Risco para o embarazo ou lactación
    • Incapacidade Temporal que implique intervención cirúrxica ou hospitalización,
    • Os procesos de IT que impliquen tratamentos de quimioterapia ou radioterapia, e
    • Os procesos de IT que teñan o seu comenzo durante o estado de xestación.

IRPF REGULARIZADO

Na nómina do mes de outubro xa esta regularizado o IRPF conforme ao recorte da paga extra de nadal.

CONCURSO PERMANENTE DE TRASLADOS

Convocada reunión para o mércores 24 de outubro de 2012, da que en principio, sairán os listados definitivos de méritos e primeira adxudicación.

19 de out. de 2012

Constitúese a Alianza Social Galega para dar resposta ás nefastas políticas da Xunta e do Goberno central

Máis de sesenta organizacións sindicais e sociais adheríronse ao manifesto fundacional

Este mediodía presentouse publicamente a Alianza Social Galega, cuxo manifesto fundacional está apoiado por máis de sesenta organizacións sindicais e sociais, entre elas UGT, CCOO e CIG. O obxectivo da Alianza é dar resposta ás «nefastas políticas antisociais» da Xunta e do Goberno central, aseguraron os secretarios xerais dos tres sindicatos.
Para máis información PREME AQUÍ

Por fin temos aquí esta plataforma social que tanto demandamos dende a CIG Correos, agora debemos xuntar a suficiente forza para que as inquedanzas dos cidadans cheguen ós parlamentarios/as e estes fagan dos parlamentos unhas institucións ó servizo do pobo e non un instrumento de tortura que segue os designios do poder economico.

As organizacións sindicais chaman á mobilización social para frear o recorte de dereitos e liberdades que o PP pretende impor

CIG, UGT e CCOO celebraron unha concentración en Ferrol en solidariedade co compañeiro Pintos e para denunciar a tortura á que foi sometido



 
Ducias de persoas concentrábanse na mañá deste xoves diante do edificio administrativo da Xunta en Ferrol en defensa dos dereitos civís e contra as políticas represivas que o Partido Popular está a levar a cabo para reprimir, criminalizar e acalar aquelas organizacións e voces dispostas a facer fronte ás medidas antisociais e políticas neoliberais que nos están a impor. Na concentración, convocada pola CIG, UGT e CCOO, trasladouse o apoio e solidariedade co compañeiro Xesús López Pintos, que hai unhas semanas foi detido e torturado por exercer un dereito fundamental: a liberdade de expresión e manifestación.

Para máis información PREME AQUÍ

17 de out. de 2012

NOVO ATRACO ÓS TRABALLADORES/AS PÚBLICOS

SE ESTAS DE BAIXA POR ENFERMIDADE, MAIS DESCONTOS E RECURTES NA TÚA MÍSERA NÓMINA



Para non perder o vicio 

o PP segue a meter a man nos petos dos traballadores/as públicos

  • O día 15 de outubro entrou en vigor o artigo 9 do RD Lei 20/2012 (O dos recortes do PP)
  • Increméntanse os descontos do salario por estar enfermo
  • Continúan penalizando a enfermidade
  • Agora quedamos nestas condicións salariais se estamos de baixa:

Dende o 1º ó 3º día: Percibirase o 50% das retribucións básicas, complementarias e por fillo cargo

Dende o 4º ó 20º día: Percibirase o 75% das retribucións básicas, complementarias e por fillo a cargo

Dende o 21º ó 90º día: Percibirase o 100% das retribucións básicas, complementarias e por fillo a cargo.

  • Se a baixa deriva de continxencias profesionais a retribución a percibir poderá ser completada dende o primeiro día ata chegar a un máximo do 100% do salario do mes anterior.
  • Cada Administración poderá determinar supostos excepcionais e debidamente xustificados para os que pode establecer un complemento de ata o 100% do seu salario. Estarán debidamente xustificados os supostos de hospitalización e operación cirúrxica.
 NON PODEMOS SEGUIR SUMISOS, IMPASIVOS E CALADOS MENTRES NOS RECURTAN OS NOSOS DEREITOS, OS NOSOS  SALARIOS E PISOTEAN A NOSA DIGNIDADE COMO TRABALLADORES E TRABALLADORAS


AGORA TEMOS OCASIÓN DE FALAR NAS URNAS,
FAGÁMOLO A CONCIENCIA
COMO CLASE TRABALLADORA QUE SOMOS

Empregados e empregadas públicas toman novamente as rúas das cidades galegas para manifestarse contra os recortes



Acusan os gobernos do PP de privatizar o público e laminar a universalidade desacreditando o seu labor

 
Empregados e empregadas públicas percorreron as rúas das cidades galegas para denunciar as consecuencias das políticas neoliberais impostas polo PP nos gobernos central e galego. Ensinantes, persoal sanitario e traballadores/as das administracións que se mobilizaron atendendo á convocatoria da Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, na que están integradas CIG; CCOO; UGT; CSI·F; CESM; OMEGA; SATSE; USAE; STEG; ANPE; USO; USTG; CGT; STAJ; SIAT; ACAIP; CEP; UFP; AUGC e UniónGC, para reclamar a preservación de servizos públicos esenciais como o Ensino, a Sanidade ou a protección á dependencia e unha atención igualitaria, solidaria e universal, para toda a cidadanía.
Para máis información PREME AQUI

11 de out. de 2012

Manifestación en defensa dos Servizos Públicos.Convocatoria todolos sindicatos

CIG- Área Pública, dentro das accións da "Plataforma Galega en defensa dos Servizos Públicos", fai chamamento á participación activa para manifestar o rexeitamento ás politicas antisociais e regresivas feitas polo PP,  tanto para os Servizos Públicos en xeral como para a destrucción de emprego público, asi como rexeitamento ó conxunto de medidas que constitúen un ataque sen precedente aos nosos dereitos individuais e colectivos como traballadores/as das distintas Administracións Públicas.

LUGARES  SAIDAS  E HORAS:
                                       A Coruña :  Praza de Pontevedra---19 Horas - manifestación principal.
 Compostela: Alameda -------------19 Horas
Ferrol :  Praza de España --------   19 Horas
Lugo: Edificio Adtvo Xunta-------  19 Horas
Ourense: Pabillón dos Remedios--  19 Horas
 Pontevedra: Praza da Ferreiría -----20 Horas
  Vigo: Via Norte--------------------20 Horas.

Correos sufre Alzheimer...


PRAZAS PARA OUTROS MINISTERIOS


MINISTERIO DE EMPREGO E SEGURIDADE SOCIAL
BOE Nº 243 DO 9 DE OUTUBRO  Orde ESS/2139/2012 

PRAZAS EN GALIZA: A CORUÑA, PONTEVEDRA, VIGO, LUGO.
SUBGRUPOS: A1,A2,C1,C2.

9 de out. de 2012

EMPEZAN A SANEAR CORREOS CON 318 MILLÓNS DE DÉBEDA ATRASADA

Esta aportación ven recollida no proxecto de orzamentos do estados para 2013, co que de momento no é definitiva e lembrade que é algo que se lle debía a Correos pola prestación do Servicio Postal Universal de exercicios anteriores


Declaracións nada tranquilizadoras sobre o noso futuro.


O Presidente da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI),  Ramón  Aguirre: "ninguén falou de privatizacións da empresa, polo menos mentres non se saneen as súas contas.”


A deputada da Esquerda Plural Ascensión das  Heras  advertiu que o vicepresidente da  SEPI,  Federico Ferre, "si falou da privatización de Correos"

FONTE: ELECONOMISTA    EXPANSIÓN   EUROPAPRESS

8 de out. de 2012

A CIG repulsa a represión e torturas da policía contra o compañeiro Pintos e os intentos do PP de criminalizar a loita sindical



A CIG denuncia a carga policial e a detención e torturas padecidas polo compañeiro Xesús A. López Pintos, responsábel da central sindical na comarca de Ferrol. A este respecto, o Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, manifestaba ás portas dos xulgados de Ferrol que estas actitudes, veñen demostrar a política represiva da que se vale o PP para acalar e reprimir todas aquelas voces que se levantan contra as súas medidas antisociais e antiobreiras.

Ante o anuncio do Partido Popular de que denunciará á central, o Secretario Xeral advirte que se lle dará a desposta acaída.

Para máis información PREME AQUÍ

5 de out. de 2012

SUPRESIÓN DA PAGA EXTRAORDINARIA DE DECEMBRO: RECLAMACIÓNS E RECURSOS

Os servizos xurídicos da CIG desaconsellan presentar reclamacións individuais

Están a ser distribuídas, por diferentes colectivos e organizacións, varios modelos de reclamación ou recurso individual contra a aplicación da nova redución salarial aos empregados públicos, operada mediante « a supresión tanto da paga extraordinaria como da paga adicional de complemento específico ou pagas adicionais equivalentes do dito mes », consonte aos artigos 2 e 3 do Real Decreto -lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria.
Tales modelos baséanse, en todos os casos, en que a supresión da paga extraordinaria completa entrou en vigor en data posterior á aquela en que a paga comeza a ser xerada  e, polo tanto, non pode suprimirse na súa totalidade, mediante unha aplicación retroactiva dos efectos da medida adoptada. A Asesoría Xurídica Nacional da CIG desaconsella ás empregadas e empregados públicos a presentación de reclamacións -tipo, polos seguintes motivos:

Arredor de 50.000 persoas convocadas pola CIG saen á rúa en Galiza para amosar o seu rexeitamento ás políticas do PP


Arredor de 50.000 persoas participaron nas manifestacións convocadas pola Confederación Intersindical Galega nas sete cidades galegas, Vilagarcía e Foz, para amosar o se rexeitamento ás políticas de recortes e axustes que están a aplicar os Gobernos do Partido Popular na Xunta e no Estado. O secretario xeral da central nacionalista, que participou na mobilización de Vigo, fixo un chamamento a desaloxar o PP do Goberno galego o vindeiro 21 de outubro e apostou pola convocatoria dunha nova folga xeral.

Seguir lendo aquí

A Xunta Electoral desestima a solicitude do PP de suspender o dereito de manifestación á CIG


A Xunta Electoral de Lugo vén de acordar que non é competente para resolver a denuncia presentada polo Partido Popular, contra a manifestación convocada para esta tarde, pola CIG, en Lugo. Argumenta que a competencia correspondería á Xunta Electoral Provincial, durante a campaña electoral, e á Subdelegación do Goberno, antes do inicio da mesma. O Partido Popular pretendía a suspensión do dereito de manifestación, por considerar que a central sindical busca incidir no voto dos electores, “en concreto, desaconsellar o voto a unha formación política (Partido Popular), que se presenta ás eleccións”. 

+ info aqui

Asembleas permanentes e peches nos principais edificios administrativos e centros sanitarios de Galiza contra os recortes


Desde as 9:00 horas da mañá deste mércores, a Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos tiña convocadas asembleas permanentes nos principais edificios administrativos da Xunta de Galiza e nos centros máis importantes das distintas áreas sanitarias do país. En moitos dos lugares previstos celebráronse sen problemas e as e os representantes sindicais continúan aínda nas mesmas. Porén, en Compostela, a policía local impediu o acceso ao interior do concello e mesmo prohibiu facer uso da sala de prensa para as e os representantes sindicais dirixírense aos medios de comunicación. Algunhas destas asembleas, como no caso de San Caetano, estaban convocadas a partir das 13:30 horas.

+ info aquí

3 de out. de 2012

Manifestacións 4 de outubro: Non ao saqueo, existen alternativas

A CIG vai desenvolver unha intensa campaña de axitación con asembleas en empresas, actos na rúa e mobilizacións para denunciar as nefastas consecuencias que para Galiza tiveron os anos de Goberno do PP na Xunta. A campaña concluíra nunha primeira fase coa convocatoria de manifestacións en todas as comarcas o día 4 de outubro –data na que se inicia a campaña electoral- que a central pretende sexan un reflexo do descontento e rexeitamento que existe entre a cidadanía ás políticas de axustes aplicadas polo Partido Popular.

 SusoSeixo non dubidou en asegurar que o Presidente e candidato popular, Alberto Núñez Feijoo, lidera un goberno que colaborou abertamente coas políticas de axustes promovidas pola UE (postas en marcha no Estado seu momento polo PSOE e seguidas polo Executivo de Mariano Rajoy). Políticas cuxas consecuencias afectan de xeito grave aos servizos públicos e ao tecido produtivo, “e polo tanto a calidade de vida dos galegos e galegas”.

+ info aquí


Manifestacións en todo o país o día 4 de outubro:

Vigo: 20.00 h desde Vía Norte
A Coruña: 20.00 h desde a praza de Vigo
Pontevedra: 20.30 h desde a praza da Ferrería
Ferrol: 20.30h desde a av. de Esteiro
Compostela: 20.30 h na praza Roxa
Lugo: 20.30 h desde Ronda da Muralla, 58
Ourense: 20.00 h no pavillón dos Remedios
Vilagarcía: 20.30h na Casa do Mar
Foz: 20.00 h na Casa do Concello

1 de out. de 2012

Centos de delegados/as da CIG rexeitan nas rúas de Galiza uns Orzamentos Xerais do Estado que afondan no recorte de dereitos


Centos e centos de delegados/as da CIG participaron hoxe nas concentracións convocadas en todas as comarcas para rexeitar a aprobación do Anteproxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2013. A central nacionalista denuncia que o Goberno español do PP utiliza a escusa da austeridade e o control do déficit para reducir o investimento público ao tempo que aumenta o gasto para pagar os xuros da débeda.